Recuperar Gallicia
X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Faro Vigo, 6-10-08)
Un bon amigo dime que esaxero ao insistir en que os portugueses ollan para o seu Norte e non ven alí Galicia. Hai uns cincuenta anos, o Porto ollou efectivamente para o Norte e achou que nós existiamos como pobo e como País, a iniciativa da Associação de Jornalistas e Homens de Letras daquela cidade. Foi cando abriron aló un comprido espazo público ao que chamaron Praça da Galiza, cunha considerábel escultura de Rosalía de Castro no centro. Por entón, Vigo, en reciprocidade, erixiu un modestísimo busto á memoria de Camões, neste caso co concurso da Asociación da Prensa da cidade galega, na Praza de Portugal. Tamén en Vigo hai unha rúa do Porto que até hai pouco tempo lucía unha boa lápida de mármore que alguén fixo desaparecer e que iría parar ao depósito de ladroízos vigueses onde tamén foi achantada a varanda do Náutico, a fonte luminosa da praza dos cabalos de Oliveira e outras valiosas pezas de ornato público. Perante o monumento a Rosalía non se fan actos no Porto e o de Camões apenas recibe unha ofrenda fría e oficialista no Día de Portugal.Despois de medio século de indiferencia, parece que en Portugal aparecen signos de que acolá saben como se chama a terra que hai e pobo que vive para aquí do Porque Nacional da Peneda-Gerês e do Río Miño. Un centro universitario privado de Vila Nova da Cerveira decidiu hai tempo recuperar o nome de Gallaecia porque os seus ilustrados promotores sabían ben que a Lusitania aquén do Douro era só unha antelequia ideolóxica e Gallaecia figura tamén nos nomes dalgunhas poucas entidades do Norte de Portugal, o cal é moi relevante. O aeroporto de Matosinhos, que nós vimos crecer, que nos vén servindo moi ben aos galegos do Sul nos últimos tempos e que hoxe recibe o nome de Sá Carneiro, tamén se decatou de que existimos. Somos, hoxe, ben visibeis no Sá Carneiro e loce alí un grande letreiro no que pode lerse: "Oporto (en versión castellana do topónimo), o aeroporto de tódolos galegos". No meeting point deste aeroporto hai unha moi clara indicación que di "Galiza" e que sinala ao lugar de onde parten os autobuses para o noso País.Hoxe son moitos os portugueses e os galegos que acreditan nas inmensas posibilidades que suporía unha activación efectiva da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, ou Eixo Atlántico. Mais non se apreza vontade política para dar pasos adiante nese sentido. Tense lanzado a idea de que tal Eixo debería recuperar o nome de Gallaecia. E por qué non o de Gallicia, tendo en conta que así lle chamaban ao noso reino común orixinal Venancio Fortunato, Martiño de Dume e Isidoro de Sevilla nos séculos VI e VII? Penso eu que a Nova Gallicia non pode ser só un buró parar xestionar axudas da UE, se é que vai haber máis favores para rexións transfronteirizas, senón un organismo vivo e actuante no que a vella torgueira galegoportuguesa poda facer abrochar gromos novos de civilización. E iso esixe unha conciencia cultural e histórica e unha determinación política que non dou visto por ningures no universo partidario vixente. Desde logo, no futuro parlamento do Hórreo deberían sentar verdadeiros partidarios de Gallicia. E tamén nos concellos, desde o Ortegal ao Miño.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
43 comentarios:
Constituiuse hoxe en Ourense a Academia Galega da Lingua Portugesa.
Presencias no acto:
-Carlos Aymerich
-Camilo NOgueira
-Lema
-Elías Feijóo
-Rudesindo Soutelo (académico)
-Presidente: Xose Martiño Montero Santalha
-Vcpte: Estravís.
- Etc.
-Autoridades culturáis de Portugal,Brasil e Mozambique.
(En torno a 250 persoas nos actos).
Que me pasa a mín que non me entero de nada?. Serei demasiado ácrata?.
Que cren vostedes que pode significar esa AGLP?
Obviamente traicionóume o subconscente e as cervezas. Foi en Santiago. É que pra mín Ourense é a capital de Galicia, jeje.
A nova na Voz:PREMER.
Malia os achegamentos en temas filolóxicos, o traballo máis duro e caro queda por facer: adiado o TAV do Norte de Portugal por causa da crise.
Os que tedes blogs sodes uns narcisistas:PREMER.
A Praça de Galiza (de cuxa orixe sei agora por Ferrín) é un espazo singular, moderno e inconfundible no Porto; relativamente preto do Palácio de Cristal, no empezo da Rua do Campo Alegre e camiño da Universidade, se o simbolismo valese este país tería unha ben boa imaxe e notable consideración na cidade do Porto.
En xeral, considero que o presente artigo é ben máis proporcionado có anterior, onde o autor case negaba toda atención e interese por parte dos irmáns do sur; o vindeiro venres espero pór aquí enlace para un comentario meu que trata o tema desde pretexto festivo.
En Cerveira non só hai o centro mencionado, tamén (pola banda do río e en dirección á ponte) sinais de dirección marcando Galiza, un deles por certo que emborronchonado e cun Espanha mal pintado por riba; reversos. O que non acabo de ver é iso de Gallicia, nin quen serán os seus "auténticos partidarios" que disque debían ter cadeira municipal e lexislativa; ora que, sendo motivo ferrinián e nada novo, un ben pode botar conta, aínda sen saber ben sobre que base.
Precisamente estiven uns días en Oporto recentemente. E, con dor, tamén creo que os irmaos do sur amosan máis ben pouco interese por a realidade galega como país. E unha sensación que traio de volta cada vez que cruzo a raia. E seguramente o desinterese sexa mutuo se polo lado galego atendemos a actuación dos poderes públicos. É unha magoa, porque creo que si hai base social e cultural para algo máis. Se se compara esta parte de Portugal coas áreas xeográficas situadas ao sur de Porto, o substrato común é evidente.
Por certo, que nesta última estancia na cidade aproveitei para visitar a tan coñecida Livraria Lello e irmao. Atopei un establecemento con engado, certamente, aínda decontado fun arrincado do meu soño pola entrada na mesma dunha numerosa tropa de ruidosos mozos españois armados con cámaras fotográficas -tantas como cabezas- cunha capacidade de disparo desorbitada. Mesmo os recoñecidos como templos dos libros son tomados hoxendía como pins ou meras postais. Con todo trouxen de alí a imaxe ou recordo dunha fascinante escaleira circular que une os dous andares e un poemario de Eugenio de Andrade que rezuma agarimo pola sinxeleza das palabras.
Xoan da Cova, amodiño! Mira que é perigoso mexar contra o vento: http://xoandacova.blogspot.com/
Eu creo que estes artigos só poden lerse en clave poética. Se lles facemos caso máis alá desa ensoñación fabulosa (esa Nova Gallicia ata soa aos terreos ultramarinos de México), corremos ademáis o risco de sentirmos frustrados por non chegar a vela. Deixémola, pois, no limiar dunha evocación nostálxica do futuro.
A historiografía oficial portuguesa ignorou metodicamente a orixe galega do seu reino e país. Aínda que historiadores actuais (o mesmo Hermano Saraiva, desde logo Mattoso) puntualicen ou furguen en tal evidencia orixinaria, por exemplo os libros de divulgación para crianças aínda comezan na mesma ladaíña do Reino de León e un Condado Portucalense colgado do aire; nin pensar quero no que dirán aínda os libros de texto.
Tendo en conta iso, un substrato e prexuízo anti (ou contra) galegos en boa medida semellantes aos de España e maila doutrina de unidade ibérica Franco-Salazar (véxase a prosa de Pessoa para diferente punto de vista), se hoxe os portugueses se interesasen masivamente por Galicia como país a min, polo menos, non me cabería o aire no peito.
Desculpen a licenza irónica. Eu vexo como ben positivos os indicios dos últimos vinte anos, apuntando cara a unha situación diferente, máis acorde coa historia e o modo de ser (cultura). Dará cara a un espazo económico e cultural común?; eu penso que depende e dependerá duns e outros, como tamén o grao de relación política, hoxe raquítica pero considero que a medio termo inevitable. Con tal que o fagamos un pouco ben.
Limiar dunha evocación nostálxica do futuro é expresión que leva quilates en potencial político. Moito Pessoa, diría eu.
Grazas por lembrarme de actualizalo, Lourixe. Hoxe non vou ter tempo, pero mañá actualízoo con algunha carallada.
Cando falou de mexar, lembróume que unha vez, de pequeno, estaba eu mexando de campo, e aparecéu un gatiño pequeno, da edade na que corren detrás de todo o que se move. Púxose a perseguir o mexo. Eu apartaba o chorro pra un lado e outro, pra non mollalo, pero el iba tras del dándolle coa patiña,e acabóu todo mollado.
o cadelo ou o pantalón.
A min xa me ten agotado o tema de Portugal.
Vin hoxe un titular que logo entendín, non sei en qué xornal, no que presentan ó galego como o portuxés que se fala en Galicia.
Para empezar non está mal.
E referente ó tema de Gallicia, sin lelo, estou dacordo co que di Arume, que pode ser unha licencia literaria do XLMF, que se ten que tomar de quén ven.
Xa non hai follón dabondo co Galiza-Galicia., para trae-lo fillo da aboa que agora di Gallicia.
ten razón o David Paz, os blogueiros somos narcisistas. Non só os blogueiros, tamén todos os que participan a cotío cos seus comentarios, aínda que usen un nick. Pero iso controlado non será tan malo. PRecioso o debuxo de Daumier, por certo.
suscribo a intervención, tan axeitada, de Xosé M. González
(Doutra banda, se Ferrín non ten soños e utopías, quen os vai ter?)
Ben sabe Ferrín que os seus soños así formulados convírtense nos de moita xente, que non ten tan claro coma Ferrín o alento poético que os convoca.
Arume:
Isto é xenial!!!!!!!!!!
"esa Nova Gallicia ata soa aos terreos ultramarinos de México"
jajajajajajajajajajajajajajajaja
Un grande abrazo!!!!!!!!
Non son nada xenial: copio a realidade: Nueva Galicia.
Que heavy, Arume, que heavy.
Onde hai que asinar??
Os artistas teñen un ego elephantiásico.
Despois descubrín que os ecoloxistas son incapaces de facer unha grande coordinadora, (está cheo de grupúsculos) porque teñen un ego como o dos artistas.
Aghora descubro que os blogueiros son artistas. Facedores, lectantes e escribidores.
Como non teño nin p. de lóxica non sei como cheghei a ese resultado. Frère Jacques e Dacova poderían desglosalo en axiomas.
O que é indiscutible é o resultado: " Ergo, os que andan por estos andurriales son todos artistas, inclusive os anónimos".
Agás Dacova que é científico de formación.
O Dacova é científico. Alerta!
Neghro, eu artista non son, pero xúroche que teño unha trompa "elefantástica".
Ten toda a razón amigo Lobo negro no tocante os ecoloxistas.
Tamén os banqueiros teñen cada un o seu chiringuito.
Para mín teñenlle moito parecido, ainda que non lle sei explicalo. Conservadores ?, quizabes.
Anónimo de trompa elefantástica, e vd. non me podía donar un cachiño para transplantar?.
Mais o noso narcisismo non fai mal a ninguén. Nin sequera a nós mesmos. Porque somos o suficientemente narcisistas como para non ter conflitos de identidade.
XC Caneiro, La voz de Galicia, 8/10/2008
Resulta grotesco e escandaloso. Primeiro, porque pretenden a desaparición do galego como lingua. Segundo, porque a iniciativa foi apadriñada pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia, Secretaría Xeral de Relacións Institucionais. O dano que se lle está a facer ao idioma é inmenso.
Veño sostendo dende hai anos, contra tirios e troianos, que a aparencia de non posuír unha unidade de criterio con respecto ao galego paréceme pérfida. Pensei que coa revisión recente da normativa todo quedaba amañado, sen problemas. Equivoqueime.
Agora créase unha nova academia galega (Academia Galega da Lingua Portuguesa) que pretende, asevera o seu presidente, que en Galicia falemos portugués. «Portugués de Galiza», afirma. O argumento sólido é que se os galegos falamos portugués seremos comprendidos por máis de douscentos millóns de persoas. Se sostemos o argumento «contrario», inspirándonos en idénticos parámetros racionais, resultaremos lapidados ideoloxicamente dende o correcionismo nacionalista: falando o outro idioma oficial de Galicia, o español, seremos entendidos por cincocentos millóns de habitantes do globo.
Pero non hai ningunha diferenza porque a conclusión sería a mesma: desaparecería o galego. Deixaríamos de ser «colonia lingüística» de Madrid para pasar a ser «colonia lingüística» de Lisboa. Que esta iniciativa reciba os parabéns da Xunta de Galicia é lamentable, por non escribir funesto, e un pregúntase pola responsabilidade institucional das persoas que nos gobernan.
O idioma propio de Galicia é o galego, non o portugués, a pesar das moitas disquisicións que poidamos elucubrar sobre a súa orixe. ¿Imaxinan vostedes que proclamarían os intelectuais portugueses se un gramático argüíse que a lingua autóctona de Portugal debería ser o «galego de Portugal»? Ninguén apadriñaría tal empresa. As autoridades desacreditarían aos autores da tese.
Aquí sucede o contrario. Outorgámoslles un «abrazo fraternal» en nome do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Delirante, sen máis.
Eu négome a que no meu país se fale o «portugués de Galiza», porque o idioma noso é o galego. Négome porque amar este país é respectar as súas institucións, entre elas a Real Academia Galega e a súa normativa idiomática (que denominamos «normativa da concordia»). Por iso escribo grazas , por respecto a quen normativiza, define e defende o meu idioma. E por respecto ao idioma, tamén, escribo esta columna. O idioma de Nós: o galego.
Agáchese Arume, que empeza o "fuego cruzado".
E tamén o "fogo amigo". Dise así, non? A min, como vou estar en Lugo resgardado pola muralla, nada me poderá pasar.
Xosé Carlos Caneiro, está completamente desacreditado, lingüística e literariamente.
Non hai fogo cruzado, porque non paga a pena, XCC é xa un ninguén, e logrado a pulso.
Supoño que o anterior anónimo quixo realmente dicir é que Caneiro está desacreditado ideoloxicamente, e que el/ela é o/a seu desacreditador a tempo completo.
Non hai mais leña para arder.
Non hai mais leña para arder.
Amodo e en ámbito reducido, pero pingar pinga.
Son esencialmente discrepante con este e co outro. Pero o BNG institucional tería que afinar. Aínda que a posición da RAG sexa algo difícil de aquilatar, ou xusto por iso.
Eu creo que a opinión de Carlos Rodríguez é a ampliamente maioritaria. Creo. Non teño datos, claro está.
En todo caso, estamos co asunto do lusismo sen resolver. Non sei se é bó ou malo, pero así seguimos. Despois de non sei cantos anos.
O lusismo este que temos poderíalle facer un grande servizo a Galicia e aos galegos disolvéndose como tal, recoñecendo que o que falamos é galego, e concentrando os seus esforzos en facilitar a aprendizaxe do portugués (como lingua estranxeira, non nos enganemos) en Galicia.
O que están a facer (coa connivencia e/ou silencio do BNG e da "Mesa") é confundir ao persoal e darlle azos aos Tangas.
Ao lusismo como tal débenselle unhas poucas cousas no país; xaora, a parte do país interesada no idioma, a súa forma culta e pervivencia moderna. Canto á opinión publicada de CLR, dubido que sexa amplamente maioritaria, xa que nin sequera o son -en coñecemento e interese- diversos extremos que toca. E aínda en caso contrario, que se hei se sería garantía de moito; por aquilo do fluídas que resultan as maiorías que van e veñen.
Modifico a (absolutamente inintelixible) parte final da mensaxe anterior:
...que sei eu se sería garantía de moito; por aquilo do fluídas que resultan as maiorías que van e veñen
Afortunadamente ainda queda algún portugués que olla para Galicia con ilusión. Vexamos, senón , a opinión deste xornalista luso dono do blog "Aspirina B" Para que serve a Galicia
O post,que xa ten o seu tempo, mantén a súa vixencia, ainda que estou certa de que moitos dos asiduos deste blog non han pensar o mesmo.
Una bagatela.
Pois eu, xa lles digo. Sen menos males.
Publicar un comentario