A lexislatura nefasta
XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR
ECG. 10-3-09
Aí teñen aos socialistas de Galicia. Feitos un sinvivir porque o Bloque non lles deixou lucir o talento nestes catro anos. Abatidos por non saber transmitir ao público os logros acadados polo goberno bipartito; debe tratarse dunha revelación profética a transmisión esa. Di o Conselleiro de traballo que non conseguiron chegar aos electores para explicarlles o positivo da xestión e a continuación enumera unha serie de conquistas, que todas xuntas veñen tendo a solidez aproximada da auga. Despois, intuíndo que algo fallou cos votantes de sempre, afirma que deberon amosar máis a ideoloxía de esquerdas. Pois non, porque non se trataba de soltar palabraría ideoloxista, senón de afrontar con siso e con valentía as reformas que Galicia necesita e que agora ninguén vai levar a cabo.
Máis pinturero está aínda Méndez Romeu, Conselleiro de presidencia. Convencido tal vez de que emulou ao Conde de Floridablanca coas súas reformas administrativas, atrévese a botarlle a culpa de todo ao socio de goberno, como se a perda de votos non fose idéntica nos dous partidos, como se o PSdG non xestionase a sanidade sen resultado ningún, a educación, o medio ambiente. E agora quere entrar a matar nas coalicións municipais.
O semiótico italiano Gillo Dorflles explica que para ser un profesional consolidado de calquera cousa é preciso dominar os ritos da profesión. O taxista de Roma pode conducir ben ou mal, pero ha de saber sacar o brazo pola xanela e soltar no momento axeitado unha frase cargada de futuro que deixe secos aos camiñantes. O lexionario será valente ou covarde, pero levará o pelo do peito por fóra dos botóns da camisa e o aire de desafío no ricto.
O político galego (isto non o di Dorfles) pode ser malo ou pésimo, pero actuará tamén como se as eventualidades fosen o principal. Dirá que non souberon transmitir, que o do lado era un desastre, que a campaña foi porca. E certamente, eses son factores que normalmente importan moito. Por iso os nosos falan desas razóns como se en Galicia tamén fosen fundamentais. Mais aquí hai unha cuestión previa que eles non nomean, porque ninguén se ataca a si mesmo.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
411 comentarios:
1 – 200 de 411 Más reciente› El más reciente»Ainda hoxe non se decataron porque chegaron a Xunta, como van saber porque os botaron? O día que resolvan a primeira cuestión coñecerán tamén a resposta da segunda.
O castañazo electoral deixou aos dous grupos políticos nun estado de desorientación grave.
Para o BNG, supuxo a derrota dunha linea que coidaban perfectamente proxectada, axustaron a organización a ise proxecto e comportaronse como se fose un feito consumado a reelecctión.
Situados no punto O, porque así é como quedou toda a operación levada adiante coa elección de Quintana, as perspectivas son claras:
Por unha parte afianzarase o neoquintanismo, un de cuxos representates pode ser perfectamente XMG. Unha linea que ten as súas orixes en esquerda galega . Os seus partidarios proceden das clases populares que ascenderon a clase media liberal, profesores... que queren consolidar a súa situación de preminencia na dirección do pais en clave galeguista,querendo instaurar un elitismo e clasismo, consolidándose como nova clase dirixente desprazando definitivamente ao PP. O modelo de organización que propugnan é o o actual do BNG, pero posibelmente apostarán por un maior presidencialismo e estructuras mais pechadas. Por outra banda están todos aqueles sectores á esquerda do oficialismo, e que optan por formas de organización asamblearias.
As dúas tendencias estiveron sempre presentes no seo do BNG, pero en forma protoideolóxica, agora co tempo transcorrido e a experiencia acumulada, estas duas formas acadan a maioría de idade, e moi posibelmente emprendan, logo dun longo proceso de crise, o seu camiño por separado.
A xente do común decatouse de que somos un país demasiado pequeno para soportar dous governos, iso sí, seguemos a ser, máis que nos pese, un país de dereitas.
Un pais de dereitas e un pais progresista-galeguista-nacionalista.
Hai dúas galicias electorais e a diferencia de forzas é mínima.
A loita polo seu liderazgo dinamizará con algo de sorte o pais, e é de agardar que no proceso vaia recuando a dereita cun electorado mais ignoránte e envellecido.
Un país de pequenos propietarios, preocupados polas rentas e polas herdanzas.
Un Pais.
Uiuiui. Se se entera Beiras... Dixo que utilizar país en troques de nación era de "modernos", con comiñas.
O gran e xenial Lándoas (r)escribindo a historia. Do seu blog, para aqueles que aínda non o visitaron.
Pasou algo de tempo desde o 1 de marzo. Abondo para formular de modo sumario —dentro das limitacións de quen asina— unha análise directa do acontecido fundamentada en datos e por suposto tamén en percepcións e valoracións persoais, como é natural discutíbeis:
1. O reparto de votos entre o que convencionalmente denominamos esquerda e dereita resulta ser a día de hoxe en Galiza 1:1.
2. Este equilibrio case exacto nas opcións, que ronda os 800.000 votos para cada un deses dous supostos sectores ideolóxicos (non hai tal en realidade, por diferentes causas), presupón que os momentos inmediatos á celebración das eleccións son absolutamente decisivos.
3. De toda a vida, isto sábeo moito mellor a dereita que a esquerda. Sábeo e aplícao. Sábeo e aplícao até as 19:59 horas da xornada electoral mediante todos os procedementos que a lei permite e mediante moitos outros que repugnan á ética democrática aínda que a lei non os penalice de xeito explícito.
