Pan por pan.
La Region 16-01-2009.
Modelos. Cando estamos aínda empezando a albiscar o que supón a crise económica e financeira, é obvio que hai que reflexionar e cambiar de modelo. A crise afecta xa ás potencias emerxentes como China e Brasil e as súas consecuencias no Terceiro Mundo serán desoladoras. O mundo non é un chicle que se poida estirar ata o infinito sen rachar. Os recursos son limitados e empeñámonos en camiñar cara un desenvolvemento sen límites. Págao a natureza, o medio ambiente, en forma de contaminación, cambio climático, extinción de especies Hai que limitar os excesos da globalización, crear cidades de tamaño medio e recursos e enerxías sostibles, revalorizar o mundo rural e producir sen tóxicos nin pesticidas, causantes logo de enfermidades ambientais que non somos quen de controlar. Non o debemos facer moi ben, á vista dos resultados. Deámoslle unha oportunidade ás xeracións que veñen detrás.
(Na imaxe pedras erosionadas, As Cíes)
UNHA CASA DA MÚSICA NA SERRA
-
FUNDACIÓN LEGAR: unha nova luz na serra
*X. Pérez Mondelo *
Xavier Blanco, músico e luthier, e a súa dona, Martina Ferradás, prenderon
o pasado mes de ...
Hace 23 horas
2 comentarios:
Comparto con vostedes este video que veño de atopar en iutube. Un inmigrante senegalés advirte aos seus compatriotas de que non veñan a España, que aiquí non hai nada:PREMER.
"Saludos, xente de Senegal,chámome Serigne e son de Touba. Viñen a España no 2006 en patera. A patera é moi dura, moitos morreron. En España, sin papeles non hai traballo, e os papeles son moi difíciles de conquerir. A única saída é a venta na rúa, pero a xente non compra nada, e mírate mal. E hai moitos problemas coa policía. Aiquí, gano menos do que gañaba no meu traballo en Senegal, teño menos do que tiña en Senegal. Moitos compañeiros pasan fame e teñen que dormir na rúa. Os que estén pensando en vir, que o pensen ben, é mellor que non veñan, porque aiquí non hai nada, nada, nada. Saludos."
Algo terá que ver coa crisis, digo eu.
Esquecín transcribir esta frase, que tamén ten a sua importanza: "Non temos pra pagar o viaxe de volta a Senegal".
Publicar un comentario