Eufemismos/ disfemismos
Seguro que xa leron o traballo de hoxe en El País de Javier Rodríguez Marcos.
Crise ou desaceleración? Dereito a decidir ou Autodeterminación? Capitalismo ou libre empresa?
Pareceume interesante a reportaxe e a reivindicación, matizada, que dos eufemismos fai José Antonio Pascual, lexicógrafo da RAE. Tamén a relación que sinala A. Elorza entre eufemismos e totalitarismo. En fin, opinen, se lles apetece: hai expertos no tema nesta casa, de seguro.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
38 comentarios:
DE EUFEMISMOS, TAMÉN: Anuncios
ENRIC GONZÁLEZ 27/05/2008
Les supongo al corriente de la situación en Myanmar, la antigua Birmania. Es un país subdesarrollado y turbulento, gobernado desde su independencia, en 1948, por sucesivas dictaduras militares salvajemente represivas. La junta militar no se llama junta militar, sino Consejo de Estado para la Paz y el Desarrollo. ¿Recuerdan la antigua Alemania Oriental, cuyo régimen comunista fue uno de los más impresentables de todos los tiempos? La llamábamos Alemania Democrática. Sin ir tan lejos, y en la categoría de eufemismos veniales, hay quien llama desaceleración acelerada a la actual crisis económica.
Estas cosas no son nuevas. El lenguaje siempre ha sido eficaz para ocultar o disfrazar la realidad. Voy a curarme en salud. No tengo la menor intención de ofender a ninguno de nuestros anunciantes, que tanto nos quieren y a los que tanto queremos; mucho menos a empresas tan importantes para la economía española como Repsol y Endesa. Repsol ha merecido reconocimientos por su transparencia en materia medioambiental, y Endesa dedica una parte de sus inversiones, no demasiado espectacular, pero apreciable, a las energías renovables.
Dicho esto, digo lo otro: los anuncios de Repsol (del tipo: tranquilos, si hemos inventado Internet, algo se nos ocurrirá para salvar el planeta) y de Endesa (del tipo: tranquilos, tenemos hijos marisabidillos y repelentes, pero ya les tocará a ellos pasar por lo mismo) me parecen desasosegantes. Cuando las petroleras y las centrales de carbón nos hablan de futuro, sostenibilidad, tranquilidad, paisajes verdes y aire puro, hay que empezar a preocuparse: la situación debe ser realmente grave. Los anuncios están muy bien, aunque el de Endesa, como dice una amiga mía, evoque poderosamente a la niña de Rajoy. Confío en que el futuro también esté muy bien. Pero convendría recordar, y hasta que llegue ese futuro feliz, que con cada litro de gasolina y con cada kilovatio contribuimos a acortar la vida del planeta.
Na casa dos meus sogros unha persoa gorda (home ou muller) é unha persoa "fuerte". Nótese tamén a acusada tendencia á alternancia co castelán para lograr o efecto eufemístico na nosa desventurada Galicia. DE feito estou convencida de que o éxito rotundo nos últimos anos do coño! por riba do cona! ten esta explicación.
Efectivamente. Alguén ten que estar moi anoxado para dicir en galego "Me cago na cona" (por certo: o pronome é un empréstimo do español).
Outro eufemismos: "Non me leve o demo" (por "Me leve..."), "Me cagho no demo".
Os galegos somos moi mal falados, non?
E unha coxa é "coxiña". Un home pequeno é "pequeneiro" (un "homiño" coma un gran de millo, como dicía Rosalía).
A pesar de todos estes termos, o galego tamén é moi rico en expresións que indican un certo desprezo polos que se desvían duns certos estándares. Os solteiros dunha certa idade eran "solteiróns" (agora, pola maxia do inglés, son "singles", que queda máis bonito e cheira mellor). Os vellos sempre foron vellos, nunca "anciáns". Os diminutivos tamén se poden empregar con valor pexorativo: recordemos o "neniña" cando se emprega como apelativo.
