Diñeiro e felicidade
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 03-02-2009
Non lles son eu moito de barras, pero aquel día el tiña ganas de falar e eu nada mellor que escoitar. Á segunda caña o dono, desde detrás da barra, empezoume a contar a súa vida. Estabamos sós no lusco fusco daquel soto. Nunca entrara no local e nunca despois volvín. O caso é que el suspiraba con saudade pola vida tranquila e regalada que antes levara. Fora emigrante en Suiza uns aniños, poucos, os suficientes para arranxar a casa da aldea e facer un petiño para un apuro. Voltara á cidade e entrara a traballar de cociñeiro nun hotel (en Interlaken aprendera moito e tiña boa man). Non era un choio malo e tiña, como di a canción cubana, ‘una casa, un carro y una buena mujer’. E como era de bo facer, levábase ben cos compañeiros e cos xefes. Vivía tranquilo e cómodo cando lle sobreveu a desgraza en capítulos raros e lentos. Todo empezou, dicíame angustiado, co premio da lotería. Ser non era moito; o suficiente para unha axudiña e un mellor pasar: dez millóns de pesetas. Pero -logo soubo ben que era certo- tamén abondo para escorregar costa abaixo. E contou.
A muller, descendente directa de Eva, picouno con aquilo de non traballar para outro, de que el na cociña era o corazón do negocio no que daquela estaba e que non lle cumpría máis que estabelecerse pola súa conta para triunfar. Deslumbrado co progreso posible na palabra da muller, e por lle dar a razón, decidiuse. Entre os dez millóns do premio e os seis de aforros só tivo que pedir nove a un banco para coller o traspaso dun restaurante en horas baixas. Pero a malidizón do local seguiuno. Alí non entraba unha alma. Intentouno todo. Convites. Anuncios. Pero a xente non entraba. Non sabía o que pasaba. A preocupación medraba día a día. Os amigos do anterior traballo, que sentiran algo de envexa pola súa decisión, tíñanlle agora algo de lástima. Deica pouco se arrepentiu. Os nove millóns resultaron ser máis gravosos do que pensara, sobre todo sumado ao alugueiro do local, aos gastos enormes que xeraba e a que non tiñan os antigos soldos. Non daban conseguido unha clientela estable, non daban saído dela.
A muller botáballe as culpas... ‘O peor que me ocorreu na vida -dicía con rabia- foi que me tocase a lotería. O diñeiro pode dar a felicidade ou marchar con ela. E a min marchoume. A maioría das cousas que teñen valor, non teñen prezo’.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
18 comentarios:
¡Animalito!
Sr. Monxardín, cando vaia por Ourense, quero que me diga onde está o local dese home.
Xa pechou...
!Vaia hom¡
La Voz De Galicia
Desde concejales del Bloque en ejercicio, como Victoria Rei Mariño (Dodro) o Jaime Óscar Iglesias (Baños de Molgas), hasta una treintena de militantes y simpatizantes que en los últimos años formaron parte de las listas del BNG como candidatos o suplentes. Los sindicatos denuncian que todos ellos han encontrado trabajo en la Administración paralela de la Xunta, sobre todo en organismos controlados directamente por los nacionalistas, entre los que destacan el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o la empresa Servizos Agrarios Galegos (Seaga).
Bon, é que?.
¿E que? Pois, ó mellor, que ese mesmo pecado acabou afundindo o PSOE de Felipe González. Os funcionarios son unha caste demonizada, incluso temida -léase o medo que se lles tiña ós Secretarios Municipais na tansición dos concellos autárquicos ós democráticos, e logo ben se viu que non pasou nada, ó contrario, foron máis fortes os políticos á hora de neutralizar as accións dos funcionarios-. Léase tamén a descapatilazación das administracións públicas acolléndose á posibilidade dos cargos de libre designación...
Na democracia española, na nova democracia española xurdida da morte do Dictador, hai un medo terrible á propia democracia. Cómpre neutralizar todo o demócrata e convertilo en autárquico. ¿Cal dos nosos partidos vixentes soportaría unha análise desde o principio constitucional de que deben ser interna e externamente democráticos?
A muller do conto era descendente directa de Eva, e o home de Adán.
O cal, querido Anónimo da 1, 53, 00, PM, non deixa de ser unha auténtica babecada (palabra de moita implantación nestes fíos salenescos)
Resulta que a culpa -e emprego culpa porque se ascende á tradición xudeo-cristiá, se nón falaría de responsabilidade- é dela. ¡Que grande miseria epistemolóxica se percibe no razoamento do articulista!
¡Oh, mujer, fuente de toda abominación!
(¿Que é o que pasa? ¿Hai un enfrontamento decido cara ó políticamente correcto ou é que nos deixamos levar polos impulsos primarios?)
Resposta da CIG á campaña difamatoria contra
as traballadoras e traballadores do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Diante da campaña de difamación
permanente de La Voz de Galicia
na que se pon en cuestión a transparencia
do acceso e profesionalidade
dos traballadoras e traballadores
do Consorcio Galego de
Servizos de Igualdade e Benestar,
a CIG-Administración e a CIG-Ensino
queren manifestar o seguinte:
1º Non deixa de ser sorprendente
que, para dar apoio a esta campaña,
o devandito xornal faga referencia
a fontes sindicais, cando nunca
se puxeron en contacto coa CIG,
sindicato maioritario no sector (70%
de representación), nin coas presidentas
dos Comités de Empresa.
