27 abr 2008

O BNG expulsa a un militante de Vigo por presidir unha asociación proxudea

Confirmouse a expulsión, polo consello comarcal de Vigo do BNG, de Pedro Gómez-Valadés, presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme lamentable e impresentable a expulsión do señor Valadés, con independencia de que se compartan ou non os seus criterios sobre a cuestión palestino-israelí.

Fraco servizo lle fan ao BNG os expulsadores vigueses, porque pon en cuestión o seu carácter de organización pluralista e democrática.

Agora o balón está no tellado de Anxo Quintana. Esta é unha proba de fogo para que amose que, en efecto, o seu é un proxecto moderno, integrador e democrático. Debe exercer a súa autoridade moral e política para impedir tamaña ignominia, facendo honor a súa palabra de que ninguén ía ser expulsado. Custe o que custe. Coa liberdade de opinión e expresión non se pode xogar.

Anónimo dijo...

Proxudea? Perdón: sionista.

Anónimo dijo...

Sr. anónimo.
Non é bo empezar outra vez coa imprecisión terminolóxica cargada de ferro. Sionista é simplemente nacionalista xudeu. Así, foi o movemento fundado pola esquerda xudía no XIX para reconstruír un territorio para o seu pobo, sabedores de que o antisionismo ameazaba en cada esquina.
Despois, por esaxeracións interesadas, tratouse de facer unha asimilación absolutamente falsa a todas luces entre sionismo, racismo, e mesmo, entre os máis mal intencionados antixudeus entre sinoista e nazi.
Moi mal.
É o mesmo que chamarlle "loita armada" ao terrorismo etarra. Ou chamarlle "martir" a un asasino suicida que rebenta unha pizzería ou unha escola.
Ningún paso atrás na defensa do dereito de Israel a existir.
Ningún paso atrás na defensa da coexistencia de dous estados... Eu, de ter que vivir por alí, teño claro en cal dos dous. Non no da sharia hamanista, senón no da laicidade ocidental xudía.

Marcos Valcárcel López dijo...

A expulsión de Valadés (dende aquí a miña solidariedade) foi un erro xa cando se planteou hai meses e aquí o discutimos con vagar. Segue sendo un erro, para min grave, agora, aínda que se saíse ben das eleccións.

Anónimo dijo...

¿Quen saíu ben das eleccións?
¿O partido coaligado que simplemente se mantivo despois da súa visibilidade hipertrofiada e pretender presentarse como a única voz de Galicia?

Se me dis que non saiu o BNG moi mal das eleccións, pase. Pero de aí a ben, hai un cacho.
¿Cal sería pois mellor conxuntura que a participación hipertrofiada e hipermediática dun goberno coaligado, no medio dun PP en franca retirada?
A baixa nas cidades e a compensación do voto por feudos rurais asociados a persoas (do PP > BNG, tipo a Bola) tampouco parace un tema para promover optimismo. Non me atrevería a chamarlle Bos resultados, Marcos.
O BNG dominante é a Atapuerca nacionalista.

Anónimo dijo...

O posicionamento respecto de Israel do BNG, está cargado dun ideoloxísmo caduco que os cega a realidade.

Anónimo dijo...

Sres:
En primeiro lugar, non se acordou ningunha expulsión, nomeouse unha comsión para estudar o expedente discplinario aberto contra PGV, pero este xa está manipulando a información de novo.
En segundo lugar, a expulsión, se é que se acorda (eu estou a favor da súa expulsión) non é por pertencer á AGAI, nin por opinar o que queira sobre o conflicto palestino-israeli, á apertura do expedente é por atacar ao BNG cada dous por tres, por manipular a información e utilizala contra o BNG cada vez que hai eleccións por diante.
Basta con ler o seu comunicado que firma como AGAI e os seus blogues para ver que non se cansa de chamar fascistas, nazis, negacionistas, e demais lindezas contra o BNG e contra todos os seus militantes (eu incluido)polo simple feito de non pensar como el.
A

Anónimo dijo...

Disculpe A, e que ven sendo vostede, aínda que a verdade tanto me ten.

Anónimo dijo...

