entrada 2122 (en poleiro alleo)
Un día no fútbol, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 29-6.08)
Como isto do fútbol está de moda estes días, descubrireilles o segredo de que fun socio infantil do Club Deportivo Ourense -un regalo do meu tío Ramón- alá polos tempos da miña primeira comuñón. Era cando soaba Pataco como xogador todoterreo noso e o Ilicitano como bicha que nos apeara da copa ou da liga ou algo así, nun par de ocasións.Despois non volvín nunca a un estadio máis que a ver aos Rollings, que foi en Vigo co ‘Bridges to Babylon’, hai xa uns dez ou once anos. Minto. Fun unha vez. Non lembro con que motivo nin cando, pero debeu ser hai uns vinte anos ou así, que fun ao estadio do Couto. Xogaba o Ourense con outro equipo que era manifestamente mellor. O público, escaso, estaba irónico e pouco comprometido coa escuadra local. A min, que me aburre o de darlle patadas para aquí e para alá á condenada bóla que, como dicía Arsenio, é redonda e non se sabe nunca onde acabará, non me daba pasado o tempo, así que me dediquei a observar as reaccións do persoal. Era como berrar no metro ou gritar ‘eco’ desde os balcóns de Madrid, que non sei por que ten que levar ese nome o precioso miradoiro sobre o Cañón do Sil da parte de Parada e da Teixeira. A xente desfogábase e berráballe ao árbitro cousas espantosas, insultos inauditos para min, e creo que inéditos na historia da infamia, a pouco que se aproximase á banda. Tanto tiña quen estivese en posesión da pelota nin onde fose a xogada.
(artigo completo)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
38 comentarios:
Eu tamén lle berréi "ECOOOO!!" ós balcós de Madrí da Riberia Sacra, e o cañón do Sil devolvéume esa palabra repetida catro ou cinco veces. Logo, tiréi un billete de cen euros, pra ver si mo devolvía tamén multiplicado, pero non funcionóu. Inda deber estar entre os toxos. É brincadeira,eh!!!!. A ver si van ir alá pra buscalo e caen por aquelas penedas embaixo.
É curioso cómo o que pra uns é un espectáculo fascinante pra outros, entre os que me conto, son unhos fulanos "a darlle patadas a unha condanada bola".
Cando na Inglaterra invitaran a...Moshé Dayán?...a ver unha famosa carreira de cabalos, él declinóu a oferta decindo "xa sei que un cabalo corre máis ca outro".
Tampouco a mín me chaman a atención as carreiras de cabalos, de coches ou de motos. A habilidade necesaria pra manexar un fórmula I, paréceme comparable, máis ou menos,á de facer encaixe de Camariñas. E, o valor como espectáculo, similar. Pero só é o meu gosto persoal. Rariño debo ser, como di alguén noutro post...
Perdóeme Xoan se algunha vez estamos xuntos e lle digo de ver a F-1. A verdade e que só me gusta olla-la saída e a chegada.
Unha vez fun á Formula 1.
Non me enterei de nada.
Estaba nunha curva pechada e non souben en nignun momento quen ía de primeiro e quen de úlitmo. todos a correr á mesma velocidade.
(A ollo, a diferencia entre 248 e 250 é imperceptibles).
A única lembraza daquel Jarama con 12 anos, é unha fíleira de formiguiñas qeu levaban cadansúa casca de pipa para o tobo.
E un cheiro a goma queimada. E do ruído veu a dor de cabeza.
Non volvo. Vese mellor pola tele
Dacova, nesa rareza tamén vimos a coincidir. Non soporto o futebol , nin ningún deporte de masas.
Bueno , os cabalos, cecais. Hai un galego de perto da nosa aldea , emigrado en París que caseque me mete o verme. Falaba de ver os cabalos antes de saír, ver o nervosismo ou aplomo que tiñan , os movementos...hai algo caseque indetectable, sensibilidades, compenetración home-animal. Era boísimo no tiercé, gañou varios premios de forte suma, quérese decir que hai algo detectable, analizable.
Como son de aldea a mín eso tírame moito. Gustánme os bichos ben conformados, ver as características de cada caste...ó mellor adaptabámonos se os "animalets" fosen en vivo.
