30 oct 2008

MÚSICA EN RNE, RADIO 1 (Xabimusic)


Seica temos un pouco esquecidos os Foros musicais... parece que pasou o andacio...Ainda que rache un pouco co estilo usual, vouche propoñer este novo: MÚSICA EN RNE, RADIO 1

Desde fai algúns meses Radio 1 emite diariamente, en programa de sobremesa, de 15 a 16 horas, un novo espazo chamado Música sobre la marcha que dirixe Fernando Palacios e que ven a substituir ó veterano "Clásicos Populares" do outro Fernando (Argenta).Aparte de que empeza sempre con música coral ( o que, para min, xa é todo un mérito) o novo programa creo que supón unha ventá aberta a moitas e moi variadas músicas co que contribúe á nosa apertura de oídos. Fernando Palacios, como pedagogo musical que é, presenta o seu programa cunha axilidade, frescura e sorpresa moi de agradecer. ¡
Que o disfrutedes!
Xabimusic

16 comentarios:

lourixe dijo...

De 15:00 a 16:00h a serme posíbel escoito o Diario Cultural da Radio Galega. Sempre hai algo aproveitábel.

Anónimo dijo...

Amigo Marcos: a miña idea era propoñer este post como un Fío Musical (o núemro 30, coido).
Só era a miña modesta contribución á conmemoración do DIA DA RADIO e un recoñecemento a toda a influencia que este medio ten exercido nas nosas persoais historias musicais.
Xabimusic

fgul dijo...

haberá que escoitalo logo, a ver que pasa.

Un saúdo

Anónimo dijo...

Xdc e XdC e xDC dín:


Teño que mirar de grabar unha peza coral só conmigo mesmo. Grabo cada voz por separado, e logo xa as mixturo. Pra que non sexa sempre o mesmo timbre o da miña voz, grabo analóxicamente o que van ser voces agudas nun tono máis baixo e a un tempo máis lento. Logo, reprodúzcoo a un tempo máis rápido, e xa se sube de tono. O malo é calculalo ben. O que van ser voces graves, gráboas nun tono máis agudo, e a tempo máis rápido. Logo, reproduzo máis lento e xa baixa o tono. Vai ser o primeiro disco coral (que eu sepa) con diferentes timbres de voz, feitas por unha soa persoa. Tamén podio aprender a imitar diferentes voces, cun ventrílcuo, e levo menos traballo...

Anónimo dijo...

¡O chamado onanismo musical! ¡Acabáramos!

Anónimo dijo...

XDC dí:
Onanismo vocal, pra ser máis exautos.

Anónimo dijo...

Eu prefiro o conanismo vocal.

Xaime dijo...

Se hai sexo oral, tamén debería haber onanismo oral.

Anónimo dijo...

XABIMUSIC DI:
Sr. Dacova, permítame un consello de amigo. Puidendo gozar da experiencia única de sumar a súa voz natural e propia á de outros cidadans para xuntos producir fermosas harmonías vocais ¿para que quere vostede sucedáneos?

Reitero entón a miña oferta de formar parte do CORO UNIVERSITARIO DO CAMPUS DE OURENSE a tódolos/tódalas comedores de uvas da solaina. Ensaiamos luns e xoves, de 20 a 21:30 horas.

Poderán comprobar se a voz está ligada ou non ó sexo...

Anónimo dijo...

ONANISMO VOCAL (segundo Técnicas sexuais anecdóticas do século XIX): Manifestación sexual que consiste en meter a propia polla no boca dun mesmo ata obter a satisfacción pertinente conseguida mediante exaculaçao no interior do individuo.
Ou sexa, é máis contorsionista que musical, no fondo. Que lle aproveite, XDC.

Anónimo dijo...

Onán "semen fundebat in terram" (Xen, 38, 9).
Das técnicas, posturas e mecanismos entre Onán e Tamar para extraer líquidos o libro do xénese non conta nada. Si conta que o Iavé deu boleto a Onán, non por vicioso senón por derrochador.

Anónimo dijo...

XDC dí:

O difícil é metela na boca despóis de darlle duas voltas arredor do pescozo, Anónimo.

Resulta que un fulano foi onda un amigo que tiña unha parra no patio, pra pedirlle unha folla de parra coa que tapar as vergonzas, porque era carnaval e quería ir disfrazado de Adán. Foron probando follas cada vez máis grandes,pero ningunha era o suficientemente enorme como pra tapar aquelo. O amigo ao finla díxolle:
-Mira, botas os collós ao lombo, daslle duas voltas ó carallo arredor do pescozo, metes a punta na boca, e vas de BUZO.

Anónimo dijo...

NATURAL, ARUME: Cun líquido similar no Mosteiro de Oseira seguro que facían unha variedade de Eucaliptine (Semenine, quizáis) que era a envexa dos bodegueiros.
Asdo.: Chesi.

Anónimo dijo...

XDC dí:
Sólo pensan nunha cousa. Un fío musical e rematan por falar da sementeira. Parafraseando ao Napoleón, rascas nun pouco nun galego e sale un labrego.

Anónimo dijo...

XDC articula a duras penas:

Haberá que ir dormir, deben de ser horas. Anque non teño "montra", xa pasarán das doce da noite.

Anónimo dijo...

XABIMUSIC DIXO:

Vendo as imaxes da larinxe humana non podemos deixar de pensar na vulva feminina. ¡Tal é o parecido existente entre ámbolos dous órganos!
Por outra parte, o acto da emisión dun son ten moito de nacemento, de parto. Os cantantes falan de "ataque" para designar ise momento, sen embargo a expresión non é moi afortunada e habería que falar máis ben de nacemento da voz.

O psicoanálise ten tamén moi estudiada a estreita relación existente entre a voz e o sexo. Tan estreita que,por exemplo, a muda da voz nos nenos está directamente ligada ó desenvolvemento dos órganos sexuais. E algo similar ocorre nas mulleres coa menopausia.

Para os que traballamos con adolescentes queda moi evidente a enorme carga de sexualidade existente na voz e na súa utilización, o que pode explicar as súas resistencias a cantar ou falar en público.

¿Seguimos por aí?

Xabimusic