Para Arume e para todos/as
Preguntaba Arume, nun fío que xa non encontro, polos meus problemas médicos, creo que citados de pasada un día destes. Ben, o tema é que levo case dous meses co brazo e man esquerda con pouca mobilidade e flexibilidade, coa man bastante agarrotada. Consultei xa unha chea de médicos e o que máis precisou (nun 95% apostou o seu diagnóstico: plexopatía) dixo que podía ser consecuencia ata dunha mala postura a durmir e que tiña para rato (falou dun ano). O martes fago unha nova proba en Santiago (electromiografía): mentres, levo días xa indo a rehabilitación e con medicación para o que parece, agardo, un problema nervio-muscular quizais serio, iso si. Con todo isto noto unha melloría moi lene e agardo que a cousa vaia mellorando. Xa veremos…
P.S.: eu estou case seguro que a cousa puido ter que ver cun medicamento que viña tomando contra o colesterol (Liplat). Pero non podo demostralo. Pero o abano de contraindicacións con problemas nervio-musculares do mesmo é inmenso. De feito, tamén tiña calambres nos pés durmindo e pasáronme dende que deixei de tomalo.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
24 comentarios:
Esto tenlle que ser non para rato, senón do rato. Mire a ver se o cursor está moi revolucionado. Tanto darlle á tecla non favorece moito o músculo da escrita.
Por suposto, vaia os meus desexos de prontísima recuperación. Para o contubernio de Allariz supoño que xa estará presto.
Xa o pensei, Arume, pero o rato cólloo coa dereita e a man fanada é a esquerda. Graciñas polo seu interese, de novo.
Fai anos tiven problemas de dores no brazo esquerdo. A orixe estaba no pulso, pero a dor desplazábase de "xeito" reflexo a diferentes partes do brazo, e impedíame facer certos movementos, sobre todo rápidos. O fisioterapeuta díxome que era cuestión sinxelamente de tempo. Tras varios meses de dores (non intensos, pero sí molestos) cuadróume de estar perto dunha "fervenza"("cachoeira" pra o señor Medela) e ocurríuseme por o brazo debaixo do "chorro". Notéi alivio , i estuven un bó rato. Como notei melloría, decidín ir a algunhas sesiós nun balneario no que anunciaban ese tipo de "masaxes con chorro". No meu caso foi "man de santo". Parece ser que, ás veces, certos músculos permañececen con certa tensión, por algunha estimulación previa prolongada, e non podemos relaxalos a vontade. No meu caso, os músculos debían ser superficiales, e a presión variable da auga foi eficaz.
Desde logo, non ten porque ser en absoluto o seu caso, e ten que consultar có seu médico a posible eficacia o idoneidade desa clase de terapia. Só conto a miña experiencia, e doulle unha suxerencia a consultar có médico.
desexo-lhe unha pronta recuperacão. E não sei se faz a cotio exercio físico, se não o faz adique-lhe um tempo diario, é bom.
Marcos eu non dubido que sexa debido ó medicamento ese citado.
Creo que non par de intervencións miñas desde que ando por este blog falei da industria química-medicamento que son brutais. En torno ó ácido acetilsalicílico e cando falabamos dos visitadores médicos e da compra "corrupción" de vontades.
Lembre que nos EEUU morreron millares de persoas de ataques cardíacos por mor dun medicamento.Descubriuse recentemente.
No cancro falecen en torno a un cinco por cento do tratamento, non da enfermidade directamente.
Mire, como o seu caso non é de vida ou morte prescinda dese medicamento que como mínimo lle machacará o fíghado. E podemos apostar por remedios sinxelos e eficacísimos.
O meu fillo tamén ten o colesterol alto de tipo xenético, dín que é un risco que herdamos das poboacións célticas, e conseguimos deixarllo en situación dentro da normalidade engadindo na dieta lecitina de soxa e tamén comendo noces, tantiñas noces, o aceite esencial que conteñen neutraliza o outro tipo de graxas.
Para os dores musculares nada millor qeu as compresas (cataplasmas) de barro quente. Universal desde "la lejanía de los tiempos". Lembre a película "O oso", cando o probe sufriu un tiro na nádega o único que pudo facer na naturaleza foi ir meter o cú no barro. Non hai máis.
