23 jul 2008


Casar.
Pan por Pan mércores 23 xullo. (Imaxe: Boucher)

Na nosa literatura popular hai abondas mostras críticas sobre a institución do matrimonio. Velaí algunhas recollidas por Xavier Castro, na “Historia da vida cotiá en Galicia”: “Casar, bo é de amañar, pero é malo de aturar”; “Casarse é cegarse, ou afogarse”; “Casaraste e arrepentiraste”; “O que se casa por todo pasa”; “Casar, casar, sona ben e sabe mal”. Neste semella que se presenta o matrimonio como castigo, quizais pensando na muller: “Casarás e acougarás, ou amansarás, ou deprenderás”. Tampouco é un fenómeno só galego: “Ya te casaste, ya te amolaste” é un dito da cultura en castelán. Noutros faise gabanza da solteiría: “Cásate e irás ben os tres meses primeiros, mais despois cobizarás a vida dos solteiros; “Casarás en mala hora, e comerás pan e cebola”. En fin, combato a calor con libros coma este, que transmiten estas xoias do saber popular. Vaia dedicado a tantas parellas que casan na canícula.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

O Tosar recitou varios poemas acompañado polo violinista, pero a xente só aplaudiu no último (e nos "bises").
Cómo se conseguiu que a xente permanecera respetuosamente calada ao final de cada poema, e só aplaudira ao final do acto, coa correspondente "sensación conclusiva"?.

O violinista remataba cada peza na "nota sensible",da tonalidade ("séptima"), transmitindo a sensación de que "aínda non rematóu", e inhibindo o aplauso. A última peza, rematóuna claramente en tónica, tras "cadencia perfecta".Aplausos. O poder da música na dinámica de grupos.

Alarde técnico por parte do violinista. A parte, xa monódicamente complicada, dunha obra de Sarazate, tocada por "terceiras diatónicas" (no violín!!) en todas as notas da melodía. Outra parte, tocada a "pizzicattos" con ligados descendentes ás cordas ao aire, sempre dentro da armonía do momento.

Na versión de "Unha noite na eira do trigo", a pesares de ser musicalmente impecable, conocíase que o músico non falaba a língua da letra asociada, o galego. O fraseo musical non estaba ás veces en consonancia coa fonética da letra. Unha sílaba con consonante fricativa , non debe levar un "staccatto", ataque seco, na nota musical asociada. Ou, viceversa, unha con consonante oclusiva , non queda ben reflexada nunha nota "a legato". Sempre pasa cando o músico non coñece ben a língua ou a letra da canción. Pero o subconscente dos oíntes percebe o esforzo do artista i eso faino máis "charmante". Coma cando oímos a un extranxeiro esforzarse por falar na nosa lingua. Percebimos os fallos fonéticos, pero non lle damos importanza e préstanos incluso máis.

Anónimo dijo...

Cómo era aquela...?

O primeiro ano, bico con bico.
O segundo, cú con cú.
O terceiro, "qué trouxeches tú!".


O matrimonio é unha institución ben antiga. Máis que as diputacións, que xa é decir!.


O matrimonio é un xeito sinxelo de chegar ao patrimonio.Ou viceversa.


O día da boda é un sol tan radiante que impide pensar nos moitos días "estrelados" que veñen despois.

"Abandonará o home ó seu pai e á sua nae, e xunguirase á súa muller, e serán unha soa carne...". Pero de que a muller abandone ós pais, non di nada.Curioso.


Non te casesNIN MARTES NIN VENRES.

Anónimo dijo...

Lín un libro: Éloge du mariage, de Martine Ségalen, en découvertes Gallimard.

A hipótese subxacente, que eu lembre é que o matrimonio tal como o coñecemos hoxe; duas persoas que se xuntan libremente porque queren e se queren é un fenómeno recente das sociedades liberais e democráticas.
Nunca, nunca, nunca fora así. Sempre foi, cando foi, un arranxo entre duas partes por mor de herdanzas, xuntanza de intereses, fines reproductivos, etc...

O matrimonio tal como o entendemos hoxe pode que teña unha historia de menos de 200 anos, e ten os días contados. Foi un soplo na historia da humanidade.

Anónimo dijo...

O índice de éxito e fracasos dos matrimonios concertados e dos matrimonios das sociedades liberais, as nosas, é similar. Está en torno a un 50 por cento.

Os matrimonios basados na paixón "amor" están fodidos porque eso acábase, dura biolóxicamente unha media de tres anos. Hai matices pero non quero aburrir.

Os matrimonios concertados con fins reproductivos ou de herdanzas funcionan na práctica igual ou mellor porque se ateñen ó papel asignado, qeu está bastante claro.

A paixón resólvese noutros lugares, créase unha sociedade moi rica a esos niveis por complexa.

Sabedes a cantidade de dobles vidas que hai en Ourense con dominicanas y demáis fauna?. Na sociedade liberal onde o matrimonio é libre e escolleito

Anónimo dijo...

Cando eu firmei os papeles coa miña compañeira, a pé de carretera, con testemuñas ocasionais (un xardineiro que pasaba por alí), estaba a constituir unha sociedade civil. Xa sabía o que era unha socidade civil porque tiven actividade económica amparada nese dereito.

Anónimo dijo...

