en poleiro alleo
Camiño do vao. Presunción de clientela, AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN (GH. 6.5.08)
O caso Dreyfus e o primo do Zumosol, Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 6.5.08)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
87 comentarios:
Con franqueza, desta volta non entendo qué quere dicir ou pretende o Monxardín. Sen dúbida, el debe saber que o BNG non é esa cousa tan daguerrotípico-microfílmica. O dito, non sei o que quere dicir nin o que pretende, e ben me gustaría. Non ten por que importarlle, así e todo.
Tocante ao caso Valadés, manteño o silencio anunciado: sigo sen saber.
Un Dragón no corazón do BNG
César Pazos Carreiro*
Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.
Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes máis do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir en Paz.
Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar distinto e por crear a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
Como patriota galego, sinto que Israel é un exemplo a seguir, pero no BNG moitos pensan que o paradigma é Irán. O sionismo, o nacionalismo israelí, cando deixou Auschwitz foi quen de recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e, o máis importante, foi quen de conquerir a Democracia. Porque Israel é un pobo democrático.
Namentras, nós temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que son senon, os aplausos histéricos asemblearios a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no Parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte dende a dirimencia: “coidado co que se fala que sae nos medios”? . Coidado ¿de que? ¿De que razóns non se poden enterar os cidadáns galegos?.
Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou négase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.
Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese dragón que algúns do BNG levan dentro do peito. Shalom.
*Membro do Consello Local do BNG de Vigo
As empresas que, "por defecto", nos consideran seus clientes, deberon aprender da Igrexa. En principio, somos considerados membros dela, e bautízannos sin preguntarnos. Pra apostatar, hai que dar máis voltas ca un mono.
E cando te chaman ao móvil, nunca é pra resolverche un problema, senón pra crearcho onde non había ningún (pra tí).
O de estar sempre localizable significa que calquera pode influir na túa vida en calquer momento. A túa conducta é unha mera reación a estímulos inmediatos do entorno (o pitido do móvil).
Penso que ao que lle sona moito o móvil, é porque non aprendéu a estar onde ten que estar. Tarda en aprenderse.
En que quedou o do expediente V? Quero dicir: non era este sábado cando tomaba a decisión o CN do BNG sobre o caso Valadés? Que se acordou?
Por outra banda, Saavedra, toda "cousa tan daguerrotípico-microfílmica" (sic.) ten unha parte de verdade e outra que non. Hai no BNG dúas almas (ou tres ou catro)?
Aclaro sucintamente: daguerrotipo é por vello, microfilme por reducido; incluíndo, en ambos casos, a inmobilidade da instantánea fotográfica. En suma: non me soa a Monxardín cousa tan tópica. O (sic.), con franqueza, non o entendo; aínda que non ten maior importancia.
Coma calquera outro partido grande e moderno (desculpen aqueles que encontren contradictio in terminis na atribución), o Bloque non inclúe dúas nin catro almas; senón moi diversas visións, á marxe de cal fose a posible intención ou gusto dalgunha das partes integrantes. Non teño dúbida ningunha de que nin vde. (xaora), Apicultor, nin ningún outro de vdes. -reducións de espazo, retóricas e factores de debate aparte- ignora tan notoria circunstancia.
Cousa que aínda intensifica a miña estrañeza, ou estrañamento. E desculparán a falta de tempo para máis.
Grande e moderno. Contradictio in terminis non; se cadra, hipérbole.
O (sic.), se non estou trabucado, utilízase para indicar que é frase ou termo textual do citado e non do que cita.
O das "dúas almas" é unha metáfora que se adoita usar cando se fala dalgúns partidos nacionalistas: do PNV, por exemplo. Non ten, coido, intención pexorativa, senón descritiva de sensibilidades e/ou orientacións.
Eu penso que no BNG hai "tres almas": unha máis vella, unha máis moderna e outra que se debate entre o vello e o moderno.
Por outra banda, fronte a unha visión tópica presentar unha visión idealizante, tampouco me parece moi acaído.
Non hai nada de que estrañarse, coido eu.
Leo nun ínterim e volvo puntualizar: oito ou dez mil carnés para menos de tres millóns de habitantes implica partido grande; o grao de variedade interna, e aspectos comprobables por todos (con lectura de papeis) ou uns poucos (que estivemos presentes en actos decisorios), implican modernidade.
Pero non pretendo que nos poñamos dacordo. E ironía debe ser aceptada, ou permutatio ex contrario ducta (grazas, Lausberg).
Creo que é (sic), sen punto.
O das almas (e o correspondente almario) terá que ver, no caso do PNV, sobre todo, con algunha perspectiva digamos relixiosa?
Transit gloria mundi (sic).
Case ten m�is socios a Ponferradina.
Pois será (sic) sen punto, pero agora non o teño claro. Grazas pola aclaración.
O das almas non ten que ver con ningunha perspectiva relixiosa (aínda que haxa quen diga que o nacionalismo é un sustitivo da relixión nun mundo secularizado).
O de partido grande con tal número de afiliados, seméllame unha esaxeración, Saavedra. O BNG é, de todos os partidos importantes, o que ten un ratio afiliados/votantes máis baixo, que é un indicador que se utiliza polos especialistas.
Claro que se o comparamos coa FPG non é un partido grande, senón grandísimo. Pero supoño que esta comparación non estará na mente de Saavedra (ironía tamén vai e vén, of course).
Outro intre: o sic adoita utilizarse como certificación de que o que se escribe responde á realidade ou intención real. En tal sentido, a miúdo é utilizado retórica e, en concreto, ironicamente: ei-la razón da miña incomprensión.
Sobre o da S.D., os meus parabéns; posiblemente o Barça teña tamén máis socios ca afiliados CDC. Ora que, neste país, oito ou dez mil carnés seguen significando partido grande.
E volvo ao artigo do xoves, que é tempo de entregalo.
Vale, recoñezo que o meu (sic) tiña tamén unha intención irónica. Pero non me negará que a expresión "cousa tan daguerrotípico-microfílmica" se las trae.
Cando digo perspectiva relixiosa non o digo, obviamente, por vostede, amigo Apicultor, senón por quen creou esa metáfora. Puido elixir outras, pero non, elixiu esa. Perche? Chi lo sa.
Fai ben, sr. Xosé M. González
Volvao ao seu artigo do xoves para o noso goce colectivo e deixeos por imposibles. O Monxardín é medio xudeu e o Bloque caelle a desmán.
Xa entendera que non ía por min, amigo Arume. Mais non son quen de respostar agora quen e por qué se creou esa metáfora. De todos os xeitos, penso que non está nada mal.
Non teño nada claro que o Monxardín lle sexa medio xudeo, amigo Etxe. Segundo, as miñas noticias a carne que máis lle gusta é de porco (disimulando os presentes), en particular o dente de porco (con perdón outravolta).
