23 ene 2009


De amor de desamor: 25 anos
En 1984, xurdiu un colectivo poético, formado entre outros por Rivas, Lois Pereiro e Pallarés, que recuperou na Coruña espazos coutados pola ditadura
Artigo de XABIER CORDAL en GALICIA HOXE 23-1-09

79 comentarios:

Anónimo dijo...

Eso de entre outros paréceme, con todos os respetos, un insulto, precisamente cando na miña humildísima opinión os poetas mais intensos non son precisamente os que se nomean polo seu nome.
Mágoa de tanta oficialidade "santurrona", de tanto amador do tópico, de tanta cabeciña simples e de tanto caciquismo cultural que medra coa molicie intelectual, a comenencia e a ignorancia, que se vai impoñéndo corporativamente,institucionadamente mediáticamente, paseniñamente como manto de aburrimento que se extende sobre a nosa terra.

Marcos Valcárcel López dijo...

Basta CLICAR NA LIGAZÓN para ler todos os nomes. Non hai, pois, menosprezo ningún, só economía de esforzos.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ademais, o titular é do xornal, non meu.

Anónimo dijo...

Por que será que neste país hai cada vez máis xente susceptible e con malas pulgas?

Agora que eu me fixen bo...

Anónimo dijo...

Tal como está a poesía galega, comprendan señores tanta susceptibilidade de poeta, pero é que non é para menos.
Hai que clicar!.
Comprendan, vemos directamente a Campoamor e hai que clicar para Gil de Biedma.
É ignorancia, é non mala fe, seino, por eso o digo, coa vontade de combater a ignorancia e obstaculizar ese ir pola beira da oficialidade, que tanto cega.
Abran un pouco os ollos señores, non se trata de maldade nin bondade se non de apreciar cun criterio formado.Abran os ollos, se é que non son cegos ou venderon a súa alma ao demos, e so aprecian o oficialmente apreciabel.

Anónimo dijo...

Pois nada, ho, ábranos os ollos, ilústrenos para que teñamos un "criterio ben formado". Eu toda a miña vida debecín por ter bos mestres.

Anónimo dijo...

Non son dous día Apicultor, é toda unha vida e no se trasmite por pilulas.
Para abrir os ollos, primeiro hai que querer abrilos e logo se de linguaxe se trata, tentar verbalizar o que se ve.
Para comezar, léase primeiro a todos os poemas que saen na foto, e comezaremos a falar, e eu tentarei abrirlle os ollos.

Anónimo dijo...

Pero hai toda unha vida por diante para vostede nos ensinar e nós para aprender. E nótase que vostede ten un gran vocación de pedagogo. Póñanos, logo, unha lista de lecturas básicas. Logo xa nola ampliará. Vaiamos por partes.

Anónimo dijo...

Xa a puxen Apicultor, comece polos poetas da foto, é o punto de arranque. Léaos e déame a súa opinión, preciso dese material para comezar. É o punto de encontro que irá abrindo o horizonte ao noso arredor.

Anónimo dijo...

"só economía de esforzos."
O da economía podo entendelo pero a que veñen aquí os esforzos?

Anónimo dijo...

Pero, señor experto, decátase de que todos eses señores teñen moitos libros publicados de poesía. O normal é que vostede, que coñece toda a súa obra como deu a entender antes, nos recomende cinco ou seis títulos concretos para comezar a facer boca, acompañados cunha breve e erudita nota súa. Despois, nunha segunda lección, xa poderá ampliar con máis títulos.

Se nos di que os de todos, que se cadra serán máis de trinta ou corenta, perderémonos irremediablemente no bosque. Veña, caramba, amose a súa vocación de pedagogo e guieiro de "gusto ben formado". Ou a ver se vai ser que vai de farol e, en realidade, non os leu?

Anónimo dijo...

E iso sen contar os inéditos, porque algún destes ou destas poetas non publica porque hoxe está fodido o asunto. Tamén os coñecerá aquí o docente enrabechado?