O único que a cidade me permite conservar da aldea é ter can. Por eso teño "Castros".
O meu fillo saíume castelán-falante e futbolero.E pasa dos animais.
Eu son unha comenencias: só fun ver fútbol en vivo do Superdépor de Arsenio. O último partido que presenciei no estadio foi aquel famoso en que por fallar Djukic un penalty no último minuto gañou o Barça a Liga por golamerage.
Non me cegan as cores: o que me gusta ver é un partido emocionante, con xogadas ben enfiadas, estratexia coreográfica. Na actualidade ningún equipo ten un xogo que me chiste.
As carreiras motorizadas e o atletismo abúrrenme soberanamente. E das olimpíadas non miro nin as ceremonias de apertura e clausura.
Lourixe sabe tanto de futbol coma eu de teoloxía.
Pois probabelmente teña razón ese Atheo :D :D
Tamén hai moitos ateos que saben abondo de Teoloxía, non se equivoquen...
E do fútbol, creo que ninguén me vai gañar: teño unha difusa imaxe dun partido no Couto, iría co meu pai, pero non debín nin de prestar atención.
Dende aquela, eu moi neno, nunca vin un partido de fútbol. E a estas alturas... Da Eurocopa entérome polo ruído excesivo e maleducado dos coches na rúa...
Para estudiar calquera disciplina non fai falta crer no obxecto de estudio.
Iso é certo en todos os casos agás na disciplina inglesa.
Na disciplina inglesa o obxecto non está precisamente para ser estudiado.
Polo ruído dos coches coido que gañou a selección española a Eurocopa.
Si home como que vostede non-o víu
Eu levo unha hora escoitando os claxons da colonia española en Galicia.
Será que nin nas Uvas se pode refuxiar unha dese spam?
Como vai influir esto na economía. É bo ou é malo?. Hai algún economista entre nós?.
O único que podo decir é que imos aforrar moito en Psiquiatras, durante unha temporadiña, eh...despois hai que volver a choiar e sobrevivir...todo-los días.
DOn Xaime, cando estóu cun amigo, son pouco relevantes para mín as circunstancias concretas nas que nos atopemos. A compaña do amigo é o esencial. O resto pasa a ser considerado de importancia secundaria.
Pásame tamén si estóu cunha muller fermosa. Chupo un partido de fútbol, carreira de motos, xogo da oca, o que faga falta, o que ela diga.Xa ve cómo cambea a percepción das cousas en función da compaña.
Deseguro que coñece un restaurán redondelán no que comín hoxe: "Casa Paco". Anúnciase ,xa no rótulo, como "o sabor da galeguidade". Adornado con moitos elementos decorativos asociados á cultura galega, o que máis me chamóu a atención foi... unha biblioteca de libros galegos!! no comedor.
Anécdotas de hoxe relacionadas có fútbol:
Mercaba a prensa pola mañá, en Cangas, cando entróu un cliente e pedíu o "Marca". Cando saíu, díxenlle ó kiosqueiro: "vende os que podias hoxe, que mañá igual xa non vendes ningún". Votóuse a rir i empezóume a razoar que había que meter a Raul e patatí e patatá. Eu asentíalle a todo , mentras pensaba "quén me mandará meterme en camisas de once varas".
As bandeiras de España estaban por todas partes. En Sanxenxo, onde pasamos parte da tarde, estaban nas ventás, nas antenas dos coches, nas camisetas, nas gorras, pintadas con ceras nas facianas dos camareiros dos bares...Volvendo pra Ourense, durante o partido, saían nenos e nenas dos bares a pé de carretera, saludando coa bandeira ós coches que pasaban. Nalgún caso, en situación perigosa, mentras os pais miraban o partido dentro do bar, seguramente.
Alégrome por un amigo senegalés que me dixera, xa onte, que estaba facendo unhos cartiños vendendo esas bandeiras coma roscas. Cartiños que lle fan moita falta á súa familia, nunha zona semidesértica do seu país. O que é a Economía. As incidencias dun partido de fútbol nun campo austríaco influindo, en tempo real, no que comen unhos pastores senegaleses, pasando por unhas transaciós ilegáis , nas rúas de Ourense.