Rectifico: o por que, si. Por qué exactamente esa, non.
E agora desculpen que me retire, que mañá teño un día de duro laburo.
Pois veña, Apicultor, que xa sabe que..ESTA cántalla moi ben o Arume d.p..
Coido que iso é o que lle canta a muller ao marido que leva unha tempada en folga e non trae pecunio para casa.
Disinto totalmente, sexa no sentido que sexa. O traballo é unha maldición bíblica.
Agora si, boa noite a todos.
Ta regular informado, Api.
É filoxudeo laico e filosuidófilo como os vellos socialistas dos kibutzs iniciais.
(E non padece Paraskavedekatriafobia que é a última palabra qeu aprendeu).
que cousas máis raras cantaba o Celentano... estes italianos!!
Hai demasiados profesores metidos a políticos. Os profesores estamos para dar clase, e o que non queira dar clase, que se marche. Pensa nunha cousa que ocorre na literatura galega e que non vin en ningunha outra. Hai escritores
que escriben unha obra, boa ou mala, e como son profesores, fan a crítica tamén. Son artistas e críticos ao mesmo tempo. Ademais, como son profesores de galego, resulta que só saben eles falar galego –que moitos deles tampouco son galego falantes–, e dinche como tes que ler o seu libro. Porque son eles os que saben. Entón claro, un profesor de galego que ensina a tododiós a falar, que escribe a historia da literatura onde el mesmo está, que ademais é crítico, é un enxendro cultural que non existiu en ningunha época do mundo.
Aquí creamos un sistema de goberno que é a pedantocracia, o goberno dos pedantes, unha pedantocracia auténtica, de xente que anda adoutrinando por todas partes no canto de facer o que ten que facer: gobernar.
Púxenche un cebo e picaches nel á primeira, voçe na neboa ex Marcel Swann.
¡Con peixes coma ti, é doado encher o cesto!
EU douche un premio
TI dásme unha subvención para aquel paripé
EL fala ben do meu libro
ELA escribe gratis na prensa facendo patria
NÓS publicamos cos nosos amigos
VÓS publicades aínda que non vos lea ninguén
ELES son felices e o galego marcha.
mesmo aos pescantíns "de flor en flor" lles dan licenzas...
"Se repite" usted más que el ajo, caballerete.
:) :)
Parece un libro e desfacedor de mitos acomodaticios: "Para que serve a historia de Galicia", de José Carlos Bermejo Barrera, Lóstrego, 2007. Vouno mercar. Mesmo ler. Recoméndollo ao doce pescantín de flor en flor.
Un libro así debería ser discutido neste blog.
Entrevista a José Carlos Bermejo
http://www.temposdixital.com/wp-content/uploads/2008/04/protexta-5.pdf
José Carlos Bermejo «En Galicia creamos un sistema de goberno que é a pedantocracia, o goberno dos pedantes»
Catedrático de Historia Antiga na USC e ex decano da súa facultade, José Carlos Bermejo Barrera é o autor de ¿Para que serve a Historia de Galicia? (Lóstrego, 2007), un libro contra o consenso e talvez contra o silencio imposto. Apaixonado dentro e fóra da páxina, prende na Cidade na Cultura para ensarillar unha crítica implacábel contra o nacionalismo hexemónico.
R: «En Galicia creamos un sistema de goberno que é a pedantocracia, o goberno dos pedantes» En realidade, malia ao que se di na capa, o que se propón este libro é responder a pregunta: para que se está a facer servir a historia de Galicia?
Eu teño bastante claro para que debe servir a Historia, a de Galicia tamén. Alguén dixo que o libro se podería chamar Que se entende por cultura galega? ou Para que sirve a cultura galega?, porque ten moito máis que Historia. Escribino porque hai algo que me amola e é que se está a trivializar o discurso nacionalista. A min o que me parece claro é que Galicia é unha realidade histórica diferente de España e de Portugal, que se explica por un desenvolvemento distinto e por uns problemas políticos e culturais distintos. E que pasou con ese discurso? Que foi decapitado pola Guerra Civil e ficou coma un fío fráxil até a morte de Franco. E que pasou coa autonomía? Pois que aquí non se deu o que dicía Piñeiro senón outra cousa ben distinta. Aquí non se galeguizaron as forzas políticas, aquí chegou Fraga e fixo unha OPA ao nacionalismo galego: asumiu todo o que era superficial para non sobrepasar os límites da Constitución, asumiu todos os símbolos e a retórica do nacionalismo, e dende o momento que o asumen o PP e o PSOE e o mantén o BNG, porque é o seu, convértese nunha especie de pensamento único contra o cal é aberrante pronunciarse. Evidentemente eu non estou en contra dese discurso, senón do que deu en ser ese discurso: algo absolutamente baleiro. Eu cheguei a ter un grupo de neonazis galeguistas na miña facultade. Neonazis galeguistas!
P: Pero a de Piñeiro foi unha vía conxuntural, non si?
R: Esa vía tiña sentido na época de Piñeiro como adaptación estratéxica, pero non agora, porque crea un concepto de cultura vacío que tododiós asume, absolutamente perverso.
P: Cando dis que o nacionalismo se converteu nunha marca comercial exportábel, refíreste a este fenómeno?
R: Claro. Cal era o problema real de Galicia, como pobo e nación de moitos galegos? Era o problema do desprezo. Falar galego era ridículo fóra e dentro de España, a visión dos galegos era a de xente pobre que emigra e que non sabe falar. E esa visión está demostrada nos feitos históricos e na literatura española: o galego paleto, atrasado, primitivo, suxo. Que fixo Fraga? Pasar, segundo o pensamento político nacionalista máis tradicional, español ou europeo, non á autoestima, que sería o normal, senón ao narcisismo. Somos os máis listos, os máis intelixentes, os mellores científicos. Créase un discurso igualmente perverso. O discurso do autodesprezo é perverso,
pero o do narcisismo é igual de perverso ou máis, porque o do autodesprezo non o fai quen goberna e o do narcisismo si. Que pasa aquí, en consecuencia? Que non hai ningún espírito crítico. Esa carencia en Fraga era evidente, pero contaminou todo.
P: O bipartito é continuista con esa cultura?
R: Empeorouno todo. Moitos queriamos botar a Fraga como fose, pero había a esperanza dun cambio real depositada por moitísima xente no BNG. E o que fixo o BNG foi unha traizón. Por que traizoa o señor Quintana os principios do nacionalismo galego? Porque abandona
o discurso crítico e vira o gran defensor da cultura emprendedora.
P: En realidade, malia ao que se di na capa, o que se propón este libro é responder a pregunta:
para que se está a facer servir a historia de Galicia?
