Brincadeira na ONU (vía Arume)
A ONU remata de finalizar a enquisa máis grande da súa historia. A pregunta foi:
- Por favor, responda honestamente, que opina da escaseza de alimentos no resto do mundo?
Os resultados foron desalentadores. A enquisa foi un completo fracaso.
1. Os europeos non entenderon qué significaba “escaseza”.
2. Os africanos non sabían qué eran “alimentos”.
3. Os israelís non entenderon qué quería dicir “por favor!”.
4. Os ianquis preguntaban qué significa “o resto do mundo”.
5. Os chineses e cubanos pedían que lles explicasen que significaba “que opina?”.
6. E no congreso arxentino, colombiano, chileno, boliviano, peruano, brasileiro e venezolano, aínda hoxe están debatendo qué quere dicir “honestamente”.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
27 comentarios:
Con todo, nesta torre de Babel temos que interactuar todos. Manda carallo!
De mal humor, socarrería, baratería, pésimo gusto, lamentabel. Porque non nos conta agora un chiste de negros, ou de "gallegos"?
A estes agoreiros anónimos amargados que andan a tocarlle o carallo a todos os participantes, de verdá que os remitía a un gulag a -40ºC para que calasen dunha vez.
Por unha vez, e sin que sirva de precedente, Beria, estou dacordo con vostede.
Entre nós, non fai falla 40º, chegan 0º, nin frío nin calor.
Mano dura Beria y al congelador de Siberia con ellos. Tanta calentura ni tanto carallo.
E o Jacques Delapierre,galego, respostóu: "E logo por qué mo pregunta?".
Miren no video cómo se conxelan as ondas a -40 grados Celsius:PREMER.
Sigan lendo. En realidade son ondas nun lago xeado.
Aí, aí, nesa caseta á beira ou á "beria" do lago xelado, é onde quero ver eu metidos aos anónimos malandrucados, por "tocarlle o carallo a todos os participantes". Por marraos. Non lle chega co deles, que teñen que andar furgando no dos demais.
¿Non era que non volvías máis? Vai dar unha wolta por Warcelona e non te amargues máis.
Talvez estaría mellor unha tempada en Guantánamo con vistas ao Caribe, e traxe deseño cor laranxa, escoitando as subtís disertacións de arume dos piñeiros sobre ese recuncho de liberdade inalienable no xardín do capital.
non se sabe que é o peor do anónimo (ben coñecido, por outra banda) do sáb 01.26:00: se a súa enaxenación mental (que o leva a confundir xigantes con muíños de vento) ou a súa mala baba
Anónimo dijo...
De mal humor, socarrería, baratería, pésimo gusto, lamentabel. Porque non nos conta agora un chiste de negros, ou de "gallegos"?
vie may 23, 11:23:00 PM
MANDA CARALLO PRÁ MALA BABA
Diálogo nunha cafetería de Vigo
Supoño que o vídeo é unha simulación, mais é tal cual.
Arume, de onde tira estas cousas? Manexa vostede unha videografía asombrosa.
Anda xa por aí circulando. Hai quen di que parece dos Tonechos. A voz pode, pero, en todo caso, resulta moi verosímil (se cadra o recordo de Massiel e Salomé soa algo sospeitoso). En fin: Si non è vero, è ben trovato.
Como gane, quén verá a todolos expertos explicando a posteriori a inevitabilidade de que gañara.
Están cantando un fulano e unha fulana, de Rumanía, na pantalla xigante da cafetería WIFI na que tomo unha cervexa.
Uribarri lo clava.
Non me gusta a publicidade deste acúmulo de tópicos aínda que teño moitos por certos.
O post de Arume dos Pi�eiros sobarda prexuizo chovinista. E amais grande desco�ecimento. O non pedir por favor non � acaido como t�pico para os israelitas, ser�a mais ben, :que significa o resto?. O "resto" ten grande importancia na tradici�n xudea.
E poder�a seguir alimentando os estereotipos
E os galegos preguntaron porque lle preguntaban.
Non pasa de ser unha brincadeira que me pasaron por mail. Non é, obviamente para quen coñeza as miñas intervencións, miña.
Arume, eu non sei por que anda a xustificar o seu extraordinario post. Ó que o entenda que o entenda, e senón que lle voten azúcar. Non sei quen dicía, con razón, !hay que joderse¡
Algún que fala de sobardar debería levar unha albarda, por burro.
Os italianos gardan unha lembranza inesquecible dunha portada que apareceu no ano 1977 de Der Spiegel na que aparecía unha pistola nun prato de spaghetti para denunciar a connivencia do país coa Mafia. A cada pouco saen irritados coas caricaturas dos italianos en Europa; a última é esta: a de Toni l'italiano que vai comprar a Media Markt e pide un dependente home porque pensa que só os homes poden entender de electrodomésticos, pero xira tan pronto como aparece unha muller fermosa. Velaí o spot que está a escandalizar en Italia: Anuncio para Xoan da Cova.
Poden ver outros como ese no que o italiano lamenta que os alemáns estean todo o día comprando televisores, frigoríficos e ordenadores, mentres os italianos só compran árbitros.
O home do anuncio, de rasgos latinos e vestido como o estereotipo do "latin lover", empeza berrando "Un home, por fin, un home!". Diríxese ao espectador decindo que se precisa de homes cando se trata de buscar consello sobre fútbol ou tecnoloxía, por que as mulleres...Nesto, pasa unha fermosa muller, de rasgos alemás, i el xira como un resorte,cambiando un segundo á lingua italiana, pra pedirlle consello na compra.
A imaxe que se transmite é a típica do "macho":machista e incapaz de controlar os seus impulsos sexuáis. Comprendo que os italianos se sintan ofendidos. Saiban que a palabra española "macho" xa está desde fai anos no alemán cotidiano con ese senso.
O slogan final é o mesmo que en español: "Yo no soy tonto".Cousas da globalización.
Se fose unha cuestión de humor, pareceríame estupendo, pero observo que neste caso como noutros, non se trata de humor, que é un pretexto para colar prexuizos.
Por outra parte non oculto a miña intención de perrear un pouco ao Arumel.
O beria eu pensaba que era un sado-coiro, e resulta un bonachón, moito ameazar pero ninguén está en Siberia por orde súa. Amais, Siberia é hoxe destino turístico, e xa non hai gulags, aínda que pode que paguen ben por facer de preso para os turistas, nos barracóns dos campos.
E si son burro, moi burro, un asno, non teño complexo en recoñecelo, por saber non sei nin o meu nick e orneo, moito, orneo ao medio día, a media tarde, a noite e pola mañá, orneo tarde, mal, os outros burros non me queren con eles e veño aquí a este campo da Solaina a pacer e miralos a vostedes que se afogan no rio de tanto mirar a pantalla como Narciso.
E el non será logo un incomprendido?
Publicar un comentario