28 abr 2008


RELECTURAS. O NACIONALCATOLICISMO (1). La Región 28 abril. Imaxe: Menéndez Pelayo nun selo de 1954.

A historia de onte. Recolocando libros na biblioteca, que medran sen cesar e sen acougo, cae un volume xa lido no seu día, que decido arredar para unha relectura. E a iso me poño: trátase de “Cielo y dinero. El nacionalcatolicismo en España (1881-1975)”, de Alfonso Botti (Alianza Universidad, 1992). Lino cando andaba a investigar a República en Ourense, pero agora saqueille aínda máis proveito.
A tese básica do nacionalcatolicismo é a consubstancialidade entre o elemento católico e o nacional na Historia de España. Tal realidade viría dende a conversión de Recaredo (587) e desenvólvese dende os séculos da Reconquista en adiante. Consolídase coa expulsión dos árabes da península e logo co reforzamento da identidade por parte da Santa Inquisición. A conquista de América defínese como unha nova evanxelización e o nacemento dun Imperio fronte á Reforma protestante. Ese período de esplendor truncaríase coa decadencia dende a chegada dos Borbóns e as ideas estranxeirizantes. Pasa a demonizarse así todo o que racha coa unidade católica: iluminismo, masonería, liberalismo, krausismo, librepensamento, positivismo, anarquismo, socialismo, comunismo, etc. Todos eles son os famosos heterodoxos de Menéndez Pelayo: anticatólicos e, xa que logo, antinacionais. Esa era a historia dominante das vellas enciclopedias: quen teña máis de 40 anos sabe ben do que estou a falar, ou non?
A xénese do NC. Alfonso Botti estuda nese ensaio con detalle as orixes e xénese do NC: as súas raíces están na reacción católica fronte á Ilustración, á Revolución Francesa e na revolta contra a invasión napoleónica de 1808. Logo viran os pensadores a darlle corpo: primeiro Donoso Cortés. Logo os carlistas e intelectuais integristas. E Menéndez Pelayo identificando España, unidade de raza e unidade de crenza. E catalogando ós heterodoxos españois (1880), mesmo coa afirmación dunha “filosofía nacional”. E títulos tan simpáticos como “El liberalismo es pecado” (1884), de Félix Sardá y Salvany. A Igrexa pola súa banda soporta as medidas desamortizadoras e fai de España un refuxio de ordes relixiosas expulsadas de Francia e doutros lugares. Sen perder o seu poder económico: Joaquín Aguilera sostiña en 1912 que os relixiosos tiñan ó menos un terzo do país.
Acción Española. Hai toda unha elaboración literaria das teorías do NC español: Vázquez de Mella cando propugna a confederación cos estados americanos do Sur. Ramiro de Maeztu cando define a “Antipatria” ou apela a unha nova Reconquista. Ou “o noso” Eugenio Montes, galgando do galeguismo e das vangardas ó fascismo, con imaxes como “España, esposa de Cristo”. Os autores da revista “Acción Española” estruturan a ideoloxía do NC como soporte para un modelo totalitario de novo Estado corporativo ou fascista. Que de novo tiña pouco, porque Victor Pradera xa dicía que era o mesmo dos Reis Católicos. José Calvo Sotelo, con sección fixa na revista, dálle forma económica capitalista ó modelo totalitario. O certo é que, pouco despois, 1936, Franco non vai ter xa que inventar moito.

56 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando lera hai anos ese libro breve do hispanista Botti gustárame en xeral bastante. Mais boa parte do que trata aparece máis ampliado e ao día na premiada obra de José Álvarez Junco, Mater Dolorosa, de lectura inexcusable.

Pero hai algúns contertulios moito máis capacitados e informados ca min para falar disto.

Anónimo dijo...

Sinto cambiar de tema (aínda que dentro do nacionalismo católico) para recordarlles que Roma será gobernada por un missino, un ex militante do que chaman en italia o postfascismo: Saúdo fascista no Campidoglio

Anónimo dijo...

¡Están locos estos romanos!

Anónimo dijo...

Máis saúdos romanos

Anónimo dijo...

Meten medo!

Anónimo dijo...

El pragmatismo italiano impide los excesos del Reñidero Español.......Non manca finezza.....!

Anónimo dijo...

O nacional-catolicismo, unha hitoria que tamén se podería titular "De cómo la derecha robó la idea de España".
En canto aos italianos, téñenme desfeito. ¡Que decadencia!

Anónimo dijo...

Benvido, amigo Leituga 1.

