A lexislatura nefasta
XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR
ECG. 10-3-09
Aí teñen aos socialistas de Galicia. Feitos un sinvivir porque o Bloque non lles deixou lucir o talento nestes catro anos. Abatidos por non saber transmitir ao público os logros acadados polo goberno bipartito; debe tratarse dunha revelación profética a transmisión esa. Di o Conselleiro de traballo que non conseguiron chegar aos electores para explicarlles o positivo da xestión e a continuación enumera unha serie de conquistas, que todas xuntas veñen tendo a solidez aproximada da auga. Despois, intuíndo que algo fallou cos votantes de sempre, afirma que deberon amosar máis a ideoloxía de esquerdas. Pois non, porque non se trataba de soltar palabraría ideoloxista, senón de afrontar con siso e con valentía as reformas que Galicia necesita e que agora ninguén vai levar a cabo.
Máis pinturero está aínda Méndez Romeu, Conselleiro de presidencia. Convencido tal vez de que emulou ao Conde de Floridablanca coas súas reformas administrativas, atrévese a botarlle a culpa de todo ao socio de goberno, como se a perda de votos non fose idéntica nos dous partidos, como se o PSdG non xestionase a sanidade sen resultado ningún, a educación, o medio ambiente. E agora quere entrar a matar nas coalicións municipais.
O semiótico italiano Gillo Dorflles explica que para ser un profesional consolidado de calquera cousa é preciso dominar os ritos da profesión. O taxista de Roma pode conducir ben ou mal, pero ha de saber sacar o brazo pola xanela e soltar no momento axeitado unha frase cargada de futuro que deixe secos aos camiñantes. O lexionario será valente ou covarde, pero levará o pelo do peito por fóra dos botóns da camisa e o aire de desafío no ricto.
O político galego (isto non o di Dorfles) pode ser malo ou pésimo, pero actuará tamén como se as eventualidades fosen o principal. Dirá que non souberon transmitir, que o do lado era un desastre, que a campaña foi porca. E certamente, eses son factores que normalmente importan moito. Por iso os nosos falan desas razóns como se en Galicia tamén fosen fundamentais. Mais aquí hai unha cuestión previa que eles non nomean, porque ninguén se ataca a si mesmo.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
411 comentarios:
«El más antiguo ‹Más antiguo 201 – 400 de 411 Más reciente› El más reciente»Despois de matarse en accidente un coñecido persoeiro de Ourense, era un gran pelotas, tiña un alto cargo, ía en moto, escribía en LR. e eu líao. Era amigho do Cancio. Era lamecús do Baltar.Era lambecús dos superiores. Era putísimamente de dereitas, incluso en contra do sentido común.
Vai e a súa muller espeta no xuízo: "foi moi traumático para mín, tiven que porme a traballar na xunta...". Textual.
Sen comentarios.
Outra muller, esta de nova fornada, muller dun alcalde dun concello independente. Independente que había que comprar. Acabou esta muller traballando na administración do Patchi, sexa en medio ambiente. Hai escasos dous anos. Ía a probe muller con poucas ganas ó curre, tiña que facer exactamente 71 km. E non estaba por a labor. De traballar.
É que os políticos sempre ofrecen: "cartos e postos de traballo". As veces sen consultar as preferencias ou necesidades dos "comprados". Neste caso a muller parece que non tiña ningunha ghaniña do segundo.
Estos iluminados que perderon a xunta non nos entenden , non.
Proxectaban as súas ocurrencias sen preghuntare ó vulgo.
Os postos de traballo son bens escasos , "metémosche a muller na xunta".Habería que preghuntarlle a aquela muller a súa opinión. E non podes decir que non, que quedas mal.
Du désert.
"Les traversées du désert".
Pardon.
Grazas pola lucidez que tivo neste parágrafo, don Lobo:
"Nun pais desenvolvido como Canadá que coñezo e visitarei outra vez,d.m. este vrau, non estaríamos a falar destas cousas. A un funcionario non se lle presta atención. As ofertas laborais son inxentes, dinámicas e flexibles. Pero estamos no cú da miseria. Cando os políticos teñen que meter ós seus fillos estamos a falar de pobreza, terceir mundo, atraso..."
Voulles contar unha pequena anécdota.
Fai uns anos, visitaba eu unha de esas feiras con moitos "stands" nos que se promocionan empresas do país. Xa sabedes que moitos de eses "stands" adoitan a estar ocupados por certos organismos facendo unha totalmente inútil "publicidade institucional".
Coincidiu o stand de unha coñecida empresa galega de alimentación , ubicada na provincia da Coruña a carón de un do "INORDE". A tal empresa comercializa en toda España, Portugal, e outros países, os seus productos, moitos dos cales podían degustarse alí. No stand do INORDE, unha rapaza moi ben vestida y estirada, filla de un político local, "enchufada" no organismo, repartía uns inútis panfletos.
Como a feira duróu varios días, os encargados dos diferentes stands próximos entablaron conversas, intercambiaron tarxetas, teléfonos, etc. A encargada do do INORDE non se "rebaixóu" a falar con ningún de eles. Chegóu a decirlle ao xerente da empresa alimenticia que ela era a única dos de alí que tiña un "puesto" importante e serio. O tal empresario, cando me comentaba o detalle tomando un café, escachaba a rir e decíame: "Agora entendo porque en Ourense estades tan atrasados".
por qué
Lobo: non dixen eu, nin din os xornalistas que elaboraron a reportaxe que para aprobar oposicións haxa que ter padriños; é percepción relativamente estendida que algúns transmiten como unha das causas da vaga migratoria actual. O razoamento sería este: en Galicia non hai traballo para min na empresa privada; aprobar oposicións é complicado se non hai padriños; ergo, busco a vida na empresa privada de fóra.
Eu supuxen que se referían sobre todo a oposicións e probas de acceso de ámbito 'menor' (municipal, por exemplo); pois, en efecto, comparto que nas de ámbito público e galego as garantías son maiores.
Sobre o do Subdelegado de Lugo, levo dous artigos publicados. Permítome facilitarlle a súa lectura, por se pode interesarlle.
Da Cova: penso que a súa visión sobre a universidade se cadra non corresponde ben ao que é ou pretende ser agora mesmo. En aras de facela 'compatible' ou 'útil' para a empresa, de 'gastar ben os cartos', andan a realizar modificacións que me preocupan e entristecen bastante: a variedade e oferta no ámbito das Humanidades parece ir quedar notablemente empobrecida.
Fíxese en que a xente, sempre nos referidos traballos de Xornal, precisamente declara emigrar porque en Galicia non hai -relativamente- oferta na empresa privada, particularmente para os titulados que queren traballar na súa especialidade. Vexa o que di o Lobo máis atrás: as mesmas elites políticas buscan traballo para os seus vástagos na Administración.
Aínda lle pode dar razón ao seu punto de vista.
Eu marchei de Galiza porque non tiven padriños. Fixen ben o meu traballo, e así mo dixeron, pero eso non debeu de convencelos suficientemente. Os postos ocupáronos os máis trepas e inútiles. Por exemplo,unha rapaza que acababa pasar por un divorcio (pobriña) e era a discípula do xefe do negociado. Ou dous irmáns lambe... el e ela, de aí mismiño de provincia de Ourense. Aínda hai pouco vino a el nunha foto de sociedad, un bodorrio por todo lo alto, no Correo Gallego.
Xosé Manuel González, lé atentamente este artigo de Xabier Cordal e non fagas ouvidos xordos nen ollos cegos a moitas das claves internas nas que se debate o BNG e que nos teñen a todos neste "nen arre nen xo", neste non saber xa que cara pormos diante de tanta dualidade "enfermiza". Un bon artigo, sen dúvida.
Catarse (III) o BNG
10:00 19/03/2009
Nunca os foros dixitais, que adoitan colapsar discusións sobre celtas ou sobre ortografía, reflectiran con tanta intelixencia a encrucillada que se vive hoxe. As siglas grandes e pequenas fracasaron (fracasamos, aínda que a responsabilidade non é comparable) na maior crise da esquerda nacional desde a súa fundación. Os comicios foron o punto crítico, non a causa.
Semellara espida, coma o rei do conto, a miraxe de capturar adhesións simultaneamente na esquerda e no caladoiro empresarial. Só había un camiño sensato: dividir o BNG fortalecendo así cada unha das estratexias de conciliación imposible. A facción liberal respiraría aliándose con quen asume a estrutura do Estado e persegue a vella quimera do Partido Galeguista de crear unha burguesía propia. As correntes socialistas e comunistas, as plataformas sociais que así o quixesen, convocarían para unha refundación todo o arco ideolóxico que vai de EU á FPG.
Desgraciadamente o peor dos supostos parece confirmarse: por un lado, as bases do BNG que aplauden calquera escisión pola esquerda aceptan continuar instrumentalizadas por un partido –formalmente- de esquerda coma a UPG. Polo outro, as siglas e militantes da esquerda que serven como recheo asumen un paradoxo digno dos Monty Python: as vitorias electorais reforzan a organización e a Francisco Rodríguez, mentres que as derrotas electorias reforzan a organización e a Francisco Rodríguez.
A cúpula do partido que monopoliza todos os resortes de poder no Bloque, coma a xerarquía eclesiástica, blindouse contra os acidentes da Historia. Pero a súa praxe reivindica cada vez máis intensamente aquilo que pretendía abolir: o funcionamento vertical, o Estatuto e a economía de mercado.
Quizais a asemblea do 10 de maio certifique esa deriva cara a terra de ninguén. Daquela a esquerda seguirá o seu camiño, empezando polo grande debate teórico que este tempo quixo converter en residual; obviamente a totalidade do galeguismo conservador non dará curado o mareo que lle produce a estrela da República.
Veremos convocatorias que terán moito de reforzo endogámico e, coma sempre, participaremos cando estea en xogo o que nos une. No entanto, con ou sen as valiosas persoas que prefiran varar no BNG, o proceso de refundación comezará a tecer a súa malla. Estamos ante a peor crise económica e política dos últimos decenios. A penas quedará sitio para a xenerosidade.
Xa o lin e non encontro moito de novo. Unha versión máis da vella estratexia de procurar pescar no BNG o que o chamado 'independentismo' é incapaz de construír.
Se en vez de reiterar a chamada fosen quen de empezar algún labor, quizá me merecerían algunha credibilidade.
As Uvas da Solaina CLOSED
De closed rien de rien, mentres aquí se tecolee.
Ogallá, xm gonzález, que o BNG non rache ("xuntos mantémonos de pé; divididos, fracasamos") e que na próxima asemblea se escoite a voz de todo o mundo.
Amigo XMGlz: Cando un pai non anda moi sobrado de cartos e ten que asignar prioridades, o primeiro que fai é garantir a alimentación, o vestido a saúde, etc. Unha vez cubertas esas necesidades, trata de darlles unha formación que lles permita desenvolverse na vida. Si lle sobran cartos, tratará quizáis de "alimentarlles o esprito" e darlles unha cultura, etc. O conto é moi vello, xa ben dos gregos, anque hoxe modelízano coa "pirámide de Maslow". Algún "romántico" haberá que prefire comprarlles un libro a darlles de comer, pero serán os menos. Eu mesmo son un romántico. Nalgún momento preferín pasar privaciós nas miñas necesidades básicas por mercar un libro. Pero non se me ocurre ser "romántico" cós outros.
A universidade non debe ser unha ONG que gaste cartos públicos para formar a unha élite de privilexiados que estuden carreiras sin sáida laboral,por o seu propio placer intelectual, esto é, sin contribuir á riqueza do país. Hai que buscarlle unha contraprestación "económica". Económica, nun senso amplio, non no senso monetario. os coñecementos da xente "de humanidades" teñen que repercutir de algún xeito na "riqueza", material ou "espiritual" do resto da sociedade.
Un licencidado en Historia pode aportar os seus coñecementos a unha empresa turística ou de viaxes facendo de guía. Por poñer un exemplo. Á marxe de que él despóis se forme por o seu placer persoal intelectual. Un filólogo que domine varios idiomas pode servir de intérprete en empresas de importación-exportación. ETC. E non teñen porque "caérselles os anéis" por non cerrar o círculo vicioso de volver á universidade a ensinarlle a outros o que lle ensinaron a él.
Si non se ven así as cousas, acabamos na realidade: Un experto historiador repartindo pizzas, ou cousas así.
E non me chame materialista. SImplemente paso xa bastante dos coarenta, e non vivo sobreprotexido nunha incubadora como me pasaría si fose funcionario.
Seguiremos con atención esa "refundación" do BNG.
CLOSED, nun fío de douscentos e pico comentarios?
Glorioso:
"as vitorias electorais reforzan a organización e a Francisco Rodríguez, mentres que as derrotas electorias reforzan a organización e a Francisco Rodríguez."
O malo é que habemos moitos que pensamos que debe existir unha solución nosa, galega, para todo isto, habemos moitos que sabemos que as solucións NUNCA VEÑEN DE MADRÍ...
E sendo unha mensaxe tan simple... ¿como é que non a souberon emitir?
Eu tamén son culpable, de ter calado cando vin a verdadeiros imbéciles en postos de responsabilidade. Calei para "non facerlles o xogo aos reaccionarios", e calando perdín o dereito a laiarme agora.
Merezo ser castigado, aínda que non teña altura moral abondo para pendurar destes acios.
Amigos de "As uvas", vai o que tería que entrar hoxe no Blog
http://galicianosolecer.blogspot.com/
No atopei outra maneira de poñelo
TRIPLETA DE MARCOS premer</a
Os autores máis citados para explicar o do nacionalismo seguen a ser os Monty Pithon.
Constato.
Os coñecementos da xente "de humanidades" teñen que repercutir de algún xeito na "riqueza", material ou "espiritual" do resto da sociedade. Aí falou, da Cova.