R: Eu teño bastante claro para que debe servir a Historia, a de Galicia tamén. Alguén dixo que o libro se podería chamar Que se entende por cultura galega? ou Para que sirve a cultura galega?, porque ten moito máis que Historia. Escribino porque hai algo que me amola e é que se está a trivializar o discurso nacionalista. A min o que me parece claro é que Galicia é unha realidade histórica diferente
de España e de Portugal, que se explica por un desenvolvemento distinto e por uns problemas políticos e culturais distintos. E que pasou con ese discurso? Que foi decapitado pola Guerra Civil e ficou coma un fío fráxil até a morte de Franco. E que pasou coa autonomía? Pois que aquí non se deu o que dicía Piñeiro senón outra cousa ben distinta.
Aquí non se galeguizaron as forzas políticas, aquí chegou Fraga e fixo unha OPA ao nacionalismo galego: asumiu todo o que era superficial para non sobrepasar os límites
da Constitución, asumiu todos os símbolos e a retórica do nacionalismo, e dende o momento que o asumen o PP e o PSOE e o mantén o BNG, porque é o seu, convértese
nunha especie de pensamento único contra o cal é aberrante pronunciarse. Evidentemente
eu non estou en contra dese discurso, senón do que deu en ser ese discurso: algo absolutamente baleiro. Eu cheguei a ter un grupo de neonazis galeguistas na miña facultade. Neonazis galeguistas!
P: Pero a de Piñeiro foi unha vía conxuntural, non si?
R: Esa vía tiña sentido na época de Piñeiro como adaptación estratéxica, pero non agora, porque
crea un concepto de cultura vacío que tododiós asume, absolutamente perverso.
P: Cando dis que o nacionalismo se converteu nunha marca comercial exportábel, refíreste a este fenómeno?
R: Claro. Cal era o problema real de Galicia, como pobo e nación de moitos galegos? Era o problema do desprezo. Falar galego era ridículo
fóra e dentro de España, a visión dos galegos era a de xente pobre que emigra e que non sabe falar. E esa visión está demostrada nos feitos históricos e na literatura española: o galego paleto, atrasado, primitivo, suxo. Que fixo Fraga? Pasar, segundo o pensamento
político nacionalista máis tradicional, español ou europeo, non á autoestima, que sería
o normal, senón ao narcisismo. Somos os máis listos, os máis intelixentes, os mellores científicos. Créase un discurso igualmente perverso. O discurso do autodesprezo é perverso,
pero o do narcisismo é igual de perverso ou máis, porque o do autodesprezo non o fai quen goberna e o do narcisismo si. Que pasa aquí, en consecuencia? Que non hai ningún espírito crítico. Esa carencia en Fraga era evidente, pero contaminou todo.
P: O bipartito é continuista con esa cultura?
R: Empeorouno todo. Moitos queriamos botar a Fraga como fose, pero había a esperanza dun cambio real depositada por moitísima xente no BNG. E o que fixo o BNG foi unha traizón. Por que traizoa o señor Quintana os principios
do nacionalismo galego? Porque abandona o discurso crítico e vira o gran defensor da cultura emprendedora. Porque o discurso narcisista se manifesta en todos os terreos e en cousas absolutamente insólitas, como que a Consellaría de Industria diga que somos
unha potencia. De coña.
P: Que aconteceu coa negociación do Estatuto?
R: Iso é moi curioso. A solución que propón Villares é unha solución absolutamente irreal. Que é iso de Nazón de Breogán? E entón España
que é, a nación de Don Quijote? Breogán non é un personaxe histórico, é un personaxe literario. E Francia que é? A nación de Asterix? Non hai ningunha nación de Breogán, a nación será de Galicia ou do pobo galego. Aínda así, nin polo camiño do medio puideron saír. Isto dicíao moi ben nunha entrevista da TVG o Duran i Lleida. Preguntábanlle por que ERC prefire gobernar co PSOE e non con CiU. Pois porque se goberna con nós, respondeu, como tamén somos nacionalistas, habería que pensar
máis a serio o problema do nacionalismo catalán. E engadía: sabe vostede o que pasa? Que o Audi A8 fai estragos. E evidentemente, o Audi A8 fai estragos tamén en Galicia.
P: É que o Audi A8 anula a capacidade crítica?
Olla, no plan galego de I+D da Consellaría de Industria dinse cousas razonables e outras absolutamente absurdas. Evidentemente, en Galicia, se se marcha Citröen, o desastre é absoluto, pero dicir que a lingua galega forma parte do patrimonio industrial, que o portugués forma parte do patrimonio industrial, á parte de ser mentira reflicte unha situación. Non hai crítica no campo económico, non hai crítica no campo político, e tampouco hai crítica no cultural. No campo económico, discurso triunfalista. Segundo a Xunta somos un tigre asiático, pero resulta que o propio Touriño confesa que o 33% da poboación galega ingresa menos de 600 euros. O mesmo día os xornais publican que cada día se perden oito postos de traballo no campo galego. Iso é moi serio. Todos eses son datos da Xunta, non os estou inventando, e resulta que nos din que na Costa da Morte, de cada catro persoas que ingresan diñeiro, unha é traballadora e tres xubiladas. Tomemos as cousas a serio: isto non é un tigre asiático, non somos punteiros na industria de nada... Bueno, escoitei a Touriño dicir que Galicia é punteira nas multinacionais da automoción... por Citröen! Que pasa, que agora Citröen é unha empresa galega con sucursal en París? Esa falta de crítica é gravísima na economía.
P: E no terreo cultural?
R:Hai demasiados profesores metidos a políticos. Os profesores estamos para dar clase, e o que non queira dar clase, que se marche. Pensa nunha cousa que ocorre na literatura galega
e que non vin en ningunha outra. Hai escritores que escriben unha obra, boa ou mala, e como son profesores, fan a crítica tamén. Son artistas e críticos ao mesmo tempo. Ademais, como son profesores de galego, resulta que só saben eles falar galego –que moitos deles
tampouco son galego falantes–, e dinche como tes que ler o seu libro. Porque son eles os que saben. Entón claro, un profesor de galego que ensina a tododiós a falar, que escribe a historia da literatura onde el mesmo está, que ademais é crítico, é un enxendro cultural que non existiu en ningunha época do mundo. Aquí creamos un sistema de goberno que é a pedantocracia, o goberno dos pedantes, unha pedantocracia auténtica, de xente que anda adoutrinando por todas partes no canto de facer o que ten que facer: gobernar.
A Cidade da Cultura non está só na capa do libro.