Se o vexo mañá há de acompañarme a Pena Vixía , alí teño moito barro de varios cores, tomado xentilmente da natureza nas barreiras de Tioira, e Pías en Maceda. Limia Alta.
Consulte en internete como o venden de caro para moitas aplicacións, incluso estéticas. Nós somos afortunados e pouco o valoramos.
Todo há de ter remedio. Só hai duas castes de enfermidades: as que matan, e as que se curan solas.
Vámoslle axudar a curarse para que o proceso de autoreparación avante máis, esa é a arte.
Se antes o souber, antes atacabamos o proceso.
Amigo Marcos: Que queres que diga...., sabes que desexo a recupración túa como si fose eu o que a sufre.
De consellos sobre saude todos temos unha chea..../ o meu : vente por aquí, vamos o TALASO, E MAL NON CHE A IR.
Unha forte aperta:Trebolle
Que lle sirva o descanso vacacional para recuperarse.
Seguro que non é nada.
Saúde e patria, dicía o outro.
O Barón do Recatelo non para de conspirar. Non lle bastou o doutro día.
Dende lonxanas terras deséxolle unha pronta recuperación. Moita paciencia e remedios caseiros, que ás veces funcionan de marabilla.
Eu tiña unha dor muscular nas costas, non moi aguda pero molesta e intermitente. O mesmo que no brazo dereito. Estar todos estes días sen achegarme a un ordenata escribindo ou tecleando foi man de santo. Hoxe, entre pitos e frautas, xa estiven sentado unhas tres horas... e xa noto unha lixeira molestia nas costas.
Un saúdo para todos e todas.
Conte por onde anda e deanos moita envexa. Oín que estaba na casa de Bertín Osborne.
Na de Caballero Bonald, para sermos máis exactos.
Eu derramei dúas veces o brazo e man esquerdos.
Unha vez por coller unha caixa de cervexas en mala postura e erguela revirándoa para pór por riba de non sei qué. "Codo de tenista", dixo o tipo. Su puta madre. Acabou pasando con correntes etc.
A outra vez foi sen ningunha causa coñecida. Un día deixou de funcionar a man e o brazo. Eu dicíalle "Brazo levántate" e o brazo non me facía caso por riba da cabeza. "Brazo estírate" e nin caso. "Mau, ábrete", e a man parecía xorda. Collín medo. Fun ao médico e faloume de "neuralxia de nonseique". Deume vitamimnas e mandoume a paseo. Iso di, díxome:Pódeche pasar en dous días ou durar toda a vida. Enganouse. Pasoume ao cabo dos quince.
Está ben isto de pórse no camiño. Eu recoméndolle media botella de catro rosas vía oral. Efecto relaxante muscular e omnubilador da consciencia. Cando desperte, ha ter de primeira preocupación a dor de cabeza. Así se engana a cousa.
Agora en serio. Non che ha ser nada grave. Un coñazo máis dos que pasamos de 25. A maquinaria, vaise enfurruxando.
son nirvios solo nirvios
Marcos, xa sabes: agora, mar e descanso; desque pase, exercicio. Unha aperta.
Apicultor, non sei se coñece o jerez de almacenista; probablemente sexa moi difícil de conseguir (ademais de carísimo), pero se dá, conte. Outra aperta.
Graciñas a todos/as e tamén a outras persoas que chamaron por tf. ou mandaron correos privados. O consello de XMG parece bo e seguireino obediente dende o 1 de agosto. Todo irá volvendo ó rego, ata os nervios e músculos, seguro.
Que todo vaia ben e se mellore, amigo Valcárcel. Agardo que o descanso estival sexa man de santo neste caso e que os problemas musculares remitan. Unha aperta.
Paciencia e confianza, Marcos. Seguro que non é nada e pronto pasa.
A se recuperar, amigo Valcárcel. Seguro que despois do verao está perfectamente, con mais mao esquerda que nunca. Deixe o tecoleo de manter por unhas semanas "se callar" e desconecte canto poida.
