28 ene 2009

Cidadáns preguntóns
Andoliña 28-1-09
MARCOS VALCÁRCEL

Cando menos hai que recoñecerlle a Rodríguez Zapatero certo valor por acudir ó programa dos cen cidadáns preguntóns. A maioría das preguntas tiveron o seu interese e moi escasa condescendencia co presidente: un equipo escollido de xornalistas e columnistas non o faría mellor. Palpábase o cabreo popular, fillo da forte crise, e os convidados foron directamente ós problemas, sobre todo económicos, que afectan a boa parte da poboación. Había dramas humanos no plató e Zapatero non tiña outra que escoitar e reconfortar todas as voces queixosas.
O presidente domina a retórica e alguén lle dixo que non dese cifras nin datos para non meter o zoco: el tampouco sabe cando vai rematar a crise. Fixo un esforzado exercicio de vontade e esperanza, pero sen concretar case nada. Víuselle acurralado cando foi interpelado polos cartos concedidos ós bancos e tamén polas armas que España vende a países en guerra que non respectan os dereitos humanos. Faltoulle, nestes casos, capacidade de reacción e tamén credibilidade.
Estes programas estúdanse nos laboratorios dos partidos. Seis millóns e medio de persoas optaron por non desconectar e escoitar a Zapatero: quizais ese foi o seu maior éxito.

24 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu destacaría que outros trintaecinco millóns de cidadáns pasaron olímpicamente do seu presidente. Seguironno pouco máis da metade dos votantes que o PSOE tivo nas derradeiras elecciónxerais. Podería decirse que o que este SR. teña que dicir non lle interesa nin os seus?

Preguntas temos todos. Eu cada día enviolle unha pregunta os tres candidatos a Xunta de Galiza a través do facebook -este é un invento e non a roda- xa que os vía con moitas gañas de debater... pero nada, que non entran ó trapo; teño un par de respostas de Anxo Quintana (ou quen xestione a súa face) e dudo que haxa máis.

Preguntas e respostas -esas dúas- publicoas logo en mOendo do Revés.

O certo é que non hai tantas gañas de debater, nin de expor ideas, nin de informar,... os políticos so queren ocupar minutos nas radios e TV's, páxinas nos xornais e webs, metros cadrados nas rúas,... É o que hai!

Anónimo dijo...

Para Xosse Dorrío e Xoan Carlos Carreira. Por os artigos sobre o despoboamento do rural, e do minifundismo. Grazas.


" En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazón da Europa campesina
que TODOS LEVAMOS DENTRO SEN DECILO."
Xosé Luís Méndez Ferrín, con pólvora e maganolias.

"...VIBRA CORAZÓN GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca o seixo de xogar antre os dedos.
Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro.."

Anónimo dijo...

Tanto a Zapatero como ao resto dos políticos gústalles comparecer diante das preguntas dos cidadáns só cando xogan en terreo "aboado" para os seus intereses: diante da Televisión Hespañola e dunha composición de cidadáns que non represente a Hespaña real (o 15% da poboación hespañola está no paro...).

Alguén reparou nos titulares da prensa "amiga" do día seguinte? Pura anécdota.

Anónimo dijo...

A mín, eses debates lémbranme as "simultáneas" de axedrez. Están concebidas para a exhibición de unha persoa, á que fan xogar cun grupo de outras, deliberadamente escollidas moi por debaixo do nivel de xogo do "artista".
A maioría de esas partidas non teñen moito interés.

Anónimo dijo...

La Voz de Galicia:

El candidato del BNG a la Presidencia de la Xunta, Anxo Quintana, ha afirmado que si su formación política no sube en votos y escaños en las próximas elecciones, tendrá que hacer una «reflexión» y «asumir las responsabilidades que conlleve eso». Quintana se ha pronunciado así, en un desayuno informativo, al ser preguntado si dimitirá como líder del BNG en el caso de que el candidato del PP, Alberto Núñez Feijoo, sea presidente de la Xunta de Galicia, tras las elecciones del próximo 1 de marzo.