Isto deixa en evidencia a falta de
interese por coñecer a verdade. A
manipulación é tal que se amparan
no anonimato dos informantes ou
dándolle unha representatividade
que non ten a quen está disposto a
dicir o que lle interesa ao diario, por
moi falso que sexa.
2º A opinión pública ten que saber
que a condición de traballadoras/
traballadores, agora vilipendiados
como enchufados, foi adquirida a
través de acceso público, mediante
un sistema de oposición no que
se tivo que demostrar coñecementos
e capacidade. O feito de que se
teñan que volver a presentar non é
un “privilexio” senón un prexuízo,
por teren que aprobar dúas veces
as oposicións para obter a condición
de persoal laboral fi xo, pois,
do contrario, quedarían sen traballo.
3º Resulta curioso que CCOO denuncie
de “fraude e engano”, cando
a única proposta que eles fi xeron
durante toda a negociación foi
a dun acceso á condición de laboral
fi xo, mediante exclusivamente
un concurso de méritos. Isto si que
é moito menos aberto e non reúne
todas as garantías legais. La Voz
de Galicia insiste en amplifi car esa
acusación infundada de CCOO,
cando esta central é moi minoritaria,
en cambio censura a postura
favorable a este proceso de todos
os Comités de Empresa da CIG e
UGT.
4º O que resulta tendencioso é
relacionar as eleccións políticas
co feito de que haxa oposicións,
cando case todos os anos hai procesos
electorais e ofertas públicas
de emprego. Soamente desde
unha intencionalidade, claramente
electoral, chama a atención este
caso como se fora algo insólito e
o habitual fose que a administración
se parase diante dunhas eleccións.
En todo caso, hai que saber
que se a oferta se fai nestas datas
é porque se agardou a celebrar as
eleccións sindicais, co obxecto de
negociar cos representantes dos
traballadores as bases do acceso,
o que é para nós correcto.
5º.- O sistema de acceso de concurso-
oposición que se vai levar
a cabo ten todas as garantías de
igualdade, mérito e capacidade,
pois, é aberto a todo o mundo e o
recoñecemento de méritos é análogo
ao recollido noutros concursos-
oposición da administración
para converterse en laborais fi xos.
Por iso, non se entende a infamia
e a denigración á que son sometidas/
os as traballadoras e os traballadores,
a non ser que sexa en
función de intereses espurios que
nada teñen que ver coa realidade
dos feitos e co traballo que desenvolven.
6.- CCOO, PP e La Voz de Galicia
están a acusar, sen ningún fundamento,
de que a contratación destas
traballadoras e traballadores
foi “a dedo” e que non responde ao
resultado de selección dun sistema
público, senón a intereses clientelares.
Esta falsidade está a causar
un dano irreparábel na valoración
das/dos profesionais, prexudicando
un servizo público fundamental
á nosa sociedade como é o que
presta o Consorcio Galego de Servizos
de Igualdade e Benestar.
En consecuencia, exiximos
unha inmediata rectifi cación
pública para restaurar
a verdade e informar con rigor
sobre a realidade deste
proceso selectivo.
A respeito do último anónimo, o que reproduce o comunicado da CIG sobre as traballadoras e traballadores do Consorcio
Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dicir, en síntese: Ji,Ji,Ji ou mellor dito, hi, hi, hi.
Menos mal que o día das eleccións está aí mesmo (ao mellor por iso), porque, como sigan así, o Feijoo, que non estaba para este partido, gaña sen despeitarse.
Cantemos con Vinicius: "Torpeza nao tem fim/ governança sim".
Isto é o que se comenta en Croques sobre un editorial que El País-Galicia fixo sobre Touriño e os seus gastos (editorial que, por certo, non se pode ler na versión electrónica)
http://perfectoconde.blogspot.com/
O luxo é bo para a saúde de Touriño
É case seguro que nada pode xa desgustar tanto ao presidente da Xunta como o editorial que publica hoxe El País, titulado El arte de innovar (curiosamente non o encontro na edición electrónica). Nin sequera as escandalosas informacións que vén publicando ABC dende hai varios días e que, sen dúbida, son as que provocaron a reacción editorial do xornal progresista no que aínda manda Juan Luis Cebrián.
El País, dende que publica unha edición para Galicia, mantivo unha praxis xeral máis ou menos semellante á que caracteriza no seu conxunto á prensa autóctona de Galicia. Sen chegar nunca á complacencia vergonzosa cos poderes económicos e gobernantes de turno que acostuman mostrar case todas as cabeceiras galegas (agás ultimamente La Voz de Galicia), as páxinas de El País tampouco arrostraron actitudes críticas especiais nin sequera dirixidas contra a dereita de Núñez Feijóo. Félix Monteira primeiro e agora Xosé Hermida viñeron facendo unha edición “regional” sen pena nin gloria que procuraba non desentoar coa mansedume habitual do contexto.