Anónimo dijo...

Eu só conozo un, don Apicultor. Se quere, e ao señor p non lle molesta, recoméndollo. Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995), de Lois Pereiro, o delgadiño da foto. Non hai de que.

Anónimo dijo...

Falando claro señores nesa foto só hai dous poetas, Lois Pereiro e Salinas Portugal, os demais todos viven poéticamente non da poieisis senón do conto.
Para non marcar prioridades vou porlle este poema, dos primeiros da lista, ao Apicultor para que faga seu comentario e poida de seguido orientalo, do xeito mais pedagóxico.


Na ribeira acouga nau/
e aniñan no seu mastro os paxaros da terra./
Co compás trazo as roitas en mapas de labranza,/
doe-me a ira do ceo no feble costelame da semente,/
e temo a deriva da flor por ventos desumanos./
Dorme a nau na ribeira,/
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla/
e alma ten de farándula o mascarón da proa,/
Na bítácula garda-se o caderno das luas e a búsola das chúvias,/
unha botella con vello licor de neve./
Canta a laberca nun arpón de ferruxe,/
trinca os cabos un salouco de melro,/
e albiscan os corvos no timón a miúda morte que se deita nas/
beiras/
Todo listo, almirante, para a grande viaxe.

Anónimo dijo...

Un bo profesor, señor experto, ten que ser metódico e, ademais, satisfacer as peticións dos seus alumnos. Se lle pedimos unha primeira orientación que conteña catro ou cinco títulos, debería facelo. Claro que se o reduce a dous, a cousa é moito máis doada.

Mais xurden varias dúbidas: realmente leu TODA a obra de toda esa morea de poetas e, unha vez feitos os descartes, só queda con dous? Se é así, por que antes nos dixo que os leramos todos? Por que lles nega despectivamente a condición de poetas a Lino Braxe, Xosé Devesa (Jose Mª Monterroso Devesa), Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Mato Fondo, Pilar Pallarés, , Manuel Rivas, Xavier Seoane e Xúlio Valcárcel? En que se basea, aparte de dicir que viven do “conto”?

Un bo profesor, señor experto, ten que saber respostar ás preguntas e dúbidas que teñen os seus alumnos. O que non pode facer é, así de primeiras, poñerlles deberes (comentario de texto) sen ter antes aclaradas previamente as dúbidas. Daquela, agardamos impacientes as súas sabias e fundamentadas palabras.

Anónimo dijo...

Non lle nego a condición de poetas, senón de verdadeiros poetas, que é distinto, poetas hai moitos, verdadeiros poetas, moitos, moitos menos.
A relación que pretendo aquí non é a de alumno profesor.
Propuxen un método, para min o mellor, fágame vostede un comentario, logo con ese material, percurarei orientalo.
Pero vostede señor colmenero, quereo todo, e non por nada e cousa tal non pode ser. A mel para quen a traballa, non sexa zángano.

Anónimo dijo...

Se fose profesor (universitario ou de medias), os alumnos habíano correr a gorrazos (algún quedaría coas gañas de acantazalo). Os tempos do profesor lacazán, presuntouso e que non achega nada, e que, aínda por riba, pretende mandar moito, xa pasaron.

Anónimo dijo...

Profesor moi esixente e mandón, que non achega nin demostra nada, mal negocio.

Anónimo dijo...

Apicultor, se tivera algún exemplar daquela revista dos anos 80 que saía en Coruña que se chamaba, LA NAVAL, quizabes aforraría tempo para ler os poetas que saen na foto.
Valeríallle tamén VALIUM DIEZ

Marcos Valcárcel López dijo...

Amigo IACOBUS,
mellor aínda a colección da excepcional LUZES DE GALIZA, onde colaboraron todos eles.

Anónimo dijo...

Non, se ler eu xa lin hai moito tempo parte da obra dalgúns de ditos poetas. De feito debo ter uns doce libros de poesía de varios deles. Ora ben, todos de dez anos para atrás. Daquela, para formarme unha opinión tería que relelos e ler tamén os máis recentes.

Anónimo dijo...

Efectivamente, Marcos, pero eu tiraba polo underground que era por onde eu andaba.
Se non lembro mal, Luces foi a posteriori, pero os fanzines eran as poesias da noite anterior. Nós nalgún Atlántico Express, temos cousas de Xulio Válcarcel, que fixo dereito comigo, Lino Braxe que daquela traballaba na libreiria Souto de Lugo e de Lois Pereiro, con quen compartín moitas tardes de música e leria.
Sabía que lles dera durante un tempo polo reintegracionismo.

Anónimo dijo...

pois póñanse señores, a que agardan, lean e relean.
Pero permítanme que escolla a didáctia que estime mais conveniente, neste caso pragmático, así que os seu comentarios, por favor.

"Se fose profesor (universitario ou de medias)"

Que ten o señor colmero contra os de primaria, consideraos ignorantes ou curtos?

Anónimo dijo...

pois póñanse señores, a que agardan, lean e relean.
Pero permítanme que escolla a didáctia que estime mais conveniente, neste caso pragmático, así que os seu comentarios, por favor.

"Se fose profesor (universitario ou de medias)"

Que ten o señor colmero contra os de primaria, consideraos ignorantes ou curtos?

Anónimo dijo...

Nada teño en contra dos profesores de infantil ou primaria, obviamente. Antes ao contrario. E por iso mesmo non o considero a vostede capacitado para desenvolver docencia en tales ámbitos.

En realidade, non o considero capacitado para ningún tipo de docencia, habida conta de que o único que sabe facer é utilizar é o imperativo: fagan, lean. Sen ofrecer nada a cambio. Pero nada, nadiña.

Anónimo dijo...

Hai tamén vida intelixente mais alá do universo docente, señor colmenero.
E vai vostede un pouco crecidiño para pedir trato paternal como un bacharel ou un iniciado universitario.
Un pouco de madureza, e faga o seu comentario. Eu cumprirei deseguido.As capacidades medirémolas logo con máis obxectividade, non lle parece?

Anónimo dijo...

Non, home. Trato de segundo ciclo.

Anónimo dijo...

¿Como é iso de A MEL PARA QUEN A TRABALLA, NON SEXA ZÁNGANO?

¿Quere o señor P que comentemos semellante cousa ó paso para quen se pon a dar leccións?

Anónimo dijo...

O señor P non ten NPI.

Anónimo dijo...

plbrsnecouvxord.

Anónimo dijo...

Os que non teñen NPI son vostedes señores, que non se decatan de que practico a maiéutica. Comprobo que é imposíbel con vostedes porque non teñen nada ao que axudar a nacer, a ser, referido ao pensamento poético.

Son vostedes unhas mentes pobres cinguidas á molicie intelectual oficial. Só coñecen do saber os exames de bacharelato, de universidade e doctorados rutinarios e previsíbeis, e do pensamento o son retardado dos manuais esluídos que xa só os pobres de espíritu len.

Van polo mundo pedindo identifiación e coa súa pendurada do pescozo, resumindo a vida intelectual a ese exercicio, unha forma de vida que queren impoñer aos demais, porque están convencidos de que é o mellor que se pode ser, e non escoitan, só se escoitan a si mesmos, repetíndose nunha refracción masturbatoria e empobrecedora por máis fogos artificiais que contraten.
CONTENCIÓN
IDENTIFICACIÓN
CERTIFICADO DE AMOLDADIÑO
E XURAMENTO DE ACATAMENTO DA CACIQUIL XERARQUÍA MEDIATICO CULTURAL.

Anónimo dijo...

Non se esforce Sr.P. Iste blogue é moi semellante a un "coro rociero", as primeiras figuras só permiten a entrada de palmeiros.

Anónimo dijo...