Anónimo dijo...

Acabo de ver o cartaz ou cartel dun dos candidatos á presidencia da Xunta, sr Touriño. Recalco o de "candidato" por algo que vou explicar agora.

De fondo, a cor negra, supoño que a do futuro que nos espera con el.

Podemos ver o seu careto de perfil, coma os emperadores romanos nas moedeas que facían acuñar. Se Quin é Espartaco, Touriño é César.

Nun recadro en vermello, o "PSdG" vese moi pequeniño diante da grandeza do PSOE, por se non quedara claro. E a rosa e o puño, escindidos do PSdG/PSOE, coma ese partido está separado da clase obreira desde hai décadas.

E o rótulo, que é o que máis chama a atención:

O Presidente

Presidente con maiúscula. Eu penso que lle quedaría mellor algo máis enxebre coma:

O' Presidente

Ou a súa versión politicamente correcta:

O' Presidente dos galegos e das galegas.

Mesmo a versión "TVG" poderíalle gustar a algúns:

O Presidente galego

porque o "presidente" a secas é o outro, claro.

Ou a versión "ABC":

El presidente regional

Pero agora que o penso, iso de autoproclamarse "o presidente", non será confundir o cargo institucional co dunha candidatura a unhas elecións? Se xa Touriño é o Presidente, para que nos imos molestar en votar en febreiro?

Anónimo dijo...

Pono moi fácil pra ir cun rotulador correxindo os cartaces: "ALÓ PRESIDENTE"

Anónimo dijo...

MS di: "E a rosa e o puño, escindidos do PSdG/PSOE, coma ese partido está separado da clase obreira desde hai décadas."

Cal é para vostede o partido que representa na actualidade a clase obreira?

Eu, persoalmente, creo que ningún.

Anónimo dijo...

EL PORE, pero no se presenta

Anónimo dijo...

EL PORE, pero no se presenta

Anónimo dijo...

Para o meu gusto (obvio dicir estético, de telo), a mellor campaña visual é precisamente a de Touriño. A fotografía apaisada, a figura nun extremo iluminada desde un lateral con toda a vista dirixida ao outro lado do marco. Sobre o fondo escuro, negro, caravaggiano, as letras en branco, tipo Calibri (convencional e familiar nos procesadores de texto máis modernos: sans serif). A lenda certifica o presente e prefigura o resultado final que dá por suposto. O traxe gris escuro, a camisa branca, e a nota distintiva da corbata vermella a xogo coa color da impresa socialista. Esa combinación final vermello, negro (co matiz do gris moi escuro do terno) e branco é dunha elegancia moi notable.

Anónimo dijo...

A de Feijoo ten un punto enxeñoso, digamos conceptista, co uso dilóxico dos oes en forma de ceros e mesmo do xota co pau do 1. Apuran, con iso, unha nota de colegueo ao eliminar da propaganda o seu nome familiar (prescindible por completo) e o primeiro apelido que por usual (como o Pérez de Touriño) pode despistar. Non é improbable que, co engadido da asociación fónica do f, buscasen unha analoxía co de Fraga. Sigo sen entender o do til (ao meu ver incorrecto por tratarse dunha palabra grave), pero supoño pensarían para qué van desperdiciar un énfase semellante. As cores azuis (un tanto piscineiras) engarzan coa marca pepesca, pero o uso do xerundio (coa desafortunada anfiboloxía xa anotada por Bouzafría de re/cargar) implica indefinición, acto en proceso e, por tanto, escasamente fiable para época de máis rexa gobernadura. O tipo de letra é o típico do deseñador gráfico empeñado en modernizar a imaxe e, de paso, en multiplicar a dificultade de lectura: reparen no f tortuoso do principio que parece a figura do aforcado dos xogos. En fin, non creo que figure nunha futura exposición no MARCO (pero nunca se sabe) sobre arte gráfico da primeira década do século XXI.