Desculpará, don Marcos, mais no que respecta ás precisións da lingua, os seus usos, as dúbidas e o seu correcto emprego non debía ser dictaminado pola RAE.
O galego é unha língua diferente da castellana e irmá da portuguesa.
Niso estamos todos de acordo. A lexicografía castellana e a galega son diferentes, ben diferentes. Moi diferentes.
É dicir, que a tutela lexicográfica da lingua dos nosos avós correspóndese cos académicos que tiñan avós en Mota del Cuervo.
Por favor, don Marcos, espero que me comprenda.
Se non me queda máis remedio que ser español (se puider, escollería plenamente galego), cando menos, digo, debía poder ser "español", non castellano.
Don Julio: a reportaxe referíase ó castelán, é obvio, pero a casuística que describe serve tamén para o galego, ou non?
aquí que dictamine a RAG, pero o conto é o mesmo...
Si, evidentemente, don Marcos, mais o "luego" castellano non ten nada a ver co "logo" galego...
Quero dicir que parece que temos mesmo que importar a alma castellana e calcala na nosa propia para nos autointerpretarmos. Vémonos a nós mesmos a través dos prismáticos ollos de Castilla.
Os conservadores galegos len "Mundo", "ABC", "La Razón". Os progresistas, "El País", "Público".
As almas vadías, lemos "El Pan de los Pobres".
E o espírito de todas esas publicacións nada ten a ver co conservadorismo, progresismo ou vadiaxe galeg@s -de seu-.
Non temos produción "mental" propia; todo é emprestado.
(Salvante, talvez, a "Solaina")
Cumprimentos, don Marcos.-
E a alma galega non inflúe para nada na castellana, pode estar certo diso. Castilla é a zona do reino máis autónoma no espiritual.
Don Júlio: sinto discrepar e moito. As irmás poden parecerse pero son diferentes: o galego é lingua irmá do castelán (como o português) e por suposto é diferente. A lexicografía é unha disciplina de estudio: quixo vostede dicir quizáis léxico. Nise caso, o léxico do galego e do español é moi semellante xa que, como vostede sabe, coinciden nas derivacións (comparten boa parte da morfoloxía) que deron ao latín do que ambalas dúas linguas parten e, por razóns históricas (que contan a pesares de que non sempre os acontecementos pasados gustan), o castelán determinou unha boa parte do léxico ao galego. A tendencia a distanciarse do castelán na actualidade no posible é moi lícita e común a tantas linguas que pretenden distinción notoria tamén por razóns eminentemente políticas. E, como consecuencia dise fenómeno, o paralelo achegamento ao português do que nos separan moitas menos diferencias (ou case nengunha, de crermos os dictados reintegracionistas). Perdón por estas obviedades pero quizáis a idea dunha lingua galega que non ten nada que ver, en termos léxicos (xa non digo en sintaxe), coa castelá non resulta, para min, moi acaída. A pesar dos pesares de moita xente.
Por certo, agora que saiu o decreto de bacharelato, gustariame saber se algunha vez vai haber algunha materia común, de coñecementos lingüísticos, de lingua galega e lingua castelá. Máis que nada para que os rapaces deixen algún día de veren repetidos os mesmo temas nunha e noutra materia.
E outra nota: a RAE non dictamina: sanciona e certifica o uso consolidado de certas palabras. Ás veces interveñen os seus académicos a título persoal (como na RAG, por certo), pero como tal Academia (aínda que non lles faltan gañas para pronunciarse, moitas veces coa arbitrariedade da ideoloxía dominante, contra todo) só fala co diccionario renovado cada pouco e agora últimamente coa Gramática.
E volvo repetir que a min as academias non me chistan moito.
Eu non lles son de Mota del Cuervo, pero si de Rueda por parte ancestral de emigrados a Asturias pola filoxera.
