en poleiro alleo
Enterrar de vez os mortos, de Helena Villar Janeiro (ECG 12-9-08)
Tras do accidente de Barajas, aconteceu algo parecido á dor de milleiros de persoas que perderon seres queridos en circunstancias tráxicas e non os deron recuperado. Mutatis mutandis, a todos nos conmocionaron as palabras do portavoz que agardaba a identificación dunha familia: "Temos que nos alegrar de que nos entreguen un morto". Daquela a pescuda estaba moi próxima no tempo e os afectados moi cerca do corazón de todos, e foi doado entender o significado paradoxal da frase. Fixéronse esforzos para lograr as identificacións e aqueles restos permanecerán enterrados onde decidiron os seus, que poderán visitalos e levarlles flores cando o desexen. Por iso a devolución dos restos dun cadáver produce alegría no medio do desconsolo. (...)
O artigo completo
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
1 comentario:
Alguén, lin en varios medios, relataba como se encontrou cun rapaz entre os escombros fumegantes e cadáberes que lle preguntaba:
"Cando remata a película?"
Película, que cobre tan finamente a vida que cando rompe non soportamos o horror e incapaces de dar sentido, pedimos ficción.
Con amor, con moita axuda, este rapaz poderá relatarse co tempo o acontecido, "como" unha película, que o marcou para toda a súa realidade.
Publicar un comentario