Abondou, porén, que o rotativo conservador ABC iniciase unha acometida do que antes se chamaba “xornalismo de denuncia” contra á inclinación xa case perversa que mostra Emilio Pérez Touriño dende que preside a Xunta cara o luxo asiatizante, para que El País comenzase a ensinar os dentes. O editorial de hoxe é unha excelente peza de posicionamento crítico ante os desmandos das politicas gobernantes. Mágoa que non fose precedida por unha praxis informativa coma a que destapou a ola podre da enfermiza afección ao luxo en tempos de vacas fracas.
Polo demais, dificilmente pode un deixar de aplaudir os argumentos do editorial de El País, auténtico misil dirixido contra a cabeza de Touriño, ao que lle di o editorialista que “debería intentar transmitir el entusiasmo con que ha acometido esa remodelación, en vez de callar y cerrarse en banda”. Non sei se quen escribiu esta peza –o editorial no seu conxunto– é galego ou non, pero está claro que hai moita retranca no seu contido, como demostra a parrafada seguinte: “Un ventanal con vistas a un jardín con estanque, una mesa elíptica para las reuniones y la oportunidad de pisar un pavimento de vidrio: trabajar en un medio propicio, construido con materiales nobles y equipado con la tecnología más moderna quizá no garantice la excelencia de cuanto vayan a a producir allí los políticos gallegos, pero seguro que es bueno para su salud”.
Xa vería, amigo MS, o meu comentario. Os minutos lixo dos partidos poden ser mortais. Lembren como gañou o Liverpool ao Milan aquela Champion.
O asunto xa vén de lonxe.
Empezou aló hai un par de anos co tema do plus de moitos miles de euros anuais para 2.000 altos cargos da Xunta, continuou co despelote dos affaires Gaiás e Mojito cubano, e chega agora (coa que está caendo: case 4 millóns de parados) cos gastos deste presidente.
Gustaríame que houbese unha alternativa a toda esta bazofia política.
A oposición, o PP, de ganchete con UPyD, na manifestación do domingo en Vigo montada polos bilingüos ( o actor Manquiña, Marta Rivera de la Cruz, etc)!
Defendamos o seu dereito a equivocarse.
Continúa a campaña de difamación de La Voz de Galicia contra a CIG
Repetidamente “La Voz de Galicia” está a utilizar o nome da CIG para difundir calumnias sen se ter posto en contacto aínda, a día de hoxe, co sindicato nin ter a CIG nada que ver coas acusacións que se imputan.
Hoxe, día 5 de febreiro de 2009, por exemplo, aparece na primeira páxina deste xornal difamacións que, supostamente, se basean en informacións recompiladas pola CIG para “identificar con nomes y apellidos a una treintena de candidatos del BNG que fueron colocados en servicios de la Xunta”. Isto é totalmente falso, xa que nin a CIG, no seu conxunto, nin as súas federacións de ensino e administración recolleron nunca ningunha listaxe deste tipo.
Que fiabilidade pode ter un medio de comunicación que afirma que “la central nacionalista CIG, a través de su boletín de enero, se sumó a las críticas a los procesos selectivos...”, cando nin a CIG como Confederación, nin ningunha das súas federacións sacou ningún boletín en xaneiro no que poña nada disto.
Como ben sabe este xornal, calquera tipo de organización ten os seus organismos e responsábeis das diferentes áreas. La Voz de Galicia non se puxo en contacto en ningún momento coa CIG, co que debemos supoñer que foron eles os que inventaron o dito boletín ou deron creto a calquera comunicación anónima que lles chegou, sen contrastala coa propia central sindical.
Desde a CIG, levamos respondendo as falsidades que está a lanzar este medio contra a CIG e contra as traballadoras e os traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que seguen sendo vilipendiadas/os, aínda que teñan aprobado unha oposición e se teñan que presentar e aprobar outra, para desempeñar o mesmo traballo e converterse en laborais fixas/os. Reiteradamente, fomos censurados, sen posibilidade de exercer o noso dereito á lexítima defensa, conculcándose o dereito dos galegos e das galegas á unha información veraz e rigorosa.
Saúdos cordiais
CIG-Ensino.
La Voz 6/2/2009
La junta de personal de los servicios centrales de la Xunta de Galicia, el equivalente al comité de empresa, solicitó ayer formalmente la «paralización» de las pruebas selectivas convocadas por la Vicepresidencia de Igualdade e Benestar para las galescolas y las residencias de mayores por entender que no reúnen «garantías legais de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público».
El máximo órgano laboral de la Xunta, que agrupa a los sindicatos CIG, UGT, CC.?OO. y CSI-CSIF y que representa a los 3.000 funcionarios autonómicos con plaza en Santiago, emitió una declaración escrita, firmada por su presidente rotatorio, Luis Antonio Vázquez Estévez (CIG), en la que discrepan de la conveniencia de realizar las pruebas «en plenas eleccións autonómicas, o que leva a sospeitar que as prazas xa están asignadas de antemán»...
Publicar un comentario