R: É que os discursos da Cidade da Cultura, vistos por un historiador, son verdadeiramente
alucinantes. Como se pode facer un edificio e dicir que vai ser fundamental dentro de 1.000 anos na historia da arquitectura? A historia da arquitectura, como a da pintura, non a escriben os protagonistas. Imaxina que na I Guerra Mundial un francés lle dixese a outro en Verdún: oes, Marcel, esto de la I Guerra Mundial es muy jodido! Pois do mesmo xeito o destino da Cidade da Cultura na historia da arquitectura é imprevisíbel. Facer os edificios máis caros da historia de Galicia sen función, iso si que é un fito histórico, nunca tal se fixera. Eses edificios son narcisismo puro. É verdadeiramente alucinante que se pensara que Santiago ía ter o Pazo da Ópera máis grande do mundo. A ópera é a arte máis cara do mundo, é un espectáculo burgués. En España, onde houbo unha tradición operística importante? En Guadalajara?
P: Non, en Barcelona.
R: Claro, e por que? Que había en Barcelona? Unha burguesía con pasta para pagar, e punto. Como poden dicir que van facer o teatro de ópera máis grande do mundo en Santiago, que ten 100.000 habitantes, 5.000 parados de longa duración, 5.000 xubilados con menos de 600 euros... É demograficamente imposíbel que un pazo da ópera o manteña unha cidade que non teña millóns de habitantes. Imposíbel. Como se pode dicir semellante disparate? Pois por ese discurso narcisista. Como pode ser que un conxunto de políticos que individualmente son intelixentes se convirtan en tontos? É así. Din cousas inverosímiles. Eu son afeccionado ao cine e ía adoito aos Compostela antes de que pechasen porque son os únicos que poñían películas de calidade, e alí vin todas as películas galegas que se fixeron. Que non me veña ningún político con que van facer cine en galego porque non é viábel. Para empezar non teñen nin salas onde poñelo. Nunha cidade na que pechan os únicos cines que poñen películas de calidade por falta de público, imos ter representacións de Parsifal de cinco horas en alemán? Por favor! A pedantocracia débese en Galicia ao discurso narcisista, primeiro, e logo ao peso dos profesores metidos a políticos. A USC é unha auténtica sucursal da Xunta.
P: Citas a Quevedo: “No he de callar, por más que con el dedo, ya tocando la boca, ya la frente, silencio avises o amenaces miedo”. Non se poden dicir estas cousas?
R: A tiraxe deste libro é de 1.000 exemplares e os dereitos de autor regálollos aos editores, que son alumnos meus. É un libro escasamente viábel. En Santiago agora van a abrir a Biblioteca de Xoán XXIII...
P. Unha biblioteca sen libros.
R: Si, sen libros. E na Coruña, e digo isto aínda que non me cae nada ben Francisco Vázquez, teñen cinco e están cheas. Por que? Porque hai salas de prensa e poden ir os xubilados para ler o periódico porque non teñen diñeiro para mercalo. Salas de internet de balde, salas infantís, salas xuvenís e de estudantes con fondos bastante respectábeis. Asegúroche que se pos unha biblioteca con fondos decentes nunha vila e se lle ensina á xente que vaia alí, vai.
P: Nin sequera a hai en Vigo.
R: Claro, pois Santiago, que é a cidade máis importante do mundo, máis que a Atenas de Pericles e Xerusalén e Pequín, non tiña unha biblioteca pública. E agora resulta que a van a poñer sen libros. Nese discurso non cre ninguén. É de intelectuais que se alimentan a si mesmos, co seu propio discurso absolutamente narcisista. Se eu digo que a historiografía galega é a mellor do mundo, o que quero dicir é que son o historiador máis listo do mundo.
P: Esta instrumentalizada a historiografía galega?
R: En España a investigación en Historia foi moi pequena durante moitísimo tempo e na USC non se podían facer teses de doutoramento até finais dos anos 50, porque todas se lían na Universidade Central, en Madrid. Hai unha tradición extra-académica da historiografía galega. Á parte dos precedentes que hai dende o Renacemento, que son historias locais, normalmente escritas por eclesiásticos, que sabían latín, hai afeccionados desastrosos, como Vicetto, que te pode caer simpático pero que como historiador é un incompetente. Logo historiadores que están fóra do mundo universitario pero que teñen algunha formación universitaria, como Murguía, que pode facer unha historia tecnicamente correcta. E despois, os da Xeración Nós, que nalgúns casos teñen relación académica, como Risco, e outros non, coma Cuevillas, o que non quere dicir que Cuevillas non fixera moi ben esa historia, porque non a facía ninguén nesa época. Entón, cando se empeza a estudar historia aquí, no final dos sesenta, sae un híbrido entre esa tradición política e o discurso académico. Hai unha superposición de modelos: un tradicional, de historia da nación, que entronca no século XIX con Murguía, e un que deriva da escola dos annalis. É un híbrido bastante contraditorio. En realidade, faise Historia de Galicia, non por amor á patria, senón porque é o que está máis próximo. E por outra razón: escribir unha tese sobre un pensador alemán do século XVI supón saber alemán, moito alemán, e ler a bibliografía en alemán. Cando Enrique Lafuente quixo facer a tese foi ver un catedrático en Madrid e díxolle que a quería facer sobre Miguel Ángel, e o catedrático díxolle: “Pero hombre, ¿cómo se le ocurre a usted Miguel Ángel? ¿En su pueblo no hay una iglesia? Pues ya está”. Que pasa coa historia de Galicia? Tres cousas. Nos primeiros anos de Franco, a palabra Galicia era reivindicativa, pero hoxe é neutra, é o que se estuda, e sobre todo dende que se armou o discurso único sobre a cultura. E iso, pegado a un compoñente narcisista, convértese en trivial ou perverso. E se a todo iso lle unes que hai unha serie de persoas que abandonan no campo político e económico o discurso crítico, ou no propio campo da cultura, entón a Historia de Galicia é unha cousa que reparte La Voz de Galicia un domingo, alternando o outro domingo cun garfo.
P: Hai outra perversión no discurso das industrias culturais, no sentido de que se estabelece como obxectivo da cultura a rendibilidade e non ao revés: que as industrias culturais sexan un modelo de subsistencia para os traballadores e as traballadoras da cultura.
R: O que dis paréceme correcto. En primeiro lugar, as industrias culturais teñen que ser un modelo que lle permita vivir a unha xente que queira facer un traballo cultural: escultores, escritores, etc. En segundo lugar, a cultura ten unha función específica, da mesma maneira que a sanidade. Que opinaría a xente se se dixese que fan o Hospital Clínico para forrarse, ou que os galegos imos ser millonarios grazas á planta de oncoloxía do Clínico? Pois sería unha perversión. A función da cultura non é producir diñeiro.
P: Hai unha deturpación aínda maior: se son rendíbeis, son homologábeis.
