30 ene 2009


FIRENZE EN CADEIRA DE RODAS (para ARUME, cómo non!)
(Vai, con retraso, esta minicrónica da viaxe a Florencia entre o 16 e o 19)

Convidados polo meu cuñado, Millán Picouto, e a súa compañeira Deborah, fixemos unha rápida visita a Florencia. Saímos do Porto un venres, de madrugada, e dúas horas e pico logo xa estabamos en Pisa. No avión vimos alborexar o día, unha xornada soleada e clara, atravesando os Pirineos, os Alpes e o golfo de Xénova. En Pisa collemos un autobús ata Florencia, que nos recibiu cun atasco de tráfico xigantesco, o que nos retrasou máis dunha hora.
Paramos no Hotel Maxim´s, no mesmo centro da cidade, unha casa antiga, pero cómoda e quentiña, coa calefacción a tope. A miña primeira sensación foi o frío na rúa, pois non o esperaba, pero o solventamos cunha mantiña que trouxo Deborah da súa casa. A vantaxe é que nestas datas non hai demasiada xente e non hai que facer colas para entrar nos monumentos.
A segunda sensación potente foi ver aboiar a cúpula do Duomo, como un globo xigantesco, no centro das rúas da cidade. A primeira tarde e noite foi só o encontro, fascinante, coa beleza da cidade. Achegámonos xa, de noite, á Ponte Vecchio e á dozura do Arno.
O sábado xa foi xornada de visitas con detalle: o Duomo de Santa María del Fiore e as portas de Ghiberti, o Baptisterio (encantáronme os frescos apocalípticos do interior), Santa María della Santa Croce, Piazza della Signoria, Piazza della Republica, Santa María Novella, Hospital dos Inocentes, Santa María Annunciata, etc. Non podo entrar en detalles: só indicar que ó entrar no Duomo, encontrei austero e sobrio o interior. Logo entendín o que me pasaba: faltábame o Barroco que estamos afeitos a ver os galegos dende nenos nas nosas igrexas.
Tivemos ademais, na xornada do sábado, a compaña dun guía, Enrico Santini e a súa dona, que comeron connosco, descifráronnos tantos tesouros e agasalláronos cunha chea de anécdotas de Miguel Ángel, Brunelleschi e todos eses xenios.
Da arte vista neses días, sorprendeume a presenza de Giotto e os pintores da súa escola na cidade e, por suposto, case todo o que se pode admirar nos Uffizzi, dende a Venus de Tiziano a Miguel Ángel, pasando por Leonardo, Caravaggio, etc. E algunhas sorpresas en obras de Bronzino, Parmigianino e outros mestres. Ós Uffizzi dedicámoslle boa parte do domingo.
Tamén me encheu de emoción espertar escoitando as campás do Duomo e doutras igrexas. Outra tardiña dedicámola toda a San Miniato, visitando o interior da basílica, tan orixinal e sorprendente, e deleitándonos nas fermosas vistas de Florencia dende alí e dalgunhas grandes casas do arredor e as paisaxes típicas da Toscana.
Fomos varias veces á Ponte Vecchio e lembreime do meu pai: canto lle gustaría poder ver estas xoierías!
A comida, italiana, agás unha cea nun chinés, e probamos a grapa e os doces e licores típicos (non había que conducir).
Tamén houbo tempo para visitar algunha gran libraría: autores españois máis visibles, Javier Marías e César Vidal (uf!).
Firenze, por razóns patrimoniais, non é unha cidade nada doada para visitar en cadeira de rodas: chan non liso, beirarrúas demasiado estreitas, etc. Solucionámolo co esforzo continuado de Millán, María, Deborah e a súa filla Fernanda, e o amigo desta, Paulo. Graciñas de corazón a todos/as eles. Foi unha visita fermosa, ben aproveitada, ben agradable. Nas miñas circunstancias, un auténtico milagre de fermosura e historia.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

Fermosa crónica e impresionantes fotografías dunha cidade inmensa, alucinante. Aproveitade para saboreala, para vivila, para sentila. Quen me dera acompañarvos, facervos de guía, transitar unha a unha as súas rúas, sen descanso! Desfrutade. Facédea máis grande, máis humana.
Fondas apertas (e un bico enorme para María).