Se é como di o Anónimo ("é por atacar ao BNG cada dous por tres, por manipular a información e utilizala contra o BNG cada vez que hai eleccións por diante"), non sei logo a que esperan para abrirlle tamén expediente a Beiras, a Nogueira e a algúns outros.

Ou é que algúns poden facer o que lles saia do nabo e outros non poden? Hai militantes de primeira King Size e militantes de segunda rexional (ou sen filtro) no BNG?

Anónimo dijo...

Polo momento ainda non ecoitei a Beiras nin a Camilo chamar nazis e fascistas aos militantes do BNG, non podo dicer o mesmo do Pedro.
Pódese discrepar, incluso públicamente pero os insultos e as faltas de respecto penso que non teñen cabida.

Anónimo dijo...

Xa!

Está claro que o BNG non é nin nazi nin fascista, pero o comportamento dalgúns dos seus militantes si que o é respecto de Valadés, chamándolle de todo, difamándoo e acosándoo dende hai cousa dun ano e pico. Se el ten actuado en lexítima defensa, tales cualificativos saidos da súa boca -se é que teñen saído- son perfectamente lóxicos e comprensibles dentro do seu contexto.

O BNG tan só ten metido burdamente o zoco neste tema, e na man dos seus dirixentes máis sensatos está remedialo agora que aínda están a tempo.

E como xa dixen no seu día, non coñezo para nada -só en foto- ao señor Valadés.

Anónimo dijo...

En toda anoxosa historia, farto dos dixomedíxomes duns e doutros, xa me gustaba a min saber se o expulsaron, non o expulsaron, lle abriron expediente ou nomearon unha, dúas ou corenta comisións. Farto, repito, de anuncios duns e comunicados do outro, sen que ata o momento se verificasen realmente os extremos anunciados por ningún deles e delas.

Así é que, co permiso de todos, vou facer o mesmo que -segundo a rede testemuña- fai unha notable maioría de semellantemente enfastiados: calar a boca mentres non saiba, realmente, algo. Non será sen tempo nin gasto de tecla.

Anónimo dijo...

Un Dragón no corazón do BNG
César Pazos Carreiro*

Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.
Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes máis do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir en Paz.
Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar distinto e por crear a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
Como patriota galego, sinto que Israel é un exemplo a seguir, pero no BNG moitos pensan que o paradigma é Irán. O sionismo, o nacionalismo israelí, cando deixou Auschwitz foi quen de recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e, o máis importante, foi quen de conquerir a Democracia. Porque Israel é un pobo democrático.
Namentras, nós temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que son senon, os aplausos histéricos asemblearios a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no Parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte dende a dirimencia: "coidado co que se fala que sae nos medios"? . Coidado ¿de que? ¿De que razóns non se poden enterar os cidadáns galegos?.
Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou négase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.
Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese dragón que algúns do BNG levan dentro do peito. Shalom.

*Membro do Consello Local do BNG de Vigo
FARO VIGO 1.MAIO.2008

Anónimo dijo...

"Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo de Israel ten dereito a existir en paz".

Nós pensamos, nós cremos, Israerl ten dereito... Claro que ten dereito a existir en paz, e a segarlle a vida, DEMOCRÁTICAMENTE, iso que non falte, a unha nai palestina e aos seus catro fillos como lla segou o outro día e non vin que os 50 do BNG de Israel criticárades tal crime. O erro do BNG foi non enviarvos unhas botelliñas de cava para que celebrárades a eliminación da nai palestina e dos seus catro fillos, futuros terroristas. Ben feito, hai que anticiparse. E digo isto porque os 50 tamén tendes todo o dereito DEMOCRÁTICO a celebrar un acto de defensa propia como o do outro día. Homes e mulleres de Paco, 50 de cava XA!!! Unha por cabeza, para que a cousa acabe en baile. Que cho digo eu.

Anónimo dijo...

Claro, e vai Israel e mantén o exército nos territorios ocupados para "defenderse" dos Palestinos. E logo van os medios (CNN, Fox, etc) e din aquilo de "palestinos atacan o exército de Israel".

En Madrid creo que estes días celebran nonseique dunha revolta contra a ocupación militar francesa. Pero como? E iso non foi terrorismo?