Por unha casualidade que me fixo lembrar o artigo de Monxardín, coincidíu a habitual parada en Soutelo de Montes pra comprar pan e chourizos, cós minutos fináis do partido. Intercambiaron abrazos xentes descoñecidas i eu apañéi, de rebote, dous bicos dunha rapaza guapa que me fixo considerar xustificado, a efectos personáis,todo o Tinglado.
Que gran diferencia de xogo entre o que vimos de España e o aburrido que foron os partidos da selección galega. Deixémonos xa de facer parvadas entón. E certo que vimos bandeiras de España máis do acostumado mais estes días eu estaba a andar por Portugal e atopei tamén aos nosos veciños enarborar a súa bandeira "nacional" por todas partes, incluso despois de ser a súa selección eliminada. Déixense de tantos prexuicios e de pensar que a nosa terra e esa arcadia soñada.
"Somos un campeón que rescata a un país, pero también a un deporte. Quizá desde que Brasil ganó el lejano Mundial de 1970 ninguna selección había logrado un título apostando por un fútbol tan puro, tan artístico, tan liberado de miserias." (AS)
"The best team won the match and the tournament. Spain outplayed Germany in the final, despite the slender nature of the scoreline, and although there were a number of strong teams here and a great many fine players, no group passed it quite like the champions. Now the psychological barrier has been broken, a world of possibilities opens up. We waited for the choke, but it never came and having at last found the winning mentality at a tournament, Spain’s sublime technique will make them the team to beat in South Africa in 2010."
TIMES ON LINE
"O destino preferiu dar uma segunda oportunidade à melhor selecção do Europeu, a única que nunca vacilou, a equipa que já não conhece o sabor da derrota desde Novembro de 2006 (e vão 19 vitórias e três empates) e que ontem, como muitos vaticinavam, não cedeu ao peso da pressão de disputar a final do Campeonato da Europa frente à selecção com mais presenças e mais vitórias nesta fase do Europeu.
A história podia ter sido diferente. Mas seria sempre uma história mal contada. Porque, a partir do terceiro minuto, depois de Klose ter perdido o norte e a bola, a Espanha decidiu ir “a por ellos”.
O PÚBLICO
Que poucas emocións me leva transmitido a min o ser galego en comparación con sentirme hoxe español!!.
Pois ben pobre é a súa autoimaxe, e ben pouco dono é das súas verdadeiras emociós ,se o seu estado de ánimo depende deso, dun xogo.
Eu tamén me alegréi de que ganara a selección española, como me alegro cando ao final dunha película o policía bó captura ao ladrón malo. Pero é unha emoción que forma parte do xogo, do contexto da propia película, non podio confundila coas emociós reáis da miña vida . Non é máis que un "xogo". Os policías e os ladrós son actores, e a trama só é "un conto". Non podio sair do cine berrando e dando bocinazos de alegría polo ben que rematóu o filme,dirían que non estou ben do coco.
Todo eso non é máis que "unha película", feita en tempo real.Moi ben montada, eso sí, pra que tanta xente a confunda coa propia realidade. A selección non é "España", como o poli fílmico non é "O Ben" nin o ladrón "O Mal".
Dacova, penso que a súa saúde psicolóxica, e polo tanto física , se incrementou polos bicos da rapaziña. Polo tanto o éxito da selección española repercute "en aforro en psiquiatras". No tocante ó económico buscou vostede demasiado lonxe, pero é certo, eu quero apreciar como pode influir no inmobiliario, por exemplo. Seghuro que sí. Máxime aghora co factor vrau, no que a luz e a calor fan que os prezos aumten sen problemas. No inverno decrecen pola tristeza dos días.É vero
No tocantes a súa análise de real, plano irreal, penso que está vostede errado. O futebol, como toda esa montaxe forman parte da realidade, son a realidade, son a normalidade, analice polo contrario se non seremos nos os afastados, unhes colocados noutro plano , ou como se di aghora "os raritos".
Raritos pero con "jhonra".
ps. o meu fillo é normal, adora o futbol. E disfrutao.