Os que tempos as nosas orixes na Terra Chá, e somos iñorantes en temas técnicos-linguisticos coma mín, cando falamos non nos perguntamos se nos parecemos máis o castelán que o portugués.
Aviado ía. Pero bueno se me convencen de que teño que despegarmne do castelán, fareino, ou mesmo se me dicen que do portugués. Son ben mandado, e como dí XDC, un bó rapá.
Don Arume!!!!!!!!!!!
Eu non discrepo para nada con Vde., fóra, evidentemente, do abismo cultural que nos separa.
Ten Vde. toda a razón...
Simplemente estou doído por a RAG non ser vangarda no campo léxico, e termos que esperar dictames da RAE para "iluminar nuestro espíritu".
Ouviu: O galego e o português son dous irmáns xémeos idénticos separados á forza cando nenos. O galego criouse nunha familia castelá, onde foi porfillado, non adoptado.
Mellor así, querido Arume????????
Respectivamente a Mota del Cuervo: Simplemente simboliza para min o imperialismo castelán na Mancha.
Máis nada, e nada menos, tamén.
Rueda is GOD. Viño, calor e touradas. O Walhalla ibérico, pois non??
jeje
Ufffffffffffff. Non me rife, señor, que cada vez me sinto máis abandonado no foro...
O seu amigo, Júlio Medela de Lobeira
Mellor non, ma se non è vero è ben trovato. Os irmáns xemeos idénticos son dùas persoas distintas, Medela?. Je, je.
Abismo cultural? Pero en que se diferencia de min, aparte do seu gusto por Teresa Gimpera, polas tumbas de vicentes ou pola grafía lusa, unha convención coma outra calquera?
Desperreche '67 en Tuset Steet, con Teresa Gimpera (e Sarita Montiel, todo hai que dicilo):
http://www.youtube.com/watch?v=K1m8oUK_ICM
Se me permiten, sei que ninguén coma vostedes, eminentes homes de letras, para aclararme unha dúbida.
A vella controversia entre español e castelán como ven quedando? Por cal dos dous conceptos habemos decantarnos?
Linlle unha vez a Cela que: "El castellano es el hermosísimo español que se habla en Castilla", segundo eso o galego ha ser o fermosísimo español que se fala en Galicia?
Sr Medela atopo un pouco tristón, non lle van como quixera as cousas por Nukus? Abandoado nunca , xa ve o que lle di o Sr.Arume.
Mitigarei un chisco a súa melancolía se lle digo que no lugar máis agradable e positivo da miña memoria ocupa vostede lugar preferente?
Queridísima Eu Mesma: No sabes la alegría que me da tener noticias tuyas. Por este no-país, sin novedad, aparte del calor que ha venido de golpe, ya sabes, tormentas de arena y nubes de pesticida... Coitadiños de los camellos, sentados a la puerta de casa, de ojiños cerrados y sin nadie que les haga caso.
Recuerdo los días que pasamos en el komsomol: "Cáucaso nevado, banderas al viento, el alma tranquila, yo sabré vencer", cuando las niñas se metían conmigo por ser prima de Marina Oswald y tú, siempre tú, me defendías. Creo que hace unos quince años que no te veo.
Sabes que quedé viúda, puse un negocio y tengo dos "novios": Un chico del fin del mundo, que por aquí anda a trabajar y, vaya, Ilkhud, que non me sae da porta, con su moto de contrabando y sus besos de plastilina, que no me saben a nada, pero... Non che hai moito onde escoller.
El chico del principio del mundo tampoco es un Richard Gere, ben cho sei, pero tampoco me disgusta; desde luego es más bonito Ilkhud.
Júlio, el chico de los besos furtivos, anda triste. No sé qué le pasa, habló algo de un comentario en un foro, algo de un tal Arume, non che sei.
Vino por aquí, esta mañana, una catalana, una lagarta de cuidado, que se creía bien elegante. Vaiche boa. Dijo que lo quería saludar, sólo. Bueno, yo le dije que estaba durmiendo.