R: A cousa é: aquí tes o autodesprezo, aquí o narcisismo, e dende o momento que pasa a ser o maior do mundo e produce diñeiro, está equiparado. Ese discurso, cando o fan economistas, que non teñen perdón, saben que están mentindo. Sábeno. Eu podo dicilo pola arqueoloxía, que é algo que coñezo ben. Non hai ningún estudo económico que diga que escavar un castro sexa rendíbel. Todo o contrario, e discútollo ao espírito santo. Hai que estar no castro por outras razóns, non porque vaian vir 10.000 turistas ao día. Se o diñeiro que se inviste no Xacobeo se investise noutras cousas, sería máis rendíbel. Iso é como o do motor económico de Santiago. Todo iso dos hoteis e dos restaurantes cheos a min paréceme moi ben, pero di tamén tamén que a Xunta subvenciona seis ou sete congresos aos señoritos das universidades galegas cada ano para que traian aos seus amigos e enchan os hoteis. Págalle aos señores de Cee ou Corcubión para que estean unha semana nun hotel e o gasto é igual! Nos congresos científicos de todo o mundo pagas por ir. E por que pagas? Porque dá prestixio. Aquí págase por vir. A impresión que teñen os científicos de fóra é que somos africanos. Hai xente que vén aquí, cobra unha conferencia a 6.000 ou 10.000 euros e di, a estes, como son tontos, voulles dar esta conferencia que teño aquí na mesa e que non ma van a publicar nunca, e lla paga o Consello da Cultura Galega e a cubren todos os periódicos.
P: Non sei o que cobraría Ernesto Laclau, a verdade.
R: Unha barbaridade, seguro. A min que me expliquen os señoritos da Consellería de Cultura como van facer rendíbel o cine galego cando non hai nin salas onde estrear as españolas. Eu vou a todas a películas galegas e somos catro monas. Na última á que fun, De profundis, eramos doce. A ver onde está a rendibilidade de De profundis. Que Galicia se vaia convertir nun referente das industrias culturais é mentira. E que a cultura se xustifica polo diñeiro que produce? Se é así, como en Hollywood, non é dende logo porque o planifique un político. É porque se conseguiu atopar un mercado. E pretender copar o mercado mundial en galego é absurdo.
P: Dunha banda, acusas ao nacionalismo de ser presa do esencialismo máis arcaico, pero ao mesmo tempo dis que foi ese mesmo nacionalismo o que mudou o xeito de concebir a cultura, do voluntarismo ao discurso neoliberal. Como se explica?
R: Por dúas razóns. Primeiro, porque son incapaces de crear outro discurso diferente, e moitos deles son incapaces porque son profesores pero non estudantes. Primeiro que estuden. Despois, que parecen Ramón Piñeiro nos anos 50. Están mimetizando algo que non lle corresponde, nin por idade nin por nada. Anxo Quintana, coa idade que ten, non pode asumir a vida de Beiras, nin psicoloxica nin politicamente. E logo está o outro. Asumen o pensamento neoliberal do mundo no que están, o da xestión cultural, con discursos xeniais, porque xa me dirás como se pode facer un turismo masivo de calidade. Claro, queremos que veña un turismo de calidade, pero masivo. Non pode habelo. E non pode haber unha cidade na que non se vexa a película que gañou no festival de Berlín, porque non a estrean en ningunha sala e resulta que van vir 14.000 millóns de extraterrestres a ver películas en galego. Por que fan eso? Porque están moi cómodos gobernando, decidiron que o mundo está moi ben e que non hai que cambialo. Á parte de ter un sistema político pedantocrático, témolo con tendencia cleptómana por parte dalgún que outro político. Porque se hai unha cousa verdadeiramente preocupante para un observador é que nas enquisas de opinión en Galicia as institucións políticas que se perciben como máis corruptas, por unanimidade, por goleada, son os partidos.
P: Por que dis que o nacionalismo hexemónico aínda está baixo o engado do celtismo?
R: Porque é incapaz de pensar a historia nacional coma un parámetro que non sexa decimonónico. Porque son vagos e punto: son intelectuais de cagar entre o millo.
Facendo súas esas críticas tan acedas ao nacionalismo, xa me dirá que é logo vostede.
Faime graza que me confunda con outro. :) :) :)
Está interesante o discurso do Bermejo; bastante suxestivas moitas cousas. Eu estou dacordo cunha idea que, aínda sen ser enunciada, parece transversal: falta teoría nacional para este momento, e seica non aparece quen a decante; ora que, por outra banda, non vexo se o Bermejo aquilata a diferenza entre pensar e gobernar. O mañá imprescindible e mailo hoxe inevitable.
Falta teoría nacional ("pedagoxía política", que lle chamaba Julio Anguita o outro día), sobra autonomismo claudicante. Falta ambición, sobra conformarse con ser o convidado de pedra (hoxe do PSOE, mañá do PP?). Falta coherencia (soldos dos cargos públicos, Gaiás, Ence...), sobra petulancia. Faltan dirixentes con carisma e que nos devolvan a ilusión (Beiras, Camilo, Feixoo, Encarna Otero) e sobran burrócratas do poder. Falta democracia interna e sobran privilexios tribais (UPG-GA-GA). Falta diálogo coa sociedade (e máis militantes) e sobran os modais ríspetos dalgúns dirixentes.
Cando o BNG leve, electoralmente, a patada no cu que merecen algúns dos seus dirixentes (ollo: non todos) por se vender por un prato de lentellas, e o PSOE ocupe o cómodo espazo que en Galicia teñen os partidos do poder, daquela chegará a hora de se preguntar: "Que fixemos mal?"
Non o recoñezo dun día para outro, Saavedra. Que diga vostede que o de Bermejo é un discurso interesante e bastante suxestivo: vivir para ver!
Supoño que tamén lle parecerá log moi suxestiva e interesante esta afirmación:
"E o que fixo o BNG foi unha traizón. Por que traizoa o señor Quintana os principios
do nacionalismo galego? Porque abandona o discurso crítico e vira o gran defensor da cultura emprendedora".
O dito: vivir para ver!
Valadés está expulsado do BNG. O expediente ratificou a expulsión. Lamentable decisión do Bloque.
Xa se discutiu nesta casa, nun post e nos comentarios, o libro de BErmejo que se cita: e non hai moito tempo..
Que non me recoñeza, Apicultor, non deixa de ser -en parte- estimulante indicio: non todo está escrito, as posicións son revisables, posible o debate con prisma a miúdo renovado.
Se tivese tempo para desenvolver, posiblemente me habería entender mellor, aínda que sen dúbida desde a discrepancia. Tamén podería, se tivese tempo, puntualizar as bases de acordo co que engade a voz desde a néboa (anfitrión: que interesante sería, algún día, con tempo e o permiso de todos, considerar a semántica oculta dos nomes de usuario, abordalos como hipertexto) -importantes bases- e mailas de desacordo, importantísimas.
Se tivese tempo. Cada vez menos, e quen sabe se o que houbo algunha vez volverá. De momento, só pílulas e telegramas: Non vexo se o Bermejo aquilata a diferenza entre pensar e gobernar. O mañá imprescindible e mailo hoxe inevitable. Pouco e pobre, ben sei; ora ben, ou un di algo ou cala a boca. Penso por veces que que será mellor.