Si, todo indica que se trata dun caciqueo mais. Segundo indicios, debe tratarse do grupiño ourensá que controla os actos subvencionados da cidade e comen e non deixan comer nin libremente opinar.

Anónimo dijo...

Vai ter que esforzarse moito o Apicultor para contrarrestar as últimas opinións. As evidencias son difícilmente rebatibles. Nin pedíndolle prestado todo o talante a Zapatero lle vai chagar para darlle a volta a un clamor tan manifesto. El verá o que di. Estamos impacientes por saber a sua resposta. Difícil llo puxeron, certamente.

Anónimo dijo...

Corolario: non convén ser amargado nin acumular resentimento ou envexa, porque se remata facendo o ridículo. Inexorablemente.

Anónimo dijo...

Referido ás argüídas dificultades do señor Apicultor para contestar os últimos comentarios:
mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
Lembro un filme de Tarzán, cando un dos exploradores-pijos-británicos-colonialistas lle manda un tiro a Tarzán, e Tarzán cae desde unha árbore argüidamente para o fondo do regato aquel cheo de crocodilos.
O pijo-malandro exclama: 'Le he dado lo suyo a ese maldito hombre mono, jaja'. E os porteadores... 'Non lle sei, bwana, o Tarzán élle home iuiu'.
iuiu
iuiu
yuyu
iuiu

Anónimo dijo...

Gran contestación do señor nPi(11:10:00 AM): plbrsnecouvxord. Igualiño que os nenos cos móbiles.

Anónimo dijo...

A rñla.

Anónimo dijo...

Qué gran maiéutica a do señor nPi: A rñla. Peor que un neno enrabechado.

Anónimo dijo...

Algunha alma caritativa e temerosa de Deus podíame explicar que vén sendo iso do facebook, como é que furrula e para que vale?
E que me chegan todos os días correos e máis correos do estilo (supoño que a todo o mundo lle pasará o mesmo):
'Tatiana quiere ser tu amiga y para ser amigos tienes que darte de alta en etc. etc. etc.'
Obrigado

Anónimo dijo...

Eu non teño papa de poesía galega contemporánea excepto catro obviedades, así que quero aprender.
Creo que o que pi "denuncia" é que hai por hai catro mangantes energúmenos que se din poetas pero que lle están a mangar o posto (?) aos verdadeiros poetas. Podería dar datos (nomes e apelidos) deses poetas?
Xa me tarda o de apuntarme ao feisbuk a ver se me fago amigo de Feijolito: "Feijolito quiere ser tu amigo. ¿Quieres tú ser su amigo?"

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non foi Tatiana, que fun eu. Sinto despertalo do erro. Diga que si, amigo Medela, diga que si: é terreo axeitadísimo para as súas inquedanzas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Este é o meu. E voulles dicir que un home chamado Apicultor tamén.

Anónimo dijo...

jajajajajaja
É certo; hai uns días foi Vde. Mais onte foi Pili, hoxe Tatiana, mañá Vanessa, pasado Miss Boimorto... Se a miña muller sabe do tema, ponme 'de verano'.
Bweno. Vou tentar darme de alta na paranoia esta do feirbú.-

Anónimo dijo...

Isto do feirbú é unha pasada.
Aprendeumo todiño o sr. Arume. Pena non apareceren Vanessa, Pili nin Tatiana...

Anónimo dijo...

Que lle parace este poema a P? Non se pon o autor para non influír.


dúas persoas sentadas
unha defronte á outra
algo distantes

tanto ten a circunstancia

un bar
un tren
unha oficina pública

s mira a b
con timidez logo volve baixar
a vista

b tamén mira a s

pero as súas olladas
fugaces nunca se cruzan

hai máis personaxes na escena

transcorren entre b e s
crúzanse decote no camiño
das súas olladas

s e mais b aproveitan
algúns deses
movementos circundantes
para volver mirarse

sempre fugazmente

sempre a destempo

ata que calquera
dos dous digamos b
marcha

paga o café
ou ben
chega á estación de destino

e mentres o tren volve partir
ou ben
ao pasar novamente
por diante dos cristais do café
dirixe unha última
vez
o seu ollar cara a s
e continúa a marcha

e a medida
que os corpos se afastan
a esperanza
de as súas olladas
cruzárense
esváese preguiceira

desaparece

Anónimo dijo...

