A cesárea da vaca e Rafa Nadal,
de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 20-9-08)
Eu sonlles deses que ven primeiro as noticias da TVG e despois as da TVE. Así, sen prestarlle demasiada atención, fíxome máis na segunda volta nas cousas do mundo e na TVG nas de por aquí. E o certo é que estou pensado en apagar a televisión para sempre e pasarme á radio. Claro que non serei capaz de facelo e ademais como non estou afeito e non sei onde colocar o dial pódeme entrar pola orella unha cobra ou un sapo calquera.Pero é que hoxe -onte cando lean isto- estaba para deixalo. Despois de chegar canso do traballo ao medio día e servirme no prato a gornición de verdura do polo, ergo a vista e vexo na TVG o indicible. Nin máis nin menos que unha noticia sobre a evolución das cesáreas das vacas. Aí lle ronca. E para máis, ilustrada cunhas imaxes tremendas, ou sexa nas que tremía a vaca e que me facían tremer a min. Un veterinario -un deses 1.200 de garda que seica hai xa- turraba dun tenreiro que non daba nacido a través dunha fenda feita no lombo da parte de babor -ou de estribor non sei ben- da vaca. Puagh. Unha orxía de sangue, líquidos e humores, pouco compatibles coas verduras e polo que tiña no prato. ¿Pero onde vai o sentido común?, o ‘sentidiño’ de que falaba o noso ex presidente Albor. (...)
P.S.: con este creo que son 76 os artigos de Monxardín etiquetados no blog (os primeiros meses non había etiquetas). Unha boa escolma do seu fascinante estilo.
5 comentarios:
Moi bo, con ese estilo tan seu. Xa teño dito aquí outras veces que o Monxardín posúe unha visión narrativa da vida, como tamén tiña o Carlos Casares.
Estalle ben, por mirar a TV en canto come. Cando se come, cómese. E non é unha tautoloxía.
Eu asitín nunha ocasión a un parto dunha vaca e nunca o esquecerei. Estaba na miña escola rural, en Quíns, en plena clase de matemáticas cando petan na porta de forma súbita e insistente. Salgo e encóntrome cunha veciña chorando e pedíndome que acuda urx´netemente a axudar nun parto da súa vaca porque o becerro ven atravesado e naquel intre non hai ningún outro home na aldea. Deixo os nenos e nenas sós e alá vou. O espectéculo non era moito máis aséptico que o que describe Monxardín: o veterinario, un vello e a muller turrando do becerro que non quería sair. Eu tiven tamén que agarrame a unha corda que lle tiñan presa nas patas e axudar... pero o animal naceu morto.
Mais o que realmente me impresinou foron os berros e os lamentos da dona. Talmente parecía o dó por un defunto. Acordeime entón dalgúns textos e debuxos de Castelao nos que reivindica o valor da vaca na cultura rural galega e así os comentamos na escola ó regresar.
Xabimusic
Sabe Deus cantas deudas tería apuntadas a mulleriña na libreta da tienda do lugar. Sabe Deus qué expectativas tiña postas na venta do becerro.
Aiquí teñen a foto dun becerro, parindo:PREMER.
Non se enfaden, ho. Non se lles pode facer unha broma.
Publicar un comentario