Estiven lendo a entrevista con calma e encontro algúns argumentos confusos, polo que non sei a que carta me hei de quedar. Outros son irrebatibles.
Lerei o libro. Efectivamente, cando o anfitrión o presentou no blog, pasóuseme. Releo agora os comentarios nada eloxiosos sobre a súa obra, tanto por parte dos que leron este libro coma dos que non: "totum revolutum", "pero prefiro ir máis seguro a outros autores de primeira división verbo destes temas", "nihilismo epistemolóxico", etc. Só unha mención positiva.
Bermejo é un teórico da historia con talento e aptitude para o traballo intelectual. Escolleu como un dos seus campos de investigación dominantes a teoría da historia, e foi un dos primeiros en España en "aplicar" Foucault á historiografía, moda académica (Foucault)que logo se conbvertiu en caricatura (aínda hoxe non queda decoroso, en certos textos, non citar ao autor de "Historia da sexualidade"). Pero Bermejo fíxoo con certa gracia, alomenos nalgún escrito no que, efectivamente, viña dicir que por baixo do discurso historiográfico soxacen intereses "demasiado humanos". E de aí, tal vez, a acusación de incorrer nunha especie de "anarquismo epistemolóxico", expresión que eu traduciría da seguinte maneira: ¿en qué "xogo de linguaxe" se ubica quen critica todos os "xogos de linguaxe"?. Non creo que estea mal contemplar a cultura galega como obxecto de estudo, nin aplicarlle as mesmas técnicas deconstructivas que se lle aplican, por exemplo, ao sexo, á historiografía ou a nación. Pero, á vista do lido, e á espera de botarlle unha ollada ao libro, dá a impresión de ser un laio de periférico por non ocupar unha plaza no centro. Algo moi comprensible, por certo. Sería de parbos estarmos no extrarradio e non queixarnos do "catastrófico" estado no que se atopa a "cultura".
sr. Morrison, dous asuntos:
1) lea o libro antes de botar por fóra e así non confirme a teoría marxista
2) parvo é con 'v'
Gracias pola corrección, anque non entendo o que di nin da "teoría marxista" nin da necesidade de que lea o libro (eu falo de libros anteriores e dunha entrevista, deixando moi claro que non lin o libro). Pola miña parte suxírolle que lea con maís atención e que -se entra dentro do posible- se exprese dun modo máis intelixible.
Colixo, Saavedra, que segundo de quen veña o comentario, a vostede lle anoxa máis ou menos.
Neste sentido pode explicarse como deixou pasar sen impugnar o demoledor comentario de Voce na Néboa sobre o BNG, cando outras veces é tan quisquilloso cos dos demais. Que, en todo caso, nunca afirmamos a burrada de que o BNG se vendese "por un prato de lentellas", como fai Voce na Néboa.
1. Pra o vulto precedente: Son ALGÚNS dirixentes (vostede ou non sabe ler ou non quixo ler) os que están a malvender o partido, xustamente os que mandan. NON TODOS. Malvéndeno coa intención (cren eles) de ir gañando espazo electoral, cando o único que consiguen é que o PSOE se instale no poder, e que ademais lle saian de debaixo das pedras "Partidos Galeguistas" e demais Coalicións galegas.
2.Pra Morrisison:
Vostede di do sr Bermejo: "Sería de parbos estarmos no extrarradio e non queixarnos do "catastrófico" estado no que se atopa a "cultura".
A ver se entendo o que quere dicir. Pensa vostede que os pensadores que (desde posturas máis ou menos nacionalistas) critican o goberno Xunta fano porque non están no "centro" ou miolo do poder? Que pertencen a un clube de damnificados? Non pode haber críticas lexítimas que non estean contaminadas por personalismos e/ou clientelismos?
Apicultor, desculpe polo malentendido e créamo, faga o favor: non estou anoxado.
Nin teño tempo, créamo e tamén faga o favor; apenas dou revisado os fíos nos que deixei algo anotado. De aí que nin entre a trapos nin faga análises.
Créamo e desculpen todos. Non é falta de atención. Non sei se o Saavedra de antes -coa dedicación de antes- volverá nalgún momento.
Non se entera moito da película, mister vulto Voce na Néboa.
Bermejo nunca lle foi nacionalista, antes ao contrario. E parte dos seus comentarios teñen destinatarios específicos con nomes concretos: Rubén Camilo Lois, Lourenzo Fdez. Prieto, Ramón Villares, ... Todos, curiosamente, xente da súa mesma facultade. Son comentarios formulados ad hominem, ben que se nota. Á vista de todo isto, non podo máis ca concordar con Morrison.
Ah, e na simpleza do dos líderes traidores e vendidos que han pagar o seu pecado nefando, xa non entro.
Non se preocupe, Saavedra. Xa sabe que, ás veces, o malentendido tamén pode ser unha das "belas artes".
E por que non podemos pensar que o libro foi escrito por unha persoa que xa non ten que gañar esas batallitas? Que non está no "machito", que non ten contactos nas editoriais (polo que lin, publícanlle o libro os seus alumnos). Que non ten nada que perder (nin que gañar) e, polo tanto, pode dicir moitas desas verdades molestas que tan pouco nos gustan escoitar.
Que teima é esta da tribo, do parroquialismo, do "vostede de quen vén sendo"?
E outra cousa: entre o parecer e o ser hai un mundo, e na nosa terriña, variois centos deles.
Eu non falo do libro, senón da entrevista, e que nela se entrevé o que dixen é máis ca evidente.
Por outra banda, o autor non é ningún marxinal e nin moito menos un automarxinado. El fai e desfai na editorial Akal de Madrid, onde dirixe unha colección e onde publica o 99% dos seus libros.
Non sei se vostede, Voce na Néboa, é o mesmo Anónimo que amablemente me interpelou antes, pero agradézolle a súa claridade. O que quixen é ironizar un pouco sobre o carácter en aparencia puro e desinteresado da "cultura", aura de sacralidade que tal vez algúns se merecesen cando R. Piñeiro percorría Galicia en autobús buscando galeguistas nos lugares máis insospeitados ou cando o asociacionismo nacionalista tentaba defender o galego, a finais dos 60 e principios dos 70, pero non agora, cando ao redor da cultura hai cartos, investimentos, capital simbólico e subvencións. Non digo que toda verdade estea "contaminada"; digo que o campo cultural non é alleo ás loitas (simbólicas, económicas, políticas) nin as divisións que esgallan ao resto da sociedade. E que todos aqueles que pretenden xogar á pureza (non sei se é o caso de Bermejo) están inscritos, quéiranno ou non nese campo, ben sexa nunha posición principal ou nunha posición subalterna.