4. A dereita domina mellor os tempos políticos e mediáticos que a esquerda. Proba irrefutábel, con implicacións que teñen que ver co punto segundo, foron dous factores recentes: a resolución do controvertido reparto eólico a tres meses das eleccións (unha de dúas: prepotencia obtusa ou temeridade cega nas condicións nas que se fixo, con responsabilidade compartida dos dous socios de goberno) e a aparición simultánea dun novo xornal a comezos de decembro, algo que coa traxectoria tan curta até o 1M era moi evidente que só podía causar problemas, nunca render beneficios, a xestores e promotores directos ou indirectos pola previsíbel animadversión dos outros medios cos que ese xornal pasaba a competir, sobre todo do máis forte, La Voz de Galicia.
5. A dereita, unha vez que se incorpora ao ring electoral, sabe castigar o fígado até o desfalecemento ou o abandono do contrincante. Baltar é un exemplo magnífico do que se apunta. A esquerda nosa, a galega, ignórao todo sobre este aspecto. É pusilánime, piadosa, medrosa e pánfila. Ten incluso algo do espírito do seminarista: considera que se non se pecou o mellor é rumiar en soidade as acusacións que caian, porque o pobo é sabio e non sei cantas outras necidades que Gramsci desmontou sobradamente. Ademais, o socialismo galego nunca soubo promover a figura do segundo malencarado, do defensa central á vella usanza. Esa voz que reparte leña sen excesivas contemplacións, pero que logo asume con disciplina, simulación de acatamento e docilidade de aceno as matizacións que lle faga, entre o desleixo e a reconvención, o número 1. Sobre iso, o PSdeG , ignórao todo. E non será por falta de exemplos dos que beber.
6. A dereita, na súa inmemorial connivencia cos poderes fácticos, non experimenta pudor de ningunha clase no recurso ás mañas extrademocráticas con tal de alcanzar o poder. A dereita, alén diso, sabe poñer en práctica o que con todas as precaucións polo uso figurado da etiqueta, reclamada desde as vellas prácticas trotskistas, chamaremos entrismo. Así, numerosos conformadores de opinión habitualmente considerados de centro-esquerda ou dunha esquerda ornamental serven en realidade estratexias conservadoras. Ás veces non o saben eles mesmos, porque en xeral se fala aquí de individuos de tallaxe intelectual no rango S - M. Pero a maioría das veces si que o saben. Sábeno eles e sábeno as súas nóminas, igualmente entristas.
7. O entrismo, como é natural, non se deu só na esfera mediática no noso país. O caso de Francisco Vázquez (conservador, católico, local-nacionalista, muñidor do máis feroz antigaleguismo coruñés, militante impenitente da medra patrimonial) é paradigmático do que quero indicar: un individuo que pasa por republicano e socialista, guerrista en tempos!, e que impuxo con éxito esa ominosa mascarada a varias xeracións de cidadáns e de compañeiros de partido, deixando ademais unha pegada ideolóxica e imagolóxica brutal no coruñesismo menos democrático.
8. A dereita convive sen problemas coa frivolización da vida pública. Sabe facelo. Ten ese habitus, polo que non precisa esforzo ningún (véxase o escándalo Carrera Pásaro, véxase o sostenuto Baltar, os excesos, o vaivén verbal-caciquil). A esquerda non o ten, carece dese habitus. Cando quere frivolizar cae no ridículo e faino con consciencia de estar a remedar o que non lle corresponde. Quintana debe de estar pensando arreo sobre isto.
9. Estas eleccións gañounas La Voz de Galicia. A súa foi a única intervención decisiva en todo o proceso electoral. Fíxoo en boa medida (pero non só) á luz pública, xustamente polo indicado no punto anterior. A dereita non precisa esconder a maquinaria de guerra, a frivolidade, a instalación no límite exacto da ilegalidade e varios metros alén do que deberían ser as normas éticas e políticas dunha democracia merecedora de tal nome. O feito de que o editor Santiago Rey mantivese na páxina de acceso de LVG en Internet o escrito “Yo protesto” durante a totalidade da campaña electoral, xusto até a xornada de reflexión, cando foi retirado, é dunha gravidade extraordinaria e non debe valorarse só pola incidencia directa que puido ter nos lectores ocasionais. Foi ante todo un xesto fático e performativo: estou aquí, permanecemos aquí e ides ver o que pasa por facerdes o que fixestes. Iso cara a fóra, con fachenda e, insisto, no gume da inmoralidade e do que pode ser admisíbel na intromisión política dos medios como manipuladores da realidade. Cara a dentro, esa exposición permanente do escrito —intelectual e politicamente ruín— significou unha chamada á orde dos empregados da empresa, en todas as súas divisións. E tamén un aviso (mental, político, laboral). Esas divisións do medio mencionado son a día de hoxe cómplices na desactivación dun cambio histórico que era imprescindíbel para Galiza como proxecto nacional. Creo que somos moitos os que nunca o esqueceremos. E, en contra do dito por Barreiro Rivas, isto non foi algo menor, isto non forma parte da atribución de funcións que as institucións e os axentes públicos teñen dereito a exercer ou a poñer en práctica cando o consideran oportuno. En absoluto é iso o que fixo LVG. O que fixo LVG foi, con total claridade, outra cousa.
10. Isto último que se describe, sabido por quen pensou e acaso secuencializou o proceso todo en colaboración directa cos responsábeis da empresa mencionada (infundios, fotografías manipuladas na súa localización temporal e na súa proxección social, selección de datas para cada golpe de efecto, etc.), foi un elemento máis de afortalamento da táctica de derruba do bipartito. Por iso mesmo resulta inverosímil que Francisco Vázquez permanecese alleo á partida.
