8 jun 2008


Unha visión crítica do Maio


A distancia do Maio 68,

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante tema que xa me tardaba que saíse no blo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa saiu, cando menos en parte.
Consulte o Fío Musical 16, de Xabimusic, con 16 comentarios.
Póñase na etiqueta Fío Musical de calquera deles, dun dos últimos por ex., e xa o encontra de inmediato.

Anónimo dijo...

Sr. Monxardín: sempre se queimaron e destruíron iconos. ¡Vaia novidade! Sobre todo, os iconos dos outros...

Para algúns o maio francés é poesía: "poesía para o pobre; poesía necesaria como o pan de cada día" (G. Celaya). ¡Un respeto!

Anónimo dijo...

Home, Maio do 68 non foi precisamente "poesía para o pobre". Máis ben foi unha revolta dos fillos da opulencia.

Anónimo dijo...

Cales son as razóns polas que se producen os feitos de maio de 1968 en París, e xusto por que nese ano (e ao remate do curso escolar)?

Anónimo dijo...

Estamos falando do maio parisino, non? Pois maio foi a culminación dun proceso que se viña incubando nos meses anteriores.

Deste tema tense escrito tanto, e tan repetitivamente, que eu en particular non teño nada que dicir que non se teña xa dito. Na rede pode encontrar, supoño, moita información sobre o asunto.

Anónimo dijo...

Reducir o maio francés a unha revolta de "fillos de papá" e borrar dun plumazo toda a súa carga revolucionaria só ten un nome: REVISIONISMO.

Naqueles días, só por poñer un exemplo, máis de dez millóns de obreiros estiveron en folga xunto aos estudantes.
Outro exemplo: o que queda hoxe da esquerda (feminismo e ecoloxismo, sobre todo) ten as súas orixes no maio francés.

Outra cousa moi distinta sería analizar por que se perdeu aquela ilusión e por que moitos daqueles revolucionarios están hoxe no poder e na poltrona.

Anónimo dijo...

en Francia o epicentro foi estudantil (logo, dos fillos da opulencia), máis tarde os obreiros sumaronse cunha folga, pero sen apenas conectar con eles e con intereses moi diferentes, e cando conseguiron as subas salariais (35% do salario mínimo e 10% do conxunto dos salarios) volveron ao traballo e deixaron ao pairo aos estudantes.

De carga revolucionaria moi pouco: ninguén quixo conquistar o poder. Uns querían cambiar a vida cotiá e outros máis soldos. Conseguiron as dúas cousas en boa medida.

Por outra banda, é moi simplificador ducir que o feminismo e o ecoloxismo teñen as súas orixes aí, no maio francés, demasiado simplificador. Non esquezamos que 1968 foi tamén Berkeley, Praga, Berlin, Tokio, México, etc.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Se ciframos todo no maio francés non saen as contas, pero non estivo nada mal. Tamén o swinging London fixo marabillas. E nos futbolíns de Ponferrada foi a hostia. Para qué contar!

Anónimo dijo...

Vale, acepto o de "poesía"... pero non o verso de Celaya. "Poseía para o pobre? Cantos fillos de labradores había entre os líderes da revolta?
Por suposto que foi poesía, soños, ilusión... pero como di Api, ninguén quixo tomar o poder. Non saberían que facer con el. "A imaxinación ao poder"... Non tal. Persoas con nomes e apelidos é o que cómpre, etc.
Pero estivo ben. Mellor o de Santiago. (Alá seica empezaron por unha cuestión de saias. Non deixaban entrar aos mozos nos internados universitarios das mozas, etc. aquí era máis "político". Pero estivo ben. Aquí e alá, en calquera caso. Tampouco foi para tanto. Os mass media creárono. E deicapouco foi Woodstook. E a maría. e o LSD, etc.

Anónimo dijo...

¿Estaba a praia debaixo dos adoquíns?

Anónimo dijo...

Acho que nao.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estaba, amigo PP Questions: o que pasa é que aínda non puxeran rotonda nin terrazas para tomar os correspondientes martinis.