Outras dúas fotos máis (de Trebolle) ANDOLIÑA mércores 16 abril
UNHA FESTA, UN NOME.
O mérito foi axuntar a máis de medio milleiro de persoas nunha festa democrática en lembranza dos valores republicanos: o roteiro do 14 de abril, o pasado luns en Auria. E homenaxear así o labor dos Artistiñas mobilizando a 140 persoas entre actores de teatro, músicos, cantantes de coros, pintores, etc. E rabuñar na emoción de cada un de nós ós sons do Himno de Riego tocado pola Banda Municipal diante de Santa Eufemia. Despois de cantos anos?
Ou escoitando o parlamento de autodefensa de Alexandre Bóveda, na voz e espírito de Fernando Dacosta, ata case arrincarnos as bágoas a todos os asistentes, mentres Elena Seijo lía a derradeira carta do mártir galeguista. Houbo moitos momentos cheos de emoción. E moita xente nova participando, o que me produce aínda moita máis ledicia. Ó carón deles, o músico Manolo de Dios, Xosé M. Beiras e Aurichu ou Camilo Dios, o antigo guerrilleiro: tal era a paisaxe emotiva dese luns republicano, a Praza Maior chea de bandeiras, en Ourense.
Por riba de todo iso hai moitas horas de traballo intelixente e un nome: Ánxeles Cuña Bóveda. Ela coordinou esforzos e vontades. Agradecémosllo no Liceo, rematando o roteiro, cun abafante aplauso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario