9 sept 2008

Os xirasoles cegos (Andoliña martes 9 set.)

Hai escenas da famosa película de José Luis Cuerda que provocan o riso en moitos espectadores: por exemplo, eses diálogos tan peculiares entre os cregos da historia ou de Miguel de Lira, tamén de sotana, dirixindo o izado da bandeira e os nenos cantando o Cara al sol antes de entrar na escola. Nunha película dura, dramática, de temática moi triste, agradécense esas pausas. E eses risos merecen que nos felicitemos todos: por sorte, o público de hoxe xa non sabe responder máis que co riso ás absurdas situacións e opinións que eran obrigadas nos tempos do nacional-catolicismo. Imos avanzando.
"Los girasoles ciegos", o espléndido libro de relatos de Alberto Méndez, empeza onde remataba A lingua das bolboretas. En concreto, continúa dalgún xeito a escena final da historia de Rivas, cando o neno corre detrás do camión dos presos, detido o seu mestre republicano, insultándoos e botándolles pedras. Velaí a educación no odio que marcou o réxime franquista. Agora Cuerda sinala co dedo os axentes educadores dese odio durante décadas. E, si, de certo as cousas foron así: saen nesta película moitas sotanas e moitos uniformes.

43 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Interesante esta anotación, que parece contradicir o que sostiña Javier Rioyo no seu artigo do domingo e que ten que ver cos problemas da recepción. Transcribo un párrafo relativo á resposta do público en Ourense:

"Esa turba, en compañía de curas que enseñaban el canto de los himnos, los nuevos amaneceres, de las escuadras vencedoras, aparece en la película al lado de los derrotados, escondidos, perseguidos y muertos. No es complaciente. No es de risa, aunque, para sorpresa del director y de otros que estuvimos en el estreno en Orense, parte del público se reía con los excesos patrióticos de los curas. Parece un chiste, un esperpento, es una tragedia basada en hechos reales. La verdad de las mentiras del cine, de la literatura.

Anónimo dijo...

Ou séase, que "por sorte", o público de hoxe sonrie diante das esceas, supoño que anacrónicas, dos curas e o fervor patriótico dos himnos. E craro, ésto pasou en Augas Quentes, na estrea, cativiños, quén-os mandaría aquí con todo o seu glamour e marketing?. Non vos déstes conta que áta os sorrisos do público estaban planeados? Déste mundo o amigo Cuerda sabe un rato, coñece ben a terra que pisa, a saber, descobriu que aquí, a falta doutros méritos cohabitan traidores, cobardes, hipócritas, bandidos e pelotas, e ese, non se esquezan, era o público que necesitaba para que todo saira "fetén". Noraboa por seren tan felices

Marcos Valcárcel López dijo...

Arxides:
observo en vostede un nidio resentemento non sei se contra Cuerda, contra min ou contra todos os ourensáns. Estado de ánimo perigoso, en calquera caso. Viu vostede a película? Opine e non se deixe levar polos seus demos persoais...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Hai pouco, nunha interesante charla en Vigo, o profesor Villanueva comentaba que fora ver en Madrid a representación de Historia de una escalera. Tocoulle, como é bastante habitual, compartir butaca cun grupo de mozos que asistían ao teatro. A sorpresa foi atopar que os alumnos (ao parecer procedían dalgún instituto) rían a cada momento (mesmo con gargalladas) co drama de Buero Vallejo. Fin do xénero da traxedia, influencias da televisón (o reflexo de Aquí no hay quien viva), desmemoria histórica foron, entre outras, as explicacións para tal desconcerto. O palpable é que a reacción do público (masivo) diante dun drama ou dunha traxedia parece mudar nestes tempos que corren.
Lembren vostedes aquela famosa escea da violación en Kika de Almodóvar que no cine era obxecto (para moitos escandaloso) de cachondeo.

Anónimo dijo...

