en poleiro alleo
Motos etcétera, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 26.5.08)
Se algo cambiou nos últimos corenta anos -que cambiou todo- foron as motos. Cando eu era pequeno -curiosamente cada vez hai máis tempo discompraba coche a xente que algo tiña, e compraba moto quen tiña algo máis ca nada. Era a moto, pois, o medio de transporte por excelencia dos obreiros, ou sexa dos da construción; os outros -do Malingre ou do Pereira dos Santos- eran traballadores. Nesa época os obreiros en vez de casco gastaban no traballo un extremo refucido de saco de cemento na cabeza e como aínda non chegaran os ‘palés’, subían os ladrillos ás obras a través de cadeas de expertos lanzadores e cachadores de ladrillos voantes. Cobraban pouco e non tiñan dereito ningún. As súas motos tiñan tamén pouca cilindrada e unha protección anterior, ás veces flexible e adaptable ao corpo, co que se protexían do frío e humidade da mañá, por se non chegaban os papeis de periódico que entalaban entre peito e roupa. Esas motos proletarias chamábanse Guzzi ou Bultaco ou Derby -as Vespas empezaron como cousa máis ben señorita- e foron desaparecendo conforme melloraba a economía e triunfaba o desarrollismo na primeira metade dos setenta.
(artigo completo)
Don Paco Roque, de Antonio Piñeiro (LR. 26.5.08)
Hai uns días, mellor dito unhas semanas (o tempo pasa a unha velocidade que marea) falei aquí dun tal ‘Paco Roque’, facendo alusión a un alcume colectivo que dende hai moitos anos levamos pendurado do pescozo -coma un sambenito- os celanovenses.Tanto para os que se deron por aludidos e seica me quixeron organizar un ‘boicot’, como para os que non, voulles contar unha versión resumida de quén era o tal Paco Roque, que malia que moitos celanovenses non o saiban, aínda é posuidor dunha rúa en Celanova.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
3 comentarios:
Grazas, Piñeiro, por explicar o do alcume. Había tempo que o escoitaba e nunca me preguntara o por qué.
Na prensa ourensá do fins do século XIX (alás por 1885-1886) hay noticias desde Paco Roque. Lin algo del no xornal "Album Literario" de Luciano Cid Hermida,... (teño que mirar as miñas libretas).
As motos viñan cunhas pequenas lonas pra colocar sobre o sillín, cando chovía. Esa mesma lona usábaa o motorista pra protexerse parcialmente da chuvia, tendo conta dela cós dentes mentras conducía. A imaxe paréceme tan surrealista que non sei se era certo ou o soñéi...
Publicar un comentario