FÍO MUSICAL (8), por Xoán da Coba.
Un exercicio que fago ás veces é lembrar canciós que falan dun tema determinado calquera (o amor, non ,eh!). Por exemplo, a chuva, que estáchovendo "de carallo" en Ourense. Ou a noite, que xa é de noite. Colguen canciós que falen da noite. Así, de memoria:
-La última noche que pasé contigo (velaí a versión de Los Panchos).
-Beautiful night for love.
-Negra noche (Sabina): vai unha de Pedro Infante, non encontrei a de Sabina (M.V.).
-La noche de mi mal.
Engadan as que poidan, e cólguennas. E as da chuva, tamén.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
23 comentarios:
Choiva pre-sicodélica a tope para a pos-sicodélica solaina.
BEATLES 1966-"RAIN"
Máis da chuva:
Está chovendo outra vez.
Cantando baixo a chuva.
A gata baixo a chuva.
Están chovendo homes.
Esta pra o Arume CHOVE (Piove).
POis ten razón que non está a de Sabina en youtube,poi cántoa eu:
Negra nocheeeee
no me trates asiii iii iii
negra noche e ee
espero tanto de tiiiii
ejem.
Pois logo,a da noite de bodas, que "Ao chegar a noite, chega o mellor do día":PREMER.
E tampouco atopo aquela de
La lluviaaa
no moja nuestro amor cuando yo soooy feeliiiz...
E, si me queren seguir axudando, díganme canciós pra "paiaso", que tamén me fan falta.PREMER.
Ou sexa: NOITE,CHUVA,PAIASO.
CHOVE SOBRE LOBEIRA
"La noche" de Adamo. Recoméndase a versión de Raphale, extraordinaria,si, non rían.
Nefeuto,La noche.
LA NOCHE DE MI MAL.
Noites de blanco satén.
Que non se rompa a noite.Bonito ritmo, con evocaciós de joropo venezolano.
Noite e día. Mágoa de non atopar a versión en castelán de José Guardiola:
Náit en déi
conmigo vas
noche y día yo te llevo en mi corazón...
Noites de bohemia. Versión interesante á guitarra. O fulano sabe o que fai,de carallo.
!19 noites.
Señor don Xoán da Coba:
Coido que vostede está interesado na cantiga “La lluvia”, de Gigliola Cinquetti, e pódea atopar en:
http://es.youtube.com/watch?v=zY312MAq0UM
Tratándose da chuvia, coido que non pode faltar "Cantando bajo la lluvia", de Gene Kelly: http://es.youtube.com/watch?v=4wKB2G6DQYc
Polo que respecta á verba “noite” vénme á cabeza en primeiro lugar "Negra Sombra", por aquilo de noite, escuridade, negro. Unha extraordinaria versión é a interpretada por Amancio Prada en http://es.youtube.com/watch?v=AVmo76MpAjA , aínda que particularmente eu prefiro a de Luz Casal e Carlos Núñez: http://es.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os
Se vostede quere que a cantiga inclúa “noite”, propoño "Memoria da noite", de Luar Na Lubre: http://es.youtube.com/watch?v=eFrIYUnWWiQ
E en canto a “pallaso”, só se me ocorre "Black el payaso", de Alfredo Kraus, en http://es.youtube.com/watch?v=f1_IsuUXsA4
Como pode apreciar, non sei como facer para que soe a música ao premer o título da canción, polo que lle indico onde está cada unha delas.
Saúde!
A chuvia, da Cinquetti.
Black,o pallaso.
memoria da noite.
Obrigado por as súas achegas, VL Carrión.
"Noche de Ronda" na versión de Luis Miguel :
http://es.youtube.com/watch?v=AiQfywkFZ0A
Sr. XDC. Creo que me vou saír un pouco do guión, co seu permiso.
Tampouco vou establecer ligazóns a Youtube porque aínda existen os discos (¿Ou desapareceron e eu non me enterei?)
Tanto o tema da noite como o da choiva recórdanme que a natureza foi sempre e en tódals épocas unha das fontes da inspiración musical.
Se pensamos na música coral (¡outra vez!) os madrigais renacentistas están preñados de evocacións da natureza en tódalas súas formas e manifestacións.
Agora ben, o tema da noite cobra un protagonismo especial en toda a historia da música ata chegar ós nocturnos típicos do romanticismo (Chopin e compañía).
Só por citar algo máis popular, recentemente tense escoitado bastante a composición "La nuit" de Rameau pois aparece na banda sonora da película "Les choristes". Precsiamente foi unha das pezas que interpretei co Coro de Cámara de Ribadavia no concerto de despedida.
Xa en outro ámbito, non poido deixar de recordar a versión que fixo L.E. Batallán do "Nouturnio" de Curros. (Podemoslla adicar ó Sr. Marcos que seica anda hoxe por terras de Celanova)
E perdoe que no aporte ningunha ligazón a temas de música pop. De tódolos xeitos, xa leva unha boa colección. ¡Non se queixará!
Xabimusic
Coa miña saúdade, Sr.Das Profundidades, este fermosísimo fado de Mariza Chuva
Fermoso fado. Interesante reflexión do Xabimusic.
Porta aberta queda a temático fío sobor da Natureza. Non adopten burlesco xesto ante lexítimo, anque frustrado, intento de imitar pluma saavédrica.
Se asociamos "noite" con "lúa" xa poden aparecer moitas máis.Serenata á luz de lúa,de Glenn Miller,Sonata "claro de lúa",Lúa chea, de Victor manuel,"Moonlight shadow", de Mike Oldfield...
É sorprendente a cantidade de canciós que pode haber e que falen prácticamente de calquera cousa.Poden servir pra ambientar esceas de cine, reportaxes televisivos sobre o tema, etc...
Vou prá cama.Mañá fago unha "extra" como músico de pachanga orquestal en honor a San Miguel. Gústame ver á xente do país bailando,desde un palco.
Non esquezas Bloo Moon, XdC. "Luna llena", de Miguel Ríos, é unha preciosa canción..."una llena, invisibles sonlo shilos que manjeas/ luna llena,siempre envuelta en un halo de lunática tristeza..."
`Jesucriso! Vaya ortografía alcohólica que me saíu...!
A canção mais bela que escutei, dedicada á natureza, está no CD "Terra" ( A Quenlla).Escreveu a letra Mini, componente do grupo.
Como não a vejo em Youtube lhe ofereço este tema do Roberto Carlos O Progresso
Publicar un comentario