Bueno, cuéntame alguna cosiña.
Casaste? Tienes nenés?
Espero verte por Nukus, sabes que te quiero muchísimo, talmente como la hermana que nunca tuve.
Puedes traer otra persona contigo, si quieres. Hay un cuarto de dos camas. No te prometo esas comodidades de donde vives, pero la iremos virando.
Tu amiga que te admira y quire,
Kyra
y, vaya, Ilkhud, que non me sae da porta, con su moto de contrabando y sus besos de plastilina
Atopei este resumo pola rede.Se lle vale encantado.
"Existe alguna polémica en torno a la denominación del idioma; el término español es relativamente reciente y no es admitido por los muchos hablantes bilingües del Estado Español, pues entienden que español incluye los términos valenciano, gallego, catalán y vasco, idiomas a su vez de consideración oficial dentro del territorio de sus comunidades autónomas respectivas; son esos hablantes bilingües quienes proponen volver a la denominación más antigua que tuvo la lengua, castellano entendido como ‘lengua de Castilla’."
Moito tempo hai que ando eu adherido ao que di o "recurso" eiquí inserido polo señor Lerroux. Eu só me refiro ao castelán como "español" cando estou fóra de España.
Moi de acordo con Arume no de xuntar parte do ensino de galego e castelán, ao que eu engadiría o portugués e nocións básicas de italiano e catalán.
O castelán é o idioma preferente dos españois.
Razonabel será aque que o galego sexa o idioma preferente dos galegos.
Algúns dirán, preferente para os nacionalistas galegos, e a resposta entón seria: tamén o castelán é o idiioma preferente para os nacionalistas españois.
Barbara, celaren, darii, ferio.
Cesare,Camestres,Festino,Baroco
Para que ensaiar máis siloxismos se abonda coa Barbara ?
Ainda que tarde, moitas grazas Sr Lerroux por tomarse a molestia de contestar á miña pregunta.
Ó fío do tema, acabo de escoitar que un grupo de intelectuais: Vargas Llosa, Savater, Félix de Azúa, Alvaro Pombo, entre outros, veñen de presentar un manifesto pedindo a modificación da Constitución Española para garantir a preservación do castelán .Seica, segundo eles, hai dezaseis millóns de cidadáns ós que se lles está negando a posibilidade de matricular ós fillos/as en castelán.
Carlos M Gorriarán como membro do novo partido UPD, dixo, tamén, que esta iniciativa será recollida polo seu partido.
Sen comentarios... Xa que, visto o éxito da miña pregunta anterior, será demasiado pedir que llos poñan vostedes.
Intelectualiños de merda, como son algúns dos asinantes do panfleto, non merecen nen cuarto de comentario.
Non, para a nosa desgraza, non son intelectualiños de merda. Non se pode negar a valía, no seu campo, de nomes como Vargas Llosa ou Castilla del Pino, p.ex. Están errados, iso si: mediatizados por unha serie de situacións e, supoño, a súa conciencia española-ista.
A mín, como dí Marcos, asústame, e moito, que se ande correndo por todas partes, que hai problemas para escolarizar os cativos en castelán, como si o precioso idioma castelán estivera perseguido, como se pode interpretar do Manifesto, que por certo de mindundis e intelectualillos nada.
A perplexidade que teño, sin saber o motivo, o millor está imbuída por certos comportamentos totalitarios en Catalunya, e aboada por Galicia Bilingüe e anécdotas baleares.
Haberá que estar alerta e vixía.
En efecto, don Marcos, non son calquera. A capacidade de influencia é enorme. Animan (xa puiden velo estes días) a persoas, que polo bajini demostran a súa incomodidade pola presencia do galego, a entoar en voz máis alta as súas ideas ao respecto.