Non, jim morrison, non son ese anónimo nin outros anónimos que me apoñen. Pero que lle imos facer.
Con respecto ao que dixo o outro señor, pois sen comentarios. Pero en fin: afortunadamente, eu non son desa parroquia. En todo caso, eu son dos que compran os libros.
Que non é desa parroquia é ben evidente, pero que tamén ten unha obsesión algo enfermiza con esa parroquia é outra evidencia non menor, a teor dos contidos sistematicamente negativos e rancorosos que teñen as súas mensaxes sobre o particular, sempre á caza e captura de "culpables", máis imaxinarios ca reais, de "traición" ao País.
A falta de tempo para participación máis activa no debate do blog, quede polo menos mostra do que me ocupa unha parte daquel. Se alguén manifesta interese, igual podo puntualizar algún aspecto, nin ínteri.
Desculpen que o poña aquí (non encontro outro fío ad hoc), non pretendo interromper ou distraer o seu debate. Teñan boa tarde.
A ver se agora sae.
Home, remítome ás súas intervencións desde que comezou a vir por aquí hai xa máis dun ano.
Aproveita calquera oportunidade, por mínima que sexa, para cargar contra uns (Quintana e o BNG) ou contra outros (o mundo da cultura galega en xeral).
E iso facíao cando asinaba como Marcel Swann, ás veces como Anónimo e agora como Voce na Néboa. Sempre coa mesma obsesión monocorde.
Que trocase de nick é ben significativo. Un día dixo como Marcel Swann que non ía volver máis, poñéndose en plan infantil e indignado, e botándolle -cómo non- a culpa aos demais; e ao cabo duns días xa volveu co novo nick, pero coa mesma cantinela de sempre.
En fin, non sei que tal funciona a Seguridade Social en Barcelona, pero podía ir pedindo vez ao especialista.
Que teña unha boa fin de semana.
Hola anónimo/a.p-c/anónimo político-cultural e ultimamente apicultor.
Eu cargo contra a quen a min me dá a gana, e vostede tamén. A primeira na fronte.
Vostede faino agora (como apicultor) e antes con outros nicks, e tamén o ten feito como anónimo. A segunda na fronte.
Que problema hai en que eu cambiara de nick? Nunca agochei o meu estilo e ideoloxía. Acaso é vostede o que dita as regras deste blog? Se me quero marchar, marcho. E se quero volver, volvo, mentres non me boten. Pero vostede non me pode botar.
As súas opinións son tan lexítimas coma as miñas, aínda que me fai moita graza esa teima en quedar coa última palabra sempre. E, xa que empezou vostede a insultar, voulle dicir cal é o seu problema: unha chulería inxénita que o leva a ter que demostrar que sabe de todo máis que o resto dos contertulios (delirio autoreferencial) e unha boa dose de desconfianza nos demais (delirio paranoide). Vai necesitar de algo máis que unha cita na seguridade social para se curar.
Considérese feito un pandeiro.
Voce na néboa.
Non me faga rir coas súas infantiladas, ande!
Non debería abusar da paciencia dos outros dando a lata reiteradamente coas súas teimas e obsesións. Sempre emitindo xuízos de valor negativos sobre os demais e nunca argumentando nada. Sempre lapidando unha e outra vez (como volve facer agora por enésima vez).
Ah,e eu cando cambiei de nick sempre advertín que o facía, e os tres que usei correlativamente gardan clara relación entre si, que até un parvo se daría conta.
Así que non maree máis, faga o favor. Ala, veña, que pase unha boa fin de semana, que Barcelona dá moito xogo se se quere aproveitar. Inténteo: é un favor que lle pido.
Aínda que creo que Apicultor e Morrison teñen razón cando sinalan os xogos de poder que subxacen no "contraculturalismo" (ma non troppo) de Bermejo, o certo é que di algunhas cousas verdadeiras e preocupantes. E non me refiro ao que fala sobre o BNG, que me parecen opinións apresuradas, frívolas e dirixidas a persoas concretas e non citadas, senón ao desastroso estado da "cultura" en Galicia. Tampouco me refiro aquí aos produtores de obxectos culturais, senón a esa especie de farsa que Bermejo denuncia con bastante gracia. En efecto: non hai público nin para "De profundis" nin para a película premiada no Festival de Berlín. Non hai público para os libros de Bieito Iglesias nin para os de Ramón Máiz. Non hai público para o teatro nin para as artes plásticas. Non hai público para manter unha revista cultural sen subvencións. Non hai público para nada que non pase polo público cativo, desarmado, forzado e forzoso do ensino.
Un tipo que traballaba nunha editorial díxome un día: "O meu traballo consiste en publicar libros que ninguén quere comprar nin ler e que a ninguén lle interesan nada e tratar de convencer á xente de que son libros moi bos, cousa que non creo nin sequera eu".
Porén, segue a falarse como se nada da cultura galega, do sistema literario, de cultura nacional... mesmo por parte dos que non compran nunca un libro, non van ver "De profundis", non pisan un teatro nin len outra cousa que o periódico e "Vieiros"...
¿Hai algo de absurdo e mosqueante en todo isto ou só é unha impresión miña?
O domingo pasado fun, como músico, amenizar unha festa rural. A festa facíase nunha edificación nova, construida xa ex-profeso pra ser sede da sociación de veciños. Tiña unha biblioteca fascinante. Maís da metade dos libros, en galego. Colecciós completas de todo tipo de autores e de prácticamente todas as editoriáis galegas. Facturadas todas,imaxino, contra a Xunta de Fraga. O uso habitual do local son persoas da terceira edade xogando ás cartas. Os libros dormen alí o sono dos xustos, noviños de todo...
Leo, tras unha viaxe, este interesante debate (renovado doutros anteriores) sobre a cultura en Galicia. Hai un detalle na entrevista de Bermejo que non debe pasar desapercibido: fala constantemente de Compostela. E flota no ar unha pregunta: ten entidade Santiago para asumir, con eses habitantes e esa estructura particular de cidade turística, universitaria e xunteira, esa cantidade de cartos para a exhibición cultural? Xa non falo do Gaiás, senón deses programas de música clásica, ópera, teatro fastuosos (envexa de medio mundo e pagadas por todos os galegos) para esas elites compostelanas.
Nota: acepto o rubor localista. Por esta vez.
Perdoen miro dende hai un tempo este blog e creo que lle faría ben que o Apicultor se moderase e deixase discurrir as diferentes opinións.
O lectorado non necesitamos dun censurador oficial, está demais,xa somos maiorciñas/os.
Iso dío con moi mala uva, señor ou señora Carqueixa, e falta á verdade. Eu nunca censurei a ninguén (dígame como se pode facer, eh?). Tan só teño o vicio de opinar desde a miña subxectividade e de dicir que é unha tontería o que é unha tontería. Por exemplo, o que vostede acaba de afirmar.