Eu penso que a xente xa está un pouco farta das típicas historias sobre Guerra Civil, cos bos moi bos e os malos moi malos, malismos. A xente nova que le esas novelas e ve esas películas débelles de entrar a risa vendo esas historias de curas represores da moral, as beatas e o ruxe-ruxe das vilas pequenas. O mundo vai por outro lado. Por exemplo: aí teñen á marchosa parella do fulano que agrediu ao profesor Jesús Neira, concedendo entrevistas en plan "feminista" a tuti-cuanti e disposta a amosarnos os seus encantos nunha publicación.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

No caso da película de Cuerda, os cregos, os militares e os falanxistas tenden a unha perigosa caricatura. De certo, houbo persoas desa infamia (ou aínda máis crueis), pero estes que aparecen na película conteñen en pouco espazo todas as miserias, suliñadas con trazo groso. Non sei canta man puxo Azcona nos diálogos, por exemplo, pero foise ao grotesco (sobre todo, aqueles cargados de retórica teolóxico-moral) en moitos pasaxes. Non ten problema o debuxo caricaturizado en sí mesmo, pero se pretendes facer traxedia eses toques poden alterar os efectos buscados.
Habería que preguntarlle a Alonso Montero, que estaba onte no cine, que lle pareceu.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

OLLO: Este comentario do IMDB é para xente que xa a viu.

Aquí faise notar que ninguén no pase previo para a prensa chorou.

"This movie is based in a very famous book published in Spain with the same title. The book is really hard and very moving. I know many people who has cried reading it, and that's really complicated. The film, on the contrary, leaves apart the hardest chapters of the books and they only appeared at a tangential way. So, the story focused on the problems of a priest-soldier and practically the whole 100 minutes are about this boring character and his boring conversations. I'm really sorry about the result, because there were many great expectations about this movie in Spain. Everything is bad in the movie and reminds all the worst of Spanish Cinema. For instance, the scene when the hidden father jumped through the window to suicide is absolutely surrealistic with the boy (it is supposed he is clever) asking his mother why is she crying. "'Cause your father has killed himself! Didn't you notice?" The mother should have answered that to the boy to make the scene even more surrealistic, or just to turn it directly into a comedy. A missed opportunity to create a great movie with a great story. Just for the record, none, absolutely no one wept at the crowded press preview, not even a singe teardrop.

Anónimo dijo...

Home, Arume, non sabía eu que Alonso Montero é, tamén, crítico de cine.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pois non vexo eu por que non? Tampouco é tan difícil. Digo eu. ;)

Anónimo dijo...

Teño a lixeira sensación de que o que vostede denomina "caricatura" foi do agrado de XAM. :-)

Anónimo dijo...

Arume, poda que non vaia descamiñado no caso dos persoaxes hipercaricaturizados, por outra banda sino de identidade de Rafael Azcona, pero ésto non autoriza nin sequer pode suxerir comportamentos coma os que se apreciaron na estrea por parte do público asistente. De todolos xeitos atopo o guión do gran Azcona moi superior á novela, cousa que xa me pasara coa "Lingoa das bolboretas"
D. Marcos, non sei onde advirte vostede algún ánimo contra Cuerda, contra vostede ou contra alguén, somentes digo que non penso coma vostede e outros habituais solaineiros, ora ben, dígame se é pecado e prometo facerme dócil se así o desexa

Anónimo dijo...

Pra botar máis leña ao lume, traduzo ao galego o artigo en inglés enlazado por Arume dos Piñeiros:


A película está baseada nun libro moi famoso, publicado en España có mesmo título. O libro é verdadeiramente duro e moi emocionante. Coñezo moita xente que choróu con él, i eso é realmente complicado. A película, polo contrario, deixa de lado os capítulos máis duros do libro, i estos aparecen só dun xeito tangencial. Así, a historia céntrase nos problemas dun soldado cura, é prácticamente os 100 minutos tratan do seu aburrido carácter e a suas aburridas conversacións. Sinto verdadeiramente o resultado, porque a película levantara expectación en España. Todo é malo na película, e fainos lembrar o peor do cinema español. Por ejemplo, a escea onde o pai escondido salta pola ventá para suicidarse, é absolutamente surrealista có rapá (que se supón que é listo), preguntándolle á mai por qué chora. “Porque o teu pai matóuse, non te das conta?” . A mae podería ter respondido eso para facer a escea aínda máis surrelista, ou convertila directamente nunha comedia. Unha oportunidade perdida de facer unha gran película cunha gran historia. Sólo como anécdota pra lembrar, ninguén, absolutamente ninguén ,choróu no a pase prá prensa, acugulo de xente. Nin unha soa bágoa.

(Cómo está o panorama. Eu aínda non a vin).

Anónimo dijo...

¿O guión de Azcona mellor que o conto de Rivas?...Desacordo total.
¿Os críticos? Eses que nos venderon como obras mestras os "ladrillazos" da nouvelle vague, (veño de intentar ver o Mariembad despois de moitos anos..uff)e chamaban artesans a Ford e Hitchcok?...vaites, vaites...

Anónimo dijo...

Eu tamén rín coa miña muller.

Cecais porque non íamos en plan de ver drama e sí de ver Ourense e ós figurantes.
E ríamonos do que fomos, ou do que nos libramos, ou ríamos de vernos ceibes daquelo.

As xeneracións futuras han de rirse de nós, da nosa inmadurez emocional ( eu xa podo imaxinar ese futuro), das historias patéticas de afecto-amor que nos montamos, da cativez política actual ( unha sumisión e miseria espantosa). Prolongación daquela miseria. Non o dubidedes, as xeneracións futuras han de rirse de nós como eu me rín da linguaxe e retórica de eses curas e fascistas. Se todo decorre ben, habemos de velo, faltan trinta anos.

E sigo insistindo . Eu encontrei que a gherra civil e sociedade posterior eran o soporte, a ambientación, o decorado, da outra historia que daba para tirar máis dela. Bergman faría unha película só con esa historia, por outra parte moi frecuente entre os humanes.
O que lle sucedeu a Salvador sucédelle a calquera en calquer contexto.

Anónimo dijo...

¡Protesto!.

Como fighurante invitáronme ó estreno. Non puidemos ir porque estabamos de viaxe. Mellor, senon monto en cólera, saco o rexistro anarquista e ó mellor chámolle a atención a todos os putos socialistas dos que se rodea Cuerda, él inclusive.

Por outros fighurantes que acudiron,vin a saber que os meteron por outro conducto e os reduciron-recluiron noutras dúas saliñas separadas da "inteligentzia" ou elite.

Na sala ghrade estaban eles, os escolleitos, Patchi? e como el moi ben pelotea "Emilio Pérez Touriño, o noso líder", Maribel e todos os demáis.....

A mín eso fédeme, pensaba que xa éramos máis sociais, que cabíamos todos na mesma sala, anque o noso líder "Emilio Pérez Touriño" se sentara na primeira fila e nós nas últimas. Paréceme fatal. Esa seghreghación racial, perdón de clase.

Por favor que alguén me indique se sobraron prazas na sala ghrande.

Socialistas del pipí.

Anónimo dijo...

Penso que se Cuerda destaca en algho é na propaganda.

Coñezo alghún profesional que non foi ver "a língua das bolboretas" de tanto que oira falar dela. Moi intelixente.

Anónimo dijo...

Tiña o presentimento, por ter lido o libro, que na língua das bolboretas me ían coller para montarme no camión de republicanos que van claudiar.

Non tal. Colléronme para fascista.
Non se me ve, é de noite o día que sacamos ós republicanos das casas. O que máis me alucinou é que por primeira vez me decato de que somos civiles que vamos matar a outros civiles. Eu vou de uniforme azul, bighote e mosquetón de asalto, e conmigo ven un carniceiro con unha escopeta de caza. En principio cidadáns normais ata fai dous días. Levabamos forcexeando a un probe carpinteiro atado de maus. Decateime nese momento que os falanxisntas eran "paramilitares" como eses qeu operan en américa latina.