Xa lles dixen á propósito das movidas de GB que moitas persoas castelanofalantes, indiferentes ao tema do idioma porque poden escolarizar aos seus vástagos en español de principio a fin, comezan a trasladar certo malestar á esfera pública e non disimulan, en círculos cada vez máis numerosos, en criticar abertamente a presencia do galego no ensino. E, o máis curioso, aquelas persoas que permanecían completamente silenciosas ao respecto comezan xa a formular incipientes diatribas contra a lingua galega. E é cousa dun ano. Unha campaña coma a de Savater & Cia non debe ser rexeitada con aldraxes: ten que ser combatida con intelixencia. Poden estar errados, mediatizados, españolizados, pero certificar iso non serve para desmontar os seus plantexamentos.
Estou de acordo con Arume: a miña intervención anterior era só para negar o de "intelectualiños de merda", que non responde á realidade. É precisa esa contraofensiva (perdón polo palabro militar) que demanda Arume: e non só a nivel de Galicia, senón de todo o EStado.
ANTÓN LOSADA
DISQUE DISQUE Galicia bipolar
Disque O Noso Mariano considera un disparate as políticas lingüísticas de Galicia, de Baleares ou de Catalunya. Definitivamente, o centro non estaba tan cerca nin se chega até alí a pé, dando un paseo. Os únicos que teñen un problema co idioma son os que deciden telo e renderse aos seus complexos. Repitámolo outra volta, a ver se vai: a educación pública non é un servizo á carta para que cada pai meta na escola os seus prexuízos. É un sistema para educar a todos nun conxunto de valores e coñecementos que nos dimos e aceptamos democraticamente. Por exemplo, que Galicia é bilingüe e non bipolar, como parece que lles gustaría a algúns.
Anatema, anatema! Antón Losada dicindo que Galicia é bilingüe. Ás mazmorras con el, ao tormento do potro co herexe, que sexa condenado á fogueira para salvación da súa ialma pútrida.
"A perplexidade que teño, sin saber o motivo, o millor está imbuída por certos comportamentos totalitarios en Catalunya..." (Jacques delapierre)
Amigo Delapierre, "perplexo" me deixan a min as tuas palabras, sen chegar a percibir de todo que é o que queres dicir con iso de "comportamentos totalitarios en Catalunya". Tanto peso intelectual ten o discurso dos INTELECTUAIS DE GUARDA encabezados polo CAUDILLO FILOSÓFICO Savater como para dar por boas as suas teses sobre os "comportamentos totalitarios" realmente inexistentes en Catalunya? Delirio españolista o desta xente, amigo Delapierre, se é que interpreto ben as suas palabras. Se non ten cousa mellor que facer, perda uns minutos do seu precioso tempo, pase por Arroutadas, entre no fío "18 intelectuais asinan manifesto..." e lea os artigos de hoxe da Pilar Rahola e de Iu Forn en La Vanguardia e o Avui, respectivamente. Rite ti dos "comportamentos totalitarios" praticados nas periferias bárbaras.
El PP se adhiere al Manifiesto en defensa del castellano promovido por Savater
Pío García-Escudero califica de "inaudito" que el castellano "tenga problemas para que se imparta como lengua vehicular en algunas comunidades autónomas" como Galicia.
El texto pide que en las administraciones autonómicas no obliguen a los funcionarios a conocer las lenguas de la comunidad.
(Miércoles, 25 de junio de 2008)
García-Escudero aboga por "proteger y defender" el castellano.
XORNAL.COM I Madrid.- El Grupo Popular del Senado, integrado por 124 senadores, ha decidido suscribir el 'Manifiesto por la Lengua Común' impulsado por el intelectual Fernando Savater. El texto también ha sido apoyado por Mariano Rajoy, y a la cúpula del PP.
Los senadores populares han anunciado que pedirán la comparecencia de la ministra de Educación, Mercedes Cabrera, que manifestó su intención de no adherirse al manifiesto.