Desculpe, sr. Carqueixa, e agradezo a súa grande politesse, mais Apicultor paréceme unha personaxe extremamente intelixente, sensible e culta.
Comprende, e comparte as cousas que eu conto, e oponse e rise e discrepa de todo o que eu digo, mais nunca encontrei ninguén que empatizase así comigo, fóra da miña avoa de Lobeira.
Tal vez o problema do sr. Apicultor radique en que o seu lugar había estar no Renacemento fiorentino, e non na Galiza posmoderna á machada.
Con todo o respecto, non comparto o comentario do sr. Carqueixa sobre a súa moderación ou censura. As persoas deben ser xulgadas de lonxe e ecuanimemente polos seus pros e contras, e Apicultor ten infinitamente máis no 'debe que no 'haber, porque achega máis ao mundo do que recibe.
E na verdade, nin coñezo o señor Apicultor nin penso que o poida coñecer nunca.
Cumprimentos.-
Non o coñezo Julio Medela, pero bástame o lido para saber que se trata dun lamecús.
Carqueixa: Aínda teño corazón dabondo para disculpar a unha persoa que non sabe que en idioma galego non existe a palabra 'lamer'. Como dicía a miña avoa: "O que non sabe é como o que non ve".
Xa lle digo, aínda hai persoas que disculpamos.
E alégrome de non o coñecer.-
E sobre todo, non vou a casa allea para insultar os outros convidados. Pode estar seguro.-
O dito.
Amigo Medela, non perda o tempo con quen non paga a pena. E grazas polo ditirambo.
Sabía, Apicultor?
Hai moito "luchador por la libertad", en contra da presunta censura, do libre discorrer das opinións, etc, que manteñen actitudes como as de Jiménez Losantos, é dicir, insultando os que lles levan a contraria.
Se neste blog hai censura...
Saúdos, amigo.-
Neste blog hai un que xoga a ser o xuiz e outro a segredario que lle lambe o cú.
Eu creo que será cousa de deixalo, non? Esta cadea é infinita e inútil. Enchemos de lixo o blog e non serve para nada, en vez de comentar os artigos de Monxardín, que é do que se trata. Se segue a ringleira de insultos, entón si haberá que meter as tesouras da "censura"...
Algo conseguimos: Carqueixa consultou o dicionario... Aínda que a expresión tamén non é galega.
jajajajajajajajajajajaja!!!!!!!!
Ah, retiro e pido desculpas pola alusión a Jiménez Losantos. Non me gusta insultar a ninguén.
Don Leituga One: Respectivamente ao que Vde. afirma:
"¿Hai algo de absurdo e mosqueante en todo isto ou só é unha impresión miña?"
Hai un libro que trata con certa profundidade o tema do espazo público: "Portugal hoje, o medo de existir", creo que perfectamente aplicable ao que nos acontece en Galiza.
Saúdos, señor.-
P.D. Creo humildemente que algunhas das manifestacións do escritor Bermejo son desafortunadísimas.
"El que te unta los cascos, te los quiebra". Baltasar Gracián,El Criticón.
Si é certo o que dí carqueixa o refrán recollido, ou creado, non sei, por Gracián acabará cumplíndose. Era un xenio.
A mín estimúlame moito ver puntos de vista diametralmente opostos, ler críticas corrosivas , romper preconceptos. En definitiva, o que facedes entre todos.
Ben sexa posible que o artista absoluto non exista e precisamos de todala xente para constituir a humanidade.¿Non sí?
Eu, que non coñezo a todos os contertulios, como é lóxico, só a algúns, estou seguro que todos/as son boa xente e as liortas aquí habidas nacen de malentendidos ou de excesivas suspicacias. Estou seguro dunha cousa: moitos dos que polemizan, de coñecérense en persoa, levaríanse entre si moi ben ó redor dunha ración de polbo e uns mencías. Así que... que non chegue o sangue ó río.
Alguén falou de polbo e mencía?, onde ?, cando ?.
Levo publicado moi poucos comentarios neste blog usando o nick de "Carqueixa". Os poucos refírense ao Paxaro, a morte da Garrafona na rúa dos viños, ao "Epi", e algún que fixen sobre a enfermidade da nai de Quintana e o seu acollemento nun centro de día.
Eu nin quito nin poño rei, mais non son o Carqueixa dos últimos posts e que sentou a polémica.
Haberá que usar outro alcume, e que non mo volvan a usar.
Pois eu pensei que era ese Carqueixa.
Sinto telo insultado e pido outra vez desculpas.
Desafío ó Marcos a que adiviñe quen foi o que colocou o comentario de Gracián.
Non sei asinar, sintoo. Si puder faríao como: Stadacona.
Eu descubrín hai uns días este blog e polo que puden ler non está á altura da miña categoría intelectual. Sinto ter que manifestalo con tanta franqueza, pero é a verdade. A min, intelectualmente, hai que darme de comer aparte. Buscarei outras apostas blogueiras mais arriscadas e comprometidas co pensamento de altos voos. Foi un pracer coñecervos, pero non podo pararme a mostrarvos todo o que levo dentro, que é moito e dunha estatura intelectual que deixa en segundo lugar ao mesmo Gracián. É inútil que intentedes reterme con palabras agarimosas e feiticeiras, porque non tendes nada que facer: o meu destino desafía a pequenez e aspira ao sublime. Adeus e sorte.
ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja ja
galego aperfecioado tinha que ser.
Se foi intencionado, paréceme moi pouco ético e despreciable usar o nick doutro contertulio de forma fraudulenta. De ter eu coñecemento de tal suplantación, suprimirei, por suposto, as mensaxes falss.
Polo demais, non teño tempo para esculcar quen colga citas de Gracián nin outras cousas: prefiro usar o meu tempo noutros mesteres máis productivos.
E eu son o Carqueixo de Arzúa.
ELIMINEI algúns comentarios deste fío (En Poleiro Alleo, 6 maio 2008), por desexo expreso do seu autor (Voce na Néboa). Non todos, porque é el quen colga o artigo de Bermejo e, nese caso, habería que suprimir o fío enteiro. Si eliminei os máis polémicos, da súa autoría.
APROVEITO PARA ADVERTIR que a partir de agora non eliminarei máis comentarios, nin sequera a petición dos seus propios autores (a non ser por causa moi xustificada): suponme un traballo excesivo que non podo afrontar.
Doutra banda, creo que se vostedes rexistran en Google o seu nick anónimo, vostedes mesmos poden eliminar eses comentarios despois de publicados: así que iso é o que deben facer se se arrepinten do xa escrito. Saúdos a todos/as.
Ese Voce na Néboa é un tramposo con querer borrar as súas intervencións para deixar descontextualizadas as dos demais. Ademais fai perder o tempo ao dono do blog coas súas esixencias.
Publicar un comentario