MS
Don Julio, viñen expresamente ao cíber da parte alta da vila, o que está na estrada que leva a Roimelo, por ver de desfacer o "entuerto" ao que a sua impericia detectivesca e a dos outros tres membros da Xunta Directiva ("membras" non creo que haxa, que niso o blog é moi estrito) me condenaron irremisiblemente e, o que son as cousas, dei coa proba definitiva, coa peza que lle falta para completar o puzzle do malentendido no que vostede mesmo se "enlabirintou": O Anónimo anterior, o do mié jul 30, 10:30:oo AM, que non son eu, evidentemente, e como vostede ben sabe, asina MS. Que, ve como eu non son MS? Asegureillo antonte e vostede, incrédulo que é e cheo de dúvidas como anda, non acabou de crerme. Pois agora tócalle apandar coa verdade verdadeira e recoñecer que eu non minto nunca (jeje). E xa pode ir convocando aos tres membros da Directiva para teren outra xuntanza "gastroanónima" no Pazo do Canedo ou onde mellor lles pareza co fin de limpar o bon nome deste foreiro exemplar de tanta ignominia e difamación como lle botaron enriba. Don Julio, espero que a primeira mensaxe que se publique no blog á volta do verao sexa o de O DESAGRAVIO DO CANEDO.
E vostede, Don Marcos, aproveite agosto para recuperarse, que isto non fixo mais que comezar. Estou preparando unha auténtica Lexión de Anónimos selvaxes, destemidos, asañados, violentos, despiedados, que xa verá vostede a que lle espera para o curso blogueiro que ven. Vaille facer falta moita paciencia apicultora para aturar a acometida que lle teño preparada. Recupérese, recupérese completamente, que vai precisar moi boa saúde.
E non boto unha gargallada estrondosa, porque a ten en exclusiva Don Julio.
Caro Anónimo: Eu non me ensarillei en directiva secreta ninguha; ensarilláronme, xúrollo pola memoria da miña avoa de Lobeira!!!
Ben, recoñezo que houbo certos "movementos" por parte dalgún membro da presidencia das Uvas para desenmascarar o chamado axente subversivo (listo e escorregadizo) MS, Marcel Swann, etc, que eu confundín con outra persoa, que defendín, por ser veciño de Allariz e residente alén del Padornelo.
Por favor, agora síntome culpado por non ser o banquete de Canedo (acto máis importante do galeguismo despois do banquete de Conxo) por non ser, digo, máis aberto a tod@s oa participantes no foro.
Mais repito, cando me decatei, estaba na sobremesa, cos copiños de licor d'herbas.
Soy inocente, lo juro...
A próxima xuntanza, en Lugo, como di o barón de Recatelo (aka. sr. Delapierre, ou en Allariz). Comprendan, desculpen, perdoen, disimulen, a primeira xuntanza era ben delicada...
jeje
Pídolles desculpas no nome do restaurante Pazo de Canedo pola inaceptable intromisión na intimidade dos nosos clientes, completamente allea á dirección desta empresa. O cociñeiro e mailo camareiro (con ínfulas de metre) foron expulsados de forma fulminante do traballo por seren descubertos como axentes dobles (polo de agora: pode que sexan triples) da CIA. Netos ambos, por parte de nai, de Lee H. Oswald, Osvaldo e Bruslí chegaran hai dúas semáns a Ourense, recomendados por un tal Black Wolf, unha persoa que ven comer costeleta de boi todos os sábados. Non sospeitabamos nada porque un bordaba o solombo á grella (o sirloin do carallo) e o outro poñía un acento de Miami que engaiolaba aos clientes que non pedían primeiro prato e ás clientas en xeral. Pero ao descubrirmos por internete que facían labores de espionaxe (Operación Campillo), decidimos botalos á rúa non sen antes avisarmos ás autoridades da situación. Reiteramos a nosa desculpa por se os devanditos suxeitos puideran causar serias molestias nas súas averiguacións. E estamos dispostos a paliar en algo o agravio cunha cea gratuita de ensalada pazo e bacallau na púcara, bebida, postre e café a parte.
Boas tardes e boa siesta.
Amigo Valcárcel: onde é que vai pasar as máis que merecidas obrigatorias vacances?
POis amigo ARume, en principio, quince días en Muros en plan relax total. Despois, xa veremos como vai o brazo, porque terei que seguir coa rehabilitación. Serán vacacións moi tranquilas, agardo, e con pouco automóbil.
Publicar un comentario