31 jul 2008


Preguiza.
Pan por pan xoves 31 xullo. Imaxe: Paul Lafargue.

Releo un libro curioso. Que empeza así: “Unha estraña paixón invade ás clases obreiras dos países nos que reina a civilización capitalista; unha paixón que na sociedade moderna ten por consecuencia as miserias individuais e sociais que dende hai dous séculos torturan á triste Humanidade. Esa paixón é o amor ó traballo, o furibundo frenesí do traballo, levado ata o esgotamento das forzas vitais do individuo e a súa proxenitura. En vez de reaccionar contra esta aberración mental, os curas, os economistas e os moralistas sacrosantificaron o traballo. Na sociedade capitalista, o traballo é a causa de toda dexeneración intelectual”. Teses radicais e discutibles de Paul Lafargue. Pero é certo que grandes civilizacións como a Grecia de Fidias, Aristófanes e Aristóteles desprezaban o traballo: iso era só para os escravos. Pensarei nisto, exercendo o meu Dereito á Preguiza: ata setembro.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

En galego, por favor
ou nin caso.

Anónimo dijo...

Hai quen di que todo é traballo. Como for, boa navegación e ata setembro.

Roi Buligan dijo...

eu tamén faría filosofía e pensamento exquisito cun esclavo asignado (ou ao mellor non) pero ten razón Xosé ata o pracer dá traballo...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Bicos para todo o mundo. Ata setembro.