A mellor contestación para tan eficientes receptores.
Ms, se digo nomes e algo mais,imaxínese como se alporizarían este chicos tan recatados e formais.
Mellor deixalos, que a bos entendedores poucas palabras bastan.
Amais algo xa dixen, lean a obra de Pereiro ou Salinas, logo poden comparar.
Adeus, e que sigan tan adocenadiños e coa língua tan ben disposta para certas pertes das grandes figuras oficiais , xa saben, a cultura galega é súa e algún día será vosa.

Anónimo dijo...

Faga a crítica do poema, por favor.

Anónimo dijo...

Eso, que algún dos dilixentes habituais deste blog, faga a crítica.

Anónimo dijo...

Eso, que algún dos dilixentes habituais deste blog, faga a crítica.

Anónimo dijo...

Algo está cambiando.

La Voz de Galicia:

El viento huracanado que estos días hizo estragos en muchos puntos de la geografía de Galicia, ha afectado también a la casa natal de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba-Amoeiro (Ourense), donde tumbó el árbol que simbolizaba la memoria del escritor e intelectual gallego. El pinsapo había crecido al lado del hogar familiar y acompañó la vida del niño Ramón Otero Pedrayo durante años.
El temporal de estos días también causó daños en el tejado de la Fundación Otero Pedrayo, donde se conservan la mayor parte de los objetos personales del escritor, así como su biblioteca personal, que está siendo catalogada.
Hacia finales del mes de junio se celebra allí todos los años el Premio Trasalba.

Anónimo dijo...

O espírito de Don Ramón debe de andar descontento.

Anónimo dijo...

Outeiriño?

Anónimo dijo...

Algo está cambiando e parece que para mellorar! Velaí o Apicultor recoñecendo que o resentemento , envexa e rancor só conducen a facer o ridículo. Nunca é tarde e o home da mostra de estar arrepentido , hai que darlle unha oportunidade , que carafio!

Anónimo dijo...

o XDC pásase de ocurrente e listo.

Anónimo deixe que o Apicultor se reconcilie co xenero humano, e que lle dure.

Anónimo dijo...

apicultor dijo...
Corolario: non convén ser amargado nin acumular resentimento ou envexa, porque se remata facendo o ridículo. Inexorablemente.

mar ene 27, 03:35:00 PM

A min a resposta do Apicultor decepcionoume, deixoume frío, non me inmutou o mais mínimo. A verdade é que esperaba mais del, avezado como está aos argumentos de peso, á dialéctica de combate. Non se complicou a vida e apelou ao recurso fácil, á escapatoria do resentimento e da amargura para non ter que mollarse e nadar, non sei se por falta de bañador ou de musculatura, nas augas turbulentas e cristalinas da poesía de altura. Outra vez será.

Anónimo dijo...

Cantas babecadas din algúns. Paciencia con eles, señores.

Anónimo dijo...

Señor As evidencias Cantan, non o provoque, que logo hai que aguantalo

Anónimo dijo...

Desculpe anónimo, non vira o poema que me pide que comente, cousa que non podo facer, porque non é un poema, senón unha pequena narración en formato de poema.

Anónimo dijo...

Xa chegaron os trolls.

Anónimo dijo...

Non pretendo provocalo, só facerlle ver que desta "marrou" (como se dicía antes no argot futboleiro) a resposta, e, claro, tratándose de poesía, ese ímpetu do espírito de Baudelaire que aniña no home e o enche de fervenzas dionisíacas, a cousa doi mais. "Marrar" é humano e recoñecelo humildemente conférelle mais humanidade aínda.