A anécdota máis suculenta é que unha famosísima persoa de Allariz, sexo femia, con gran predicamento na sociedade Madrileña de Franco nos dí a turba de fascistas : "unha camisa azul, depués de tanto tiempo, venid que os invito a merendar....os voy a presentar a mí marido, que contento se va a poner".
- "Señora, a mín tocoume facer desto de casualidade...


O noso Quin, o noso vicepresidente, partíase de risa, ó ver a miña pinta, co bighotiño que cultivei durante un mes. "Mira este, mira este"...
O Quin saber rir, sabe, sabe.

Anónimo dijo...

Teño por principio non ver cine español, algo que fai moita xente, por varios motivos: 1) non me interesa o cine subvencionado cos meus cartos e repartido entre os mesmos para enriquecer aos de sempre; 2) non me interesan esas historias maniqueas de bos e malos. Levan rodado a mesma película desde 1975. Son sempre as mesmas historias de nenos burgueses do mal que o pasaron educados polos curas. Nunca contan a vida dos que pasaron fame e tiveron que emigrar (a maioría) porque iso debe de ser pouco literario; 3) Aínda teño moito cine clásico (francés, americano, español, italiano...) que ver; 4) Ten graza ver ao presidente galego dándolle a benzón a unha película española, a non ser que sexa un intento de atraer as produtoras para que filmen en Galiza, para que poidan poñer nos títulos de crédito "Paisajes rodados en O(u)rense y La Cañiza"

Anónimo dijo...

O anónimo anterior non ten principios. Ten un "principio". E con el vai vivindo.

Tampouco vota a ningún partido, porque tamén son "subvencionados cos meus [seus] cartos e repartido entre os mesmos para enriquecer aos de sempre". E tampouco está afiliado a ningún sindicato polo mesmo principio. Tampouco le ningunha prensa, porque tamén está subvencionada cos seus cartos. Nin nada de literatura galega ou libros en galego, porque as editoriais están igualmente subvencionadas. Comer si que come, pero moi pouco (contradecindo o seu principio), porque a agricultura recibe subvencións, que proceden dos seus cartiños. Está en contra da vivenda de promoción pública, porque é subvencionada. Igualmente non merca no pequeno comercio nin produtos das pequenas empresas porque reciben subvencións. Rexeita que a sociedade civil teña asociacións culturais, de veciños, empresariais, de minusválidos, etc., que tamén levan subvencións. Todo o que recibe subvencións apéstalle e recházao.

De todo isto dedúcese que o anónimo é un auténtico e verdadeiro neoliberal, un fervoroso partidario do libre mercado e do estado mínimo, e que o seu ideal é Andorra, onde non se pagan impostos. Este home non ten principios, pero si un "principio". Inamovible.

Anónimo dijo...

Simpatizo có fondo do que di o Anónimo. SObre todo no de "levan facendo a mesma película desde 1975".

E a mín danme noxo moitas das asociaciós culturáis e de veciños que coñezo, Lóxico Aplastado. Si me quere chamar neoliberal, chámemo. Moléstame menos que o de "facha".

Anónimo dijo...

Para Lóxico aplastado:

Eu de neo-liberal, nada de nada. Estou a favor de subvencionar a cultura (asociacións culturais, bibliotecas, museus, etc.). O que non estou disposto é a que me cobren dúas veces (en impostos e logo na entrada do cine) e retroalimentar o cinema español.

E agora que saca o tema, voulle comentar un par de cousiñas, agora que seica non estamos en crise (ZP dixo). Eu, subvención, non lle papo ningunha. Nin son "joven" nin pertenzo a un "colectivo de exclusión". Até hai uns días tiña un soldo de merda. Pois ben: agora teño menos da metade dese soldo de merda, xa non teño para comer, así que, como comprenderá, estou un pouquiño irritado. Non pido unha subvención nin recurrir a "trifásicos", como fixeron e fan moitos que, como viven do grande teto do Estado, pódense permitir pasarche polos fuciños a súa progresía.