Esquecín comentarlles outro detalle. Ós quince minutos, máis ou menos, de empezar o partido, conducía eu polo corredor que une Sanxenxo con Pontevedra, e vin cómo se iniciaba un incendio forestal. Curioso que, có calor que fixera todo o día, fora prender lume xusto ao anoitecer. Algún "pirófilo" debía seguir no "plano da realidade" ,e aproveitóu que a Garda Civil estaría pendente do partido nas radios dos coches patrulla, pra facela.
Por certo, que o seu fillo "adore" o fútbol paréceme o normal. É un neno. Os nenos son nenos e adoran os xogos. Có que comentaba antes, referíame aos que pasan dos vintecinco, fundamentalmente...
Que xa tiñan que ir pesando un pouco os collós, como decía o meu abó...
Que xa LLE tiñan...
Volvendo ó caso do pirómano que puxo lume durante o partido, gustaríame ver as caras dos bombeiros,que estarían vendo o xogo, cando os avisaron de que tiñan que ir apagar. Deixarían arder? . Igual foi o enemigo dalgún deles, pra fodelo.
É certo que a selección non é "España" máis cando o Sr. Valcárcel escribía hai tempo en prol dunha selección galega malia ter el mesmo avisado que non gusta do fútbol ¿facíao polo seu interese en ver bo fútbol?. Para nada. Unicamente o motivaba o feito de ser un elemento potenciador máis desa identidade que todos os que nacemos nesta terra se supón debemos ter dentro dun determinismo xeográfico darwiniano. Polo tanto non me diga vostede que é simplemente un xogo. Ogallá fora visto así.
Dacova, eu cando era rapaz xa non me ghustaba o futbol. E menos o rugbi que era o deporte maioritario na miña vila. Tamén daquela eu xa estaba cos indios e sentíame un indio no medio dunha sociedade de consumo, materialista e pro-vaqueira. O meu mellor amigo da infancia tamén era indio, hoxe é artista e vive con radicalidade; por certo tamén vostede vive radicalmente pero máis hedonistamente que o meu amigo que materialmente non ten nada, nin reló, nin casa, nin seguridade social. Apúnten:Alexis Lask, porque lles hei de falar del. Acabo de darme conta que é vostede un artista Dacova, esa é a súa profesión, nin físico, nin profe, nin autónomo. ARTISTA. Artista-bon- vivant.
Daquela todo o que era filo-americano molaba moito. Os franceses tiñan tal complexo cos americanos (madia levan liberáranos de moito cristo ) que incluso se inventaron un Jonnhy Halliday e unha Brigite Bardot para emular ó Elvis e a Marilin M..
Bueno , como xa dixera en algunha ocasión paréceme que é cuestión de identificación. Eu viña do ceo da aldea, da naturaleza, da autosubsistencia e todo eso que me meteu por os ollos a sociedade "desenvolvida" de consumo éme alleo e incluso agresivo. Os deportes de masas sonme alleos. Todos. E a selección galega traima completamente floxa.
No libro de história enseguida me identifiquei con os Galos e as súas casas de colmo que tanto me lembraban as nosas medas e palleiros.
Ollo pásame parecido co castelán. Esto é para nacionalistas. Éme agresivo. Conseguín facerlle-lo comprender a unha Bretona e a unha Castelana, quedaron alucinadas. Pero é. Do mesmo xeito o meu fillo está troquelado por o futbol e fala castelán porque o escolleu e se identificou con unha cultura...foi opción del...libre.
Se cometo eu un erro é asunto meu. Acontece que meto no mesmo saco: castelán, cidade, masas-vociferantes, sociedade-agresiva-de-consumo, ferimento, algúns putos perfumes, cultura allea, e, non fagho esforzo por integrarme.
Eu o que preciso é de descansar e de moito silencio. Tamén que as noites sexan pechas e se vexan as estrelas. Carallo.
Aire limpo e augha fresca. Tampouco pido tanto. Se non é posible confórmome con unha reserva. Deambular entre o noso parque nacional da Peneda Gêres e os parques naturales de Queixa-invernadeiro-Manzaneda e Trevinca. A veces falo co bispo, que me entende. É dos nosos.
-"Don José Luís, hai que meter a fulano".
-"É dos nosos"?.
-"É dos nosos D.José Luís"
Saúdos e disimúlenme a perorata.
Hermano Lobo: Non esqueza as vistas desde o alto de San Mamede.
