23 sept 2008

Animaliños urbanos, de
Afonso Vázquez-Monxardín (La Región, 23-09-2008)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Fai anos, nunha calurosa noitiñade vrao, estábamos todos os veciños da rúa nos balcós, falando unhos cós outros. De repente aparecéu unha enorme rata de alcantarilla, que tamén debía de ter calor, paseando polo medio e medio da beirarrúa. Empezaron os comentarios, dun balcón a outro: "Vaia bicho","É coma un coello", etc. Un dos veciños acabóu apostando a que era quen de baixar á rúa e matala cun pau. Os outros, ríanse dil ." Sí, home sí, vala pillar polo carallo!", "Aí vai o valiente!", etc. Ao final baixóu, cun pantalon corto, unha chanclas e un pau. Perseguíuna por entre os coches, entre as risas de todos. A rata escondíaselle,ou aparecíalle por detrás ,de xeito cómico . "Estase rindo de tí!", etc. Xogaron "ao gato e o rato" un bó anaco. Naquelo, mandóulle o pau, con tan boa puntería que a rata quedóu tumbada no chan. Aplaudiron os veciños ,el saludaba como un torero. A rata erguéuse outra vez e desaparecéu por un burato na parede.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aquí vai a ilustración musical: Rata de dos patas.
Obsérvese o público entregado completamente a Paquita la del Barrio.

Anónimo dijo...

No vrau do ano pasado fuxironme da horta de Pena Vixía en pleno casco hitórico de Ourense as miñas "Morgana" e "Xenebra", cadelas de Castro Laboreiro. Andei dous días buscando nelas pois non coñecían a cidade e eran perigosas para o tráfico. Dei parte a policía local. Localizáronmas merced as cámaras de espionaxe colocadas "nas redondas" estratéxicas. Avisábanme por o móvil dos seus movementos na "redonda" de Nosa Señora da Saínza e do seu desplazamento para a finca adxacente, esa coa que especularon Baltar e Flager.

A Morgana aínda tardei un día máis en pillala pero descubrín unha fauna extraordinária digna de inmortalizarse nun filme.

Tirábame ata 16 horas na rúa na súa procura, preguntando. E as millores informadoras resultaron ser a fauna de mulleres alimentadoras de ghatos. De extrañas e aguzadas sensibilidades. Moi receptivas a todo a que for animalicie. Falei moito con un par delas, unhas que operan nesa finca e trás do hospital. Teñen todas percorridos, clientes e horarios. Son impresionantes, pero non sei que clas de dramas ou inadaptacións poden albergar. Algunhas gastan os cartos que non teñen, de misérrimas pensións en medicinas e veterinarios. Detrás do hospital onde me foron informando dos movementos da miña cadela encontrei unhes hortos vizosísimos, cheos de vexetación con pozos que parecían as albercas esas de Yemen cheas de moruxas e algas. É impresionante a cantidade de vida e militancia da que non nos decatamos. Aghora lembro que teño que facerlles unha visita, falar con elas, e tentar cecais rexistrar os seus testimonios.

No casco histórico operan outras, sóias ou en comandita. Eiquí extraviouseme un ghato siamés con colar e de vez en cando avistábano e informábanme. As once da noite, onte vímolo su da ventana de tal casa, érao, tiña o colar verde....

Hai quen as critica por estar a alimentar "colateralmente" ás ratas. Eu non sei.
Pero cando saíu a ordenanza lembreime delas. Silenciosas, humildes....portadoras cecais de grandes dores e soedades só mitigadas na atención ós máis abandonados, e pensei que si se asociaran serían unha forza política. Alégrome de que escomenzaran a protestar.

Propoño outra asociación,( ou sublevación), ademáis das que levo proposto. Para "subvertir" o órden establecido.
Cando faghamos unha federación con toda-las asociacións que levo proposto "tomaremos el ayuntamiento".

Esto de: "vamos tomar el ayuntamiento" oínllo eu a un do pp, ese que foi diputado e pasou a dirixir o Ourense, O Muñoz, antes de la era Cabezas. Manda carallo se non tomaron.

Aghora tócanos a nós, ós hipersensibles asociados. Tecer unha rede social.........

Non vos riades, eu estou sempre à sèrio. Anque non o pareza.

Anónimo dijo...

Parece que hai homes que lle agradecen, a Paquita la del Barrio, os sentimentos que consigue despertarlles coas cancións esas "machacantes".

Anónimo dijo...

Gracias, Arume, por esa lembranza da inesquecible Paquita La Del Barrio: como Ella Fitzgerald en castelán, é esa muller, misturada cun algo de Amalia Rodrigues.

Anónimo dijo...

