Infernos.
Pan por Pan 20-12-08
Hai tempo que non se fala do tema e non sei como vai o debate teolóxico: por fin hai inferno, purgatorio e todo iso ou cambiaron os dogmas? Á marxe do que decida o Papa e os seus asesores, infernos hai pero están ben perto. E non falo de África, esquecida polo mundo civilizado, senón doutros países dun certo nivel cultural e historia esplendorosa. Por exemplo, México. Jon Sistiaga presenta na Cuatro unha reportaxe estarrecedora sobre a vida en Tijuana noutras cidades mexicanas, por non falar dos feminicidios en Ciudad Juárez. Máis de trece mortos diarios entre bandas de narcotraficantes e grandes anuncios na rúa para contratar máis sicarios. O propio presidente declara que a maioría da policía é corrupta: axentes formados para combater a droga pásanse ó outro bando, que paga moito mellor. Ten que intervir o exército, seguindo o modelo colombiano. Triste futuro para un gran país.
4 comentarios:
Eu pensovos que tanto o inferno como o ceo existen e están dentro de nós.
Adepende de como os xestionemos.
Os de dereitas "administran". Nós xestionamos.
No inferno, como di Woody Allen, ten que estar polo menos o inventor do metacrilato.
E no ceo o de You tube.
Podemos facer pequenos xuízos finais neste post.
No inferno xóganse unhas partidas de tute de a seis que lle ronca o carallo. Decíao o meu avó.
A baraxa debe de estar feita de boas intenciós.
O Ceo e o Inferno deben de estar en Universos Paralelos ao noso. Inaccesible aos noso corpo,materia esclavizada, como toda, por as leis relativistas. Pero a ialma, ao ser inmaterial e poder superar a velocidade da luz, accedería a un ou ao outro en virtud da sua "carga", positiva ou negativa, ao ser sometida a un campo magnético (ausencia de masa non implica ausencia de carga). As almas dos "tibios",sin carga, non serían desviadas. NUn tempo medio de trece minutos, descomporíanse en "partícula+antipartícula", e volverían a este mundo, o peor inferno de todos.
O campo magnético "espectrógrafo de almas" debe ser variable en polaridade e intensidade. O potenciómetro que o regula está no Vaticano, gardado con sete chaves.
Publicar un comentario