Anónimo dijo...

Eu cando teño que ir a un dentista, sempre lle pregunto aos que me poidan informar: "Oes, e este dentista que me recomendas é elegante?" Mola mogollón saber que quen che vai poñer a gutapercha para obturar o premolar vai ben conxuntado...

Non. Eu creo que non. Non me podo fiar dun tío que non me mira de fronte, que se debuxa sobre un fondo negro-Prestige, que é do PSOE, e que emprega un rótulo institucional ("Presidente") con fins partidarios.

CARPE DIEM dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

O BNG ten sempre campañistas xeitosos. O desta ocasión meteu a Quintana dentro das letras e deulle un efecto simpático: nos ordenadores parece estar no segundo plano (eso si, sen patillas); nos cartaces das rúas Quintana parece pertencer ao cartaz que había antes de que pegaran este; e nun cartaz que hai en concreto baixando puxeiros, cunha chea de arcolitos por diante que o impiden ver, Quintana quere amosarse e acaba parecendo (malgré lui, supoño) o monstro dunha película de medo. Nada disto pretendía o promotor da campaña: seguro.
A combinación azul claro/rosa (por efecto dunha destintura, se cadra significativa, do anterior espectro azul escuro/vermello) modula a expresión queremosmáis coa modernez de non poñer espazo polo medio. Non fai falta ser un lince para adiviñar a colocación da palabra máis. A palabra central AVANCES, cunha letra Impact (ideal para este tipo de xogos, moi sesenteira), é un acerto, ao meu entender, aínda que ver a Quintana aí metido dame ás veces un pouco de claustrofobia. E se forzamos a interpretación non parece avanzar moito: parece quedarse por detrás.

Anónimo dijo...

Feijóo, outro galego a la española que veu do poblachón manchego a facer carreira política en Galicia.

En fin. Estes trabucáronse co de "FEijóo9" pois moitas persoas que aínda non saben como se chama non se van enteirar. Alguén lle tería que explicar que non se pode falar berrando (non só nos mítins). Supoño que por iso lle puxeron por riba música a tutta pílula (enxebre, guai, céltica) que case tapa o que di ou, mellor dito, le. Que alguén lle diga que os discursos non se len.

Se por "recargando" o que queren dicir é que van cargarse outra vez a Galicia, pois imos aviados.

Anónimo dijo...

Sería interesante saber como decidimos o tipo de dentista que visitamos. Hai xente que vai porque lle parece elegante e supermodernísimo o local e, desde logo, tamén o/a dentista (mesmo hai quen valora moito o/a recepcionista): hai xente (haberá maior perversión!) que acaba casándose con el/ella.

Anónimo dijo...

Cando menos, a mensaxe no anuncio quintanesco é positiva ("Queremosmáis AVANCES"). Con todo, cando o careto de Quintana detrás do "AVANCE" parece, efectivamente, que está a anunciar un telefilm. E deste xeito Quin non avanza (e nós con el) porque aparece aprisionado polas letras que o comen vivo.
As patillas parecen as orelleiras dun gorro peruano.
Hai tamén un efecto dulcificador (rexuvenecedor) de elementos que nas outras fotos son evidentes: barba descoidada, entradas e papada.

Anónimo dijo...

Este si que é bó, e recargando ortografía.

Anónimo dijo...

O feisbú vai acabar con vostede, amiguiño. Eu, que non o teño, non lle podo entrar.

Anónimo dijo...

Arume, eso que dí non pode ser certo. Non pode ser certo que alguén remate por namorarse de unha dentista. Non pode haber tanta perversión no mundo. Non me entra na cabeza.

Anónimo dijo...

Madia leva! Tomara eu que unha dentista, farmacéutica ou rexistradora da propiedade se tivese apaixonado por min!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! jajajajajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

Eu ben sei, amigo da Cova, que vostede está libre desa perversión.

Anónimo dijo...

Se os dentist@s son da Arxentina a perversión convértese en masoquismo.