Ezra Pound.
pan por pan 29-1-09
Hoxe, chova ou non, gustaríame empezar o día facendo algo valioso. Algo que non se poida mercar con cartos e que non aspire a cotizar en bolsa. Por exemplo, algo de verdade útil. Como compartir con vostedes uns versos. Como estes do gran Ezra Pound (‘O desván’):
‘Vén, apiadémonos dos que teñen máis fortuna que nós. /
Vén, amiga, e lembra /
que os ricos teñen mordomos en vez de amigos, /
e nós temos amigos en vez de mordomos. /
Ven, apiadémonos dos casados e dos solteiros. /
A aurora entra cos seus pés miudiños /
como unha dourada Pavlova, /
e eu estou perto do meu desexo. /
Nada hai na vida que sexa mellor/
que esta hora de limpa frescura, /
a hora de espertarnos xuntos’.
Eu, co permiso de todos vostedes, voullos dedicar, a xeito de alborada galega, á miña María, que ben os merece. E seguro que vostedes, a pouco que pensen, teñen tamén alguén a quen dirixírllelos.
87 comentarios:
Recoméndolle a preciosa escea descrita por Brodsky dunha entrevista de Susan Sontag con Olga Rudge na casa de Pound en Venezia: NA PÁXINA 22.
Un dos meus poemas favoritos:
Oda a Venecia
Tiene el mar su mecánica como el amor sus símbolos.
Con que trajín se alza una cortina roja
o en esta embocadura de escenario vacío
suena un rumor de estatuas, hojas de lirio, alfanjes,
palomas que descienden y suavemente pósanse.
Componer con chalinas un ajedrez verdoso.
El moho en mi mejilla recuerda el tiempo ido
y una gota de plomo hierve en mi corazón.
Llevé la mano al pecho, y el reloj corrobora
la razón de las nubes y su velamen yerto.
Asciende una marea, rosas equilibristas
sobre el arco voltaico de la noche en Venecia
aquel año de mi adolescencia perdida,
mármol en la Dogana como observaba Pound
y la masa de un féretro en los densos canales.
Id más allá, muy lejos aún, hondo en la noche,
sobre el tapiz del Dux, sombras entretejidas,
príncipes o nereidas que el tiempo destruyó.
Que pureza un desnudo o adolescente muerto
en las inmensas salas del recuerdo en penumbra
¿Estuve aquí? ¿Habré de creer que éste he sido
y éste fue el sufrimiento que punzaba mi piel?
Qué frágil era entonces, y por qué. ¿Es más verdad,
copos que os diferís en el parque nevado,
el que hoy así acoge vuestro amor en el rostro
o aquel que allá en Venecia de belleza murió?
Las piedras vivas hablan de un recuerdo presente.
Como la vena insiste sus conductos de sangre,
va, viene y se remonta nuevamente al planeta
y así la vida expande en batán silencioso,
el pasado se afirma en mí a esta hora incierta.
Tanto he escrito, y entonces tanto escribí. No sé
si valía la pena o la vale. Tú, por quien
es más cierta mi vida, y vosotros que oís
en mi verso otra esfera, sabréis su signo o arte.
Dilo, pues, o decidlo, y dulcemente acaso
mintáis a mi tristeza. Noche, noche en Venecia
va para cinco años, ¿cómo tan lejos? Soy
el que fui entonces, sé tensarme y ser herido
por la pura belleza como entonces, violín
que parte en dos aires de una noche de estío
cuando el mundo no puede soportar su ansiedad
de ser bello.
Pere Gimferrer
Comenten os poemas, Apicultor, ese suposto poeta P, Arume dos Piñeiros, Marcos Valcarcel, mollense un pouquiño, sería realmente interesante. Porque copiar podense colgar miles, pero porque se escollen, que lle chama a atención ao seleccionador de poemas?, que escoita?
Comenta ti, que a min dame a risa.
"Batán silencioso", ese oxymoron vale por todo o poema. "Rumor de estatuas" tamén vale, pero é máis esperable. "Hojas de lirio, alfanjes", con aliteración e contraste, parece excelente solución. Quizáis me quede con "Noche, noche en Venecia", ese mantra, esa música.
Don Apicultor, nunca lle lera unha frase tan esquelética. Botou vostede uns días sen vir por aquí e voltou mais lixeiro de equipaxe/frase que nunca. Non será que se ausentou para someter o estilo a unha operación de adelgazamento?
Faría a liposucción estilística
"Tiene al mar su mecánica como el amor sus símbolos."
Excusa dunha verdade con pretensión lóxica que pretende darlle fundamento ao facerse do poema, que se vai armando nunha cadencia estetizante relatando un feito que ten pouco de sentido, de emocionalmente sentido e apela a unha linguaxe preciosista e cultista para cubrir o seu bacio, que non é outro que a incapacidade de chantar o poema como realiade que sexa ahí, para facerse escoitar.
Poesía esluida, de segundas, poesía da poesía, lectura aburrida, poesía sen poesìa.
No poema de pond resoa a voz proverbial de confucio. Sempre admirei nel os versos longos, a súa capacidade para encontrar na prosa o poema e no poema a prosa e adicarlle a mesma atención, .
Pero no poema ao fatalismo do mundo dado dunha vez e para sempre, ese mundo da tradición no que so cabe acomodarse do mellor xeito para disfrutar da felicidade, oponselle o vivo impulso da pasión, xa moderna, renacentista, na que a emociòn podería ser a medida de tódalas cousas e perfilar a realidade.
"A cidade é unha muller sen peitos"
Eu aprendo (e, ás veces, tamén escacho a rir).
Pound:
Excusa dunha verdade con pretensión lóxica que pretende darlle fundamento ao facerse do poema, que se vai armando nunha cadencia estetizante relatando un feito que ten pouco de sentido, de emocionalmente sentido e apela a unha linguaxe preciosista e cultista para cubrir o seu bacio, que non é outro que a incapacidade de chantar o poema como realiade que sexa ahí, para facerse escoitar. Poesía esluida, de segundas, poesía da poesía, lectura aburrida, poesía sen poesìa.
Gimferer:
No poema resoa a voz proverbial de confucio. Sempre admirei nel os versos longos, a súa capacidade para encontrar na prosa o poema e no poema a prosa e adicarlle a mesma atención.
Pero no poema ao fatalismo do mundo dado dunha vez e para sempre, ese mundo da tradición no que so cabe acomodarse do mellor xeito para disfrutar da felicidade, oponselle o vivo impulso da pasión, xa moderna, renacentista, na que a emociòn podería ser a medida de tódalas cousas e perfilar a realidade.
Moito riso, pouco siso. A risa é descontrol, non ten que ver co humor. Calquera que lese a Pound e a Ginferrer decataríase da estulticia da inversión.
!Batán silencioso, rumor de estatuas!, por deus!, que oximorons tan relamidos.
Prefiro:
"negro leite da alba bebémoste a tarde.
"Alfanjes"!
non o soporto!
"palomas que descienden y suavemente pósanse"..." rosas equilibristas sobre el arco vostáico de la noche".
.... .... ... ...
...estou convencido, este é un poema para os que non lles gusta a poesía senón o ripio, cousa que respeto, sen dúbida algunha.
"hora incierta"
"...violín
que parte en dos aires de una noche de estío ..."
Pero non podo tomar en serio.
¡Que exhibición! Máis, quremos máis.
I
Esta bien y es una norma: fuera del paraíso,
recordando, no a Eliot, sino una traducción de Eliot,
(nuestra vida como los pocos versos que quedan de T. E. Hulme)
las naves que conducen a los guerreros difuntos,
(qué dios, qué héroe bajo los cielos recibirá esta carga),
la madera clafateada, el chapaleo las oscuras olas,
avanzando, no hacia un reino ignorado, no hacia el recuerdo
o la infancia,
sino más bien hacia lo conocido. Así vuelve de pronto Milán,
una noche, a los dieciséis años: luz en la luz, relámpago,
rosa y cruz de la aurora (los tranvías, disueltos en el crepúsculo,
de oro, de oro y en mi pecho qué frágiles)
Dido y Eneas, sólo una máscara de nieve,
un vaciado en yeso tras el maquillaje escarlata,
como danzarina etrusca,
cálido fox,
oscuro petirrojo,
la imperial de los ómnibus de Nueva Orleans está pintada
de amarillo
y hay que bailar con un alfiler de oro en la mejilla
(como cuando se rezan oraciones para conjurar al Ruiseñor
y la Rosa o al milano en la tarde)
Amor mío, amor mío, dulce espada,
las llamas invadieron las torres de Cartago y sus jardines,
qué concierto en la nieve para piano
qué concierto en la nieve.
II
Y aún nos es posible cierta aspiración al equilibrio,
la pureza de líneas, el trazado de un diseño,
el olvido de la retórica de lo explícito por la retórica de las alusiones,
los recursos del arte (la piedra presiente la forma),
el recuerdo de una tarde de amor o un rezo en la capilla
del colegio,
la vidriera teñía los rostros de un esplendor violeta,
naufragaban en la claridad submarina las hebillas de oro
de los caballeros,
todo en escorzo, la luz amarilla chorreando en las botas
y los cintos,
las cabezas extáticas, vueltas al cielo raso, porcelana de la tarde,
la quilla, los velámenes,
(qué costas y escolleras),
las islas, timonel,
en el viento nos llegan los cabellos de una sirena, las arenas
doradas,
historias de hombres ahogados en el mar.
¿Qué costas? ¿Qué legiones?
O que colgou o poema anterior, que o comente, colgar por colgar pouco aporta.
Non se preocupe por versos lambidos dúas veces, por substantivos curvos e insoportables ou versos que non é quen de aturar, xa sabe que
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Para quen queira desmentir os versos "el olvido de la retórica de lo explícito por la retórica de las alusiones", pode consultar Tornado do grande Gimferrer.,
El non che sabe inglés, Arumes.
Magníficos versos e discusións estilísticas.
Pero, son vostede realmente quen de disfrutar das páxinas ou os versos de alguén prescindindo da súa biografía? Se é así, resúltame admirable, porque a min os prexuizos sobre algúns autores pódenme a miúdo. E non é que me sinta precisamente orgulloso diso.
Funcionan os prexuízos, como coas persoas que coñeces fóra do ámbito literario. Convén rachalos, pero non sempre se consegue. Non hai tampouco que facer.
Grazas polas indicacións pero o que coñezo de Gimferrer non me incita mais a curiosidade.
Os horizontes de lectura son destruibeis, e pode, as veces, esa ruptura dar lugar a unha proximidade fascinadora.
Non me preocupo polos versos lambidos dúas veces. A diferencia vai na língua que lambe, língua que cunha nímia variación descubriría outro sabor no mais crú do duro inverno.
Gostaríame señor Arume que me dese a súa impresión deste poema, logo dareille a miña e tiraremos, coido, algo de interese.
In Den Flüssen nördlich der Zukunft
werf ich das Netz aus,das du
zögernd beschwerst
mit von Steinem geschriebenen
Schatten.
(Paul Celan)
Nos ríos ao norte do futuro
boto a rede que ti
indecisa lastra
de sombras escritas
con pedras.
Tampouco che sabe alemán, Arumes.
Cóllase unha edición bilingüe, copíese e velaí a fantasmada.
EN LOS RÍOS
En los ríos, al norte del futuro,
tiendo la red que tú
titubeante cargas
de escritura de piedras,
sombras.
De "Cambio de aliento" 1967
Versión de José Ángel Valente
Non teño nin idea de alemán. Pero esta traducción de Valente parece distinta. Solicito aclaracións.
É mellor a primeira. Pero dame a impresión de que hai matices sutís que non capta a traducción. É moi probable que me engane, non me fagan moito caso. Pero a mín, a bote pronto, dame a sensación de que son, por decilo así, "septentrionáis ríos de futuro". Bota a rede nos "ríos de futuro". Na rede van sombras, escritas con pedras.
Pero é todo tan sutil, que seguramente sólo un nativo pode captar a verdadeira idea.
É curioso, a primeira traducción parece mellor "na letra". Pero a segunda parece captar "o espíritu". Non sei...
Lourixeeeeeeee!!!!!!
Non sei qué fago discutindo un poema,si non on entendo nin en castelán. Jajajaj.
En los ríos, al norte, del futuro.
En los ríos, al norte del futuro.
LOurixe!!!
Cal das duas éé!!
E a rede está, literalmente,"CON DE piedra escritas sombras". A construcción gramatical é a habitual. Pero esa duas preposiciós seguidas "mit von", "con de"...A vostedes parécelles o mesmo escritura "con pedras" que escritura "de pedras". O "con" refírese máis ben ó contido da rede. Logo é "Rede CON sombras escritas DE pedra". É o que me parece a mín, leído así de un tirón. PEro non me fagan moito caso.
Lourixeeeee!!!
Into the rivers north of the future
I cast out the net, that you
hesitantly burden
with stone-engraved
shadows.
Nei fiumi a nord del futuro
io lancio la rete che tu
esitante aggravi
con ombre scritte
da pietre.
Nos rios
Nos rios ao norte do futuro
jogo a rede que, tu
lastras sempre
com sombras escritas
de pedras.
NOS RIOS AO NORTE DO FUTURO
lanço a rede que tu
hesitante carregas
com sombras escritas por
pedras.
Tradução: Claúdia Cavalcanti
DANS LES FLEUVES au nord du futur
je jette le filet
qu'indécise tu charges
d'ombres, écriture
de pierres."
O das preposiciós sempre é un lío, pero na poesía vexo que xa é para flipar. Sobre todo neses múltiples casos nos que non se usa necesariamente a mesma preposición, coma no caso de o material "de", "con","en", que está feito algo. Si se suman dus preposiciós "liosas", xa a temos montada.
A ver, a ver.
Nós decimos que algo está escrito "a" tinta, "con" tiza, ou cómo é. Ou "a lápiz" "con bolígrafo".
As sombras están escritas "con tinta de pedra"!!!!. Eso é!!. É o que me transmite. É "o material", non as pedras en sí!!!.
Este poema vaime volver tolo.
Menudo lío con sólo cinco versos.
"da pietre", en italiano. Hummm.
Arume, eso signica máis ben "de pedra" que "con pedras", non?.
Da pietre ten o sentido de procedencia: "que ven das pedras ou que está feito de pedras".
O poema, en todos os casos, contén o suficiente fondo enigmático para que os amantes da poesía do coñecemento se poñan as botas. Non me estraña que o propio Valente lle metera o dente.
As aclaracións dallas o mesmo Valente, Arume. Toma vostede a traducción do seu Cuaderno de Versiones, e son a verdade, versións moi libres, tanto como os vinteun sonetos que Celan lle versionou a Shakespeare.
O poema é unha soa frase e remite a súa poética.
Adeus ríos, adeus nortes.
adeus redes con acenos.
Adeus pedra escrita en sombra
nun futuro nos veremos.
"Nos ríos ao norte do futuro"
onde o poeta percura o sentido, entre o silencio e o vacío do aínda non pronunciado, bota a rede.
Agora vostedes please...
Nada podía ser máis frio ou mais remoto que eses rios, nin mais baleiro ou mudo que esas sombras, porén, entre elas, un eu bota unha rede e un tu parece axudar.
O norte, na tradición xudeu-hebraica, que significa? O maligno, a perversión? Lembrade o aquilón, o vento do norte, do que fala Xeremías: ab Aquilone pandetur omne malum" (Xer, 1-14).
Celan escribiu este poema e outros tamén pequenos, logo dun longo silencio cando comezaba a sair dunha forte depresión.O norte pode ser o mal,o ameazante descoñecido, mais surcado ainda de esperanza polos rios; o sentido que se adentra no frio descoñecido.
Celan recorre con frecuencia a tradición hebraica e mesmo tira da Cabala, cabe esa influencia, mais non moi forte nin moi clara neste poema. Boa observación Arume.
A ver se mañá me fago un oco e nos pomos co "cambio de alento"
Os ríos: super flumina Babylonis. A rede clásica das peixerías do Tiberíades. As pedras das lapidacións. Os cálculos dos dias fastos e nefastos. As táboas pétreas de Moisés. As escrituras. A sombra no libro de Iob: "sicut umbra dies nostri sunt super terram".
A pedra é tamé a pena, o "pecado", o castigo por non coñecer a resposta á pregunta da esfinxe, a carga que hai que arrastrar hasta a montaña, e volve caer,o peso sobre o peito nos pesadelos...
Ela indecisa tenta coas sombras-lastre, situar a rede que el bota ao norte do futuro para xuntos acadar o sentido.
Celán con palabras, e Gisele, a súa muller coas súas LITOgrafias.
Celan fuxiu sempre da presentación directa e clara do sentido, porque partía da convicción de que non se pode dar con claridade xa que para que a palabra leve verdade, debe ter sombra, cito de memoria:
Fala ti o último
pronuncia o teu proverbio
pero non separes o non do si,
dálle sombra.
A coincidencia neste poema coas sombras que estampa a litografía redondea o horizonte do poema sen perder nada desa extraordinaria abstracción coa que nos "asombra" Celan.
EXERCICIO POÉTICO
Faga con estes substantivos
Pedras
Sombras
Norte
Futuro
Ríos
Rede
estos verbos
Botar
Lastrar
Escribir
e este adxectivo
Indecisa
un poema.
Pódense utilizar eu e ti coma pronomes.
Este é un poema dunha frase Arume, mais sucede con outros de Celan que logo de adentrarse neles, repítelo porque a súa e a mellor forma de dicilo. Sucédelle aos mellores poemas dos mellores poetas.
Señor Arume, a poesía non é xuntar substantivos con verbos, darlle á manivela e logo a ver que pasa. O poema ten un sentido, non é unicamente forma ou música.
As sombras son necesarias para a verdade,para a confesión,(nos confesionarios non hai luz, na intimidade, estando con unha mesma sae mellor a verdade), é necesario ese recollemento.
Pois sinto defraudala, pero a poesía si é xuntanza de verbos, substantivos e adxectivos. Mesmo algún pronome vaille ben ao choio. Os adverbios de lugar ben colocados fan moito. A sintaxe, a pesar do nome, resulta fundamental. Sen gramática, perdoe, non hai poesía.
Sobre o recollemento, permítame amosar a miña íntima desconfianza. Desde que san juan de la cruz foi considerado poeta todo enigma é apoteose.
E non crea.
é certo que na boa poesía contemporánea as palabras gravitan sobre o seu sentido e tenden a relaxarse as relacións sintácticas. Recúrrese a enumeración, suprimense, nexos, ou úsanse con calculada ambigüidade. Pode dicirse que habería unha metasintaxe, pero esto é como dicir que todo é lóxico.
Ninguén dixo que non fose necesario o significante,(ao fin está feita con verbas) pero non é suficiente, cómpre o significado para que teña sentido, O que digo é que son necesarias outro tipo de relacións ademais das sintácticas ( como ás semánticas).
Vivimos no reino da hipálaxe.
A súa maxestade a Hipalaxe, retirase ao fondo da noite para se espir.
Lastrado de sombras, perdido e indeciso
na rede de ríos das terras do norte
escritas nas pedras, botadas as contas:
Nada no futuro, quizáis sólo a morte.
Vaia. Puden poñer "escritas CON pedras". Ao fin e ao cabo é a orixe do "calculus".
Un día explícolles cómo se pode demostrar, cunha sinxela disposición "matricial" de pedras, que S(n)=n(n+1)/2. Onde S(n) é a suma dos "n" primeiros números naturáis.
Coa mesma disposición pódese probar que S(I)= I^2 . Onde S(I) é a suma dos I primeiros impares.
Coa mesma disposición pódense demostrar moitísimos teoremas. As pedras valen para moitísimas cousas. Non!! Non mas tiren!!!!.
Coas sombras, xa non lle conto.
Sombras nada maaaaassss...
A sombra non é máis que a ausencia de luz. As sombras non son necesariamente negras, sinón que teñen o color do obxecto sobre o que se asentan. Como os fluidos nos recipientes. A sombra non é un fluido. Ou sí. Flue lentamente có movemento do sol, polo tanto é un fluido viscoso.
Non hai nada que podia superar a velocidade da luz. Pero, a velocidade da sombra, eso é outra cousa!!. Polo tanto, poderíase transmitir información a velocidades superiores á luz, coa sombra?. A sombra non é algo material, non ten "masa en reposo", por o tanto a relatividade "refanfínflalla".
Xa vou inventar unha nave espacial feita de sombras, pra viaxar ao pasado. Unha nave-burato negro.
As sombras, no ecuador teñen unha loxitude de cero. No polo Norte, infinito. Vaia. Puden meter esto no poema no que tiña que ligar sombra-norte.
Pódese saber onde está o norte mirando para onde apuntan as sombras ás doce. O malo é saber cando son as doce!. Boeno. É fácil. As doce é a hora á que me pega a fame. Si me pega a fame antes de tempo, confundo a carrtera de Santiago coa de Monforte. Chaego a Monforte, e dinme: "Pero tí que fas aiquí??". Eu respondo: "E que tiña tanta fame...".
Vostedes poden pensar que ir cara o sur é sinxelo: bastaría con alonxarse, de cú,da estrela polar. Non é tan sinxelo. O máis normal é que se perda. Igual ten razón o Arume cando dí que o Norte é o camiño do Mal, porque xa decía o meu catecismo que "O camiño do Mal é sinxelo".
A Sombra é unha carta do tarot á que o Jung lle sacóu moito partido, no estudo no que realcionaba as cartas de esta baraxa cós "arquetipos". Mágoa que a Lewis Carrrol lle dera por a baraxa de póker pra escribir Alicia. A do tarot daríalle máis xogo. Pero, claro, como era relixioso e o tarot é "cousa de bruxas"...
Un sombreiro é un "facedor de sombras".
-Profesión?
-Sombreiro. Estóu aiquí pra facerlle sombra a outro.
No uolof a palabra "sombra" é sospeitosamente parecida a "casa". Si é verdade que vimos de África, entón as primeiras construcciós igual foron pra protexerse do sol, e non do resto dos elementos que chamamos "intemperie".
Cando hai unha sombra moi grande, moi grande, dícese que "é de noite". Cada sombra é unha pequena noite, unha noite en miniatura. A parte de noite que é tan pequena que non pode descompoñerse máis, porque deixaría de ser noite, chámase "átomo de noite". Si o rompes, faise un día de cen mil soles, é como unha bomba atómica.
Sombra, creo que tamén é unha marca de tabaco. Non sei certo, porque eu non fumo. Pero tamén quedaría ben "fumar sombra". recoller unha sombra do chau, enroscala coma si fora unha folla de tabaco, e fumala. E as sombras non son todas iguáis!!!. Nótaselle ben no sabor!!!.
Vaia. A cousa iba de pedras, e logo liéime coas sombras. Pois as pedras quedan para outro día, mellor dito para outra noite.
Pulvis (con perdón) et umbra sumus (Horacio, Carm. 4,7,16)
VariaciÓn do poema:
Lastrado de sombras,perdido,indeciso
na rede de ríos das terras do norte
Escritas con pedras, botadas as contas:
Non hai máis futuro que buscar a morte.
Si eu fora o Adolfo Domínguez xa sacaba unha liña de camisetas "fashion" coa frase do Arume.
O inglés está moi visto nesa clase de prendas. No latín está o futuro. Escollendo a tipografía axeitada, poden causar sensación.
Igual mando facer unha cantas e véndoas en Lugo, no próximo "Arde Lucus".
Malos tempos para a poesía
excelentes para os remedos de poesía.
A idea dunha poesía verdadeira, vivida, sentida ata nos tuétanos, sinceira, que, ademáis, conduce á desesperación, á morte e á destrucción é moi fructífera.
Moi romántica, arrebatadoramente romántica.
Pero non é a única. Nin a verdadeira.
A arte como a filosofía non poden mentir. Se haí falsidade tráxica será unha mala obra, se hai tedio, banalidade, efimeridade, realmente ficcionadas será unha obra de arte.
A verdade fóra do ámbito das matemáticas e da lóxica, fóra do ámbito apriorístico é un camiño, unha orientación, un destino.
A diferencia é entre boa e mala poesía, non entre a súa temática, existencial o lúdica.
As aportacións cognitivas dependen, non da profusión de datos senón da relacións entre eles. O coñecemento é sempre relación, novas relacións, inesperadas relacións, descubrimento.
No último comentario de Arume, sustituir "poesía" por "nacionalismo".
Xoan da Cova, cada día estas peor.
Como se determina a falsidade, o baleiro dunha obra dramática? Cal é a forma de recoñecelo?