11. A estratexia á que fago referencia podería estar encamiñada a algo moi concreto a medio prazo: garantir no noso país un abrocho novo, o de UPyD, o partido de Rosa Díez, Savater e algúns outros que contan como lexitimidade curricular principal a de estar ameazados polo terrorismo de ETA (léase o seu programa electoral se se desconfía do que sinalo). Non son moitos, pero son os suficientes como para lograr, por exemplo, que o discurso terxiversador da imposición do galego sobre o castelán (falsificación irreal da verdade contrastada por observadores e técnicos neutrais que, porén, alcanzou un rendemento social e electoral moi apreciábel) movese a cartografía electoral nese ángulo pequeno que era preciso facelo. Ou non tan pequeno ao final. Calculo que polo menos un 20% do electorado tradicional socialista da zona urbana atlántica (Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra) decidiu nesta ocasión negar o voto ao PSdeG.
12. A soberbia intelectual (?) e política de figuras como o conselleiro Méndez Romeu, e tamén nalgunha medida a da garda pretoriana do presidente Touriño, xunto coa insubstancialidade política e a baixada de brazos nos momentos máis tensos dun amplo sector do Goberno nomeado por aquel, converxeu irresponsabelmente co detallado no punto anterior. De modo que o conselleiro de Presidencia é a día de hoxe a faciana máis obvia do que significa a renuncia ao único xeito posíbel de desaloxar á dereita do poder en Galiza: converxer nalgunha forma co nacionalismo. Isto explica, como é lóxico na lóxica que ambos comparten, os parabéns que recibe por parte de analistas como Blanco Valdés. Reiteraraos, xa se verá, con precisa puntualidade, ás veces revestidos de advertencia. Porque do que se trata é de que desapareza das institucións o nacionalismo que el tilda de independentista á menor ocasión que se lle preste, criminalizando con vileza moral dous paxaros dun só tiro.
13. O papel de articulistas máis ou menos tocados coa marca de “editorialistas” en La Voz de Galicia foi igualmente eficaz para alcanzar os obxectivos trazados. Non falo tanto do que poidan representar os homes da casa, un Ventoso ou un Casal, ocasionalmente brillantes pero case sempre ecoicos, vacuos e tendentes á simpleza de análise e argumentación. Falo doutras sinaturas, falo dos que outorgan á causa de Rey o prestixio académico, a distinción, o fru-fru intelectual. Cumpriron o papel asignado Blanco Valdés, desde un discurso político absolutamente homologábel ao de UPyD, e Barreiro Rivas, nese seu zigzagueo cansino entre o vello espazo electoral dereitista-galeguista e a dependencia de esquemas de análise de xorne centralista e estatalista, pero á vez cunha probada eficacia retórico-homilética aprendida onde mellor se aprenden esas cousas. E digo asignado co dobre valor de auto-asignación e hetero-asignación. Desde logo, para min, as súas non son sinaturas libres. Descúlpenme se me equivoco, porque o asunto é groso. Pero a circunstancia histórica éo aínda máis.
14. Alén da gravidade histórica da manipulación exercida desde La Voz de Galicia neste proceso electoral, existen algúns aspectos que merecen unha atención especial: un é a súa constancia na xestión do cinismo social e político, que alcanza máxima expresión no mencionado manifesto do editor, cun correlato na rúa no papeliño de figurante adxudicado conxunturalmente a Galicia Bilingüe como úvula armada dun movemento destinado —sinalouno noutros termos Manuel Rivas— ao exterminio definitivo da cultura galega como realidade diferenciada e autónoma, non alienada e non subordinada, non rexionalizada e miniaturizada. Outro aspecto é o factor probatura-rodaxe: Santiago Rey acaba de constatar algo que xa el mesmo intuía, que desde a frivolización política, a instalación nun proto-berlusconismo populista e a soberbia de clase, pode argallarse na cousa pública e pode na práctica un (el) decidir quen presida o Goberno galego. É dicir, aprendeu a conxugar, a escala, os xogos de rol que outros donos de medios moi poderosos levan anos practicando en Madrid. Non entro agora na responsabilidade que o poder lexislativo, executivo e xudicial teñen en que iso se manteña así, en que se favoreza, ás veces entrando directamente na prevaricación, esa necia política en relación coa subvención aos medios. Por que temos que pagar como contribución á normalización lingüística un programa de actuación destinado en realidade a garantir a hexemonía da outra lingua e o mantemento dos seus privilexios? Non é iso prevaricación por parte de quen libra os fondos? Que nome lle poñemos aos receptores deses cartos?
15. Galicia Bilingüe era un bo nome, en termos publicitarios, para intervir contra o bipartito. Pero é unha pésima marca estando no Goberno o PP. En catro meses máximo, amortizados e disoltos.
16. Os risos máis altos na noite do 1M estou seguro de que se escoitaron en Roma. Co fracaso do bipartito —Touriño chegou a interiorizar o termo bi-gobernación na noite electoral— Vázquez riu de novo. Ecoan aínda eses risos na Piazza di Spagna. Volverá. En realidade, nunca se foi. Pero voltará a María Pita. Calquera expectativa de futuro de UPyD no Estado pasa polo nome de Vázquez. E iso sábeno moitos dos que moven os fíos da cousa pública para se, chegado o caso, Rajoy precisase axuda de infantería e intendencia. A que espera(ba) Vázquez? Desde logo, a isto. Pode que a algo máis, si. Calquera de nós sería quen agora mesmo de redactar o discurso que el fará público ese día, o da volta. Así de previsíbel me parece todo.
17. En relación co punto segundo mencionado no apartado 13, os medios —prensa, radio, TV (e agora vén máis TV)— tomarán nota das posibilidades enormes que teñen na súa man. O país semella aceptar a infantilización, a idiotización e a sedación. Hai unha entrega a esa tutela. E os medios con maior influencia, reitéroo, tomarán boa nota diso. Falta (díxose sempre) sociedade civil, esfera pública, debate. O fracaso neste punto podería parecer definitivo, pero non o é. A rede ten que asumir a responsabilidade que lle corresponde neste ámbito.
18. É imprescindíbel nos vindeiros meses unha demostración de forza. Non direi da esquerda. Direi dos demócratas. En parte, esas mobilizacións han vir pola cuestión da lingua e da educación. Ben está. E ben estaría tamén que algunhas institucións adormecidas levantasen de cando en vez se non a voz cando menos un dediño para pedir turno de palabra a ver se llelo conceden. Virán tamén as mobilizacións polo avance na destrución de emprego industrial e pola crise económica. E pode, en fin, que veñan de novo algún día polo que, tras o Prestige e a xestión que daquilo fixeron entre outros estes Feijóo e Rajoy, acordamos chamar dignidade. Pero eu animaría desde este humildísimo foro a que esa mobilización chegue ao día a día e teñamos moi claro quen serviu en bandexa esta victoria a un partido que ten como un dos seus obxectivos prioritarios desmontar a nosa dignidade como nación, domesticar a nosa dignidade cultural e social e pulverizar a nosa dignidade política.
19. As cuestións nominais para a remuda de dirixentes do PSdeG e BNG non saíron aquí. Non quero entrar nelas agora por simple preguiza e por non anoxar. Pero entendo necesario tratar aos derrotados, aos responsábeis maiores da derrota por seren eles dous quen dirixiron as respectivas forzas políticas e o propio Goberno, con tanto respecto persoal como distancia moral. A súa responsabilidade histórica é enorme, aínda tendo presente o dito aquí sobre a intervención decisiva dos medios e o non dito aquí sobre a guerra suxa non de superficie montada pola dereita, con tres variantes básicas, a viguesa, a ourensá e a coruñesa. Creo que Touriño e Quintana terán bastante con levar ese peso na súa conciencia política e civil. Ambos, é moi evidente, desaparecerán do mapa político en breve. Primeiro Touriño. Despois Quintana. Con esas desaparicións, en todo caso, non debera desaparecer o espírito de colaboración entre as forzas ditas de esquerda. Iso constitúe a única alternativa hoxe por hoxe á eternización no poder do PP. E ademais, deixando á marxe cuestións de convivencia persoal e abrochos esporádicos de momentos de tensión, estes tres anos e medio de goberno de coalición foron exemplares na traslación á sociedade de algo moi evidente: había entendemento e compromiso malia os proxectos seren bastante diverxentes.
20. Algo para rematar en relación con Feijóo. Á marxe de todo o que se vai ter que tragar este home en relación con asuntos de automoción e demais, sería magnífico que nos evitase a vergonza dunha nova toma de posesión con espectáculo público e escenificación do acceso ao poder. Hai tres anos e medio, cando aquel horror de Touriño e Quintana cos tempos medidos no Obradoiro, case como uns Pimpinela relativamente politizados, reflexionei sobre o difícil que resulta aprender, ser cauto, ser discreto nesta clase de momentos. Tamén reflexionei sobre a medida na que os socios de goberno acabarían intentando asimilar certos operativos do fraguismo. En fin, Sr. Presidente de case todos os galegos, tome posesión, agarre logo a feijooneta e traballe arreo sen facer ostentación de nada. Non xogue a ser Obama percorrendo avenidas en Washington nin a ser Fraga entre foles e bandullos. Se quere gaiteiros ou trombonistas ese día, métaos na zona de carga do monovolume ou da C15 de segunda man que estime adquirir e que os músicos lle amenicen a viaxe, pero en privado, por favor, e só entre o Hórreo e Monte Pío. Pase do Obradoiro, faga caso. A partir de aí, ollo! Vai haber moita xente no país que non permitirá un paso atrás en determinados logros históricos e democráticos. Palabra!
Si eu fora o Feijóo, propiciaría a aparición de unha editorial dirixida por amigos que publicase, nun inmellorable galego, libros que espallaran a ideoloxía do PP.Novela, ensaio, historia. Daríalle unhas xenerosas subvenciós, que xa veríamos tamén cómo poderían metamorfosearse en financiación do partido, etc.
O malo iba ser atopar os escritores...
Varios paxaros de un tiro: espallar ideoloxía de dereitas entre os lectores de galego, moi frecuentemente de esquerdas. Desmantelar os argumentos de queñes dicen que non promociono o galego, ou a cultura galega (según se leva dito o pobo galego é "sociolóxicamente de dereitas"). Neutralizar aos escritores profesionáis de esquerdas pagándolles por libros de encargo anque os firmen con seudónimo.
Isto é como o dos nenos, diante da mestra, cando os pillan nunha falcatruada: "Yo no he sido, profe".
LVG:
El presidente critica al BNG ante sus conselleiros
Touriño retomó la actividad con una comida con la mitad de su Gabinete
Antes de iniciar oficialmente su etapa de presidente en funciones, Emilio Pérez Touriño puso fin a sus minivacaciones invitando al ala socialista de su Gabinete a una comida privada. Ante los conselleiros socialistas el presidente desarrolló al mediodía del miércoles su teoría de por qué habían perdido la Xunta, qué había fallado en la campaña y qué había castigado el electorado.
Fuentes conocedoras de dicha comida aseguran que Touriño cargó especialmente las tintas en la acción de gobierno de su socio en el bipartito, en los errores que a su juicio cometió el BNG en los más de tres años y medio de gestión, y en especial en algunas materias decididas en la recta final de la legislatura en las consellerías dirigidas por los nacionalistas. Y es que además de rechazar una vez más la «campaña sucia» que a su entender realizó el PP, Touriño volvió a incidir en los apoyos que a su juicio le restó al PSdeG saber de antemano que sería de nuevo socio del BNG.
Parte del empresariado se lo manifestó de manera reiterada al presidente ahora en funciones tanto en la campaña como en la precampaña, haciéndole ver que un voto al PSOE respaldaba de manera indirecta al BNG. Algunos de los asistentes a la comida creyeron intuir en las palabras de Touriño una especie de autoinculpación por no haber marcado un poco más su papel de líder del Gobierno y dejarle cancha de más al socio del bipartito, pero la aclaración a dicha reflexión quedó en el aire, como también el plazo que se tomará Touriño para seguir en el Parlamento, la circunstancia más comentada después de la comida.
Velaquí a lectura que fai Quintana dos resultados electorais do BNG e do "camiño a seguir":
Politólogos e historiadores, ei-quín tedes chicha.
http://www.vieiros.com/media/vieiros/documento-quintana.pdf
SETE ASPECTOS BÁSICOS PARA INTERPRETAR O RESULTADO ELECTORAL
1-Unha Equivocada lectura da realidade política e social da Galiza. Infravaloración do potencial real do PP como corrente ideolóxica, potencial político e capacidade de dirixir e acompañar os ámbitos económicos financeiros e mediáticos do país.
2-Incapacidade para implantar en tres anos unha auténtica “cultura de coalición” que contrarrestara a cultura uniformista e autoritaria do PP. A tendencia do PSOE a hexemonizar a acción de goberno e fagocitar ao BNG foi compensada por nós cunha acción tendente a crear espazo propio coroada con éxito pero deixando uns e outros totalmente baleiro o espazo de consolidación do bipartito como tal.
3-Lectura equivocada sobre a conexión dos instrumentos de poder real co PP. Especialmente nos ámbitos económicos financeiros e mediático.
Crenza absurda na súa desideoloxización “non son do PP son do poder”. Convencemento do PSOE da posibilidade de alternancia sen cambio. Incapacidade do BNG para “impor” unha nova dinámica que abrira espazos alternativos para o nacionalismo e para o bipartito.
4-Incapacidade do BNG para facer unha lectura acaída sobre a importancia da nosa acción de goberno. E do carácter estratéxico que pra o noso proxecto tiña unha prolongada estancia no goberno. Incapacidade para valorar na súa xusta medida os cambios transformadores realizados en todos os departamentos sen excepción e as dificultades reais para executar o noso proxecto con 13 deputados, a metade de conselleiros co PSOE, sen poder transversal na Xunta, con escasas competencias e peor financiación e sen altavoces sociais para pregoar as nosas medidas.
5-Incapacidade, unha vez máis, para ler acaidamente a evolución españolizadora dunha sociedade cunhas clases medidas cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo. Claro avance do proxecto ideolóxico do PP en amplas capas populares e incapacidade do nacionalismo para ler a nova situación nomeadamente no tema lingüístico.
6-Unha situación de crise que leva ao escepticismo ao respecto da políticas a milleiros de persoas que non ven nas alternativas programáticas solucións aos seus problemas e si en cambio son
proclives a identificar o seu estado de ánimo con proclamas demagóxicas en favor da austeridade do gasto público e na denuncia de supostos despilfarros e custos da “clase política”.
7-Debilidade manifesta para facer fronte a unha campaña baseada na mentira e difamación contra o BNG e o seu candidato. So ao final, e cando a avalancha era ensañadora, o corpo militante do BNG reaccionou exemplarmente pechando filas, pero o dano no noso entorno social xa estaba feito.
O CAMIÑO A SEGUIR
1-Impedir que o PP consume a súa 2ª vitoria. Derrotado o goberno agora o PP e os seus aliados mediáticos pretenden derrotar a alternativa para moitos anos. Intentan destruír a imaxe de goberno bipartito asociándoa ao caos, falta de liderazgo, incapacidade, despilfarro e ineficacia. Todo eso cun PSOE empeñado en abonar as teses do PP a ese respecto. O PP gañou as eleccións pero iso non lle da a razón absoluta. Defender a acción de goberno é sobre todo defender a opción do bipartito como alternativa e fundamental para favorecer a alternativa e o cambio no futuro.
2-Si o BNG tivo un erro na apreciación da realidade social do país máis equivocado sería facer caso a sectores ultraminoritarios que non so teñen esa mesma lectura equivocada si non que ofrecen como receita máxica converter ao BNG na representación política da marxinalidade facendo oídos xordos a unha sociedade cunhas clases populares nas antípodas deses posicionamentos políticos e dibuxando un país non só imposible se non tamén non desexable.
3-Redefinir a nosa relación coa sociedade e revisar estratexias sobre aspectos, especialmente sensibles do noso proxecto. Nos últimos tres anos fixemos un esforzo moi importante por ampliar a nosa base social. Agora na oposición deberiamos seguir ese camiño e non tirar pola borda todo o traballo feito. E necesario ao mesmo tempo encauzar con cautela un novo posicionamento público do BNG ante o proxecto de normalización lingüística sen abdicar un ápice dos nosos principios e obxectivos pero aceptando con normalidade política o feito real dunha sociedade bilingüe e dun corpo electora do BNG tamén bilingüe.
4-Redefinir, na medida do posible e no que o BNG poda facer, unha nova relación co partido socialista baseada na aceptación e no respeto mutuo. Único método para afianzar os gobernos municipais no inmediato futuro e para facer creíble ante a sociedade unha posible alternativa no medio prazo.
5-Esforzarse para por ao BNG a traballar canto antes. É necesario que se visualice un BNG actuante na sociedade. Unha forza comprometida ca xente neste momento de crise. O debate interno e necesario e urxente pero non pode monopolizar a nosa vida política.