Anónimo dijo...

XDC é ácrata, eu seino ben desde fai moito tempo.

Eu fun anarquista, pero xa non o son.

Porque eu era anarquista por estética, como D. Ramón era Carlista.

Anónimo dijo...

Aclaración: A última frase non se refería a vostede, xa que non o coñezo, pero recoméndolle que non xulgue aos demais tan axiña.

Anónimo dijo...

Eu estóu canso do cinema utilizado pra o adoctrinamento ideolóxico. Non vin a película de Cuerda, pero moitas das películas sobor da guerra civil promovidas pola esquerda (cultural) parécenme un "NODO" ao revés.

Anónimo dijo...

A miña intervención era unha peza de ironía, amigo Anónimo.

Laméntolle ben que teña eses problemas laborais. Mais non pode haber algunha outra posibilidade? Se ten vostede estudos superiores podería probar no funcionariado, que, comparativamente coas flutuacións no sector privado, aseguran a mantenta.

Para iso, como é natural, hai que pasar polo calvario e o esforzo de preparar unhas oposicións (e, probablemente, concorrir varias veces dada a gran competencia que hai). Mais é o que hai. Anímese.

Anónimo dijo...

XDC, sinto moito dicirllo pero vostede é un facha un pouco neoliberal.
Eu tamén.

Anónimo dijo...

1.- Eu penso que se pode ser de esquerdas, socialdemócrata, e non comungar con certas rodas de muíño.

2.- A guerra civil pode dar moito moito cinematográfico-literario (sobre todo se che dan unha subvención), pero alguén está a esquecer que foron os anos da postguerra os que terminaron de estragar este país. Hai pouco estiven a ver fotografías do que era Malpica nos anos 30. Vaian agora e vexan a desfeita que quedou. O franquismo ou nos malcriou, facéndonos aínda máis drogo-dependentes dun poder superior (agora, o Estado; antes, a Igrexa) ou nos deu unha patada e mandounos ás galeras de emigración. "Emigración"? Vaia, que pouco xogo cinematográifco-literario pode dar este feito histórico! Quen o diría, sobre todo tendo en conta que aquí todo quisque ten/tivo un parente espallado polo mundo.

3.- Relacionado co anterior: Galicia paréceme cada vez máis o país da chafallada. Hai que ver como se malgastan os cartos públicos. Están as rías contaminadas pero prestámoslle atención "mediática" á malpocada cociñeira que xa non poderá poñerlles vieira fresca aos señoritos de turno. Ítem, arden varias instalacións de empresas sen licenza en Vigo e o alcalde, que é quen ten que facer cumrpir as normas, e di que "no habrá ayudas a las empresas que no tengan licencia". E ducias máis de exemplos.

Anónimo dijo...

E falando dos efectos do franquismo na paisaxe/cultura galega, vexan estas bonitas estampas do que está a pasar no Courel:

http://es.youtube.com/watch?v=YKo1SQSoG_8

Pero tranquilos, que nos vai quedar unha "cidade" da "cultura" moi chula e xa podemos presumir de que un director español sacou unhas vistas do noso pobo. Iso si que é cultura!

Anónimo dijo...

Enlace directo do video comentado polo anónimo anterior:ANCARES.

Anónimo dijo...

En relación a parte do que argumenta o anónimo anterior, e se se me permite, quixera facer algúns breves e incompletos comentarios.

O de Galicia -como o de case todos os lugares - é un problema de botella. Explícome: hainos que tenden a vela medio baleira e hainos que tenden a vela medio chea. A botella (a realidade) é a mesma, pero a percepción varia.