Verá: que se formen licenciados en Filoloxía Románica, Alemá ou Italiana (moi pouquiños, xaora, non son estudos de masas) pode repercutir absolutamente na riqueza da sociedade, que como vde. parece indicar no extracto non é estritamente material. Se tales licenciados estudasen polo propio gusto de adquirir un coñecemento que os edifica interiormente, obviamente o Estado non tería que sufragárllelo: deberían facer o mesmo que antigos curiosos, ilustrados e viaxeiros con repleta bolsa e disposición para baleirala. Así e todo, nin hai agora tales fortunas nin os estudantes de Filoloxía (ou aspirantes) son todos ricos coma Creso. Habería maneiras de pór as súas capacidades e coñecemento ao servizo do enriquecemento non crematístico das persoas; sen ter necesariamente que condenalos a traducir plúmbeas cartas para os tiburóns das finanzas.
Pra iso, desde logo, habería que valorar algo máis cós negocios e a vida produtiva. Terían que rexer o Estado, durante longo período, gobernantes ilustrados que, querendo ilustrar, estivesen dispostos a darlle á cabeza, escoitar iniciativas e prover fondos. Non teña dúbida, da Cova, que todo iso mesmo lles podería mellorar o humor e rendemento aos empresarios.
Teño, por outra banda, que dicirlle algo. Ben sei que é sen intención, e que vde. ten todo o dereito a expor o que entenda oportuno. Pero non deixa de ofenderme un pouco a reiteración en considerarme, como funcionario, unha especie de ser permanentemente en sétimo ceo digo eu que turriebúrneo. Nin que o sacrificio e a clarividencia fosen patrimonio exclusivo da moi benemérita clase empresarial.
Canto ao momento do BNG: se hai sentido, haberá avinza. Ata o de agora sempre o demostraron (sentido) nos momentos decisivos, aínda que despois as cousas volvesen parcialmente por mal camiño.
Sería clave definir un proceso de achegamento aberto á sociedade e amplicación orgánica. Insisto en que me parece clave fundamental. O último consello nacional dá boa e seria sensación. Boa para quen non desexe, e madia leva se non os hai, que rebente todo o antes posible.
Desde logo que o concepto de "productividade" ten que cambiar, e moito, no mundo empresarial. Incorporar "impactos ecolóxicos" ,e cousas así, nos costes e "incremento do nivel de vida" ,e similares, nos beneficios.
Desde logo que manexo un arquetipo caricaturizado para os funcionarios. É para compensar o arquetipo, tamén caricaturizado, do empresario "Manolito de Mafalda", que temos que soportar queñes sempre estuvemos "na privada". Algo de verdade hai en ambos perfiles, como en todas as caricaturas. Pero non é "a verdade", claro.
Claro Dacova que temos que introducir novos conceptos.
Hai outras castes de edades,
outras castes de riquezas,
outras castes de intelixencias,
Difíciles de medir, inaprensibles.
Edade espiritual,
riqueza espiritual,
intelixencia espiritual,
E vostede, dacova, a voltas coa empresa estrictamente económica, do século XIX, coa productividade.
Cando cheghe o turno razonarei como o Patchi Vazquez é un home do século XIX.
Lembro un artigo de Ferrín contra Paku Vazquez onde defendía a laboura perpétua , "sempre e en todo lugar", dos filólogos galegos. O mesmo poderíamos facer cos humanistas.
Hai outras varas de medir, incluso a posibilidade de non medir.
Cada vez admiro máis as intelixencias "non occidentales", non medibles, non productivas ( que carallo é eso da productividade?) .
Hai 17 anos en Canadá buscaban latinistas para dirixir empresas.
Motivo?. O estraordinariamente ben amoblada que teñen a cabeza. A disciplina de pensar con lóxica aplastante e cuasi-matemática.
Sí, adquírese moito mellor coa disciplina do estudo do latín ca sendo inxeñeiro.
Na práctica ambos teñen que adaptarse a posteriori a empresa.
Os inxeñeiros protestaban contra os latinistas: "non tendes nin idea do mundo da empresa".
Os latinistas retrucaban:"vos tampouco".
Algo desto xa contei, paréceme, neste blog.
E houbo un tempo en que en alemaña se cotizaban os teólogos.
Sabe vostede Dacova que coas novas técnicas de visualización interior vese como se modifica a xeografía, a masa do cerebro despois de exercicio intelectual prolongado no tempo?. Faise "músculo cerebral". E remite despois de tempo de abandono, despois de unhes tres meses de non traballalo.
Calquer estudo é enriquecemento para a persoa. Calquer idioma, por exemplo. A mín non me vale decir este é máis importante que aquel outro. O latín pode que sexa " a natación das linguas" (versión deporte).
E a tenor do que di a teoría dos campos mórficos, na que acredito: "basta que evoluan, que medren intelectualmente, espiritualmente, unha porcentaxe pequena de membros dunha especie, a que for ( ratos, porcos ou humanas-e-humanes) para que con eles medren todos os demáis".
Ergo benvido o crecemento dunha elite, detrás imos nós sen rascala.
Pode vostede aplicalo tamén a economía, pero estamos a falar de estudos.
Aghora fálase máis da felicidade.
E eu para ser feliz sei que necesito retornar as orixes. Perdoen, pero necesito a lareira, aire puro, un pouco de auga fresca, o pan centeo, tempo para falar e estar coa xente, e pouco máis.
Tempo para estar en silencio.
Non mo pode roubar a productividade. Producir para consumir?. Outra vez a espiral infernal. Algúns temos o deber de rachala.
Medela, eiqui entra o xexún....e non é por o que vostede pensaba....
ver o ceo estrelado.
sentir o oubeo dos cans gardando na noite.
Pouca cousa.
Productividade que te paríu!..
Capitalistas!
A productividade é necesaria, Lobo. Góstenos ou non.Claro que non hai que confundila coa "taylorización".
A mín non me sorprende en absoluto o que di dos latinistas. Fai tempo que se sabe que os matemáticos e os expertos en "linguas mortas" teñen unha gran capacidade de "transferencia da aprendizaxe". O coñecemento de esas disciplinas ponte en condiciós de aprender calquer clase de cousas, rápidamente. Os "modelos mentáis" son similares. Ao fin e ao cabo ,as matemáticas, tópicos aparte, non son máis que unha "lingua". Unha lingua "pura", porque non ten "referente". O referente búscanllo outros,a posteriori, collendo prestados os seus "modelos" .Non os matemáticos.
Pómonos co latin?.
Ves?.
Toda-las mañás do vrau, no xardín do Posío, Tai-chi e latin para os vellos e mozos.
O coengo Madarnás, ex director do seminario, ainda debe vivir, e que sexa por moitos anos, ofreceúse a darme aulas de latin "de graça".
Habería que aproveitar tal luxo.
Debe de andar preto dos 90 anos e rexe perfectamente. Debe ser por o exercício puro e duro do latin.
Todo esto ven á coallo de que parece que hai estudos que non son productivos, non-si irmau Dacovita?.
Kamarada J.M.González, unha miña amigha de Ourense acaba de decirme, o luns, que o subdelegado de eiquí se lle ofrecera xentilmente a "sacarlle" multas se se for menester.
A xentileza non debe ser tal porque andan varios grupos a tecer redes de influencia, ou poder se quere mellorar o término.
Vímoslle a pensar que é como o ar, debe estar en todas partes, e non acostumamos velo.
Lobo: teño eu un método de latin moi simpático.COnta moitas historias, mesmo da vida cotidiana actual (busacando os nomes axeitados aos trebellos modernos), moi simpáticas.
Aí vai unha piada de "Popeie o marino" do libro. Podella traducir o Arume ou o Xosé Manuel González:
Poppaedius nauta, cum in scapha remigaret, ecce repente marinum draconem respexit.
POPPAEDUS: Mehercule! Quam horribile monstrum!
MONSTRUM- (Poppaedium,qui non summa erat pulchrtudine,inspiciens)-Eadem tibi dicturus fui!
Sen comentarios:
LVG:
El porcentaje de gallegohablantes cayó del 61 al 39% en solo doce años
Desde 1992 hasta el 2004 se duplicó el número de personas que solo se expresan en castellano.
Las cifras echan por tierra los argumentos de aquellos que dicen sentirse amenazados por el gallego.
El mapa sociolingüístico de Galicia referido al año 2004, elaborado por la Real Academia Galega y que dio a conocer esta semana la Mesa pola Normalización Lingüística, demuestra que el uso del idioma propio ha caído drásticamente entre los ciudadanos.
El porcentaje de personas que utilizan el gallego habitualmente (solo hablan en esta lengua o más que el castellano) se redujo en concreto 22 puntos en tan solo doce años, pasando del 61% de los encuestados a menos del 39%. El castellano ha tenido, en consecuencia, la evolución inversa. La mayor diferencia entre 1992 y el 2004 se produce entre los ciudadanos que son monolingües. Si a principios de los noventa los que se expresaban solo en gallego eran más del 30%, doce años después esta cifra se reducía al 16%. Ocurre lo contrario con el castellano. Eran monolingües en este idioma el 13% y ahora lo son el 25,8%, casi el doble.
Dacova, vas a pior...
FIN
De verdá que a este p. que anda como un p. vuitre dicindo fin, non o ía mandar a un gulag de Siberia a -40ºC, senón a darlle un par de boas h. por g. integral.
O post do anónimo das 08.48 do 21 de marzo é unha mostra extraordinaria de ata onde pode chegar a baixeza moral dalgunhas persoas. Nin h. merece, xa ten dabondo con ser así.
Eu recomendo aos anónimos do closed e do fin (se non é o mesmo) que meditara en qué lugar coloca eses comentarios e que rectificara oportunamente. Do contrario, e pola miña banda, apuntareime á calificación do visitante que me antecede.
The End
Os mortos que vós matades gozan de boa saude, anónimo.
Qué pesadiños, estes agoreiros do "fin dos tempos". Viven nun "fin do mundo permanente", no canto da "revolución permanente".
Confirmada a catadura do anónimo das 03.51, pido que non se lle faga caso ningún: coma se non existise.
Francamente, fáiseme moi difícil comprender como pode haber xente tan, tan ruín. Como o ínclito que se cubriu de gloria.
Hai uns días nunha entrevista televisada dicía o profesor Neira (coñecido por defender unha muller da paliza dun desalmado) que do único do que se arrepentía fora de darlle as costas a unha "cucaracha". E é que entre os homes e as "cucarachas" hai toma unha gama de personaxes máis ou menos humanos.
Fine
Mientras la universidad sigue fabricando titulados, Galicia continúa exportando recién licenciados que completan su formación en universidades europeas y americanas. Lo que hace unos años estaba al alcance de unos pocos, hoy es la meta de quien quiere triunfar en el mundo académico. Tres ejemplos son los del médico vigués Miguel Alonso Alonso, el arqueólogo ourensano Marcos Martinón Torres y el filólogo de Ames Ángel Otero Blanco.
Comenzaron su formación en la Universidad de Santiago. Despuntaron por sus resultados académicos y en seguida vieron en la emigración nuevos caminos profesionales.
Miguel Alonso trabaja en la Universidad de Harvard (Estados Unidos) y estudia “los mecanismos neurocognitivos implicados en la conducta alimentaria humana”. No duda en establecer diferencias entre la investigación en un lado y otro del charco. Para Alonso, la investigación en ese país “es una profesión que permite vivir dignamente y dónde a quién quiera trabajar se le ofrecen muchas posibilidades no sólo técnicas, sino también económicas”.
El arqueólogo Marcos Martinón coincide con Alonso. Está viviendo en Londres y es profesor en la London University. Viaja por medio mundo. En uno de sus últimos trabajos participó en el estudio de los yacimientos arqueológicos del Caribe para estudiar la conquista de América desde una perspectiva indígena. El arqueólogo forma parte del equipo que investiga, entre otros temas, las armas que portaban los guerreros de Xian en China y colabora con el Museo del Oro de Bogotá.
Estos trabajos no le dejan mucho tiempo para evocar su tierra nata, aunque se muestra escéptico cuando le hablan de volver porque considera que “aquí hay muchos más apoyos, en forma de ayudas económicas y también de amparo moral; si planteas un proyecto con interés y rigor, es muy posible que encuentres colaboración, pero también que te estén encima para asegurarte de que produces todo lo que prometes; pero la experiencia es muy gratificante”.
Ángel Otero vive y trabaja en Virginia y da clases de literatura comparada. El doctor en Filología inglesa siente atracción por las universidades americanas (comenzó en la Brown University), por el nivel de los alumnos y por los medios que se ponen a disposición de quienes enseñan. Coincide en que el tiempo y el dinero que se le dedica a la investigación es mayor que en los centros españoles y no descarta regresar, “aunque la endogamia en las universidades gallegas es importante”.
Ninguno de ellos rechaza volver, aunque en principio lo ven complicado. Para Alonso, la morriña se combate con las video-conferencias y con el avión: “Estamos a siete horas desde Boston”, pero cree que de lo que se trata es de es diseñarse algo a uno mismo, creando ese terreno fértil a tu alrededor, algo nuevo en Galicia, donde pueda aplicar lo que he aprendido y nuestra tierra se beneficie”. Mientras, Otero dice que volver es un deseo que aumenta cuando visita a su familia en Ames
Neste fío
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=2323#comments
estánse dando de fungueirazos varios sociolingüístas (sic) (un deles disque ausente), o señor presidente da Mesa e algún que outro espontáneo. O tema: eses mapas sociolingüísticos que non se sabe se din unha cousa ou outra.
Saudos,Marcos Martinón, si lees esto. De parte de quen che explicóu o concepto de límite de unha sucesión mediante un programa de ordenador que simulóu ese comportamento. Fixémolo ao momento, lembras?, nos xa lontanos oitenta.