6-Abrir un proceso de reflexión ordenado destas ideas adiantando por parte de todos un
compromiso de xenerosidade. Empeza unha nova etapa que debe ser protagonizada por novos actores ca definición consensuada dunha nova dirección e no seu momento dunha nova candidatura
a Xunta de Galicia.
Compostela, 10 de marzo de 2009
Anxo Quintana, portavoz nacional do B.N.G
Lidas as dúas confesións finais, queda o xuízo para sentenza/cia.
Fue bonito (nin iso, polo que se ve) mientras duró.
Eu non me fiaría moito das noticias que publica La Voz de Galicia.Todas teñen un sesgo anti BNG.Polo que se ve segue a campaña de acoso e derribo
A primeira actitude militante ( a que moitos nos poderíamos sumar) sería non ler e combater LVG e ler O Xornal. Non polo que é hoxe senon polo que podería chegar a ser.
Parece que no BNG se perfilan dúas "correntes". Simplificando (e de paso, borrando todos os matices!):
(1) Tirarse ao monte, ao independentismo teórico-práctico, ao "altermundismo" que non goberna en ningún estado e/ou nación en Europa occidental. É dicir: volver ao testemuñalismo.
(2) Adaptarse ao público que realmente hai: clases medias en expansión, urbanitas e españolizadas (cf. esa teoría que moitos dos simpatizantes/militantes do benexís falan español). É dicir, volver a tocar poder.
Perdón: quería dicir "volver tocar poder". Parezo Quintana escribindo en galego, coño. Un rapá do bacharelato faríao mellor ca min :-)
Clases medias en expansión?.
Hai algún artigo por ehí que fala na desaparición da clase media.
Imaxine, se acontece, tamén desaparece esta caste de democracia.
Hai dúas tendencias cada día mais diverxentes no seo do BNG e esas duas correntes non están condeadas a repetir presupostos ideoloxicos dun padado, son correntes políticas de hoxe, do ano 2009, recén recibido un batacazo electoral por unha delas.
Hai tamén declaracións de Francisco Rodriguez, similares as de Quintana, teñen coas de Ansede e outros dirixentes o raso común de ser tremendamente partidarias, de estar a defender nesas explicacións os erros da corrente que representan, omitindo, esaxerando e desviando o acontecido. Son explicacións para consumo interno dos seus partidarios pero que adoecen dun minimo analise politicólogo, adoecen dun mínimo de imparcialidade e que para nada van a calmar aos seus críticos.
O futuro presenta un endurecimento do Quintanismo e unha loita interna dentro que posibelmente remate unha vez mais con herexes e expulsados, pero con sorte, acontecerá unha partición, unha separación, un divorcio e unha nova vida para o nacionalismo que non será xa mais nunca representado polo BNG.
O PSdeG acadou os mesmos votos que nas anteriores eleccións; o BNG foi o que levou o batacazo monumental, en palabras de Beiras. Está claro que o Sr. Sarille, como cáseque todos os do Bloque, non quere aceptar a realidade: Galicia non quere ser nacionalista (á vista está)e, por moito que vostedes porfíen en que o sexa, non o han de conseguir.
Mágoa que o PSdeG precisara de o Bloque para gobernar, porque cos nacionalismos non hai posibilidade de entendemento e así estamos agora.
O comentario anterior é dun anónimo.
Quería dicir que o comentario anterior non-o escrebeu nin Pachi nin Ricardo Varela
Tamén quería engadir que o anónimo anterior ou é tonto ou pareceo.
A ver hermano, a qué ven dicir agora que é unha magoa que o PSOE tivera que coaligarse co BNG, se era a unica maneira de ver a Touriño en Monte Pïo.
Algunhos, poucos, ou moi poucos, ou case ningún, ou eu só, apostaba por que deixaren gobernar ao PP, en minoría, ca única condición, Fraga non pode ser presidente e ir negociando iniciativas parlamentarias en Galicia co PP, e en Madrid co PSOE. Eso sería facer política o resto son caralladas, e así lles foi. Como dí Apicultor vinte anos máis na oposición.
Está claro que eu non son do BNG, e remato de explicar o por qué agora o PP non vai escoitar o BNG para nada.
Analizando os resultados das eleccións e seguindo a lóxica deste anónimo visionario, Galicia non quere ser nacionalista NIN SOCIALISTA. Esto último e ben patente se temos en conta os resultados en votos habendo como hai en Madrid un goberno da mesma cor política, etc.
É posible que no PSdeG triunfen este tipo de teorías e gañe a corrente que pide o afastamento do BNG.
Se fose así perderíanse catro anos inútilmente. Pasados eses catro anos e ante a perspectiva de non acadar o poder por ningunha vía, imporiase unha vez máis o sector máis pragmático, volveríase a lanzar a alternativa de alianza co Bloque e voltarían a intentar a conquista do poder.
A pena é que moitos de nos xa nono veríamos!
O papel da LVG é digno de análise e estudo. A pregunta de Casal a Feijoo pola axuda non arbitraria aos medios de comunicación...ten a clave.
Marcos, un estudo de LVG nestes anos do bipartito, titulares económicos e os relacionados coa lingua creo que darían para un traballo de interese. O historiador que faga esa historia. Creo que vai ser reveladora.
Leo o texto de Quintana e non entendo eu que acepte o bilingüismo como admiten os resumos de prensa que vin hoxe. Admite que non entendeu a realidade bilingüe que non é o mesmo. Fala de incapacidade de ler (esa metáfora do ámbito futboleiro) a realidade lingüística. Que aínda que parece o mesmo non o é.
