3 dic 2008


Pan por pan/Andoliña.
(La Región-Galicia Hoxe)
Marcos Valcárcel
03-12-2008
Marcos Valcárcel
Graciñas.
Quero expresar o meu agradecemento a todas as persoas que participaron nos actos do pasado día 29. Grazas á comisión organizadora e ós amigos que tan ben e con tanta ilusión traballaron. Graciñas de corazón tamén ás máis de trescentas persoas que chegaron desde todo o país, loitando contra as estradas con neve. Graciñas tamén ós compañeiros e alumnas do Instituto de A Carballeira que me agasallaron un dos momentos máis auténticos da noite: aquel en que cantei co coro do Instituto, pelexando coa fonda emoción que me asolagaba. Graciñas polas súas xenerosas palabras a Bieito Iglesias, Suso de Toro, Cristina Berg, Manuel Rivas, Alonso Montero, Xosé L. Axeitos e Ramón Villares. E ós que estes días escribiron nos xornais co seu agarimo e a La Región. ‘Amei moito e fun moi amado’, dicíalle Blanco Amor en 1979 a Maribel Outeiriño: así me sentín eu tamén o pasado sábado.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu penso que o éxito da convocatoria do pasado sábado foi que todo o mundo ,de un xeito ou de outro, se sentíu protagonista. Por o tanto todos nos sentimos homenaxeados.
Cando ao outro día fun tomar café á cafetería do restaurán, un grupo de empregados leía con orgulo a primeira páxina de Galicia Hoxe, na que estaba a fotografía da mesa e mantel que eles montaron.

Anónimo dijo...

Irmán: somos nós (os centos e milleiros de amigos/as espallados polo país adiante) os que che debemos agradecer a oportunidade de poder desfrutar día a día do teu exemplo, da túa xenerosidade, do teu agarimo. Actos coma os da pasada fin de semana non fan máis que confirmar a grandeza da túa persoa. Porén, os que tivemos o privilexio de estar presentes no acto do pasado sábado só podemos dicir que foi marabilloso, emotivo, merecente dun bo e xeneroso (con maiúsculas). Un home que, como ben plasmou na súa viñeta do pasado sábado o "Carrabouxo", leva Ourense (e Galicia) na cabeza (e no corazón). Unha fonda, fonda aperta.

Anónimo dijo...

Graciñas a ti, meu, por seres como es. Abenzoado sexas.

Anónimo dijo...

Graciñas a tí, por moitos homenaxes que se che fagan, e tantos parabéns che dean, nunca abondará para que Galicia, Ourense e eu mesmo che devolvan o que ti tes dado.

Unha aperta dun amigo.

Anónimo dijo...

Amigo Marcos, o sábado compartimos un tempo tal como ti querías: o da amizade, o da felicidade.
A emoción aínda latexa.
Xamais o esqueceremos.

premer