Según el portavoz del PP en el Senado, Pío García-Escudero, "es labor de todos proteger y defender el patrimonio cultural, máxime cuando como dice la Constitución, todos tenemos el derecho de utilizar y la obligación de conocer".
García-Escudero califica de "inaudito" que el castellano "tenga problemas para que se imparta como lengua vehicular en algunas comunidades autónomas, mientras el Gobierno actúa con pasividad ante ello".
Reforma de la constitución
El filósofo Fernando Savater, el escritor Mario Mario Vargas Llosa, el director de teatro Albert Boadella y otros intelectuales presentaron el “Manifiesto por una lengua común”. Se trata de un texto en el que se piden cambios constitucionales y legales para garantizar el derecho de los españoles a estudiar o usar el castellano en todo el país.
"Bajo esta premisa y a partir del texto los firmantes solicitan al Parlamento las modificaciones o esclarecimientos tanto constitucionales como estatutarios que garanticen en todos los campos y en todo el territorio nacional los derechos de quienes opten por la lengua común", explican.
Savater ha explicado que con esta iniciativa pretende plantear soluciones a la discriminación que, según él, el castellano padece en comunidades como Cataluña.
Este grupo de intelectuales piden que se “explicite” en la Constitución el uso del castellano. Además, sugieren que en las administraciones autonómicas no obliguen a los funcionarios a conocer las lenguas de la comunidad y que los carteles y rótulos de los comercios no sean sólo en la lengua de una región.
El texto también estará firmado por la historiadora Carmen Iglesias, Aurelio Arteta, Félix de Azúa, Albert Boadella, Carlos Castilla del Pino, Luis Alberto de Cuenca, Arcadi Espada, Alberto González Troyano, José Luis Pardo, Ramón Rodríguez o José María Ruiz Soroa.
O PP se adhiere.......Ainda ben...!!!!
Sabater creo que debería ser declarada persona non grata en Galicia.
Tamén debería ser queimado en efixie.
Pois ben explícito que está na Constitución o "deber" de coñecer o castelán. Que máis queren?
Aínda que non é o meu respostar a Anónimos, direille que non vou mirar Arroutadas, nin ler os artigos de Pilar Rahola nin de Iu Forn.
Non preciso que naide me conciencie se o vexo eu cos meus propios ollos.
En todo caso admito que podo estar equivocado, como case sempre.
Amigo Delapierre, vale, non vaia por Arroutadas (fai ben manterse fixo na Solaina e non andar de "blogboreta" de blog en blog), non lea os artigos indicados (teña por seguro que non pretendía "conciencialo" recomendándollos, tan malvado non son), siga firme na posición (de desconfianza?) de non responderlle aos Anónimos impertinentes, todo o que vostede queira, e pense que equivocados podemos estar todos, pero permítame que lle insista na miña dúbida, surpresa ou "perplexidade": A quen se refere cando fala de "certos comportamentos totalitarios en Catalunya?" Nada mais nen nada menos que iso. Non queira ver mais malicia na miña dúbida de Anónimo de pouco fiar. E se non quere responderme non me responda, que non penso porlle unha pistola "totalitaria" no peito para que responda á forza. Se o Caudillo Filosófico ten toda a liberdade para manifestarse como lle pete, vostede tamén a ten para dicir a sua. Ou non dicila. Eu o que "vexo cos meus propios ollos" é que, por moito "totalitarismo", o catalán vai para abaixo e o español medra e medra sen parar. Non hai mais que ir a calquer patio de colexio para "concienciarse" da realidade adversa para o catalán. Como para o galego, supoño. Ruiz Zafón foi o mais vendido o 23 de abril. Tan perseguido non debe estar o español. Eu o "totalitarismo" onde o vexo é neses Intelectuais de Guarda ao servizo da España mais reaccionaria.
E logo, señor Delapierre, vostede tamén é do "núcleo duro" e non se rebaixa a darlle unha pequena explicación a este esmoleiro que lla pide encarecidamente?
Publicar un comentario