O Bipartito repetiría na Xunta fronte a un PP que perdería un ou dous escanos", di o CIS
A enquisa do CIS, en Galicia Hoxe 13-2-09
Socialistas e nacionalistas poderían reeditar o Bipartito á fronte da Xunta de Galicia se se cumpren os resultados da enquisa preelectoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que sitúa o PP como gañador das eleccións, pero cun e dous escanos menos respecto dos 37 que ten na actualidade, mentres que o PSdeG conseguiría dous deputados máis ata os 27 e o BNG quedaría cos seus 13 actuais ou ata podería perder un.
Aproveiten para deixar, como outras veces, a súa previsión de resultados.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
9 comentarios:
Repite el bipartito
¿Filomeno, a mi pesar?
Pois é....
Eu vexo moita desmobilización nos nosos bandos. E os que gañaron a ghuerra incivil son moi disciplinados. En breve pasamos de novo á oposición.
O estado natural de ghoberno é o da dereita. O que non sexa eso é circunstancial, breve, de corrección como na bolsa.
Un pregúntase cómo é posíbel que o BNG poida ter tan pésimos e torpes políticos no ámbito municipal. Levan a palma o de Ourense, Sánchez Vidal, e o de Vigo, Santi Domínguez. Deste último, a súa última -que non derradeira- "cagada":
La Junta Electoral de Zona de Vigo pidió hoy al Ayuntamiento de Vigo que suspendiese el "acto de inauguración" de la reforma del pabellón deportivo de Bouzas previsto para este mediodía --y en el que iban a participar el teniente de alcalde, Santiago Domínguez, y el edil de Deporte, Xabier Alonso-- dado que la campaña electoral ya ha comenzado; mientras que el BNG aclaró que se trataba de una "visita".
Por su parte, el BNG precisó que el acto era "una visita que el teniente de alcalde y el concejal de deportes iban a hacer a esta instalación deportiva" y que se produjo un "error en la transcripción" de la convocatoria.
Erro de transcrición? Hai que ter a cara de cemento armado.
A gran pifiada de Sánchez Vidal é a seguinte:
Entre la documentación obrante en el expediente relativo al "affaire" de los paneles informativos o "pantallas xigantes" que pretendía instalar en cuatro puntos de la ciudad Tenencia de Alcaldía del Concello de Ourense, existen "piezas" que, al menos a priori, parecen basante comprometedoras para el nacionalista Sánchez Vidal. Sin ir más lejos, Sánchez Vidal firmó el 4 de febrero de este año un "Convenio/Contrato" con una empresa llamada "Afiador Produccións" que empezó a existir tres días después de firmado el documento. A esta firma se llegó después de que dos ténicos informaran de la conveniencia y necesidad de instalar lo que Sánchez Vidal urdía. Pero existe un informe de un técnico de la Concellería de Ana Garza, que tres meses antes de que se firmara el acuerdo ya revelaba la identidad de la empresa encargada de las pantallas: Digital Urbis. Es decir, en realidad informaba de la necesidad de que fuera esta empresa y no otra la que instalara los paneles.
Algunhas preguntas:
1) A que partido(s) beneficia unha abstención elevada (bastante probable, visto o desencanto xeral)?
2) A que partido(s) beneficia unha alta participación (máis que improbable)?
3) A que partido(s) beneficia (a estafa d)o voto emigrante sen control?
Estoutro día comentáronme que unha baixa participación sempre beneficia ao partido máis votado (PP) e aos partidos que poden están relativamente cerca de entrar por primeira vez no Parlamento (UPyD)
Eu creo que deberían subir os tres:
1) O PSOE porque está no goberno maioritario e porque a sensación de crise, como é global, non conta demasiado no negativo do gobernante.
2) O BNG porque está máis cerca dese populismo do PP que tan rendible foi e porque leva feito un bo traballo nalgunhas áreas. Todos coñecen a Alfredo Suárez aínda que non poñan nome a conselleiro ningun do PSOE.
3) O PP porque despois de Fraga hai vida. Os excesos de gastos, a imaxe de división do bipartito etc. debe facer que suban algo.
Creo que para acertar deberían pór máis deputados na cámara, digamos que o dobre por provincia -e coa metade de salario e de dietas, para igualar economicamente. Así poderían subir todos e todos contentos. ¿Gobernar? Iso é outro tema.
Unha cousa parece clara nesta altura: se alguén realmente chegou a pensar, nalgún momento, que o PP podía deixar de ser a forza con máis votos, pode que deba calibrar o olfacto. A dúbida, ao respecto, é se tal fortaleza é unha especie de canto do cisne; se a súa nova forma e densidade de españolismo, sumado ás moi notorias evidencias no alto da estrutura e listas, lles van facer pagar alto prezo; ou se tales débitos non serán tal porque a sociedade galega -en particular as cohortes mozas- cambiou substantivamente e a mudanza do partido só se atén a tal realidade de fondo.
Segundo elemento: Galicia xulgou boa a gobernación da parte PSOE? Galicia castigará o PSOE pola crise?
Terceiro elemento: entre o sector que votou BNG no 2005, ¿impoñerase a noción de que gobernar implica non chegar a onde se quería?
Di o Sarille que a política lingüística do último cuadrienio non foi mellor cá do PP. Desde o primeiro momento, tiven unha dobre sensación ao respecto: primeiro, leva razón; segundo, pode ser un calaconciencias (se é así, ¿que me importa que volva o PP?).
Disque o bipartito deu sensación de desunión. Talvez a cohesión puido ser maior, sobre todo se certo punto de partida non dese por descontado e indiscutible o plus electoral da presidencia; pero non me parece que o PP vaia recibir moito voto por iso. Visto o balance da lexislatura, e a recomposición de espazos ideolóxicos, entendo que o bipartito debía subir, e particularmente a parte nacionalista. A dúbida está en se o electorado máis esixente (ou que sei eu se diletante) vai lembrar a última hora que arestora temos indicio, procesos comezados; e que a conta de resultados bótase, máis ben, ao cabo de oito anos. Como mínimo, considerando que vimos de dezaseis.
Publicar un comentario