Hai tempo preguntara por un libro do que agora acaban de facer unha reedición de calidade:

Historia del levantamiento, guerra y revolución de España

Autor principal:
Toreno, Conde de José Mª Queipo de Llano y Ruiz de S

60,00 €

Lugar y fecha de edición: Pamplona 2008
Editorial: Urgoiti Editores
Páginas: CXXXVII+1378
Encuadernación: Cartoné
Medidas: 24 cm. Idioma: Español
ISBN(13): 9788493559052

Anónimo dijo...

Amigo Leituga 1: por onde andaba? Conte as súas aventuras. Api Kooltor dixo que europeaba últimamente.

Anónimo dijo...

¡Quen me dera europear! Ándolle por aquí, "amarrado al duro banco", loitando polo desenvolvemento sostible, pola calidade de vida dos galegos e as galegas e, xa postos, por un Estatuto de Nación, que carallo. Eu o que quería era ir a Córdoba, como seica vai ir vostede. Preciso doutros aires, de arrecendos florais, brisas de primavera, guitarra flamenca e noites nos xardíns de España. Autoódiome un pouco.

Xa vin o libro ese, Api. Ben, vin o primeiro tomo, namáis. En Michelena, claro. Mariposón como son, non me animei a mercalo. Collín, ademais das novelas de Chesi e McEwan, unha cousa de Michael Walzer que vostede coñecerá e que se titula "La revolución de los santos. Estudio sobre los orígenes de la política radical". Pillei tamén "El eclipse de la fraternidad. Una revisión republicana de la tradición socialista", de Antoni Domènech, que estaba saldado, a tres euros. Non me puiden resistir e paguei bastante máis por "García II de Galicia. El rey y el reino", de Ermelindo Portela, da colección "Corona de España" e publicado na serie "Reyes privativos de Galicia", da editorial La Olmeda, que está en Burgos (vense cousas cada vez máis raras na nación de nacións). Fíxenme, así mesmo, con "La nueva historia", unha coleción de entrevistas dunha señora brasileña chamada Maria Lúcia Pallares-Burke (¿non lle digo?) con historiadores como Peter Burke, Quentin Skinner, Jack Goody, Robert Darnton e outros cantos máis. Por último, merquei "Historias de los bosques de Viena. El divorcio de Fígaro", dúas pezas teatrais de Ödön von Horváth, un dramaturgo austrohúngaro, practicamente inédito entre nós e moi valorado nas Xermanias, que escribiu nos anos 20 e 30 do pasado século.

Fascinante a súa historia sobre o señorito de Cristosende e a costureiriña da aldea.

Medela, é vostede un crack.

De todos modos, sigo sen entender cal é o problema coa Feira de Abril en Baiona nin con Manolo Escobar no Luar. ¿Por que non co MacDonalds da esquina ou con Bob Dylan na Coruña?
Ao fin e ao cabo, se do que se trata é do "intercambio desigual", os americanos dannos aínda menos cancha que os andaluces.

Anónimo dijo...

Amigo Leituga 1, é vostede verdadeiramente enciclopédico e multidisciplinar. Ou cando menos os estantes da súa biblioteca :-).

Anónimo dijo...

Don Leituga One: Ben sabe que o aprecio, e tamén debe saber que estou enfadado para Vde.-

É Vde. alma xeminada de Roberto Barreiro, intrépido aviador de Lobeira, a quen non vexo desde hai máis de vinte anos.

Onte chamoume Roberto. Hai vinte anos que non sei nada del. Vde. é igual, don Leituga. Aparece, desaparece...

Alén diso, a historia de Cristosende é propiedade do sr. Api Kooltor, e penso que baseada na real life do marabilloso amigo lugués don Xaime (Aka. Delapierre).

Seu,

Medela.-

Anónimo dijo...

Sabía, don Leituga One???

Eu parei nun apartamento, en Catalunya, propiedade dunha almeriense curmá de Manolo Escobar.
Témolo DEMASIADO perto de nós.

Os de Arizona, si, son colonizadores, mais están tan lonxe que só nos chega o mellor deles.

Evidentemente, ten Vde. razón. Mais un bocado de senrazón tamén alimenta.-

Anónimo dijo...