Anónimo dijo...

Trolls:
identidades internáuticas que acostuman a por en evidencia a incompetencia de pretendidos demiurgos de opinión nalgúns blogs.

Anónimo dijo...

O anterior responde a entrada Troll, no diccionario das Uvas na Solaina.

Anónimo dijo...

Trolls: persoas rancorosas e frustradas que queren dinamitalo todo como se o resto do mundo fose culpábel do seu fracaso e da súa insignificancia.

Anónimo dijo...

A anterior responde a entrada Troll no diccionario de persoas exitosas e ledas.

Anónimo dijo...

Troll, adx. Troleiro (exemplo):

"Non, se ler eu xa lin hai moito tempo parte da obra dalgúns de ditos poetas. De feito debo ter uns doce libros de poesía de varios deles. Ora ben, todos de dez anos para atrás. Daquela, para formarme unha opinión tería que relelos "

Anónimo dijo...

Non fagas máis o ridículo, home de deus.

Anónimo dijo...

Iso xa o fixo vostede por todos.
E un pouco de humor oh!
que este é un espazo lúdico, non se enfade e vaia dinamitalo todo, hai que aledarse, xogar, e tamén saber perder.

Anónimo dijo...

Estás mal, moi mal.

Anónimo dijo...

Mágoa, non da vostede máis de si.

Anónimo dijo...

De todos xeitos propoñolle a Marcos Valcarcel que colgue un poema comentado de poesía galega recente que el estime da mellor, e pasemos xa sen susceptibilidades a aportar o que cada un poida.
Os galegos de interior facedesvos moito pola calada. Ides de listos e a veces non vos enterades de nada.

Anónimo dijo...

Primeiro tiñas que aprender a escribir para ser tomado en serio.

Anónimo dijo...

E non sexas tan obsesivo-compulsivo.

Anónimo dijo...

Eu son obsexivo-copulativo.

Anónimo dijo...

O señor vai esgotado, hai xa uns cantos post que dá encefalograma plano. Estamos a falar cunha mente morta, unha pantasma compulsiva, non recoñecen ese eco de ultratumba?

-"Estás mal, moi mal."
-"Non fagas máis o ridículo, home de deus."
-"E non sexas tan obsesivo-compulsivo."
"Primeiro tiñas que aprender a escribir para ser tomado en serio."

Anónimo dijo...

De verdá que eu enviaba a un gulag a Siberia a -40ºC a todos aqueles listillos comidos pola envexa que, sen ter puta idea do que falan, poñen a caer dun burro aos demais porque lles sae do carallo. Tamén os paranoicos que falan sós como o último que escribe. Menos mamoneo e a traballar de pico e pala.

Anónimo dijo...

Beria de Siberia para de facer o tonto ou sigue, pero decátate que o es.

Anónimo dijo...

Perdoádeme, que non quero ofender, pero este fío ven sendo a consagración da estupidez. (Se alguén se sinte ferido polo castelanismo, xuro que podo aportar más de doce sinónimos de estúpido en pura lingua galega. A pureza non a determinei eu, nin o ILG nin a RAG, nin Deus bendito, se nón a fala do pobo) E con isto dígovos adeus por algún tempo, ou, talvez, para sempre.

Xa vos dixen que estou moi aburrido.

Anónimo dijo...

Non home, non, non marche. Esto elle algo pasaxeiro.

Este blog é un ser vivo, e ten os seus biorritmos, os seus altobaixos. Habería que investigar outrasas entradas en meses e anos anteriores. Teño a sospeita de que coinciden con certas fases da lúa. Este blog vai dar moito para investigar. Cando non lle aporten nada interesante os novos fíos, busque nos vellos. Este blog é unha mina de ouro. Ten vetas boas e non tan boas. Non se deixe cegar por circunstancias ou fíos coyunturáis. Esta é unha tertulia a longo plazo, Monsieur O Mesmo.