Sr Monxardín. Radio Macuto informa que ,posiblemente mañá, no xornal no que vostede escribe, lle den réplica a este seu artigo en cartas ao director. Non sei se a fonte é de fiar, pero dígollo pra que se prepare.

Anónimo dijo...

Amigo Monxardín:
Este seu artigo molestóulle moito ao promotor de esa coordenadora que prentende defender ós animáis urbanos dos efectos das novas ordenanzas. Ese señor salirá mañá criticándoo a vostede, entre outros, nunha TV local de Ourense.

Unha persoa defendéuno a vostede, fora de cámara, argumentando que no seu artigo non parecía haber ataque ningún contra esa asociación.A que lle caéu a esa persoa!. De ignorante pra arriba.

Anónimo dijo...

Qué lle decía, MOnxardín!. Imaxino que leería a carta ao director na Rexión de hoxe.
Se lle serve de consolo, saiba que o individuo tamén se cabreóu con quen lle "deu cancha" nun programa de Tv local, decindo que non lle deixóu decir todo o que quería, e que trataba de ridiculizalo. Hainos paranoicos.

Anónimo dijo...

Guau, como o tomou o home!
E non era para tanto.
Non vou poder nin botar as nécoras vivas a cocer, nin limón ás ostras...
Non me lles teño por destripagatos nin matacáns, pero en fin, se nalgo faltei, que desculpen.

Anónimo dijo...

Eu nunco pensei que "Mitoñito" estivese tan maliño.

Eu xa o vira insolente, insultante, procaz, inmaduro, provocón, faltón, con unha inmadurez emocional tremeda, pero pensaba que me pillara a mín despistado. Aghora vexo que como dí Dacova, é contra o mundo. Pode que teña algho de paranoia.

De todos xeitos se non fosen as formas, habería que estar atentos os contidos, eu son receptivo a ese tipo de "sensibilidades", con prudencia.

Anónimo dijo...

A súa nai é o paradigma das alimentadoras de ghatos, pombas e recolle cans.

Foi abandonada xunto co neno nos "lejanos" anos 60, cando ninghuén o facía, a sociedade era moi pecha. E a probe púxose a arrabañar metáforas, "cans abandonados".

A Franco pasoulle parecido, e en lugar de recoller pobres cans esfameados e abandonados, púxose a redimir á nación, "á nai", e a recluir, "depurar", fusilar a todos os desalmados e malvados "maltratadores do seu concepto de patria-nai".

Joder , que o sabe todo ourense, esto é pequeno. Ke lhe kere?. Se daquela se fixera unha adaptación curricular, e fósemos máis solidarios hoxe non teríamos tanta rixidez.

Anónimo dijo...

Moscas e cañonazos.
Gustaríame responder desde este espazo, outro non é procente, á que creo esaxerada carta que o Sr. Estévez Prieto publicou o día 1 de outubro en La Región e na que mencionaba un artigo meu sobre os animais urbanos. E digo esaxerada porque non encontro paralelismo entre a miña persoa e o italiano pouco tolerante que denunciou a María Zambrano en 1963 por ter na casa do Lingotevere Flamino vinte e cinco gatos. Por certo que na súa marcha a Suíza, -coa irmá e trece gatos- algo tiveron que ver os seus primos ben situados que lle ofrecían alá unha vida mellor, nunha casa no cantón do Jura.
Pero ese non é o tema. De fútbol, ten razón, non sei absolutamente nada, e o certo é que me dá igual. Gustaríame máis desde logo saber resolver ecuacións diferenciais, pero nese campo teño problemas incluso coa táboa do oito. O de papanatas non o acabo de ver, como o de “sujeto pasivo” de facenda. Desde logo que non me teño por un paspán, pero, obviamente, a miña opinón é interesada.
Con respecto do reino animal, son un perigoso tipo do común. Só de pensar en ir a unha corrida de touros arrepíaseme o corpo, paréceme tan salvaxada como o de tirar cabras desde os campanarios, e xéaseme o sangue ao ver o que lle fan aos cans de caza que non valen; moléstanme que as pombas me tiren o vaso cando me sento nunha terraza, incórdianme os cans que me ladran indo de paseo polo campo sen lles eu ter dito ou feito nada, danme algo de grima as ostras cando se encollen, gozo da carne ao caldeiro e non me considero un “fascista” nin mala xente por botar as nécoras vivas na pota.
Abríronseme, si, as carnes ao ver os nenos da rúa no Brasil e nas villas miseria de Buenos Aires. E desde aquelas vexo solidario cos seus ollos de fame os estantes de comida burguesa para cans e gatos nos supermercados. Perdoen se nalgo lles faltei. Non quería ser desconsiderado. Por suposto que os respecto. Pero non lles é para tanto.