Por exemplo, a aseveración "Galicia paréceme cada vez máis o país da chafallada. Hai que ver como se malgastan os cartos públicos", pode considerarse en parte correcta porque, en efecto, hai moita chafallada e malgasto. Agora ben, tamén se pode considerar o seguinte: hai hoxe máis ou menos chafallada e malgasto que, digamos, hai vinte ou trinta anos?

Galicia caracterizouse historicamente, entre outras cousas, por ser parsimoniosa nos seus cambios. Nunca houbo, coido, unha mutación profunda e rápida das cousas, senón lenta e demorada.

De todo isto se deriva, penso eu, a necesidade dunha perspectiva comparada, no tempo e no espazo, para aquilatar mellor a situación.

Atraso? Retraso?: En que e respecto a quen? Os cambios que están a suceder son superficiais e, polo tanto, futíles, ou, pola contra, marcan unha tendencia máis profunda?

É máis correcto un diagnóstico apocalíptico ou un diagnóstico intregado da realidade? Somos pasivos ou activos? Pesimistas ou optimistas?

Eu, francamente, non o teño claro. Depende do día. Mais comparemos, comparemos sempre, e se encontramos algo mellor, comprémolo. Tamén nos queda a alernativa de írmonos tomar unhas cañas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sen entrar en consideracións sobre as subvencións, quixera apuntar que no que respecta aos libros tamén pode haber dobres apoios: un á publicación e outro á adquisición de libros. A Xunta de Galicia axuda á publicación de moitos libros (mesmo publica por sí mesma) e despois axuda ás bilbiotecas (polas vías que queiramos) para que adquiran eses mesmos libros. E creo que sucede noutros campos da cultura e da industria. Hai subvencións á producción e outro á propia compra.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

¿A mesma película sobre a Guerra Civil?: ¿Esta?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

¿Ou esta?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

¿Ou esta?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

¿Ou esta?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aínda que esta última é do 73.

Anónimo dijo...

vou ver se me fago con Raza,(teño o día masoca), guión de Xaime de Andrade, e dicir, Franco, xa que seica non hai materiais filmicos modernos da guerra contada dende o outro lado e conviña que os houbese se queremos entender o que é unha guerra civil.Se atopo a xoia xa lles direi...

Anónimo dijo...

Si, si que hai bastantes materiais fílmicos dos dous bandos: documentais propagandísticos feitos durante a Guerra Civil, ben interesantes por certo.

Hai poucos anos proxectáranse pola TVE-2, con interesantes presentacións de Julián Casanova. E mesmo creo que se chegaran a comercializar nos quioscos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

De paso pode darlle unha ollada a algunha desta pelis: Guerra civil e Cinema.

Anónimo dijo...

Completísima lista, Arume. Caparrós é, en efecto, un dos historiadores do cine que máis sabe sobre o asunto durante a Guerra Civil.

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 7:53, o que perdeu o traballo.

Caro amigo: eu estiven nesa situación bastantes veces. Lembro unha delas cando o alcalde de Verín, alias "o Cabezón", me espeta: cala que ti es un dos que vamos depurar. Eu vin depuracións de dereitas e de esquerdas, casos tristísimos, e na iniciativa privada sufrín auténticos saqueos. Como se non fose nada. Acabei tremendo polas rúas de Ourense. Sobrevivín de puro milagro.A típica oposición ós 41 anos, de profe de idioma estranxeiro por terme criado fora como fillo de emigrante.Non foi abondo, pero foi fundamental.

Menos mal que algún rexistro teño feito e pido azos para darlle forma e que pase a historia da infamia e se rían de nós as xeneracións futuras.