Que vén sendo aquelo, alá abaixo??
Si... O Pico Sacro. Pois.
Si, hermano Lobo. Si.
120 quilómetros...
Aiquí ten cousas do seu amigo:ALEXIS LASK.
Borrouseme unha mensaxe, é un post?. como se lle chama nesta nova mensaxe.
Pasáranseme as mensaxes de Kyra. Vou comprobar o que vd. dí, se se ve o pico sacro desde o outo de S.Mamede. E a pena de Anamán vese? e os altos do laboreiro, alí onde está a Mota Grande?. O ano que ven vou baixar da serra para acobillarme ben perto de san mamede. Mamede sóname a mamada e non me chista. Menudo santo.
Xdc. por repasar as láminas do meu amigo Alexis Lask foíseme o escrito.
Só decirlle que eso son láminas-cartazes de gran tirada. Tamén fai óleos e composicións con aquarelas e acrílicos. Acabo de traer unhas pequenas aquarelas con poemas de Fernando Pessoa, ¡en francés!, para levarllelas a Toxa e axudarlle a facer un mes máis. . Nas imáxenes que vostede procurou vese un pico cónico, é o noso canigó (catalán), canigou en francés. Digo noso porque eu me criei no sopé. Ten tres mil e pico metros, un km. máis que Trevinca, de outo. Cando éramos pequenos tiña ese cono de neve-glaciar perpétuo. Tamén se ven nas súas obras retales do mediterráneo. O primeiro mar que coñecín con el ós dez anos. Algún lector identificará algunha forma de Collouire, lugar da tumba de Machado, en forma dunha torre redondeada. Moitas esceas son de Collouire, a 40 km. da miña/nosa vila.
Amo profundamente a miña vila ó pé dos pireneos e a 40 km do mediterráneo, un festín de auga e luz, de aire limpísimo da tramontana.
Amo profundamente a miña aldea, castrexo-romano-xermánica.
Aborrezco a suciedade, desórden e miseria mental de ourense e das cidades en xeral, especialmente toda-las cidades galegas.Auria é unha puta merda, e sempre o foi.
O apelido Lask é de orixen judeo-polaco. Tardei 18 anos en decatarme por que ó meu amigo lle liquidaran media familia os nazistas alemáns. Salvouse o pai con catro anos e unha tía por esconderense nun armario..
O apelido da nai é tamén singular: Juanola, catalán. Como as pastillas de regaliz.
O pai morreu hai unhes cinco anos, tamén pintaba e vivía de sastre teatral como o avó. Linlle un catálogo e comprendín que estaba totalmente traumatizado, con un complexo de culpa por ter sobrevivido tremendo. Referíase a Boltansky e un membro da xeneración beat(judeos tamén) como que nin por asomo sabían o que fora aquel horror.Según el falan e crean sobre emocións imaxinadas moi alonxadas do espanto da realidade.
Todo esto funno descubrindo fai escasos anos. De pequeno cando brincábamos nas rúas, sempre nas rúas e na garriga catalana, non era consciente de nada . Só que eramos indios, eu xa era loup-noir; os seus país eras hippis e artistas, os meus obreiros sen cualificar; el levaba o pelo longo , a mín rapábanmo "a lo militar",choraba eu como un condenado mentras o barbeiro me decía que había que facerlle caso os papás; a miña nai vestía de negro absoluto, non por moda senon porque lle morría moita xente eiquí cada tres ou catro anos caía alguén importante,a súa nai imaxínaa de hippi a finais dos sesenta....hai máis cousas.....un día voteime o monte, a miña maneira...vexo que el tamén.
E así vai pasando a vida e eiquí nos encontramos. Incluso coa cor e coa luz que pintou. Milagres de internete. Nin o soñáramos.
O pai do meu amigo, Serge Lask, referíase a Christian Boltanski de outra xeneración que non vivira a guerra e a Allen Ginsberg que lle morrera a mai tola (nun manicomio?) en Nova Iorke en tanto que el a perdera en Auswich. El síntese implicado directamente como Jean-Claude Grunberg.
No catálogo da súa derradeira exposición: Écrits, Musée Denys-Puech ,Rodez. ano 2000.
Auschwitz.
Publicar un comentario