E tamén o encontraba de menos, Leituga One; teño que recoñecer que me alegraba ver o seu comentario, con esa fina retranca, con ese fondo de rebelde de boa familia, con ese "ver" as cousas desde o lonxe, como se estivese a practicar un exercicio de meditación pranayama, con esa sobreabundancia de coeficiente intelectual e con esa pequena (e astuta) maldade de ficar calado ás veces... La mejor palabra es la que queda por decir.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Se teñen vostede dificultade para comprender esta carta dunha rapaza que asiste á universidade e escoita completamente abraiada a diferenza entre un italiano e un terrone (un insulto para os do sul) por parte dun leguista que fai burla racista.
[Pido desculpas por se alguén non interesara]
Scrivo per raccontare una vicenda successami oggi (15 aprile 2008).
Mi chiamo Elena, ho 23 anni, sono laureata in matematica all’università La Sapienza di Roma; sto frequentando la Specialistica in Ingegneria Matematica presso il Politecnico di Milano.
Oggi ero in aula, erano le 14:00 del pomeriggio, attendevo l’inizio della mia lezione, leggevo il giornale con i risultati (sconcertanti) delle elezioni di questi giorni; ed ecco che un ragazzo (mio coetaneo) sale sulla pedana della cattedra e davanti ad una platea di circa 30 persone (tutti uomini, la mia facoltà è a dominio maschile) sentenzia:
“Ragazzi, allora un attimo di attenzione; oggi vi spiegherò la differenza tra un italiano e un terrone”.
Io in silenzio sconcertata; la classe in tripudio.
Aspetto, mi dico di non partire prevenuta, di stare ad ascoltare, potrebbero essere le solite battute alle quali, oramai da due anni, non si scappa; che con leggerezza ti rivolgono e che con altrettanta leggerezza devi accettare (”Roma ladrona”, “Milano produce, Roma spreca”, “Milano capitale economica e morale d’Italia” ecc ecc.).
Il ragazzo persevera: “Dicevamo, il terrone, miei cari, è il tipico uomo bassottello, grassoccio e decisamente sporco.”
Dal fondo urla un voce d’uomo indistinta: “Olivastro, dimentichi olivastro.”
“Vero”, si scusa l’oratore, “Decisamente OLIVASTRO”.
Queste parole e il tono che sta assumendo la beffa cominciano a spaventarmi.
Non capisco il confine del gioco.
Uno di loro dice sottovoce ad un altro:”Oh, anche lui ha votato Lega vero?”
L’altro annuisce con fare fiero.
Continua il ragazzo alla cattedra: “Il terrone è caratterizzato da un atteggiamento tipicamente parassita ed è per questo, miei cari, che vi invito semplicemente a tracciare una linea sulle varie cartine dell’Italia. Una semplice linea di demarcazione”.
A questo punto schizza con il gesso uno stivale sulla lavagna e traccia con fare deciso una linea orizzontale all’altezza del Po’.
Ovazione. Urla e applausi.
Resto lì ancora incredula e mi balza alla mente la scena del film “La vita è bella”.
Benigni sulla cattedra con la fascia di sindaco in mezzo alle gambe e il suo beffardo sproloquio sulle caratteristiche della razza ariana.
Ricordo che, quando avevo visto “La vita è bella” per la prima volta, avevo immediatamente notato come Benigni mettesse l’accento sul fatto che certe idee, apparentemente bizzarre (come le superiorità fisiche della razza ariana), si erano diffuse in modo, potremmo dire, “proverbiale”, quasi come facessero parte di una cultura popolare, un modo di dire, un qualcosa di semplice che passa di bocca in bocca, una battuta scherzosa o un gioco tra amici, che alla fine diviene scontato, di dominio pubblico e indiscusso.
Ma è su questo tacito passaparola, quasi burlesco, che si sono fondate, successivamente, leggi e le loro tragiche conseguenze che segnarono un solco profondo e violento nel secolo scorso.
Torno a casa con la paura di aver assistito a una di questi simpatici “moti proverbiali”; porto sotto braccio il mio giornale che decreta milioni di voti alla Lega.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Falta engadir á condicional, "podo traducila ou parafraseala".

Anónimo dijo...

Joer. Cómo anda o patio por alá.

Pero si a parafrasea, a liña á que se fai referencia sería seguramente vertical, non sí?.

Anónimo dijo...

Leva razón, Apicultor: os estantes da miña biblioteca son tan variados en contidos que, máis que os dunha biblioteca, semellan os dunha librería. É o que digo sempre: eu non teño biblioteca, teño librería. Algún día empezo coa venda ao público, de tapadillo. Estou resignado á diletancia: nin sequera son bibliófilo, senón bibliómano, cousa que traduce un trastorno mental (leve) máis que un sano afán coleccionista. Pero como non lle fago mal a ninguén, agás ao meu peto e á miña mobilidade e accesibilidade dentro da miña propia casa, tampouco me sinto demasiado culpable. É o de sempre: raras somos todas. E quen estea libre de manías que tire a primeira pedra.

Anónimo dijo...

