28 dic 2008


Unha homenaxe lembrará a Xaime Quessada no aniversario da súa morte

LVG 28-12-08
O día 31 de decembro de 2007 faleceu o pintor Xaime Quessada Porto. Cando está a piques de cumprirse un ano da súa morte, organizarase un acto en homenaxe ao personaxe ourensán. O evento terá lugar mañá ás 20.00 horas no Centro Cultural da Deputación.
Ademais da súa viúva, María Jesús Blanco , intervirán Jose Luis Baltar, Manuel Peña Rei, José Gómez Alén, Marcos Valcárcel e Xosé Manuel do Caño.

(Engadido: infórmanme que agasallarán ós asistentes cun exemplar do libro de entrevistas de X.M. del Caño con Xaime Quessada)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estaría mellor que o agasallo fose un propio cadro de Quessada, non si?

Marcos Valcárcel López dijo...

quizais unha pequena litografía, non? o outro paréceme moito pedir ...