Desde este foro, levo eu comentando a ineficacia de certos casos de política lingüística por non entender ben cal é o fin deles e por satisfaceren moitas veces aos propios votantes xa convencidos de antemán en troques de ir buscar ao falante retraído, indiferente e mesmo aquel hostil. Eso é o que eu entendo que se cadra di Quintana: que o BNG comprendeu mal o terreo no que se move neste asunto e que asumiu unhas premisas que ao mellor non eran as máis acaídas.
Digo esto porque creo que é excesiva esa lectura (ao meu xuízo torticeira, na que se pode cair) dun QUintana rendido aos pes do bilingüismo da sociedade galega.
Non sei se lin ben entre os asinantes de sumandoideas, pero deume a impresión de que asinaba carlos g principe, Vigo (sic).
Renovación, que bonito nombre tienes.
Tomarei un martini ás súas saúdes todas nas terrazas de Montero Ríos aproveitando a primicia do verán. Boa tarde.
Touriño y Quintana han dimitido.
Manuel Fraga Iribarne, como Joe Rígoli, dice "Yo sigo".......
Hai moito delirio interpretativo dos resultados electorais
O mais importante é decatarse de porqué perderon os perto de 5O.OOO votos.
Hai unha expresión clave no que di Quintana:
"Incapacidade, unha vez máis, para ler acaidamente a evolución españolizadora dunha sociedade cunhas clases medidas cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo"
A politica quintanista caracterizouse por unha adecuación aos poderos constituidos, alonxandose de calquera resonancia conflitiva. De feito desentendeuso das voces situadas mais a esquerda e mais nacionalista do BNG, marxinounas e deseñouse unha polìtica dirixida a esas "clases medias cada vez mais distanciadas do proceso galeguizador", co ánimo de gañalas ao seu novo nacionalismo de proximidade quintanista, deixando a súa deriva, e sen interesarse polos votos que puidera perder pola esquerda ou mais nacionalistas.
O resultado foi que esas clases vellas, e mesmo sectores do pp como os vellos que camelaba, non lles votaron e pola contra os 50.OOO ou non creron no lovo ou deulles igual que viñese e non votaron, fixeronno en branco ou difuminaronse en outras opcións.
O importante é que eses votos, perdeunos, e non pola dereita, nin por antinacionalistas, senón mais ben todo o contrario.
E esto costalles moito recoñecelo.
Con estas declaracións, lease tamén as delirantes explicacións no seu xornal GZnación, están a reafirmarse. O quintanismo é unha cuestión óntica, e fosen os que fosen os resultados non van a varias a concepción da súa practica política, están convencidos de que a que facian era a política correcta. Se a derrota foi causa dun electorado a súa esquerda, eles traballarán a partir de agora para esas:
"clases medidas cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo"
A cuestíon e que se non lle fixeron caso até de agora por que llo van a facer o futuro, e deduciran que será cuestión de tirarse mais a dereita, de ser ainda menos nacionalista, e por suposto de explicarlles ben o seu programa.
A forte está botada!
Hai entrada para outro axente:
O independentismo, que con eses 50.OOO, podería ser a gran sorpresa no futuro da política galega.
No novo escenario, estánse a retirar ao camerion vellos actores, pra maquillarse, e no próximo acto, que sabe quizais haxa algunha sorpresa, eu dende logo manteño a espectativa e sigo mirando.
O mais importante é decatarse de por qué perderon os perto de 5O.OOO votos.
Hai unha expresión clave no que di Quintana:
"Incapacidade, unha vez máis, para ler acaidamente a evolución españolizadora dunha sociedade cunhas clases medidas cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo"
A politica quintanista caracterizouse por unha adecuación aos poderes constituidos, alonxandose de calquera resonancia conflitiva. De feito desentendeuse das voces situadas mais a esquerda e mais nacionalistas do BNG, marxinounas e deseñouse unha polìtica dirixida a esas "clases medias cada vez mais distanciadas do proceso galeguizador", co ánimo de gañalas ao seu novo nacionalismo de proximidade quintanista, deixando a súa deriva, e sen interesarse polos votos que puidera perder pola esquerda ou mais nacionalistas.
O resultado foi que esas clases medias, e mesmo sectores do pp como os vellos que camelaban, non lles votaron e pola contra os 50.OOO ou non creron no lobo ou deulles igual que viñese e non votaron, fixeronno en branco ou difuminaronse en outras opcións.
O importante é que eses votos, perdeunos, e non pola dereita, nin por antinacionalistas, senón mais ben todo o contrario.
E esto costalles moito recoñecelo.
Con estas declaracións, léase tamén as delirantes explicacións no seu xornal GZnación, están a reafirmarse. O quintanismo é unha cuestión óntica, e fosen os que fosen os resultados non van a variar a concepción da súa practica política, están convencidos de que a que facian era a política correcta. Se a derrota foi a causa dun electorado a súa esquerda, eles traballarán a partir de agora para esas:
"clases medidas cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo"
A cuestíon e que se non lle fixeron caso até de agora por que llo van a facer o futuro, e deduciran que será cuestión de tirarse mais a dereita, de ser ainda menos nacionalistas, e por suposto de explicarlles ben o seu programa.
A sorte está botada!
Hai entrada para outro actor:
O independentismo, que con eses 50.OOO, podería ser a gran sorpresa no futuro da política galega.
No novo escenario, estánse a retirar aos camerinos vellos actores para maquillarse, e no próximo acto, que sabe quizais haxa algunha sorpresa, eu dende logo manteño a espectativa e sigo mirando.
A actitude do bipartito durante a campaña foi desesperante. Parecían non seren conscientes do adversario que tiñan dediante e deixáronse levar a un terreo enlamado do que non foron capaces de saír.
Pero esa actitude pusilánime e morna aínda continúa!