O famoso Mapa.
"Aquí hay muchos más apoyos, en forma de ayudas económicas y también de amparo moral".
"La endogamia en las universidades gallegas es importante".
Lacras.
Sempre houbo emigrantes de elite.
Houbo.
Eu creo, como proposta, sen entrar polo miudo no debate, que é posible contemplar este fenómeno desde unha perspectiva nova, non coma emigración. Quixera non ser malentendido. Pero é posible que as distancias, o desapego familiar, o individualismo, a falta de raigames (que eu non vexo coma negativas en sí mesmas) poidan ofrecer unha diferente forma de entender o que demos en chamar emigración. Si, xa sei. Podemos seguir empregando o nome, pero ao mellor non coas particularidades doutras épocas. A xente vive noutro país (que non sinte ademáis como estraño) con total naturalidade e non desexa voltar ou non se plantea de ningunha maneira. Dito con todos os respectos: non o ven coma un drama. Simplemente como unha saída lóxica e natural aos seus intereses e desexos.
Toda a vida existiron tales cousas, e o tópico da morriña non sería universalizable. Ora ben, sen entrar nun detalle que me prohibe a necesidade de marchar (en concreto, sería ben tocar o tema 'falta de raigañas'), hai dúas características centrais da emigración histórica dos galegos que permanecen: primeiro, a marcha forzada e bastante masiva por motivos económico-estruturais (digamos, con grande simplificación, carencia de ocupación laboral adecuada); segundo, un bastante estendido desexo de volver e imposibilidade de facelo polo mesmo motivo, antes aludido, que os botou fóra.
Testemuños non faltan. E o dispor de traballo adecuado no país de recepción, o relativo bo asentamento nel (non me gusta o absolutismo da expresión naturalidade) e facilidade de transporte que posibilita visitas (ergo, vantaxes modernas) non quita que moitísimos marchen sen querer e non poidan volver aínda que queiran.
E que teñan boa noite, o país e a súa diáspora.
Fenix
As características da emigración valen para case todos os países. Pero o dos mozos cun nivel académico alto, afeitos á viaxe ou a vivir fóra da casa cun modo independente de pasar o tempo, sen demasiado compromiso familiar, que é do que trata o artigo e tamén do que trataba aquela suposta información, é fenómeno algo distinto. Creo que empregar o termo emigración, coa connotación histórica que posúe en Galicia, non contribúe a comprender ben o asunto.
SARILLE
Un meu amigo ao que nunca lle chufaran os seus esforzos na defensa da lingua galega dicía que hai que gabarse, porque morreron as avoas! A min pásame o mesmiño, e ao non ter a estas alturas padriños políticos, simpatías de tendencias, nin clubes culturetas de apoio (nin falta que me fan, dito sexa de paso), pois vou chufarme a min mesmo un mínimo.
Hai agora un ano e medio editei un ensaio titulado "A impostura e a desorientación na normalización lingüística". Algúns pretenderon que pasase desapercibido porque denunciaba a actitude política de moitos que se din defensores do galego e que tantas veces non superan o grao de aproveitados, facendo o que non din e dicindo o que non fan. Aínda que noutros isto non é certo.
No libro afírmase que a lingua galega é xa minoritaria en Galicia, un sacrilexio que indignou á parroquia. Mais tratábase de recoñecer a situación para tomar medidas. O dato é rigoroso; en parte procedía precisamente das investigacións que agora publicou a Real Academia Galega, contidas no Mapa Sociolíngüístico de Galicia. O MSG mostra un terríbel retroceso nos usos do galego.
Daquela para defenderme até botei man da definición de "pesimista" que dan os dicionarios, e aclarei que eu non o era, nin o son en absoluto. Vivo feliz e aproveito moi ben o sol de cada día. Simplemente non quería converterme nun Gran Masturbador típico da cultura galega. Deses que pronuncian moitas palabras para esquecer a realidade e continúan na orgásmica fantasía de que o galego non vai nin ben nin mal, que adepende e asegún. Ben sei, claro, que esta masturbación disimula ben a desfeita e até dá beneficios, económicos, a académicos, filólogos e infantería multidisciplinar. Teño a palabra pesimista apuntada na carteira.
Agora a RAG envía de estrangis o estudo ás librarías e non o presenta. Pretenderán seguir así outra tempada. En troca de amosar os datos empíricos, cando lles pregunten como vai o idioma, responderán a trangalladiña de que non vai nin ben nin mal, adepende, asegún, hai máis libros que nunca. "No me lo cuentez vesina, que no me quiero enterá", cantaba a tonadillera.
Hai dúas emigracións: a emigración por gusto (parafraseando o título daquel libriño de R. L. Stevenson) e a emigración forzada, por circunstancias.
Eu quixera centrarme nesta última, que é, foi e será un verdadeiro drama de índole "privada", deses que non teñen acollida nos libros de historia nin nos anuarios estatísticos.
O que emigra deixa atrás os seus anos de formación educativa e persoal. Deixa tamén a familia, os amigos da infancia e da primeira xuventude (cos cales será moi difícil manter contacto) e o seu país, se lle ten apego. Acostumado a un xeito de vivir e entender o que o rodea, agora vese situado nun mundo totalmente diferente, alleo. É preciso comezar de novo, pero o proceso de adaptación é moi difícil nun adulto, ao contrario do que lle pode pasar a un cativo, que esquece e aprende rapidamente.
Cos anos xa non saberá se é galego ou outra cousa. Para os galegos será un pouco estranxeiro, e para os do país de "acollida" (sic) sempre será gallego, coreano ou charnego, nunca un do seu clan. É máis: algúns galegos perdoavidas mirarán para el por riba do ombreiro e pensarán: "Pobriño, non puido encontrar traballo en Galicia (eu si) e tivo que emigrar."
Se hai alguén por aí que non lle guste ou non lle pareza realista esta descripción, pois xa sabe o que ten que facer: coller as maletas, deixalo todo (si, a familia tamén: muller, fillos, pais, irmáns...) atrás e logo xa nos contará.
O informe da TAG foi publicado antes das elecións, por se alguén ten algunha dúbida ou mala información. Publicado pero non presentado, quizais para evitar que a RAG entrase de cheo na loita política.
A emigración enténdese a cotío como un mal para o pais que emigra. Houbo un intento por parte dalgúns historiadores de enfocar o tema como positivo para o pais, un intento normalizador, que representa toda unha intencionalidade política.
O testemuño de MS líbrame de entrar en detalles imprescindibles. Pode que as motivacións da emigración sexan máis ou menos comúns en diferentes países (non diría eu que en todos ou en calquera): seguen sendo trazos que explican e individualizan o caso galego.
Un emigrante é un emigrante; a literatura que incide connotativamente no drama ten hoxe seguramente menos efectividade cá que tiña hai anos. A min non me molesta que, quen queira, busque denominación particular para o que marcha gozoso, expectante, procurando experiencia, formación ou ingreso. Afán de aventura, escoitaba e lía eu cando mozo, que houbo e hai literatura de diverso tipo. Ora ben, non sei eu se a nova taxonomía resultará rendible.
Asunto de relevo: diría eu que unha parte substancial dos que marchan, se puidesen, non marcharían; e de marchados, se puidesen, volverían. Así o declaran se son preguntados, cando menos. Ou sexa que o vello termo ségueme valendo ben; desde a mesma evidencia explicativa: emigración por motivos económico-estruturais, perda de recursos propios. Historia galega.
Ola e ata logo. Seguimos de avaliación.
Falando no interesantísimo e revelador tema da emi/inmigración:
Por que entre México e EEUU hai murallas electrificadas e mortíferos desertos, e entre Canadá e EEUU están apenas os marcos que separan as leiras dos labregos???
Cumprimentos.-
Cal é a distancia mínima para sentirse emigrante? A qué países ou lugares debe ir un para sentirse emigrante? En qué consiste a lembranza: terra, casa, pais? Que ten a terra onde naciches que non ten a nova paisaxe?
As enquisas e as preguntas son capciosas: a xente que pregunta desexa unha contestación determinada e a xente que resposta proporciona satisfacción ao preguntante. Alguén fixo a pregunta contraria: que tal está na súa nova residencia? Ou verdade que non bota para nada de menos o seu país? Pero non: a pregunta sempre é a mesma.
Que hai drama na emigración ninguén o dubida, pero nos que quedan non o hai? Pero eu estou a falar dun tipo de migración (que eu coñezo ben porque se trata de mozos aos que non lles importa vivir lonxe da casa) que non viven esa angustia de séculos e de tempos anteriores.
Sobre a pregunta de RMF: tanto murallas coma desertos mortíferos (ata onde eu sei non foron postos alí polos ianquis) son inútiles portas a un campo. Basta mirar a emigración americana. Por certo: vexan Inmigration Map.
Unha visita aos EE.UU. sería interesante para comprendermos o fenómeno da emigración.
Hoxe, coa venia do patrón (que espero estea ben e se reincorpore axina ao blogue) vou facer un deses collages con anacos de xornais que nos aprendían a facer na escola, aló cando eramos cativos. Xa saben: collías unha cartolina e ías pegando nela anacos de xornais, ao "tuntún" ou, como din os da RAG-ga-gá, "ao chou".
A ver que me sae...
XORNAL:
Os libros collen po nas estanterías
Segundo un informe presentado polo Consello da Cultura, O 59% dos galegos non le nin un só libro ao ano.
CORREO GALLEGO:
Galicia cojea y sólo dos voces se clasifican para 'OT 2009'
Una de las jóvenes aspirantes practicando con su guitarra minutos antes del castin celebrado en Santiago (Patricia Santos) 282 personas se presentaron ayer al único castin que la productora ha organizado en la comunidad.
BBC:
1% da população adulta detém 40% da riqueza mundial, indica estudo
Moedas e notas de dólares e libras.
Um pouco de desigualdade pode ser bom, segundo economista.
Dois quintos da riqueza mundial estão concentrados nas mãos de 37 milhões de indivíduos, ou 1% da população adulta, segundo indica um estudo da Universidade das Nações Unidas lançado em Londres nesta terça-feira.
Vieiros:
Adrián Sotelo Valencia, sociólogo mexicano: "Digámolo dunha vez: O capitalismo non vai erradicar a pobreza"
Analizamos co profesor da Universidade Nacional Autónoma de México, experto en relacións laborais no sistema neoliberal, a crise económica actual.
LVG:
Debate sobre el idioma El Parlamento Europeo considera «esencial salvaguardar el multilingüismo» donde coexistan dos lenguas oficiales.La resolución aprobada reclama que «se garantice la plena inteligibilidad interlingüística».
LA VANGUARDIA:
El Parlamento Europeo aprueba un texto que defiende la inmersión lingüística en Catalunya.
La unión de socialistas, liberales y verdes rechaza el informe que llamaba a garantizar el derecho de los padres a elegir la lengua de educación de sus hijos respaldado por el grupo Popular.
EL PROGRESO:
1.000 gandeiros de Lugo maniféstanse na Coruña ante a Delegación do Goberno.
Uns 1.000 gandeiros da provincia de Lugo desprazaranse este luns ata a cidade da Coruña para concentrarse ante a Delegación do Goberno en Galicia, co obxectivo de esixir ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño que tome medidas urxentes para sacar ao sector lácteo da crise na que se atopa sumido.
20 MINUTOS:
Los ganaderos catalanes venderán leche pasteurizada en máquinas expendedoras
* Ganarán más porque no habrá intermediarios.
* El consumidor pagará el litro a un precio similar o más barato.
* Se instalarán dentro de un mes en mercados y plazas.
* En Italia ya funcionan unas 1.200.
Máis denuncia. Como é posible que os xornais galegos (mesmo os "regionales") fagan ouvidos xordos ás falcatruadas de Baltar:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/orensanos/hacen/cola/Baltar/les/ayudas/aval/tecnico/elpepuespgal/20090325elpgal_7/Tes
Los orensanos hacen cola ante Baltar para que les dé ayudas sin aval técnico
Los solicitantes hacen cola cada semana en el despacho del presidente orensano
l menos un día a la semana una larga cola de orensanos guarda turno en el pasillo de la primera planta de la Diputación de Ourense en donde tiene su despacho el presidente provincial. Se trata de demandantes de subvenciones institucionales en espera de ser recibidos por José Luis Baltar. El presidente decide en su despacho, personalmente y delante del peticionario, el destino de más de dos millones de euros del presupuesto de la Diputación, que concede "graciosamente" en concepto de subvenciones nominales "sin ningún tipo de justificación, sin presentar programa alguno y sin siquiera figurar en un registro de asociaciones", denuncia el BNG. "Lo mismo las otorga a una asociación no constituida legalmente que a otras contrastadas que realizan importantes funciones sociales", sostienen los diputados provinciales nacionalistas. "No se cumple ninguno de los requisitos de la ley sobre efectividad de la subvención, transparencia, libre concurrencia o igualdad de oportunidades".
Según el portavoz del BNG en la Diputación, Xosé Manuel Fírvida, Baltar atiende la cola de orensanos que esperan turno y autoriza allí mismo, o deniega, la subvención y su importe. "Lo apunta en una esquina del papel" y queda así aprobada la ayuda institucional "sin la supervisión o el criterio de técnico alguno y, naturalmente, sin el control de la oposición: ni si quiera sabemos si las subvenciones son por el 100% del importe".
Los más de dos millones de euros para distribuir en este tipo de subvenciones, según consta en los presupuestos del organismo provincial para 2009, alcanzan los tres millones si se contabilizan los 720.000 euros que reparte de la misma forma el Inorde (Instituto de Desarrollo Económico dependiente de la misma Diputación) y las modificaciones de crédito, "que siempre incluyen subvenciones nominales", a las que recurre la institución anualmente.
Fírvida y su compañera de grupo en la Diputación, Isabel Pérez, anunciaron ayer que el BNG presentará una moción en el próximo pleno reclamando que se cumpla la ley estatal, de 2005, y la autonómica, de 2007, y que se "redacten unas bases reguladoras". Ambas leyes establecen que las instituciones sólo pueden conceder subvenciones nominales "en caso de emergencia", pero advierten que en la Diputación de Ourense la práctica es habitual "y no obedece a urgencia alguna". Hasta el punto de que el presidente concedió el año pasado 9.000 euros a un grupo de chavales de un instituto de la capital "para irse de vacaciones de fin de curso a Salou".
Claro que también reconocen los nacionalistas que Baltar no tiene superior que le amoneste por lo que parece un flagrante incumplimiento de la ley. Sólo el Consello de Contas de Galicia "puede hacer alguna alusión a este hecho en su informe", detallan los diputados, que piden "por favor" a los orensanos que "por amor propio" abandonen estas prácticas "clientelares o caciquiles" de las que se sirve el presidente del PP de Ourense.
La práctica no es coyuntural. El BNG denuncia que el año pasado el presidente repartió de esta misma forma 2,7 millones del presupuesto de la Diputación. "Un millón y medio de euros fueron para ayuntamientos, todos del PP, si exceptuamos 9.000 euros que concedió a un programa de educación vial del Ayuntamiento de Ourense y 15.000 euros para una infraestructura de O Barco de Valdeorras". Los nacionalistas lamentan tanto la práctica como el destino del dinero público: "Se premia a los alcaldes que no cumplen con sus deberes y que tienen que recurrir a las arcas provinciales para hacer frente a sus gastos".
"Es penoso tener que pasar por el aro de Baltar y del PP para pedir dinero y tener que agradecerle después el favor", lamenta Fírvida.
El nacionalista recuerda que en Montevideo Baltar atendió de la misma forma a un grupo de emigrantes que le pidieron una subvención para una asociación cultural. La Asociación Música y Cultura de Galicia, liderada por un ex concejal del Partido Popular de Barbadás, recibió de esta misma forma 70.000 euros: "Con ellos pagaba Baltar el silencio de personas del PP relegadas de los puestos institucionales".
Eu xa tiven que escoitar pola banda de laíño bondades sobre o método, amigo Swann. Don de xentes, campechanía, proximidade. Así nos vai.
Algús, coma Baltar, confunden o interés xeral coa "suma de intereses particulares". Solucionando un conglomerado de problemas persoales con diñeiro público ,sólo se podesdar cobertura a uns poucos miles de persoas. O resto, hasta completar a totalidade da poboación, serán os que emigrarán pouco a pouco da provincia de Ourense. O sistema autorregúlase hasta acomodar o tamaño da poboación ós metodos caciquís de goberno.
Don Marcos: escríbanos un post. Que estamos en 263 comentarios e hai que camiñar moito ata chegar ao final. E se por riba, topamos con Baltar..., pois xa me dirá.
Escriba, don Marcos, escriba.
Non entendo por qué fan pasar desapercibido, ou neutralizado, o comentario de Loureiro do derradeiro día vinte. Pola pinta, a algún pareceralle simple, pero coma él pensamos tantos. Moito do que aquí se dí coincide cos informes para debate interno das propias organizacións, pero como bos intelectuales e asesores, siguen a escribir para consumo propio, ese que nos fixo perder a perspectiva da cidadanía que nos votou, ese que segue a dar chance para os argumentos da pereza e da vagancia que tan bos réditos lles deron a quens se manifestan e parecen considerarnos parvos. É que sen títulos universitarios non se pode ir a ningún lado, se acaso irlle buscar os votos os días previos ás eleccións para que dempois nomeen a entendidos titulados coma os que aquí moito escriben e comecemos a ser molestos. Éstes, mentres tanto, xa amarraron a bicoca e a vivir. Se a sociedade se cambease só con verborrea e con tertulias!. Quenes a pretendían cambear coa forza das súas conviccións e actitudes nítidas, foron neutralizados a paos. Agora ídeos chamar outra vez. Desta desilusión tarde nos recuperamos.
Eso pasalle TS por ilusionarse con fogos fátuos.
Os que non lles votaron viron algo que lles desvelou a verdadeira figura do nacionalismo-BNG no poder.
CHIRINGUITOS
Entro aquí de chiripa, que pasa co blog, non hai novos fios, ningunha explicación?
Hai docenas e docenas de fíos no blog que admiten aínda centos de comentarios. O que se precisa é unha faxe de "introspección blogueira". A distancia do tempo permite releer e valorar con outra óptica moitísimos debates. Esto é, das "uvas" levamos sacado sólo o mosto. Falta fermentación para o viño e un "reprensado" e destilado para a augardente.
Emigración: marchan moitos galegos por motivación económica; segue constituíndo actualidade. Continúa habendo testemuño de que moitos preferirían quedar no país: non entendo que a quilometraxe sexa factor concluínte, se ben -obviamente- se pode ser preto de Ames mellor ca en Ribadeo.
Hai xente que asume gozosamente unha experiencia laboral e vital extragalega; non todos o abordan como radicación definitiva, contémplase a hipótese de volver. Hainos que volven; hainos que non volven e o viven sen maior angustia; hainos que non volven e ben quererían.
A diferenza nas posibilidades de traslado e comunicación fan que a relación do emigrado actual coas súas raíces,e vice versa, sexa ben diferente á das viúvas dos vivos e as viúdas dos mortos.
Segue habendo emigración non desexada, e dáse en Galicia particularmente por motivos estruturais. Pódese afinar na denominación, as taxonomías; ao mellor (non o acabo de ver) pode axudar a clasificar mellor o fenómeno. Sociolóxica e politicamente, non lle vexo, por tal, mudanza.
TS:
As observacións que fixo Loureiro o "derradeiro" día 20 xa foron expostas por distintas persoas antes das eleccións, mesmo por servidor de vostede, que non vive na Terra.
O BNG segue a estar controlado por unha minoría (UPG) aliada ao mellor postor (o quintanismo). Os seus candidatos non son nin os mellores nin os máis brillantes, senón os que tocan pola cota de representación do upegallismo quintanista. O BNG como partido non conecta coa sociedade: non se fan novos militantes. A súa política de comunicación foi nefasta. Non marcaron distancias co PSOE en certos temas (sobresoldos) mentres que noutros fixeron a guerra pola súa conta (Vicepresidencia da igualdade), dando a imaxe dun goberno dividido.
Pero desengánese, Loureiro: non chega con repetir até a extenuación o manido lema de "As solucións non veñen de Madrí..." Ten que haber unha estrutura, un partido ou fronte detrás que interactúe coa sociedade. O BNG non coidou as súas relacións coa CIG, e o mesmo podemos dicir do Sindicato Labrego Galego. Recorda as escisións que houbo en ADEGA?
"Asesores" escribindo aquí non lle hai (ben, había un que participaba aquí hai tempo que penso que o era).
Aquí había de todo pero agora o blog semella abandoado, sen ningunha explicación.
Certo, se hai algún motivo que teña paralisado o blog, poderia dicirse.
Se hai vontade de deixalo esmorecer, podería comunicarse.
Así os blogistas semellamos, é certo abandoados.
Se non estou trabucado, coido que o blog moi logo ha volver a estar activo con novas entradas.
É lóxico que o dono estea un pouco canso. A todo o mundo lle convén descansar unha tempadiña, ou?
Claro que si, cando nos cansamos, desaparecemos e xa está, pero cando cansa o dono nótase mais.
É curiosa a fidelidade acadada polo blog, un grupo de personas que van sumando anos nunha relación case diaria e que fora do espacio virtual ao mellor, pouco se din ou non teñen que dicirse.
O transcurrir do tempo fai os seus desvelamentos e hai coñecemento, captación das psicoloxías, comprobación da competencia argumental e tómaselle tamén o pulso a emoción é mídese a viveza da memoria.
É sorprendente que non haxa mais cansancio, porque ao fin somos sempre os mesmos.
Mentres chega o dono con renovadas enerxías, aquí un clásico das Uvas: o inmarcesible, o único, o Engaiolador de Coles, o Bieito nunha estampa para min moi querida: a descripción da Sevilla en primavera.
Houbo ponte e por ela pasei -sobre o río da Despreocupación- cara Sevilla. Durmín nun cuarto con vistas a un patio machadiano no que ecoa a voz de Esperanza Fernández (hai unha academia de canto e baile flamengo no baixo do predio) e o zangarreo da guitarra dun fillo da Martirio que para na casa confinante. As laranxeiras están coa flor e esparexen bálsamos doces polas rúas. Apetece pasear para compracer as ulideiras pero tamén para mover os padaos, porque acaba de empezar a época dos caracois, servidos nos bares como petiscos, xunto cos roxóns e tremozos (alí chámanlle altramuces). Estes caracois son pequerrechos e sabedeiros, os propios para petiscar, no entanto teñen máis que comer outros grandeiros nomeados cabrillas, submersos nun mollo atentador que obriga a sopetear.
A cidade experimentou ultimamente unha muda a mellor, con numerosas bicicletas a circular nas veredas dispostas polo concello que compoñen unha estampa holandesa. Naquel consistorio goberna un bipartito integrado por concelleiros do PSOE e de Izquierda Unida. A esta última formación política débeselle a feliz ocorrencia de encher as avenidas de ciclistas. Así e todo inzan os descontentos coa corporación municipal. O xornal máis lido (monárquico e direitista) declaroulle a guerra aos esquerdosos e abala o medoño espectro do comunismo. Usa un argumentario moi semellante ao cuspido contra a Xunta bipartita, só que demoniza comunistas onde aquí satanizaban nacionalistas.
Están ás portas da Semana Santa e nótase nos preparativos. Este ano as confrarías queren converter os días da Paixón en xornadas de loita contra o aborto e contra Zapatero. Á vista disto mougarei torradas meleiras, típicas da Páscoa andaluza e do entroido ourensán. E fóra mal tempo!
De por parte, a liga cántanos (aos culés) no papo.
Esquecín o do Barça. O de hoxe de Bieito xa está enmarcado.
Xa que hai cansancio e resulta un tanto complicado entrar, podíamos irnos nestas vacións para o blog de Arume dos Piñeiros.
Recméndolles encarecidamente que lean a entrevista que o blogueiro Alema lle fai a Mauro Fernández. Parece que a perda do galego como lingua inicial estabilízase:
http://alema.org/2009/03/25/mauro-fernandez-hai-datos-no-msg-que-apuntan-a-unha-estabilizacion-do-galego/
Relacionada (comparación entre o uso do galego como lingua inicial en 1992 e a actualidade):
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=2458
Asimesmo, é de moito interese o comentario que fai un dos contertulios no blog de Alema:
Prosciutto:
“Está claro para mim que no ensino haverá que mudar radicalmente a didáctica do galego, que aínda se dá como se fosse a língua materna do alunado das zonas urbanas e periurbanas do corredor atlántico. E isso já nom é assi, ao menos para imensa maioria. O galego para esses rapazes é moços é uma língua segunda e penso que deveríamos trabalhar partindo daí.”
Para MS e TS
Desculpen a intervención. Como poden comprobar polo IP (vese que son asíduos e poden pedirllo ao xestor) non volvín insistir no tema. Era unha simple constatación persoal ao fío do artigo principal do blog.
A quen lle molestase, síntoo moito. Pero si: eu síntome un pouco culpable, como cando un pai volve á casa e descubre que os fillos esnaquizaron o xarrón no salón. Sinto que non os vixilei ben, que non protestei cando era o meu deber protestar. E aí a miña culpa.
Fixéronse grandes cousas, pero non creo que paguen a pena da perda final. Eis o que eu quería expresar. Pido desculpas por meterme no que parece, case, un blog privado dun grupo de amigos de Ourense con pouco que falar da realidade galega e con moito que falar de historietas personais, ao estilo de amighiños na barra do bar contando fracasos íntimos.
Saúdos cordiais.
Nin amiguiño, nin de Ourense nin con historietas persoais que contar.
Velaquí dúas reflexións sobre Ramón Piñeiro tiradas de distintos lugares.
1. Román Casas (Arroutada)
O mais discutibel é o seu "non nacionalismo" unha sorte de castración por arriba, coa tesoura europeista e compensación por abaixo mediante afecto a língua e unha autoestima cultural universalista.
A posición de Piñeiro refrexase en parte en intelectuais de hoxe como Ramón Maiz, que coa súa proposta dunha nación sen nacionalismo pode orientar o desenvolvemento das teses piñeiristas.
Piñeiro non deixaba as decisións ao azar, e hai que recordar que foi diputado independente polo Psoe. Maiz é persona se non integrada, moi próxima ao Psoe.
A súa herdanza recollenna hoxe dende o mesmo BNG, o mal chamado quintanismo, tenta unha inspiración neopiñeirista, inspiración que chega tamén aos ambientes mais galeguistas do Psoe e mesmo no PP.
O piñeirismo como ideoloxia foi recollida potencialmente entón por sectores destas forzas políticas, neste senso, cumpriu seu papel, foi escoitado, pero non foi levada esta ideoloxia ao facto, neste sentido, queda en estado embrionario, potencialmente xenerador de algo que é sempre truncado. Unha sorte de sebastianismo. Unha saudade de cando os galegos nos uniríamos, independentemente da militancia partidaria nun futuro pasado.
Esto por abaixo
Por arriba, lamentabelmente non hai aposta sería de existir culturalmente en Europa nin no mundo. Esta responsabilidade recaería no ente cultural que el dirixiu, Galaxia, que se queda cativa, para un esforzo tan grande perdéndose subsumida nunha empresa-negocio cultural mais.
Simplesmente os neopiñeiristas non se atraven a existir, o seu último flebe rebrote queimouse na xeada electoral.
2. Suso de Toro (hoxe: EL País)
Tiven a extraña oportunidade de facerlle a última entrevista a Ramón Piñeiro. Unha entrevista extensa publicada logo dentro dun libro, Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista. Piñeiro foi discutido toda a vida, discutíronselle as súas decisións e mesmo a súa personalidade. Doente terminal, cerrando definitivamente o piso que lle proveera García Sabell na Rúa de Xelmírez en Santiago, sabía que era a última vez que se explicaría ante un micrófono, ante alguén, ante os demais. Ante si propio.
Maiormente non era comprendido polo mundo ao que pertencía, o do galeguismo
Explicou cada paso con argumentos nidios, cría o que dicía e a súa vida, era iso que explicaba. Represión, clandestinidade, diferenzas e ruptura co exilio, renuncia ao Partido Galeguista, resistencia cultural, diferenzas co nacionalismo, Transición, autonomía, a súa idea de Galiza... Xunto a outras persoas, gastara a vida nesas cousas e obrara abnegadamente e con proveito para o país. E, con todo, faltándolle días nada máis, sabendo que todo concluíra, penso que sabía que non era comprendido. Maiormente non era comprendido polo mundo ao que pertencía, o galeguismo, que pasara de ser o seu galeguismo cultural a un nacionalismo dunhas esquerdas que non podía comprender, nin sequera eran unhas esquerdas parecidas ás que el coñecera na República e na clandestinidade. Probabelmente se sentise un profeta ou un guía que ficara sen pobo a quen guiar. Non entro en se tiña razón o guía ou o pobo que se lle desmandou.
Piñeiro sabía que o seu sacrificio dera froitos na sociedade e na política. Sen o seu traballo e o dos compañeiros de xerazón política a Galiza actual non existiría deste modo. Aínda que non llo recoñecesen, sabía que tiña razón. Mais estou certo de que tamén sabía no fondo de si unha verdade amarga, o fracaso da vida. Ollando ao redor vería inevitabelmente mal realizadas e mal encarnadas as súas ansias, un puritano incansábel que ollaría con desalento as insuficiencias humanas do seu entorno, deste país. Como pode un idealista que entregou á súa maneira a vida á causa da Galiza non sentirse fracasado?
Piñeiro ha ser celebrado este ano como inspirador e autor de moitas cousas, mais a súa vida, como a de quen pretenda cambiar o mundo, é un fracaso.
2.
...
Taboeiro de anuncios: Xaime, chámame ao fixo.
(Digan logo que o blog, aínda algo parado, non ten uso).
Parece ser, habería que confirmar, que un dos "ideólogos" de Touriño era Ramón Maíz.
Para o comandante Etxe.
Gostei da súa reivindicación contra os bancos no artigo de hoxe.
Recoméndolle que alén de quitar todos os cartos desa "perversa" institución tamén renegocie a hipoteca noutra entidade. Saque tamén a hipoteca.
Estou moi à sério reconsiderando o volver ó campo consumerista. Precisamos de unha asociación combativa, independente e que adopte técnicas tanto dos sindicalistas como dos anarquistas.
A asocicación que axudei a fundar e presidín por indicación do psoe tivo a súa gradeza por empezar o traballo e a súa mortal debilidada por estar preñada de política.
"Credo, credo, credo".
asdo: o indio errante.
Amigo Loureiro: non son asiduo do blog, non sei se MS o será, pero eu seguro que non, leo de cando en vez e, honestamente, quítanseme as gañas o ver tanta autocomplacencia. Con respecto á súa última nota, ó mellor é que non me expliquei ben, ou vostede non captou a miña total solidariedade coa sua opinión, a cal me pareceu silenciada, por non sela testemuña oficial do clan de eruditos que dende aquí analisan todo o que haxa que analisar, dende a perspectiva da atalaia que teñen os perpetuos vividores da cosa nostra, políticamente falando, por suposto.
Marta Harnecker pechará do 13 ao 17 de abril a XXVI semana de Filosofia en Pontevedra.
A comenzos do ano 77, o seu libro Os conceptos elementais do materialismo histórico, foi un libro de culto entre "el rojerio",polo que deveciamos.
Hoxe en http://www.rebelion.org/ pódese atopar en autores as súas opinións. Así coma as de Samir Amin.
Para Loureiro e TS: están algo (ou moi, según se mire) trabucados.
O que non quere dicir que non haxa de cando en vez (ou moitas veces, tamén según se mire) autocompracencia a cachón, onanismos mesmo con descargas, conversas insulsas de bares, historietas infantís, ironías de parvulario, sandeces solemnes, diatribas esnobs, palinodias de todo a cen, e moita moita retórica vana. E falo por min exclusivamente.
Por todo o demáis, este blog é cojonudo (sic).
Viva a realidade galega. Mais u-la?
Pódeme alguén traducir que quere dicir isto?
"testemuña oficial do clan de eruditos que dende aquí analisan todo o que haxa que analisar, dende a perspectiva da atalaia que teñen os perpetuos vividores da cosa nostra, políticamente falando, por suposto."
Son eu un erudito?
Moito llelo agradezo.
Arume: con todo o que levamos reñido, e o que lle queda, ¡que haxa que ler certas cousas!
Loureiro: asegúrolle que me interesou moito ler os seus escritos; e gustoume. Canto á mensaxe do outro, tamén o segundo e menos o primeiro. Ver reiterado un lugar común constata certa tendencia do ser humano á inercia; e non disgusta, aínda que aburra.
Pero vamos, que asuvasnasolaina xa dera para tópico mantido é un himno ao seu valor. E, ante todo, ao mérito do seu titular.
Quere dicir que os alma mater deste blog teñen pretensións de creadores de opinión.
"perpetuos vividores da cosa nostra"
Ven a dicir que esa opinión que tentan conformar correspondese cunha corrente de opinión maior, e que por fomentala acadan cotas de influencia.
É unha interpretación!
Anónimo, que viven ben sempre no agarimo de calesquera que governe, notouse moito no exgoverno exprogresista da Xunta sainte e exgovernante. Quenes estaban realmente a governar eran os mesmos de sempre, esta xentiña cofea ben e déixase cofear con nostalxia infantil. Dende aquí, como tribuna decíaselle a todo amén, só existía o que saía nos papeis, o resto, a cidadanía era xente resentida de difícil trato e mala de contentar. Mira que o deixaran sinxelo os anteriores para facer as cousas mellor, só un pouco, pero fumos capaces de empioralo, pensaron que as toupeiras premiadas lle ían levalos votos ás oficinas, por correo ordinario, por suposto.
Confesión (sen que serva de precedente):
Eu pecador, confeso que vivín de p.m. a costa do bipartito, que me beneficiei de mil e e unha prebendas, que adulei até o indecible a todos os nosos gobernantes, que mangoneei todo o que quixen e moito máis, que puxen a miña parca erudición ao servizo dos poderes constituídos, que levando polo meu inveterado neopiñeirismo corronpín á sá xuventude levándoa polos vieiros do acatamento acrítico ao poder, que tentei deformar á opinión pública desde este blog para convencela de que vivimos no mellor dos mundos posibles, que desde a miña atalaia prohibín e impedín todo debate, que mandei aos díscolos e disconformes ao máis penoso ostracismo, que como perpétuo vividor da cosa nostra son (co)responsable de que o país se vaia ao garete.
Por todo iso, e por moito máis que calo, rogo me teñan nas súas oracións para que, despois de padecer oportunamente no purgatorio, poida por fin revivir como ave fénix para poder seguir mangoneando ad kalendas graecas co novo goberno do gran timonel Feijóo. Home non!
Diso nada, Apicultor, os resentidos e contrarios a todo poder constituido queremos mais, moito mais, non nos conformamos con unha simple confesión: Queremos a flaxelación e que os flaxelos leven cravos e que o sangue escorregue liberadoramente polas vosas costas acourazadas de bipartidismo brando e entreguista. Que menos.
Pero Reixa non era do bipartito?
Arume, non desvíes a atención co Reixa; descamísate e dalle ao flaxelo, que quero ver eu esas lágrimas de sangue por tanta traición consentida, por tanta morneza de comentario, por non saber denunciar a tempo tan fráxil consenso, polo que pudo ser e non foi. E que se vaia preparando xa o Saavedra, que é o seguinte. E o Medela que non pense que se vai librar. Hai para todos.
A flaxelación é unha ordinariez: non podo. O sangue maculando a miña chemise de Hugo Boss. Está tolo vocé?
Hemeroteca, tire de hemeroteca, e anote a miña blandenguería.
Nin tanto pecado, nin tanto flaxelo. Fagan o favor, modérense. Se é certo que aquí houbo e hai defensores da orde counsuetudinaria e constitucional, tamén é certo que viron as súas opinións seriamente comprometidas e que emerxeron outras opinións nun espacio isegórico.
O Apicultor di que é neopiñeirista, podería explicarnos suscintamente en que consiste tal adscrición?
Pois, francamente, non lle teño nin idea que vén sendo iso do neopiñeirismo. Mais como mo chamaron algunha vez, por iso o puxen.
Gustoume moito o de "orde consuetudinaria e constitucional", sobre todo polo de consuetudinaria. Pero non lle vou facer o feo de pedirlle explicacións.
Saúdos a tod@s.
Arume, non perdamos o humor.
A cada quen prácelle recoñecerse no que de verdade é.
O consuetudinario refírese o costume.
Unha última pregunta:
O blog, vaise mover?
O Apicultor, mais que neopiñeirista, é un quintanista quimérico. E non me pidan explicacións, que non sei o que significa.
Non o dirá por min. Supoño que o "non perdamos" é maxestático.
Lerá Feijoo As Uvas?
Escribirá?
Poñan data para o da flaxelación, que eu tiña pensado, pola Semana Santa, achegarme ata Sevilla, pero en vista do que hai penso que paga a pena mudar de plans e quedar por acó.
Propoño que todos aqueles que algunha vez que pasaron por estas uvas como lectores deixen a súa opinión sobre o blog. Por ver se a flaxelación ten que ser universal. Nese hipotético caso eu estaría disposto a flaxelarme un pouco, pero a ser posible por Scarlett ou por Monica ou viceversa. Se for Uma tampouco rexeitaría flaxelo e medio.
En vez de tanta flaxelación un pouco de reflexión, non lles parece?
Poñamos un momento para a reflexión.
orientémonos con Aristóteles, Kant ou Putnam.
Logo nun receso podemos sair e ir a conversar con Uma, Mónica, Scarlett e flaxelar ou deixar que nos flaxelen, eu personalmente prefiro outras cousiñas menos aparatosas, pero para gustos...
Menos flaxelación e mais reflexión.
Eso, cantas mais x mellor.
Ha, ha, ha,... nesa categoría si que nunca me meteran. O progeta do non. Xa me dixeran que sempre vou contra corrente, que moo do revés,... Ven a selo mesmo, supoño. Sen embargo, non me vexo ahí encadrado, son outros, síntome máis profeta do creo e, errado ou acertado, defendo o que creo independentemente de onde sople o vento. Recoñezo que se apañan moitas hostias, unha tras outra,... pero, mentres non matan, fan a un máis duro.
De verdá que vou ter que tomar medidas drásticas con algúns individuos. ¿Quen c. se cren para mandalos flaxelar? Aquí o único que ostenta o monopolio lexítimo da violencia son eu. E en virtú do mesmo, vounos enviar a todos a un gulag a Siberia a -40ªC pra que saiban o que é bo. Alí o sangue conxélase, señores. Xa verán.
Eu mesmo estou asombrado da magnitude da devandita frase, pásame coma aquel cronista que traballaba en EAJ74, que cando leía os seus propios escritos incluso lle producían máis satisfacción que os mesmiños clásicos, e por iso estaba convencido de que era fantástico. Parece ser que o traizoou o caracter avinagrado e unha prominente xoroba, pouco vendible e exportable nos círculos literarios daquelas datas, onde moito importaba á apariencia moral.
Que teñan coidado os flaxeladores, que:
"O látigo no coñece ao seu dono"
-Proverbio uolof (Senegal).
Señores/as mangallóns/onas, du calme. Achéganse días escuros e a vostedes non se lles ocorre outra cousa que teimar en autoflaxelarse, como se a realidade presente non nos estivese xa a medir as costeletas a cintonazos.
Vaian gardando as forzas para os días escuros que están por vir, cando Frijolito e os que lle bicaron o cu durante a campaña pasen o rodicio polo pouco que quede de gallego e de cultura gallega.
Xa verán que de cóchegas!
Propoño desd'As Uvas re-crear o Banquete de Conxo no ano 2009. Promovamos o hirmanamento da clase traballadora, o estudantado e as clases intelectuaes e meio-pensionistas! Assembleia popular, ja!
Hai algún operario por aí? (É polo da cota sindical, e tal). Algún tendeiro que rotule en galego? Búscanse estudantes, mesmo de letras. Parados coa tarxeta do Servizo de Colocazón? Todos e todas son ben-vindos. Fóra a clerigalla, o bispo d'Ourense e os facciosos feijoístas.
A Executiva do BNG acorda que Carlos Aymerich e Ana Pontón serán o portavoz e a viceportavoz do Grupo Parlamentar
Carlos Aymerich e Ana Pontón
Santiago de Compostela, 30 Marzo 09. A Executiva Nacional do BNG acordou esta tarde, e por unanimidade, os nomeamentos de Carlos Aymerich e Ana Pontón como portavoz e viceportavoz do grupo parlamentar nacionalista, respectivamente.
A Executiva Nacional, en funcións, foi facultada polo Consello Nacional para distribuír as responsabilidades dentro do novo grupo parlamentario da formación nacionalista.
A Executiva Nacional acordou tamén que o BNG respaldará activamente o as mobilizacións dos labregos galegos en defensa dun prezo xusto para o leite e contra as prácticas de dúmping comercial sobre a base da importación de leite foráneo.
Asemade, o órgao de dirección nacionalista expresou a súa adhesión á manifestación que a Mesa pola Normalización Lingüística convoca para o próximo 17 de maio en Santiago de Compostela en defensa da nosa lingua.
O BNG traballará intensamente para que esta mobilización en defensa do idioma galego sexa o máis masiva posíbel.
Señores: veño de ler en arroutadas que o dono deste blog está enfermo. Non sei que será o mal que ten, e agardo que non sexa grave e que se recupere pronto.
Como entre vostedes haberá máis de media ducia de afiliados á AELG, suxeriríalles que votasen polo seu blog -se o consideran ben- nos premios da devandita asociación.
Por outra banda, non podo menos que demostrar o meu carácter crítico: que Aymerich, antes de falar no parlamento, faga limpeza da súa casa. A asamblea local de Oleiros é un exemplo claro de nugalla e incompetencia. ¿Como pode saír un líder dunha tal asamblea? ...A non ser que sexa algo feito a mantenta: ¿que máis teñen os veciños de Oleiros?, se cadra o que queren os altos cadros do BNG que viven nese concello é poder vivir sen ser molestados polos seus conveciños... A política é un traballo duro candose fai ben. É moito máis doado facer oposición. Coido que algúns militantes do BNG ata sentiron alivio a noite do 1 de marzo.
Pero Aymerich e Ana Pontón ocupan estes cargos para liderar no futuro o BNG?
Són cargos de IMPORTANCIA e RELEVANCIA. Non sei se "liderazgo", nun partido asambleario, sería aplicable a estes cargos, pero eu penso que si.
En todo caso, a crítica está aí: ¿porqué non comezar dende abaixo, coidando os detalles?
Veño de ler o libro "El factor humano", non o vello de Green, senon dun tal John Carlin, sobre Mandela. O importante deste libro (moi frouxo, por outra parte) é o ánimo de Mandela de conquistar aos seus inimigos. O libro reflexa a importancia dos detalles, dos factores de ánimo, incluso dun partido de rugby, nunha sociedade partida en anacos.
Evidentemente nós non temos un Mandela. Cómprenos alguén con capacidade para liderar cun sorriso nos beizos.
Os ritos son importantes. Os seres humanos somos animais rituais. Penso que o rito da demolición da cidade da cultura tería sido fermoso e tería unido a moitos galegos, mesmo a xente do PP, porque todos sabíamos que aquelo era unha burrada. Seguir adiante coa burrada foi a maior burrada que se podía facer, aínda que costase o mesmo. Un día de expiación, de demolición, unha festa popular, tería sido a mellor opción.
Pero faltou valor. Faltou liderazgo. Faltou comprender a importancia dos xestos. En troques diso fixéronse partidos de futbol con millonarios con acento sudamericano levando a camisola da selección galega. O absurdo elevado ao cubo.
(O libro é frouxo, insisto)
A quen se refire hoxe MAFV no Galiza-Hoxe?
Non sei se será alguén. Pode ser. Pero non sei. Vostedes a quen cre que se refire?
Oposición intelixente
Falaba eu hai uns días da necesidade, de cara xa ao inmediato futuro, de que as dúas organizacións políticas galegas na oposición, PSdeG-PSOE e BNG, chegasen a activar unha estratexia de fondo, intelixente, cordial, efectiva e fondamente política, que servise como base fundamental para, nas próximas eleccións, recuperaren o poder na Xunta de Galicia e continuaren así o camiño de transformación e de progreso que o país precisa. E isto, obviamente, non significa, en modo ningún, que se teña que chegar a acordos programáticos, nin moito menos. Porque cada organización ten a súa historia, a súa traxectoria, as súas bases programáticas e políticas e, en definitiva, o seu perfil recoñecíbel e recoñecido. Mais despois da desfeita electoral sufrida, é urxente crear ou compor -xa non digo restaurar, porque non existiu- un novo estilo, unhas novas e boas maneiras de facer política. Vexamos un exemplo negativo. Eu lembro o caso dun coñecido político e representante público do BNG presente nun debate radiofónico, en compañía de tamén representantes do PP e do PSdeG. O tal político nacionalista non deixaba en ningún intre, nas súas intervencións, de exercer unha patética prepotencia discursiva sobre os seus contertulios, e teimaba con insistencia, exhibindo mesmo unha pésima educación na arte da dialéctica, en rebaixar en todo momento os argumentos utilizados polo representante do PSdeG. Nin que dicir ten que as eleccións estaban á vista. E o tertuliano do BNG, fachendoso e versado nunha caste de ofensa que acaba sendo puro infantilismo, trataba de magoar unha e outra vez, con malas maneiras, o representante do partido do cal era socio no Goberno. Inaudito. E mesmo abraiante. Ou sexa, intelixencia política cero. Mais isto xa é pasado. Pasemos páxina. E que este señor rectifique, se quere. E que tamén rectifiquen outros da outra banda, que de todo hai. Como moi ben dixo María Xosé Bravo, "a única maneira de facer política é uníndose, sumando, dialogando, con tolerancia e con respecto aos diferentes".
Non sei a quen se está a referir MAFV, pero podería ser calquera destes dous elementos: Aymerico ou Lobeira, seres que non se sabe se falan ou se berran.
Que collan os bártulos e retornen á vida "privada" (se a teñen) ou ao choio de por vida.
O BNG precisa xente brillante, non encefalogramas planos. Se estas son as caras visibles do "novo" BNG, imos (van) de cu.
Máis noticias noxentas:
Baltar añade más empleos a la cuenta de la Diputación
Parte de los 33 porteros actúan como agentes electorales del PP, según el PSOE
CRISTINA HUETE - Ourense - 30/03/2009
Baltar continúa creando empleo en la Diputación, la empresa de la provincia con mayor número de trabajadores (cerca del millar) después de Coren. Apenas transcurridas unas semanas de las elecciones autonómicas, el presidente ha aumentado el número de contratados en el Simeón, el edificio cultural de la institución en el que ya colocó en los últimos dos años a 33 porteros para atender tres puertas operativas.
Boísima idea!!
Un día, mellor unha noite,ou varias noites, de demoeción da cidade da cultura!
Un exército de voluntarios, ben coordinados como cando foi do Prestige, que a chimpen!.
Os cachos, pódense vender de "souvenir" cando foi do muro de Berlín. Eu sería o primeiro que pagaría ben por un de eles, e por estar alí, demoendo.Pódeselle dar un certificado a todos os que participen na demolición. EN vez de "gañar o xacobeo", gañar o "demoleo". CObrando as correspondentes tasas. Pódese vender "merchandising" do acontecemento, pins, gorras, etc: "Eu tamén demoín..etc...". COn un anagrama, como cando foi do NUNCA MÍAS, a bandeira galega cuberta de cachotes,etc. Vender a exclusiva da retransmisión televisiva como se fora un partido de fútbol, etc. As ferramentas axeitadas, especialmente deseñadas para a ocasión, tamén se poden vender aos voluntarios, como as antorchas olímpicas, para que as leven de souvenir, tamén. Buf! Hai unha morea de cousas que se poden facer. Pónselle unha data, lonxana no tempo, para a operación, para crear tensión e expectativa. Un reloxio cunha conta atrás, en internet e na prensa, que vaia contando os segundos que faltan para o inicio da demoeción. Virían turistas de todas as partes do mundo. O primeiro golpe de pico subastaríase, pagaríao algún jaque árabe ou milionario excéntrico, etc.
Si ao final a XUnta pódelle gañar cartos ao asunto!
Feijóo!! COntrátanos de asesores aos das Uvas!!
Asesor debe ser a culminación exitosa de toda unha traxectoria polo que di XDC, prefiroos a vostedes mais que como asesores, como axexores.
Brillante, Dacova.
Feijoo, déixese asexorar por nós. Non se case con Galicia. Que é moi mala de olvidare.
Ó fillo do Paco, "transfuga" de Castro Caldelas, coñezoo ben e sígholle a traxectoria.
Metérono primeiro nun organismo que controlaban eles e se dedicaba a porlle crótalos ás vacas, creo que era "craega". O Transfuga é gandeiro e alén de enchufarlle o fillo, din, comentan, que lle deron un diñeiriño, pouca cousa.
Ó fillo despois mellorárono, metérono no Concello de Ourense con Cabezas e estivo un tempiño nesa aula da naturaleza en Oira ensinando a pescar e a fauna do río. Tivo mala sorte, gañaron os outros, os mouros, e acabouselle o contrato.
Estes Castrexos son admirables, non abandonan ós seus, eu iría a ghuerra con eles, acaban de meter o fillo do Paco, "o transfuga", vaille quedar por xeneracións o mote, NA DEPUTACIÖN. Esto alén da lectura política ten rango de antropolóxico. Os da "ghorra" non abandonan ós seus, nin feridos en combate. Para mín a boina é unha ordinariez, son "Os castrexos", porque ese comportamento solidario só se fai tribalmente, e é bo, axuda a sobrevivir.
No psoe son máis ruíns e mezquiños. Eu vin auténticos rastreros, facedores de traballos sucios , deixados, abandonados no mar co barco a fundirse nos tempos do Salgueiro e de Veiga Pombo. Vinos suplicar que os deixaran dentro polomenos de policías locales, de chupatintas, do que for. Xente con estudos, senon a cousa non tería interés, non vaian vostedes a pensar. E fóronse deixando tirada a moita, moita xente. Por que?. Porque en téndoos "dependentes" controlaban as asembleas. Estes "Líderes do pi-pi".
A ver se aprende a esquerda como se fan as cousas neste país. Este país é o que é e non outro. Non somos o norte de europa, nin o capitalismo desenvolvido. Somos castrexos con unha pátina de romano.
Eu achéghome ós castrexos de don José Luís. Sí señor.
Para ulisquealos. Parecen do meu pobo. Son pobo. Son do pobo. Son populares.
Se fosen un pouco máis sensibles coa naturaleza e co urbanismo, serían perfectos.
Lembrazas para a A. N. P (popular) Ga.
Mentres que non volva o dono do glog, eu vou seguir con esta sección de "collage" de noticias aparecidas estes días por Interent. Como na anterior vez, utilizo un sistema de collage crítico-contrastivo-comparativo.
1. A nivel autonómico, os datos evidencian que só un 3,05% dos estudantes de Primaria e Secundaria desexan dedicarse á actividade agraria.
(Fonte: http://www.unionsagrarias.org/noticias.asp?id=244)
2. Galiza: a maior fábrica da polícia espanhola
Há vários anos que a juventude galega é umha das que mais nutre à Polícia Nacional espanhola. Segundo os dados que apresenta o El Faro de Vigo, quase 12% da gente que ingressa cada ano na única academia espanhola de polícia, a de Ávila, é galega.
(Fonte: http://www.galizalivre.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1781&Itemid=1)
Boas xente,
Neste 1 de abril, permítanme facer un pouco de spam e promover neste fío un manifesto constructivo a prol do galego e da súa utilidade. Desmentindo a idea de que o noso idioma só sirve dentro de Galicia, e parece que nen iso. O enderezo é: o galego é útil. Suxerencias son máis que benvidas. Unha aperta. Xesús
Moi boa idea, MS, moi boa idea.
a mellor noticia do día foi a publicada poLa Voz: Un juez cierra la web chuza.org por apología del nacismo.
Era unha broma, claro. Seica hoxe é o día das inocentadas en Galiza: o un de abril van os burros onde non deben ir.
Non sei que é o que está a pasar, pero estou desconcertado. Por unha parte vexo que o blog está detido nunha entrada do 11 de marzo e que a esa entrada fixa e teimuda váselle amecendo comentarios e máis comentarios. Non obstante, cando entro a ver os comentarios, permanecen igualmente fixos e teimudos. Polo menos o último sempre é o mesmo. Así e todo, vexo nos avisos que aparecen na parte dereita da columna, que si hai novos post ós que teño acceson se pico aí.
Non sei. ¿Que é o que pasa?
Pois agora aínda estou máis sorprendido. Continúo confuso.
O tema elle así, o mesmo. Só permanecen "á vista" un número determinado de comentarios. PAra ver o resto, hei que premer nalgunha das alternativas para "ver o mais recente" que ofrece o sistema.
Ten pasado xa en varios históricos fíos que chegaron a un número enorme de comentarios.
Moitas gracias. É que eu sonlle un analfabeto funcional no tocante á informática en xeral. Máis que analfabeto, un desvalido.
Velaquí unha nova e apaixoante aportación ao "método do collage crítico-contrastivo":
1. Quedar para setembro tén premio
Se cadra somos dos poucos sitios nos que, logo de que unha forza política perda por goleada as eleccións, o seu máximo líder sexa recompensado con alto cargo e prebendas que conlevan chófer e coche oficial. Refírome, claro está, a Anxo Quintana, que foi nomeado vicesecretario do Parlamento grazas a unha interesada maneira de exercer a xenrosidade política por parte do PSOE.
Non tería o BNG outra figura máis ilusionante para sentala na Mesa parlamentar? Dándolle nota a quen o levou a perder a cogobernación, 45.000 votos e un deputado parece como se o de quedar para setembro tivese premio.
http://perfectoconde.blogspot.com/
2. Corenta funcionarios con dereito a cobrar o plus de altos cargos renuncian a percibir o sobresoldo
Os empregados públicos, entre os que se atopa un conselleiro en funcións, consideran que hai que dar exemplo en tempos de crise.
http://www.vieiros.com/nova/73075/corenta-funcionarios-con-dereito-a-cobrar-o-plus-de-altos-cargos-renuncian-a-percibir-o-sobresoldo#pe-paxina
Deixando a un lado o do Audi (máis ben cinco audis, non só o de Quintana), resulta estraño que todo un vicepresidente de goberno e un conselleiro de traballo rematen nese labor técnico parlamentario. Non o vexo.
Despois de deixado de lado, collo o do Audi e volvo dicir o que sempre dixen: para que carallo quererán eses coches, se ademáis, ao revés do que ocorre cos conselleiros/as, teñen que estar todo o día no parlamento?
Pois eu vexo a Quintana nese posto, creo que o desempeñara con eficiencia, como non o vía era como lider do BNG, nin como vicepresidente. O tempo por a cada un no seu lugar.
Eu vìn o tempo tardar doce anos en por no seu lugar a algunha xente "burréfala". Son moitos anos na vida dun home, é desesperante. A cuarta parte da miña vida. Ademáis pode que sexa a metade da vida útil dun home.
En vez de deixar ó tempo por a cada quen no seu lugar, creo que vale a pena loitar para acelerar o proceso.
Non habería que desbotar o saturar La Voz de lixo. Pensar en ataques de todo tipo. Informáticos, noticias-lixo, sermos insidiosos. Usar a violencia como a usaron eles.
Mañá saco unhas fotos das naves "polleras" de don José Luís, co seu tellado de paneis solares. Saco fotos das fincas ben cerradiñas de perpiaño, que empresa lle-las fixo de graça?, co seu "horto solar". Aproveitan todo. Aproveitaselle todo como ós marraus.
As granxas, producto do feísmo, alén de aproveitar o tellado para produciren, supomos que perfectamente subvencionado, están inzadas de coches antigos.
Meteu ó seu fillo, José Manuel de vicepresidente do parlamento. Aproveitan todo, como no marrau.
E eles poden usar a violencia verbal, a insidia, a calumnia, o enchufe a eito.
Onde di "saturar" quere decir "atugar", Monsieur Le Loup Noir?.
Atugar no lixo, quero decir
Qué relación haberá entre "aturar" e "saturar":
-Xa non ten aturo. Tesme "saturado".
Na miña aldea atugarse era encherse de auga. Supoño que saturar é despois de disolver un sólido nun líquido ata non poder máis.
Se non me axudas a colocar as fotos, eu non sei. Non din gran cousa pero se pasades por o Pinto polo menos sabedes a que me estou a referir.
Un día, imos e ghichámoslle na granxa para verlle os carros.
Alguén me pode dicer se nas derradeiras horas houbo algunha dimisión no grupo municipal de BNG de Ourense capital?
Deixo un enlace dunha páxina moi interesante sobre as mulleres ourensás, é un blog recien estreado que me alegrou atopar, deixo aqui, no mellor blog de Ourense, por se algún dos visitantes lles resulta de interese e porque me parece o mellor sitio para facerlle publicidade.
http://mulleresourensas.blogspot.com/
Un saúdo
Por que empezades con Elena Espinosa, e seguides despois con Elena Salgado?. Non me parecen exemplos. Pareces socialistas do psoe que non é o mesmo que socialista.
Alguén sabe algo dun cuasi-exdelegado moi peripuesto, e sempre feito un pincel, que viaxaba asesorado polo ínclito choufer, sempre de servizo, pirixel de todalas salsas?
Porque hai xente que ainda agarda contestación de temas da súa incunvencia dende xa hai máis dun ano, e o tal xefe de Servizo, de nome Roberto, non deu sinais de eficiencia.
E por un casual, algún visitante máis déste blog, non vería xantando a dous carrillos a outros cuasi-ex-delegados na compaña de asesores de pasado falanxista, coma éles, cunha ledicia desbordada, sen-o máis mínimo sinal de arrepentimento polos delictos cometidos baixo o seu auspicio e mando en praza?
Algún dos lectópatas désta andaina fixo de camareiro no xantar de despedida que se deron o selecto club de cuasi ex-secretarios de distintas e distinguidas Delegacións da cuasi ex-provincia auriense, onde tamén sen-a máis mínima mostra de arrepentemento, falaban sen pudor das culpas désa militancia hostil ó traballo e eternamente disconforme?
Hai constancia de movemento entre as bases do sector da boina do Partido dos Pobres, pola proposta de premiar a tan egrexios persoeiros (os antes nomeados), en pago ó traballo realizado en pos da causa conquerida; de ahí a súa satisfacción á beira do menú de celebración, que non de despedida.
Cal é o partido dos pobres Silverio?.
Se non controlamos o código, difícilmente che podemos contestar.
Os pobres, nin partido teñen.
Hoxe é sábado de Pascua.
O Nietzsche debéu escribir a sua famosa frase "Deus morréu" tal día coma hoxe.
Tamén decían, fai anos, que hoxe podían facerse toda clase de "cochinadas", sin pecar, porque Deus estaba morto e non se enteraba de nada.
Moita xente cumplíu onte o rito da visita ás sete eirexas.Gustaríame saber cal é a razón de que teñan que ser sete, e non cinco, ou oito. Seguro que o Medela sabe de un precedente pre-cristiá da costumbre.
Tamén moita xente foi á "precesión" ou "profesión" , que non é o mesmo que a "precisión". "A profesión xiraba en torno á imaxe, con precisión, sen precesión". En galego habería que decir "procesón", digo eu.
Hoxe é un día triste, non hai prensa no bar. Tuven que leer a mesma prensa de onte. A sensación de que o tempo se para é total, cando non hai prensa. Einstein esquecéu decilo : "Á velocidade da luz, deixan de publicarse os periódicos".
Mayor miragre do mundo
ll' ant' esta Sennor mostrara,
u con Rei Recessiundo
ena precisson andara,
u lles pareceu sen falla
Santa Locay', e enquanto
ll' el Rey tallou da mortalla,
disse-l': «Ay, Afonso santo,
per ti viv' a Sennor mya.»
Poren devemos, varões,
loar a Santa Maria,
que sas graças e seus dões
dá a quen por ela fia.
Vexa, da Cova, unha versión da palabra na Cantiga 2 de Santa María, cobra terceira. O étimo latino é *processione(m), e a nosa forma actual hai que considerala como cultismo. En portugués, procissão.
E si, o Sábado de Gloria é o que ten.
Miraculum!Miraculum!
O Xosé Manuel González rezusitóu, que andaba perdido, e recuperámolo, coma ao fillo prófugo!!!
Rezusitó(lam)ooooo
Rezusitó(SOl)oooo
Rezúsitó(Fa)ooooo
Aleluia(Mi7)aaaa!!!
Moi ben traída a cantiga medioeval, sí señor.
En Portugal, hai cada procesión nestas datas que lle ronca o nabizo. Saramago, en "memorial do convento", fala da relación entre os castigos autoinfrinxidos polos fieles , e o sexo. Sexo, tamén, nas visitas nocturnas ás sete eirexas. Non sei se as imaxes prácticamente espidas dos cristos xacentes están tallados de xeito que animen á libido sexual das beatas, para animalas a pasar esta noite con él. Os curas, antes de pagarlle ao escultor as figuras dos santos, comprobaban si despertaban nos fiéis as ganas de rezar e, de paso, de deixar unha esmola.
XDC, ademais do LAM/SOL/FA/MI7, o que tes é que axudarlle a resolver esta intrincada ecuación:
UPG + Quintanismo = Desastre total
Eu resólvolla, que teño un programa informático moi bo qu eo fai. Pero ten que decirme cal das tres é a incógnita.
XDC:
É certo que entre a arte e a fe hai unha forte relación.Tamén que a relixiosidade popular atopa no riquísimo e variado patrimonio cultural caldo de cultivo dabondo para alimentar esas explosións de fervor que as pouco crentes, coma min, contemplamos un tanto envexosas por non poder experimentar esas sensacións que parecen disfrutar os iluminados pola chama da fe.
Agora, esa mestura que fai vostede entre o sentimento relixioso das "beatas" e a forma das creacións artísticas, paréceme un chisco malévola.
Beatos tamén lle hai. E daquela, eles non precisan beber das mesmas, ou semellantes, fontes para saciar a súa espiritualidade ?
Unha aperta.
Malévola? Pois se lee o que di o Saramago de cousas coma esa...jejejj.
Os expertos din que hai moito "sexo sublimado" nunha chea de manifestaciós relixiosas. eu non lle entendo de eso. Si anda por aquí o Jimy de rairo, seguro que llo pode decir.
Perla é a miña mellor cadela de Castro Laboreiro, mellor fémia do concurso do ano 2008, e segundo exemplar detrás do mellor dos machos.Á cadela rexistrada como Perla eu chámolle Morgana.
1)Vostede disimúleme doña Perla.
Vostede suscitoume o primeiro comentário. É certo que hai relación entre a arte e a espiritualidade, pero non ten a ver coa fe. Tampouco hai que confundir espiritualidade con relixión, e por ehí andan estudos e teses que relacionan a relixión coa arte, unha delas atópase a venda en forma de libro en Oseira, lugar ó que acudo por motivos espirituais e non de fe nin de relixiosidade.
A fé no decir dunhes investigadores, nos que acredito, está determinada xenéticamente, e en tempos debeu ser moi útil para a supervivencia, hoxe pode en algún caso ser "recesiva". Por eso concorda cos católicos,non sei se outros, que afirman que a fe é un don, a unhes "se les da, y otros se les niega". En puto castellano que da máis sensación.
2) O meu probe pai di precesión e eu pensaba que era porque resultaba preciosa. Tamén dí altobus (é alto) e espalletis (parecen palla).Salomón en troques de salmón (salmo salar de nome científico). Todo ten a súa lóxica, pero a achega de Xosé Manuel éme fundamental para redimir ó meu pai. Moitas grazas, aghora mesmiño lle-lo comunico ós meus.
3) Esta fin de semana foi a festa da miña aldea. Sesenta habitantes arman unha con dúas orquestas. Creo que os financia o alcalde fascista, o das fontes que publicou Cristina Huete hai escasos dias en "El País". Por certo o dos símbolos falanxistas eu prefiro conservarlos como memória histórica, que non os enzoufen.
Perdón, fixeron na miña aldea tamén carteis anunciadores. Non sei se puxeron os fogos voadores. Sí houbo bombas Medela. O caso é que o meu fillo me veu anunciando que puxeran "porcesión". Terei que "expropiar" un dises carteis para a nosa colección.
Bótovos moito de menos. Por onde andades almas en pena?.
Anque non nos vexas, estamos aquí, Lobo Neghro. Cando non aparecemos baixo a forma de "carne mortal" da letra escribida, manteñemos a nosa "presenza espiritual" nas Uvas da Solaina.
Unha triste nova, faleceu Eloi Lozano, dos primeiros cineastas galegos, e toda unha referencia na cidade.
Don Lupus sapientísimo:
O meu comentario ía noutro sentido pero tanto ten. Con todo, coñecer que a fe ven determinada pola xenética dame que pensar.É moi posible que eu herdara algún xen mutado.
Acepte en troques a tan valiosa aportación esta habanera La Perla .Se ten a ben compartila coa súa cadela Perla Morgana máis ca mellor.
Longa vida a tan xenial proxenitor.
Que lles pareceu o discurso de Feijoo?
Non o oín nin o vin pero seguro que no seu primeiro discurso xa depcepcionou a moitos dos seus vtantes (fanno todos). Empezan sempre rebaixando os obxectivos prometidos na campaña.
@ Lobo Neghro: si houbo bombas en Bobadela dende Casasoá non se oiron... Haberá que rogarlle un pouco máis o Sr. Alcalde para que as bombas do vindeiro ano sexan "trondoras", desas que reventan os manantiais. O "SI" está garantido.
Por certo, hai uns días, cando se cumpliron 30 anos das primeiras elección municipais logo da dictadura, propuxen que se lle faga un monumento. Leva 30 anos de Alcalde e ningún veciño propón facerlle unha homenaxe. Serán desagradecidos! Trinta anos, unha vida adicada en corpo e alma o seu pobo... e ninguén lle adica unha rúa, unha praza, unha fonte,...
E falando de fontes... a lei obriga a sacar eses símbolos (velaquí a nova) e a min pareceme ben que se faga.
Nótase que o Sr. Gavilanes é dos da boina... oportunidades como esta non as desperdiciaba o noso noso ex-alcalde de Ourense, birrete el. Este enseguida quitaba tódolos símbolos e no seu lugar poría unha placa que dixera "Esta fuente fue restaurada siendo siendo alcalde del Exmo. Ayuntamiento de Orense D. Manuel Jaime Cabezas Enríquez".
Deixo aberto o concurso para placa que sirva de homenaxe ó noso alcalde de Xunqueira de Ambía... e de paso que sirva para tapar a simboloxía franquista.
Con todo-los respetos, Xossé, e eu non son sospeitoso de "adicto ó réximen", prefiro que se conserve a fonte da miña aldea tal como está. Ten un xugo e unhas flechas e pon ano 1960, ano no que nacín. Fíxoa o tío Delfín, o "Castellano", artista popular que non sabía ler nin escribir e tallaba as letras dos "pontiós" como se fosen dibuxos. Eu medrei con esa fonte e dubido que ninguén lle atribua significado algún ó xugo e as frechas. Vou facer unha enquisa para averiguar o grado coñecemento que poida haber. Nulo, ou casi. Quitar ese debuxo da fonte para min sería unha mutilación. E ben seghuro que en breve serán recordos e anécdotas da história.
Cando non quede ningunha cotizaránse como rarezas. A da miña aldea non a toquedes. E mira que son dos "Roxos".
Estou xa a planificar como quitamos esas pedras, deixando un vano, escondelas e que reaparezan corenta anos despois.
Tamén o fixen con sillares romanos con decoración en diamante. Cando se den as condicións para conservalos xa aparecerán. Ten que haber "Pobo" que se resista as ideoloxías e queira ter memória.
"Máis nós, xente do galo, non deixaremos Antioquía". D.X.Cabana.
Non pensedes que,tesouros esgotados,
de asuntos orfas,
as Uvas calaron.
Haberá poucos comentarios
pero sempre
Aquí estamos.
As uvas non deberan calar. Non deberan. A min fixéronme moito ben. En moitas ocasións obrigáronme a buscar dentro de min e estraer o mellor que tiña para verquelo nestes fíos.
Ocórreseme, asi e todo, que o principal debera ser recuperar a voz de Marcos Valcarcel. Penso que os que estades máis preto del ben podíades conseguir que autorizase colgar aquí tantos e tantos escritos que terá inéditos, ou aínda que fosen éditos. Algúns non coñecemos a don Marcos máis que por estas Uvas.
É unha idea. ¿Considerámola?
Siñore "O mesmo", neso están os doutores Etxe e Abelleiro, mais os vericuetos da psique son insondables. Por veces.
Penso que pronto teremos a palabra do patrón nas Uvas.
Todos pensamos que debe volver.....
Pero as veces hai que ter paciencia...,esta p vida e así!
Saudos
Paciencia toda, meus amigos, paciencia toda. Pero os doutores, sempre que o consideren conveniente, poden facer chegar a don Marcos o noso sentimento de orfandade, a nosa necesidade da súa palabra. Aínda que sexa en diferido, sempre será ben recibida.
Alterius non sit qui suus esse potest. Repito.
Este é un dos eidos máis vizosos para a palabra. Conxurémonos para o manter VIVO.
Pero necesitamos de don Marcos para que continúe aglutinándonos.
Eu desde aquí quero animar a Marcos Valcárcel a que, até onde poida nestes intres, continúe con este blog.
Penso que agora máis que nunca "As Uvas na Solaina" é un blog necesario.
Primeiro, como lugar de encontro dun feixe de cus (e dedos) inquedos de variada pelaxe e condición aos que lles gosta parolar de tutti cuanti.
O blog tamén é necesario para xulgar, comentar, discutir... o que nos vén enriba, a política (cultural, lingüística) do PP. Din que son galeguistas. A ver se é verdade!
Finalmente, eu boto de menos os pequenos artigos, as andoliñas, de Marcos, porque delas aprendo moitas cousas que non sabía, e iso é algo moi importante para alguén que está "pesegá" (pensando sempre en Galicia) na distancia.
Unha aperta para el, multiplicada pola ausencia.
Volverán os comentarios da Doniña,
en cada post,a ser leidos con afán
E,outra vez, da muralla,o González
os sábados falará.
Volverán das suas comidas o Dapena
ou o Arume, ou o Api, a comentar
Detallando o Etxeoqueai as paparotas
tampouco queda atrás.
Alguén pode dar información golosa dos novos conselleiros/as?
Dun nacionalista desorientado.
Tanto tempo agardando para ve-lo que vin hai catro anos... e que catro incompetentes o mandaran ao carallo nunha lexislatura.
Isa é impresión que sacamos a maior parte dos votantes nacionalistas non afiliados e non abducidos polo aparato dominante no BNG.
Desorientación, desencanto e cabreo, moito cabreo, é a sensación que temos moitos agora.
E o peor é ve-lo espectáculo esperpéntico que están dando agora. Uns sentando a unha mesa parlamentar cunha "geta" impresionante. A súa presenza ten que lembrarnos día sí e día tamén o seu fracaso político (un fracaso que motivará un retroceso do nacionalismo difícil de cuantificar agora mesmo). Outros pelexando polo control do BNG sen pensar no futuro do país. Non, o que importa é pensar como manter ou recuperar, segundo sexa o caso, o control da organización. LAMENTABLE.
Como tamén é lamentable a non asunción dos erros cometidos. Que si a Voz, que si a campaña suxa do PP, que si.... cona!!! nin que o BNG non equivocase a estratexia en catro anos!!!
Moitos dos non militantes e non abducidos estamos cansos de tanta desculpa de mal pagador. A cousa é sinxela: o BNG pegouse a costelada por non ter feito unha política que convencese ós seus votantes/non militantes.
Vostedes, neste e noutros lugares de reunión de xente moi sesuda, poden darlle as voltas que queiran. Atoparán, seguramente, argumentos moi ben artellados nos que basealo seu discurso. Despois, pola noite, darán media volta e dormirán tranquilos. Ata seguro que Quintana e os seus palmeros tamén o farán. A vostedes non lles quito o seu dereito a facelo. Ós culpables de levar a Galicia á situación actual SÍ. Pero claro... si somos capaces de quedar tras unha mesa parlamentar como si tal, non vamos ser quen de durmir a perna solta. Unha magoa!
Agora a este nacionalista desorientado, e a outros moitos nesta situación, asáltanos unha dúbida. Ata onde chegará a nosa fidelidade a unhas siglas? De momento nas Europeas toca quedar na casa para meditar sobre o futuro. E ben que me fode para unha vez que non levamos a compaña da dereita.
Pero é o que toca. Reflexionar. Agardemos que outros tamén o fagan. De non ser así albisco un futuro a medio prazo moi negro para o nacionalismo. A abstención cabalga ó galope. Non estaría de máis que alguén reparase no que deu IU por non encontraren o camiño adecuado.
Agora so falta un pastor para guiarnos.
Saúdos a todo cristo dun nacionalista canso, desmoralizado e con gañas de durmir catro anos de tirón.
A ver cando os señores Saavedra e Apicultor, estudosos concienzudos ou conscienciosos dos textos sagrados do nacionalismo, nos deleitan e iluminan coas suas análises de fondura sobre a situación do BNG e as perspectivas de futuro que se abren coa asamblea extraordinaria de maio. Ánimo e maos á obra, parella de estudosos. Mais que nada para que o "nacionalista desorientado" e un servidor, descontente incorrexible, podamos orientarnos un pouco nesta fraga nacional chea de árvores que non saben onde teñen as raíces. De non facelo, darei por feito que os dous estudosos pertencen ao aparato intelectual-orgánico do BNG que nos levou á desfeita. Iso si, primeiro que se poña ben o dono da casa.
Dun nacionalista desorientado.
Esquecinme do importante. Unha aperta para o Marcos dun que o apreciou hai décadas e o segue apreciando agora.
Saúdos.
Arume, a súa demanda é ben elocuente: novos, en aparencia sobradamente preparados, que nos deixan a velas vir. A homosexualidade de un (xa vería Croques) e o sabido do Hernández non deben ir incluídos no catálogo de lambonadas confidenciais.
Ora que eu, estes días, en política ándolle máis ben pendente do outro choio. Supóñome comprensible.
Un saúdo para todos e cada un de todos vostedes. Como rezaba aquel programa da radio do tempo xurásico (eu nin nacera): son vostedes formidables.
Teñamos un pouco de paciencia, que o blog hase revitalizar de aquí a pouco. Tanta devoción polo querido amigo Marcos, non pode ser inútil (e recollan a chiscadela a Novoneyra).
Saúdos.
Como se presenta, Saavedra, o cónclave?
Boas linguas dan en dicir que vostede, amigo Saavedra, escribiu un antolóxico artigo sobre a querencia polo burladeiro de certos toureiros ata hai pouco afamados pegapases. É vero?
O último que publicara en Xornal (deica hoxe) pode ter unha relación co que vde. me transmite que lle dixeron amabilísimos comunicantes: aí o está. Porque en El Progreso, o da semana pasada trata sobre un 'diestro' que saíu de vez ao centro da praza.
Canto ao conclave, desde o meu punto de vista, moi aberto. Demostrado: un, que a UPG de por si e sumando todo o contorno propio non chega ao cincuenta por cen; dous, que contrariando agoiros seica segurísimos de si mesmos, a 'liña Quintana' non se disolve coma zucre; tres, que non está con Beiras máis ca unha moi notoria minoría... considero que vai haber debate faladoiro e cousas bastante insólitas, por nunca vistas en tal casa.
Aínda que seguramente non tardará quen me desminta, ao mellor con non moita consideración; xa lle digo, os seguros de si mesmos. Recoméndolles (Arume e todos) unha moi interesante iniciativa, desde o interior orgánico, que bota luz e taquígrafos con toda a naturalidade. As realidades insólitas xa hai tempo que comezaron.
Éralle. E merecente dos encomios de tan ilustre habitante do Recatelo, que non esaxerou o máis mínimo.
E sobre o particular aínda levei ledicia cando vin sentar a carón de Aymerich as táboas de salvación do BNG. Será posible, preguntei eu?
Soame estilo e rigor do blog que recomenda, Saavedra. Non sei se dar pistas que logo o amigo rifa.
Tamén vén sendo moi útil nesta tesitura o blog de Calidonia.
Releo o seu comentario e reparo no de orgánico: non lle sei. Máis parece todo o contrario.
Élle orgánico, élle, sonlle todos afiliados na comarca da Coruña e mesmo dan o nome: Filipe Díaz, Emilio García e Carlos Amoedo; este foi secretario xeral na Consellaría de Cultura, se non o confundo, que penso que non.
Ola a todos e grazas a Xosé Manuel por facernos saber deste foro e lanzarnos un convite para participar nel.
Falando do blog, xa que o comentastes, é orgánico na medida en que somos militantes do BNG. Desde 1989, máis concretamente, cando tíñamos entre 17 e 19 anos. E si, Carlos Amoedo é o mesmo que foi secretario xeral de Cultura.
Canto ao asunto central da discusión, concordo en que deberá ser -nos dous sentidos da expresióm- unha asemblea de debate. Desde logo, de debate de equipos, pero espero e desexo que tamén de debate de proxectos; non diría tanto sobre un profundo debate ideolóxico, xa que o propio documento político non o promove.
E sexa como for, é unha asemblea extremamente novidosa, pola diversidade de opcións e pola incerteza sobre os resultados que dela poidan saír.
Saúdos e até breve,
Filipe Diez.
Orgánico enténdese que pertence a algún órgano do partido, non que sexa de membros. Pero vamos, dá igual: queda plenamente aclarado.
Monxardín, habitual contertulio deste blog, non preciso baixo cales pseudónimos, acaba de ser ghalardonado co premio Carracedo de xornalismo.
Comentario de "La Voz": "El jurado premió una colección de artículos publicados en el periódico "La Región" a lo largo del pasado año. La decisión adoptada por unanimidad, valora de manera positiva la variedad de artículos, la calidad léxica, el tono desenfadado que el autor aporta a los mismos, el elevado nivel cultural de los comentarios y su conciencia críctica, además de provocadora en algunas ocasiones".
Parabéns camarada.
A mín alegroume a mañá.
Moitos deses artigos pudemos lelos neste foro.
Concordo con algunhas cousas, tono desenfado, provocador, conciencia crítica...eu diría coñero algunhas veces, pero teño que engadir, e desemulenme meus xefes, porque a veces vese conservador.
¡Viva Russia, anque pierda!
Estas errado Filipi. Debate ideolóxico si haberá. é certo que o documento político aprobado polo Consello Nacional non o permitía pero a enmenda ó mesmo presentada polo Encontro Irmandiñi si.
Foi unha pena ver como Asemblea tras Asemblea Comarcal se rexeitaba trasladas este debate a Asemblea Nacional. Upegás e Quinigás tiñanno todo ben amañado, pero na Comarca Lugo Sul logou pasar o filtro.
Recomendo a todolos nacionalistas que o lean, especialmente os votantes que non son militantes. Ahí atoparán a crítica que eles levan anos esixindo e escurrindo os dirixentes actuais do BNG porque.
A decisión que tomen os militantes do BNG o vindeiro 10 de maio terán que facerse tendo en conta a voz de toda a masa social e non só a duns cantos "descolocados" que so buscan "colocación"
Din que din que no goberno de DANFeijóo, o conselleiro de Educación non fala galego. Que saiba que os galegos RECUAMOS PARA ADIANTE!, polo que terá de aprendelo.
Quedárame o das táboas, Arume: non sería, por diversos conceptos, nada mal acabamento. Portavoz agora, non. Candidata no 2013 (ou cando toque)?: tempo teremos para ver se se difunde, proxecta e consolida esa realidade de sobradamente preparada, traballadora e contemporánea. No Bloque pesan moito a historia e aspectos simbólico-culturais: dá tempo a que as cousas rolen.
De momento, conformes: é garantía e optimismo vela a carón de Aymerich.
Signifíquese, Monxardín, signifíquese...
Se nos atemos a este comentario que se pode ler no Xornal, nada mais lonxe da "diversidade" e da "incerteza" das que fala o Filipe, ademais de pouco "novidosa". Quen está no certo? Doutores ten o nacionalismo (non de esquerdas, mágoa) que en maio era por maio...
Carliños, Carliños....
Amarante 2009-04-21 08:44:11
Os que te coñecemos de vello non tragamos, Carliños. Primeiro, presentanse listas proprias na Asemblea nacional, para facer o paripé. E dispois formalizase o pacto coa UPG, previamente negociado, co Carliños de portavoz, a cambio do control da organización e do grupo parlamentar para a UPG. O de sempre. Os pactos vergoñentos dos que o Carliños é un artista consumado. Mágoa que algúns ben intencionados, e que mesmo coñecen por experiencia propria as artes do Carliños, piquen. Agardemos que a maioría, non.
Eu chívome: o premio Carracedo de xornalismo é de 5.000 ouros europeos, nada de zarrangalladas de publicar e prata res de res. Díghoo para que o saiba facenda, e os amighos polo tema de quen pagha a rolda.
Ademáis, Nós, pensamos que Beria en Siberia e o premiado son a mesma persoa.
Ai Monxardín, pillín, que calladito te lo tenías...
400 comentarios.
Publicar un comentario