en poleiro alleo
Tres cousas sobre o fútbol, de X.M. Sarille (ECG 1.7.08)
Sobre un tema do que falamos estes días no blog, velaí a opinión de Sarille:
"No tempo aquel, do que por outra banda non conservo saudades especiais, as noticias do fútbol, das motos e dos bólidos ían no remate dos diarios e nunca abrían un telexornal. Ao ser espectáculo deportivo, formaba parte da trangallada, igual que as noticias rosas e as de desgrazas. Era un problema de calidade, que estaba ben tratado.
Lembro tamén que pasmáramos moito cando un tipo do Brasil se tirara polo balcón da casa despois de marcar un gol o seu equipo. Matárase. Non comprendíamos ese nivel de primitivismo, con todo o respecto para os primitivos. Pero o outro día moitos automobilistas conducían con máis agresividade despois da semifinal, como se os rusos continuasen vivos e houbese que ir a por eles.
O fútbol é moitas cousas, pero sobre todo é unha sublimación do nacionalismo. Fea, desagradábel e que pode converterse en baixa. A min, que fago deporte regularmente e que nunca pasei de ser un neno siareiro do Las Palmas, porque saían nos cromos con camiseta amarela, tanto me ten que trunfe o Celta como que gañe o Madrid. Nin máis nin menos. "
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
12 comentarios:
¿e quen lle preguntou a este home polo que tanto lle ten ou o que non lle ten tanto?
Concordo plenamente con que o fútbol é unha sublimación do nacionalismo. Os que avogan por ter unha selección galega propia veñen motivados polo mesmo, por ter un elemento máis que afiance a dichosa "identidade" ficando tamén neste caso os criterios deportivos en segundo lugar.
¿E o baloncesto, o fútbol sala, o balonman, o voleibol, o hockkey sobre patíns, o hockey herba, o atletismo, o ciclismo, o piragüísmo, o, o, o, o, o...? ¿Que pasa? ¿Eses non subliman nada?
¡Por favor as cousas que son polivalentes analisémolas desde a súa polivalencia!
A ver se vai ser a estupidez dos estúpidos a que nos contamine a todos. Xa está pasando nalgúns eidos.
Bicos.
Pois a min sempre me pareceu snob e artificioso o olímpico xesto de desprecio dalgúns que, ao colleren o xornal, botaban directamente ao lixo as páxinas deportivas, como dicindo aquí estamos nós, os "auténticos" e non "alienados". O fútbol é tribalismo, en efecto, pero tribalismo codificado e agresividade ritualizada, que, ao contrario de outras agresividades tribais non ritualizadas, deixa, cando menos, as cousas como están: pode non melloralas, pero non as empeora. E ten a impagable virtude de devolvernos á infancia e á adolescencia, cando competíamos nos nosos grupos de pares, facéndonos sentir guerreiros, heroes e gregarios (un certo gregarismo é o cemento da amistade; a amistade, como o amor, ten un aquel de alleamento). Respeto a quen non lle guste o fútbol, faltaría máis, pero nunca entendín esa animadversión "progre" que suavemente destila o artigo de Sarille.
Animadversión "progre"?
Vaia, nunca penséi que coincidira en algo cós "progres"...
Sí, XdC, animadversión "progre", así, entre aspas. A esquerda intelectual e "progre" dos 60-70 (no así a "clase obreira", que disfrutaba con Suco, Las Heras, Herminio, con Santillana e con Cruyff) era antifutboleira, porque consideraba que o fútbol "alienaba" ás masas. Anque agora ninguén se recata en manifestar a súa querencia polo espactáculo futbolístico, a dereita foi, dende sempre, máis partidaria do fútbol. A min sempre me gustou. E ségueme a gustar. Non se pode ser perfecto.
Debe de ser que a min toda a cuestión esa de heroes, gregarios e guerreiros nunca me soubo excitar nin o máis mínimo. Eu sempre vin o fútbol coma un xogo divertido, exento desas excrecencias tribais, por outra parte tan inevitables, que a min me afastan destes espectáculos. Eu miraba durante Xuño coa tranquilidade da tarde o Giro, completamente ignorado polos xornais e publicacións españolas. Ata o día en que Contador conseguiu entrar entre os cinco primeiros. A partir de aquí o interese medrou dun xeito insólito ata chegar á retransmisión case completa do paso polo Mortirolo. Que importa: o ciclismo ou que gañe un ciclista español?
Non son tan inxenuo para pensar que se pode mudar este estado de cousas, pero a min directamente me tocan o que non debe tocarse sen permiso ou licencia.
E non fai falta dicir que son futboleiro de sempre. De nación.
Pobriño, é do Barça, miña xoia.
A mín non me gusta o fútbol. Pero non é porque aliene ás masas nin por ninguna "razón razonada". Sinxelamente, non me gusta, abúrreme.
Ou sexa, que é somentes unha cuestión persoal. Un non pode controlar qué o divirte, ou qué o aburre.
Anque, polo que teño entendido, os "progres" adoitan a ser do BarÇa, e os do PP,do Madrí.
Pero igual só é unha carallada, e non hai relación ningunha.
Enlazo artigo no Progreso, do XM Glz:PREMER.
Publicar un comentario