Consellos. Xa nos anos 1992,93, e 94 viaxara a Canadá, provincia de Québec a buscar saídas. Acabo de retornar de Irlanda (mencionado no artigo deste blog sobre o atentado de omagh) e non descarte viaxar, compañeiro. Sonlle sociedades moi dinámicas, cosmopolitas, abertas, receptivas e en certo modo ricas. Xóvenes. Con futuro. As relación laborais son máis transparentes, sin sumisións nin humillacións. As pagas son semanais. Eu vin desaparecer moita xente un luns porque encontraran traballo noutro lugar, non por que os depuraran. Ninguén se agarra a táboa de salvación da administración "controlada" por o de turno, traballar na administración nesas sociedades é vocacional e non son as mellores opcións ante tanto dinamismo. En Eire encontreime con un Arxentino que foi de free-lance a traballar montando páxinas Web, unha Portuguesa de Figueira da Foz que ía co seu portátil a traballar nunha empresa de traduccións. Unha parella recén licenciada en enxeñería de camiños de Barcelona, os pais do rapaz eran de Pombeiro, Ferreira de Pantón, Lugo, acababan de vir de pasar o vrau alí ó pé do miño e coñecíamos xente en común. Brasileiros, chineses, moitos, moitos de Barcelona (de lecer, púxose na moda por mor de dúas películas unha delas: "once"). Un inxeñeiro informático español que traballaba nunha multinacional descifrando "aspectos" do ADN. Moito traballo na hostelería, o que eiquí nos fan os latino-americanos alí está en maus dun cosmopolitismo absoluto. Un camareiro cobra 1200 ouros máis unha porrada de propinas.


Agora non deberíamos chamarlle "emigración", anque en certa forma o é e hai que ter unha predisposición psicolóxica e fortaleza especial. Son oportunidades que nos brinda a sociedade actual coas súas fortalezas e debilidades. Viaxe 150 ouros en air lingus e pode ser menos.Duas horas e media de viaxe, se lle entra a morriña retorna deseghuida.

Ademáis eu sempre creín nas asociacións. Conectémonos e a "cabalgar, a cabalgar, hasta enterralos no mar....Ó cabezón chameille miserable e cousas máis fortes no Simeón en algún acto público, nun aparte...descargouse cangando a culpa noutros. Por exemple no probe Cástor Gago a quen coñecín de xefe de estructuras agrarias no goberno tripartito representando ó Psoe, pasou a ser número dous do pp en verín , acabou de conselleiro de agricultura, defenestrado por as vacas loucas e Baltar, aghora anda soliño como un can sen ninguén que lle faga a pelota. Eu nunca me rebaixei e perdín o traballo. Teño 48 anos e 13 cotizados a seguridade social, aínda non reclamei o ano que me debe o estado por ter feito a prestación social sustitutoria.

Engado: un actual director xeral do bloque ofreceume daquelas traballo "eterno" se me metía no bloque. Non me metín no bloque. "Porque lles montamos un cristo...", e tiñan capacidade para facelo, presión, forza, gherra....

Somos moitos, amigo, e faremos país, non o dubide eu non claudiquei...e teño obxetivos...

Cando sexamos velliños, haberá unha aldea ecolóxica e socialista, (como un phalansterio) para acollelo.Sexa cal for o seu suceso na vida. Faremos teatro, cantaremos ó pé do lume, contaremos contos, comeremos os nosos cultivos, e beberemos cervexa ou viño. Non haberá monxas que nos ergan as sete da mañá para rezar o rosario como fan as do "Fogar San Xosé".

Estaremos nas sexta xeneracións da viagra e seghuiremos furrulando, díghollo eu.

Non perda o contacto.

Aldea do futuro, aldea universal.

Lula Fortune dijo...

A min pareceume aburridísima sen máis, falta de ritmo, e cun casting, nalguns casos, pouco acertado (o penoso Martiño Rivas, o pouco expresivo Raúl Arévalo).
Tiña razón Sailor, cando me dixo que era mellor ver Wall-E.
Que conste que "A língua das bolboretas" gustoume.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Agradézolle o comentario e os ánimos, lobo neghro. Agardo que conserve o traballo, o mesmo que lle desexo a todos vostedes. Tamén lles desexo que non teñan que emigrar. Todo o demáis (mesmo a "cultura galega" e as liortas pseudo-intelectuais e políticas) son moito menos importantes que poder comer e conservar algo de autoestima.