Agradézolle moito, Medela, os eloxios inmerecidos que me dedica. Xa sabe que eu tamén o quero, a pesar da nosa discrepancia sobre a bondade, maldade ou indiferencia da maior ou menor proximidade a Galicia das manifestacións pop-perrallas da cultura andaluza. Agardo poder discutir algún día estas cousas con vostede e algún outro contertulio, sentados no patio dunha boa taberna, con tempo por dediante e co único afán de disfrutar e rir cunha boa conversa que empezará en Manolo Escobar e acabará, se cadra, en Amazing Blondel, en Family e en "Llena tu cabeza de rock".

Anónimo dijo...

Don Leituga, nin eloxios, nin inmerecidos.

Na verdade, encontrábao de menos.

Sabía?? Espero ser algún día libre dabondo para poder apreciar Manolo Escobar como podo apreciar un cineasta iraní, é dicir, sen máis interferencias na miña cultura que as propias da cultura universal.

Indique día e hora para esa conversa de taberna, en que empezemos polo Cástor e Pólux (desculpe, Manolo Escobar e Conchita Velasco) e terminemos por Tangerine Dream.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

¿En el Hotel California?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Está máis de medio país galego celebrando a liga do Madrid. Que ten que dicir, amigo Júlio?

Anónimo dijo...

¡Hala Madrí.....!

Anónimo dijo...

Querido Amigo Arume: Estivemos todo o santo día en Lobeira a participarmos de figurantes nun filme. Teño o cerebro esmigallado e os ollos queimados dos focos.

Do resto, simpática e bonita Isabel Blanco.

ISABEL BLANCO NA CASA DOS MEDELA DE LOBEIRA



E sen ánimo de polemizar, non me gusta o fútbol, e que quere que lle diga, tamén non me entusiasma o que (na miña humilde opinión)representa o Real Madrid. Estou no computador e non facía idea de que tivese terminado a liga.

Anónimo dijo...

Retranca gallega de Don Gonzalo Torrente Ballester : ¿El Real Madrid, viste de listado, no?

Anónimo dijo...

Sen desmerecer de moitas outras, podo afirmar que Isabel Blanco foi a moza máis fermosa que pasou polas aulas da FFT (Facultade de Filoloxía e Traducción) de Vigo. Fágoo constar en Vigo, a 4 de maio de 2008.

Anónimo dijo...

Don Arume, asino tamén o seu manifesto.

Quintas, Lobeira, Reino dos Suevos, 4 de maio de 2008.-

Anónimo dijo...

Acepte este presente, amigo Medela, seguro que para vir de Lobeira a Allariz venlle ben: Blood, sweat and tears.

Anónimo dijo...

¿Soltera?

Anónimo dijo...

Grazas, don Arume, que peza tan rara ... Un blues-soul pre-reggae??

Resume o día de hoxe en Lobeira. E a marcha cara a Allariz.

Anónimo dijo...

Teñan coidado na súa ousadía "machista", amigos Arume e Medela. Que un día eu -inxenuo de min- dixen algo semellante doutra famosa galega e case me botan os lobos.

Pés de chumbo, hai que andar cos pés de chumbo.

Anónimo dijo...

Amigo Kooltor:

Non se pode dicir que unha moza é bonita???

Vaiche boa.

É mellor, logo, ficar en Karakalpakstan.

Anónimo dijo...

Eu non digo iso. Eu dou conta do que hai. Pódenlles dicir, por exemplo, que só falan da súa beleza e non das súas cualidades artísticas, e que iso é machismo puro e duro. Non o digo eu, digo que llo poden dicir.

Anónimo dijo...

Asino outra vez o manifesto e ademáis convido a aqueles e aquelas que tiveron a fortuna de vela embelecer o campus coa súa ollada que digan se minto en algo.

Anónimo dijo...

Isto debe de ser unha loucura colectiva. Tal vez botaron LSD na auga da traída.

Proclamo ante quen faga falta, mesmo ante Torquemada que Isabel Blanco é unha señora bonita, simpática, elegante, cariñosa, atractiva, sexy, empática e galega arquetípica.

Con perdón por se alguén se ofende.

Anónimo dijo...

Os prexuízos son dos que pensan que ser fermosa é óbice para outras cousas. Aquí estamos xulgando a galanura, a armonía pefecta do seu rostro. E do impacto que causa cando pasa xunta nós.

Anónimo dijo...

Non é loucura colectiva nin alucinóxenos na traída. É o "politicamente correcto" que nos invade.

Anónimo dijo...

