O as do ramo de rosas, de X.M. Sarille (ECG 7-10-08)
A mediados dos anos setenta do século pasado, o debuxante santiagués Loquis namorouse perdidamente. O desatino da súa paixón era unha mestra que puña escola na aldea de Foxos, na serra do Cebreiro. Incendiado Loquis pola primavera e pola afección a voar que estreaba, combinou con Agrelo, piloto do Aero Club, para que o acompañara en misión ás terras orientais. Mercou vinte e catro rosas vermellas e despegaron de Compostela. En chegando ao lugar, encaixaron a Skyhawk polo medio das montañas e sobrevoaron Foxos mentres os nenos e os maiores se ían xuntando a admirar as cores brancas e amarelas da nave, que intentaba buscar a altura axeitada, a verticalidade correcta e a menor velocidade do vento antes de deitar con delicadeza o ramo destinado á mestra, e grafado coa lenda Sabela e Xosé.
Os ases deixaron as flores no colo do aire, volveron gañar altura, viron a chaira tras do Manzanal, infinita como o amor do debuxante lugués, porque ser é de Lugo, e retornaron para a base. As augas sonorosas dos regueiros, os grilos e os raposos agochados nos touzais recibiron con ledicia o galano de ardentía caído do ceo para a súa mestra, que foi recollido por un pastor chamado Xosé e namorado tamén de Sabela, ausente ela do lugar desde había varios días por mor dun permiso laboral. Quixera o pastor Xosé ter notado sinais de correspondencia da rapaza nos meses anteriores e advertiu de que fora Sabela, incendiada tamén pola primavera, a que buscara a maneira de irse para preparar esta marabillosa declaración, como primeiro paso da súa entrega. Mais a grandes esperanzas grandes tristezas, porque desgraciadamente para este Xosé, eran vinte e catro rosas feridas dela, cruzando el espacio, despacio? tal como canta Diana Navarro. E até aquí a historia dos Xosés e da Sabela. Ramón Sampil contoume este conto. O venres atopei a Loquis e pregunteille. Repetiu todo igual, mais notei que imitando o diálogo borgiano me dicía a verdade para que eu crese que era mentira, pero mentía, porque dicía a verdade. Sucumbiu ao despedirse, xa de lonxe, cando nun arrouto de simpleza confesou que era todo un invento.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
15 comentarios:
Marabilloso, que ben puido ser certo, invento ou non, naquel tempo incendiado. Sobre todo para quen coñeza ao Loquis, ilustre fillo do barrio da Milagrosa trasplantado a Compostela; e ao Ramón Sampil, nativo do Saviñao e compañeiro de aventuras duns, outros e un servidor. Se les, Sarille, aperta; algún día volveremos á Veiga.
P.D.: Non sabía eu que o Agrelo (Pedro, I guess?) tivese avioneta.
En Verín coñecín eu un oftalmologista que aghora debe andar por a coruña. Ramón Arias Castells. Cóntase que a súa mai se puxo a facer medicina para asistir as aulas con él e impedir que latase. Creo que rematou canda él.
Tamén se conta que o pai morreu nunha movida desas de ramos de flores deitadas por vía aérea a moza. Cando lle-lo preguntei a nora díxome que a historia fora ben máis triste.
Lanzaron o ramo de flores, recordo que aconteceu en Viana do Bolo, e estrelláronse. Sobreviviron. Malferidos montaron ós dous aventureiros en ambulancia para trasladalos a un centro sanitario e nunca chegaron porque polo camiño se estrellou tamén a ambulancia. Morreron. Claro.
O Ramón é un cachondo. Bon vivant, trouleiro, cantante... e poderíase escribir unha novela con moitas circunstancias que o rodearon.
O AS do ramo de rosas é o Delapierre. E sei por qué o digo. SI quere contar, que o conte él.
En Viana do Bolo, aparecéu hai uns anos un extraño meteorito que resultóu ser unha cagada expulsada do W.C. dun avión.
Tamén en Viana do Bolo vin eu, fai anos, un extraño círculo no medio dun prado. Parecía feito por un OVNI ao pousarse. Feitas as pertinentes investigaciós, resultóu ser a area de pasto de unha chiva que estuvera presa a unha estaca.
Ten que recoñecer que aínda así a chiva de Viana do Bolo era centrífuga.
Pretenden ser centrífugas, e dan voltas de arredor a toda velocidade. Pero rematan enroscando a corda na estaca, con resultado centrípeto. Non sei se será metáfora de algo.
Pero gústame eso do "as de ramo de rosas". Un novo pau da baraxa!.
-Arrastro en ramo de rosas!.
-Canto as cuarenta en ramo de rosas!.
-Trunfan ramos de rosas!.
XDD.
Veño de lembrar aquel episodio de "Le petit Nicolas" no que o rapá lle compra un ramo de rosas á nae . Polo camiño acaba discutindo cun amigo , e empréndea a golpes con el, dándolle có "bouquet" como se fora un as de bastos. Chégalle á mae có agasallo escarallado. Ela cólleo con todo o cariño e pono en auga.
Joder con internet.
Aiquí teñen a ilustración da historia:PREMER.
Sabela, con quen chegou a casar o tal Loquis e da que despois se separou morreu o ano pasado. Era unha persoa excepcional, quizais a mellor que coñecín.
Que gonito.
Amenización musical do post:PREMER.
Esta tamén é moi gonita e apropiada ao post: Send one you love
Sarille é un crack, extraordinario xa tamén en lides como esta tan complicada de crear un mundo en sílabas contadas. Mágoa que a derradeira volta desta historia non chegue ao nivel do resto. Podía talvez obviala?
Eu tamén son un crack, o mundo está cheo de cracks, somos un coñazo.
Pois eu, teño que confesalo, non son un crack. E espero que coñazo tampouco (aínda que -moito me temo- nisto haxa disparidade de opinións).
vostede merece o Ceo, ap-c.
Publicar un comentario