O indio ese de canarias que é cuasi dono do bankinter, traballaba para outro como asalariado nun bazar e fixera tan bó traballo qeu o patrón lle dixo: quérote casar con unha miña filla.

O disciplinado traballador aceptou o contrato. Hoxe é multimillonario, ten moitas accións no banco citado, tres fillos coa elementa do contrato, unha grande casa na que recibíu a periodista qeu rexistrou o que vos estou a contar.
Vaille ben. Cada un dedícase ó seu traballo, intensamente. Como el dí: perteñezo a unha casta de comerciantes. A muller ocuparáse da intendencia. Todo perfecto.

E non me veñades cos fundamentalismos occidentais da igualdade e a p. que vos p.

Hai moito etnocentrismo en occidente e o prezo da libertade é altísimo, a veces acompañado dunha grande soledade.

Anónimo dijo...

Un amigho meu psicólogo defende que os contratos matrimoniais teñen qeu ter unha duración determinada.

Estou dacordo. SEn comentarios.

Anónimo dijo...

O meu padriño que é cura, ten 84 anos, deus o conserve moito tempo.

O pobre, en sendo párroco en Riós, inchouse de casar xente que vivía "amancebada". Na postguerra. Era normal, era a nosa idiosincrasia.

Amparándose no franquismo, denunciábaos por "escándalo público" no ghoberno civil, e a algunha parella de sesenta anos casounos dediante dunha artesa.
Supoño que a artesa faría de altar.

Vero, vero , vero....eu sempre estou, À serio, eh?..é antropoloxía pura. Era así con moita frecuencia ata que a sociedade introducida por Franco irrumpíu con forza.

Contoume esto a coallo dos fillos de cura , por os que me interesei. El contestoume que do lado de portugale eran abundantísimos e ben tolerados. Os sobriños. Ferrín falaba de curas fodedores no Barroso. O meu padriño estaba nas parroquias de Castrelo de Abaixo e Castrelo de cima, Arraianas con Portugal. Fins dos anos 40 principios dos 50.

O matrimonio puro e duro que coñecemos ate fai dous anos foi relativo, e unha anécdota na historia da humanidade.

Non sabíamos ver outras realidades, qeu sempre nos acompañaron.

Aghora é evidente.O matrimonio que coñecemos ata o de aghora quédanlle dous telediarios.

Marcos Valcárcel López dijo...

Simpática a copla que cita XDC na súa segunda mensaxe. Permitireime, como outras veces, integrala nunha Andoliña.

Anónimo dijo...

Non podes escoller ós teus pais, ós teus irmáns, a túa nacionalidade, a túa estatura ,a ntua raza, a cor do cabelo, etc...

Se che escollen cónxuge, quítanche un problema, por un precio, en libertade, irrisoriamente superior.

Anónimo dijo...

Dacova se escolles por paixón escolles moito peor que por intereses pactados. Duvido moito que o precio en liberdade sexa superior no segundo caso. Ata creo que no caso do pacto entre familias funciona mellor, o guión está registrado previamente e os fins reproductivos acádanse sen problemas.

Non invente vd. subtítulos.

A fornicación só a prohibe o réximen católico-hipócrita arraigado en Moisés nunha situación emerxente no deserto.
Noutro lugar creo que xa aclarei o matiz de "fornicar".

Se vos fixades nas realezas europeas, ese era o común, unir casas, intereses coroas, diplomacia, fortunas, e reproducirse. Despois cada un satisfacía as súas paixóns , sempre pasaxeiras, onde podía.

O pobo acostumaba non casar. Era frecuentísimo. Tamén a paternidade dos fillos era moitas veces dubidosa.


É máis estúpido pretender durar, manter unha relación que xurdíu po-la atracción física ou paixón, é unha solemne burricie imposta por a burguesía liberal en connivencia con o clero. Claro qeu hai escepcións, pero son escepcionais. O común é o aburremento, o decaemento...... en sexoloxía estúdase o síndrome de Coolidge, está documentadodísimo, seghuro que o padecedes; por eso a idea do psicólogo: caducidade matrimonial e renegociación.
Na renegociación do contrato hai tensión, diálogo ( agotado na mor parte das parellas de larga duración), redescubremento, e pode haber acordo ou non.

Os funcionarios sonvos do piorciño que hai. Tamén fan falta, pero se son demasiados, ( u.r.s.s.) reventan a economía. Matrimonios funcionarios do matrimonio "fijos para toda la vida", é mortal para a creatividade. É mortal para a sociedade. NOn o vedes claro?.

Anónimo dijo...

Eso xa o dixera creo que Bernard Shaw. O estado irracional de enamoramento non é precisamente o que se podia chamar "pleno uso de facultades mentáis". E, sin embargo, é nese estado no que firmas un importante contrato de por vida (en principio).

Anónimo dijo...

Quen moito escolle...
O demo o tolle!

Anónimo dijo...

No programa redes de Punset, onte, falaban precisamente de algo relativo ó que acaba de glosar Kyra, tomado do pobo.

Falaban do feito de que escollendo sen ter toda a información fai que se escolla mellor; hai un principio de incertidume, como na vida.

Controlando toda-las variables ou intentándoo un mete máis a pata. Pretendendo sermos exhaustivos alonxámonos da realidade.

Por ehí. E se me desvio do dito, que corrixa Dacova. Cando era pequeno, xa daquela controlaba Cacumen deste.