Anónimo dijo...

Xa nos tardaban a crónica e as fotos de Florenza. Excelente crónica, moi boas fotos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Moitas gracias por esta evocación de Firenze. Desfrutei de cada unha das súas palabras, amigo Marcos. Recorrín con vostede, coa emoción encesa, as rúas de esa cidade fascinante. Moitas gracias por este fermoso agasallo.

Anónimo dijo...

César Vidal, buen autor

Anónimo dijo...

Ah. Firenze.
Felicidades Marcos por este coñecemento. Graciñas por compartir estas rúas, a lembranza de San Miniato al Monte, o son das campás e a grappa. A rascona e popular Julia, por exemplo.
As fotos de excelencia hiperrealista. Boa cámara. No primeiro plano desde o Piazzale Michel Angelo véseche a cara -o perfil- de gozar da experiencia ata nos pelos do nariz... Bromas aparte, ¿E nós como lle chamamos?
Firenze, Florence, Florença, Florencia... A wikipedia di que Florencia, eu non sei.

Anónimo dijo...

Boa cámara, ou mellor o retratista.

Anónimo dijo...

É Firenze, solamente. Como A Coruña é sólo A Coruña e nunca La Coruña, nin La Corogne. Digo eu, que non entendo de eso.

Anónimo dijo...

Era eu

Anónimo dijo...

Nada diso, meu.
Os exónimos están na historia desde sempre. Os topónimos grandes -tipo Londrés, Moscova, Firenze, Paris, O Cairo, Viena -teñen formas variadas coas linguas. Está na nosa mau se queremos meter topónimos nosos na primeira división, nesa división de, digamos, Firenze, Londra, Parigi, Saragosa... etc.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ingalaterra xa.

Anónimo dijo...

Digo eu que entón tamén poderá decirse La Coruña, em español, non?.

Non "cachóu" vostede a miña ironía. Ou sí?.

Anónimo dijo...

ARNO?.
ARNO-IA.

"Desperteime coa emoción das campás do Duomo". Beylismo?.

Ate jà.

Anónimo dijo...

ARN-O
ARN-OIA
ARN-UIDE
ARN-OSO
ARN-ADO
ARN-ADELO
ARN-ADA
ARN-ADE
ARN-ALDOS
ARN-AO
ANR-NEGO
ARN-ELA
ARN-ELIRO
ARN-EXO
ARN-OOBA
ARN-OIS
ARN-OS
ARN-OSA

ARM-ENTEIRA
ARM-ILO
ARM-IELA
ARM-IL
ARM-ILDA
ARM-UCELA
ARM-ONDA
ARM-ARIZ
ARM-EÁ
ARM-EA
ARM-ENTAL
ARM-ÁN

... Non cachara a ironía e non vexo porque non.

Anónimo dijo...

Eu dígoo porque algún tenme rifado por decir "La Coruña" falando en castelán. Como si un inglés me rifa por decir "Londres" no canto de "London", falando en castelán.

No vrau pasado fun unha noite á verbena do barrio vigués de Bouzas. Había unhas actuación humorística, un "monólogos". O "humorista" baseaba a sua actuación case exclusivamente en ridiculizar ao Paco Vázquez, ex-alcalde coruñés. Eu non lle via a gracia por ningún lado. Pero a maioría do público, nazonalista polo menos por as apariencias, ría a cachón. Non me fai rir o humor que se basea únicamente en ridiculizar a adversarios políticos, tan habitual en "artistas" de esquerdas e que sól fan rir á xente "de esquerdas". Como non me fan rir os chistes machistas, que sólo fan rir ós machistas,mais ou menos declarados. Ou non me fan rir a maioría dos chistes sexuáis, que sólo fan rir a frustrados sexuáis. Unha actuación nunha verbena popular, pagada cós cartos de todos, non debería estar encamiñada a facer rir sólo a uns poucos. Pero pra facer verdadeiro humor, que faga rir á xente sin "rirse de outra xente" hai que ser moi bó.

Anónimo dijo...

"Cachón", apellido de destacado jurista gallego, también.

Anónimo dijo...

Etxe, eu non meto ironía por ningunha parte.
Tampouco son filólogo e non sabía que había tantos topónimos, ou nomes, ou o que sexa, coa raíz Arn.
Eu pensaba que só se referían a río, ou corrente de auga. E sorprendíama un nome de río en Florencia irmauciño do noso río.

A súa aclaración sería benvimda e estupenda se non fose por a "cachar a ironía". Que cona me quere decir?. Eu só preghuntaba.Ou suliñaba, ou o que for. Pero sen calquer outra pretensión.

Élle a linguaxe. Insuficiente.

Por outra banda, Beylismo, xa o apuntara eiquí outra vez relacionado co síndrome de Stendhal. Henry Beyle deu nome a outro estado psicolóxico similar ó que apunta Marcos cando oíu tocar as campás do Duomo. Eu penso, creo, pero non podo afirmalo contundentemente, que pode tratarse da nostalxia que describe Henry Beyle, alias Stendhal. O meu autor preferido.

Espero que nos entendamos. E xúrollo, por a virxen santisma, que non ironizo nada.

Anónimo dijo...

Magnífica evocación. Dan ganas de coller o primeiro voo.
Cando vin a primeira foto, tiven a impresión durante un segundo de que eran o Miño e a ponte vella d'Ourense os que se vían ao fondo.
En Florencia, disque a xente fala con gheada: ghoghaghola, por Cocacola. Destas cousas debe de saber il dottore Arume.

Anónimo dijo...

A gorgia toscana, a palatal /k/ en posición intervocálica (postvocálica din algúns) coma velar /x/: la chiesa è chiusa: la ghiesa é ghiusa (se me permeten a grafía galega da gheada). Un Kapuccio, pero due ghapucci.
É máis acusado, ao meu entender, na zona de Siena ca na propia Firenze e, por suposto, máis ca nas zonas orientais e occidentais da Toscana. Curiosamente é un factor distintivo moi aprezado nas cidades: en Siena dá ás veces a impresión de que alardean. Sobre todo se venden porchetta nunha charcutería de nivel superior.

Anónimo dijo...

Voglio un ghafe ghaldo e una ghoghaghola ghon una ghanucia.

(Unha vez, no mercado de san lorenzo conseguin uns zapataos máis baratos porque preguntei lle preguntei ao tipo con gorgia-gheada).

Claro que a súa gheada é marca de identidade superior...
Non ci sono terroni con la gorgia.

Anónimo dijo...

Claro que en español é La Coruña. O problema co L de marras veu pola teimosía dun alcalde en darlle oficialidade a un nome que non é o único que ten validez oficial. Ou así penso eu.
Un amigo.

Anónimo dijo...

Eu estiven en todos eses lugares e non notei as geadas esas, pero nada de nada. De verdá que empezo a pensar que preciso dun descanso.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aquí a gorgia no seu esplendor.
Benigni, o actor, fala así.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O Benigni, non moi toscano, pero se pode ver o sotaque.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pecora raffinata.

Balonga dijo...

Norvega é o topónimo dese País, que xa o escribia no 76 Xosé Lois Laredo Verdejo, na súa Historia de Galiza. Agora mudou a Noruega, que mágoa!. Ven ao caso lembrar, que no tocante a natureza é o Pais máis fermoso que se pode ver.