E que é verdade, cabaleiros. O tema xa parece cansativo. Como se eu ao dicir que Isabel Blanco (ou Kyra Prosokova, ou calquera señora que nos pareza atractiva) é unha bonita rapaza implicase que eu albergo escuras intencións para ela... Como di o señor Arume, os preconceptos son dos que afirman que se nos afirmamos que unha rapaza é fermosa implica que esa rapaza é parva ou algo parecido ou que nos queremos aproveitar dela.

Don Api, o politicamente correcto é a nova versión do ataque hippy con lsd ao encoro de auga potábel de San Francisco, en 1967.

Anónimo dijo...

Eu sei de máis dunha que vai ás charlas de Manuel Rivas por gozaren da súa beleza indómita. E doutras que lamentaron últimamente a perda dos rizos anxelicais que o facían terribly sexy. Á marxe completamente doutras cousas. O de que bó está! era ritornello que non atendía á razón nin á conferencia.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Xa, pero por se acaso dío no anónimo anonimato. E así non vale.

Anónimo dijo...

Dicir sí se pode, pero que quere dicir? A min dame a impresión de que nese caso fálase máis dun mesmo (e das súas inalcanzables fantasías e da súa escasa elegancia) que das marabillas da persoa supostamente ensalzada.

Anónimo dijo...

Aí si que falou, Arume.

Anónimo dijo...

Son todos vostedes unhos machistas. A min non me gustan as mulleres por seren guapas ou atractivas físicamente. Teñen que ser cultas e intelixentes , pra que me interesen como parexa, sexual ou sentimental. Deben saber de Historia,Universal, de España, de Galiza, de Literatura, EScultura, Filosofía, poder falar das Críticas da Razón, Pura e Práctica, diferenciar os estilos pictóricos e arquitectónicos, saber aplicar laplacianas ás ecuaciós diferenciáis lineáis,resolver integráis múltiples en variable complexa, enteder a Relatividade Xeral, a Evolución biolóxica, tocar o piano como mínimo, coñecer a Astronomía de Posición, ter nociós prácticas de Dereito Penal,Procesal, Canónico,Civil, Romano,Laboral,Teoría de Xogos de Suma Cero, Bioquímica a nivel do Lehnninger,Economía a nivel Mochón,entender a Edmund Husserl, a Marx, a Wittgenstein, ter nociós de Criminoloxía, de Psicoanálisis, un diploma en Primeiros Auxilios como mínimo, e coñecer os síntomas e o tratamento das enfermades máis frecuentes.
Machistas.

Anónimo dijo...

Admítao, XDC, vostede de quen está namorado é de MG.

Anónimo dijo...

jajajajajajajaja

Se a moza esa de que fala XDC sabe preparar a empanada de congro... A moza sería God.

Con perdón.-

Anónimo dijo...

Eu de quen estaba namorándome (non namorado) era de Doniña, pero desaparecéu. Eso sí que é amor puro,platónico. Enamorarse dun nick do ciberespacio, o máis parecido a un espíritu puro, sin corpo carnal e banal.

Anónimo dijo...

A moza que lle gusta ao señor Da Coba vai comprar ao Komo Komo os ingredientes necesarios para preparar unha empanada de congro.

Obsérvese la pintoresca toquilla con la que se atavía.

A SÚPER MOZA DE XOÁN DA COBA

Anónimo dijo...

Doniña: Save Da Cova Soul.

Anónimo dijo...

Doniña:
... --- ... ... --- ... ...

Os tres últimos puntos non son un "S", senón puntos suspensivos:...

Anónimo dijo...

Gostame máis a morena que tamén fotografóu, Medela. A rapaza do bar-tenda das Conchas. Anque só sexa porque a coñezo i é amiga.XD.

Anónimo dijo...

Vaia, xa non ten o cabelo negro de todo. Xa o cambióu. Cómo se conoce que é perruqueira de profesión.

Anónimo dijo...

vaiche boa

Anónimo dijo...

Da mesma maneira que a srta. Catherine Deneuve foi no seu día a imaxe de marca da República Francesa, Isabel Blanco podía ser o símbolo da República Galega (Ou estado suevo, se preferen).

A da fotografía na parede é a miña tataravoa, estaba de presidenta da Xunta Isabel II.

REPÚBLICA GALEGA-ESTADO SUEVO

Anónimo dijo...

No hay buenas fotos en Google Imágenes ni en Flickr de la musa Blanco.......

Anónimo dijo...

Pero non quedaramos que esto ía parar en monarquía con Leituga the first coma rei case absoluto? A min, en todo caso, o de Elisabeta Bianco paréceme de libro sexa res publica ou monarchia: falta un/unha Delacroix que a retrate. Facemos concurso ou designamolo/a nós?