Por iso a min me gustan sempre as comedias.
O primeiro e lelas, relelas, logo como dan que pensar de seguido ir desengranando os pensamentos coas axudas da experiencia e dos estudos literarios, filosóxicos,filosóficos, cientíticos...
Parece que a Cova está húmida e prodúcense cortocircuitos neuronais nos similudadores de experiencia.
"A arte como a filosofía non poden mentir".
E os artistas e os filósofos poden mentir?
É vostede artista ou filósofo, Bender/Wender?
Bender, Futurama, of course.
E nin minto nin digo a verdade, mais ben todo o contrario.
Pois este Bender debe traer instalados uns programas de interpretación poética de última xeración.
Que importa saber quen son, nin de onde veño nin a onde vou...se vagamundo é o propio mundo...
Non será vostede, Bender, o de Paris, Texas.
Permítanme este haiku á mugardesa:
Eu quero ser
por un segundo
Harry Dean Stanton.
Cortocircuitos neuronáis?? Qué bó!.
O axón da neurona empata con unha das dendritas, e prodúcese un curioso fenómeno de feed-back, un acople como os dos micrófonos PIIIIIII.
Anque, pensándoo mellor, igual se parece máis a un imposible "movíl perpetuo de primeira especie". Demasiado endogámico o asunto. O que lle ensina o axón, xa o sabe a neurona. Pasa como nas universidades españolas, nas que se poñen a dar clases os mesmos que aprenderon nelas. Non poden aportar nada novo. Así lles vai.
"Cortocircuito mental da Universidade española". Bó título para un artigo sobre o asunto.
A min gústame moito unha frase que dí : " Un experto é unha persoa que non pensa, porque sabe".
Poderá haber simuladores de pensar, ou simuladores de saber?.
Xa o pensaréi (!) logo, que agora teño que mercar o pan da cea, sinon a miña dona escarállame.
Señor XDC, permítome unha variante da súa versión do poema:
Lastrado de sombras,perdido,indeciso
na rede de ríos das terras da morte
Escritas con pedras, botadas as contas:
Non hai máis futuro que buscar o norte.
Se o traduce ao uolof aínda tera máis sentido
un saúdo
Eu quero ser
un segundo
Harry Dean Stanton.
O asunto clave señor Da Cova é o problema mente-cerebro.
Cuestión delicada e que está a provocar cismas, cismes e ciumes.
Acaba de exemplificar perfectamente a importancia neste caso dunha preposición. Para que logo digan.
Son vostedes uns enredadores pero non lastran e non dan sombra.
Outra:
Do óbito suave
da carreira do pracer
recibía no seu corpo a meta.
Óbito suave. A pequena morte. O leve deceso. A cálida defunción. O tránsito doce. Eu que sei.
Arume bota fume.
Mente-Cerebro?.
Ah!.
Algús chámanlle Software-Hardware.
O meu non era un poema, Anónimo. Era un exercicio que puxo o mestre Arume. Pero vaille dar ao de vostede máis nota que a mín.
Imaxino que están ben eses exercicios. Facer un poema con tales palabras, con tal métrica. Poñer unha serie de "condiciós límite", por empregar a xerga das ecuaciós diferenciáis, e demostrar que existe solución polo rudimentario método de atopar unha "solución particular".
Desculpen. Cando bebo alcohol teño tendencia a empregar termos matemáticos.Debe de ser que o alcól inhibe a actividade das capas máis superficiáis da codia cerebral, e entran en xogo un substrato de fai vinte anos. Si sigo bebendo, prodúcense regresiós máis lontanas no tempo aínda. Hasta chegar ao "cerebro de reptil" coa correspondente "conducta de reptil". E agora estóu tomando unha crema de güiski nun dos meus locáis preferidos.
Algo estraño é a alma(mente) sobre a terra.
G.Trakl
http://lumerkoz.edu Incredible site!, http://www.comicspace.com/celexa/ disagree http://rc8forum.com/members/Buy-Azithromycin.aspx bjarkby inverter http://barborazychova.com/members/Buy-Nizoral.aspx annexes http://riderx.info/members/Buy-Celebrex-Online.aspx receivership waiter http://barborazychova.com/members/Buy-Crestor.aspx prosperity
Publicar un comentario