Poño un exemplo: Calquera militante do PSdeG fala estes días, a xeito de xustificación, de que no tocante a despilfarro, o PP non ten parangón. Contan polo miúdo como unha MESA INGLESA de 33000 euros e as súas correspondentes sillas desapareceron do despacho do presidente cando o PP deixou o goberno da Xunta no 2005. Ninguén e quen de dar conta da puñetera mesa e nunca máis se soupo dela!
Pero, iso non é un delito?
Alguén foi ao xulgado?
Intentouse averiguar quen foi o responsable da desaparición?
Non son bens inventariados?
Non pertencen ao patrimonio de todos os galegos? Porqué o presidente nono denuncio no seu tempo?
Houbo unha actitude reverencial ante o goberno Fraga?
Porqué non se denuncia agora?
Non estamos falando so de luxo e despilfarro. Falamos de delito.
Aquí fomos moi rigurosos ante temas menores como o dos chupitos.
Esto non nos preocupa?
ONDE ESTÁ A MESA ???
DENUNCIA ANTE O XUIZ XA !!!!
O desexo de Anxo Quintana e os quintanistas é converter o BNG no patrio traseiro da súa ambición e a Galiza nunha homenaxe a súa grandeza.
Un botarate rodeado de tabeiróns, prestos a saltar sobre a presa.
Sorte que o pobo galego os puxo no seu lugar, fora, lonxe do poder e consumindose na inanición.
Viva Galiza, fora o fillos espúreos e traidores a terra!
Lido o texto de Quintana, alédome de que perdesen.
Paga a pena ter perdidas as eleccións, xa que eso supón ver lonxe do Goberno de Galicia ao BNG co seu Anxo e as súas anxelicais falcatruadas.
Benvida sexa esa ausencia
Compróbase que Quintana é incapaz de reflexionar, mente moi corta e ambición demasiado longa.
Quintana di:
Atá o infinito e mais alá.
A función dun partido político non é seguir as correntes sociopolíticas, senón crealas e canalizalas. Un bon político non segue, convence. É como si o pastor dun rebaño de ovellas en lugar de guialo se adica a seguilo. Abofé que acabará na fraga rodeado de lobos.
Os principios ideolóxicos do BNG están marcados dende hai máis de 25 anos, e durante unha longa etapa foi convencendo a máis e máis xente. Era un partido que convencía, entre moitas outras razóns, porque tiña unha firme convicción do que dicía. O que convence é a convicción,decía Cicerón.
Logo de ler o informe só podo decir que esa simpleza ideolóxica non é propia dun lider político, máis ben parece a reflexión dalguén que, coa ferramenta da demagoxia e o populismo, quere facer nosas as súas experiencias dun largo encontro na terceira fase. Queren levarnos ó suicidio colectivo!
Certo. Amais Quintana dende que lidera o BNG, só fai perder votos, e lonxe de racapacitar radicalizase na súa deriva dereitista e desgaleguizadora.
Ou non pensa, cousa que polo que se lle coñece é moi posibel ou é un profeta que non acadamos a comprender.
Mais observación que el merecen os seus seguidores. Vaia elite intelectual da que se rodeu.
A cabeza de Francisco Rodriguez anda tamén a delirar.
Rumorease que van facer unha queima púbrica de La voz de Galicia, do iate e dos vellos protestóns, logo emprenderanna cos perto de 50.000 que lle retiraron o apoio ingresando aos mais marxinais nun psiquiatrico e aos demais nun reformatorio até que asimilen que o mellor para Galicia é o nacionalismo de "proximidá".
Algúns si que deliran desde os seus máis obtusos prexuízos.
o
Hai un refrán castelán que permite describir estes comentarios: ni tanto ni tan calvo. Creo que estamos afeitos a ver a política cun sesgo apocalíptico. Unha perda nunhas eleccións non debería supoñer máis ca unha reflexión, unha catarse ou unha rectificación de posicións, co fin de acadar mellores resultados nas próximas. Non unha debacle épica nin unha maldición bíblica.
Pode ser tamén que as expectativas de moitos sexan extraordinarias: o fracaso das mesmas tende a ter a mesma magnitude. E, xaora, os líderes políticos contribúen a esaxerar a importancia capital de seren eles os elixidos. Se non saen, a sensación de ridículo ou de desilusión total é máis grande.
Pero, tras as eleccións, esa especie compracente de leñador apañando tochos da Quintana caída resulta pouco xusta, por non empregar outros termos. Quintana debe dimitir como o fai habitualmente un político que se presenta a unhas eleccións e non obtén o resultado pretendido. Pero tampouco debe ser agora o chivo expiatorio de todos os resultados. Cando marche, o problema seguirá a ser o mesmo.
Parece que Santiago Rey se desfixo do camillero
Unha vez pubricado o testamento politico de Quintana, só me podo alegrar da súa derrota e da súa dimisión. Menos mal que non colou!
Camillero é unha profesión tan digna como calquera outra, mesmo como a de político, o que non é digno é ser un farsante e un tabeiron sen escrupulos como demostrou ser Quintana na política, agardemos que non sexa así como camillero.
Que manifesto!
Que vergoña, pensar que foi viceresidente polo nacionalismo!
Con xente así excusase o nacionalismo, xente así, é xenial, dilue o conflicto que o -ismo nomea, entregamonos a España en español e todo felices.
Nacionalismo de proximidade ao nacionalismo español, será.
Este home debería estar militante na sección españolista do Psoe ou no partido de Dona Rosa.
Por sorte é xa un cadaber político.
Dende o meu mais obtuso prexuizo, son feliz, porque o pobo galego lle dixo non a unha operación política que ía contra o pobo mesmo para favorecer a unha poboación de tabeiróns bilingüistas, que se crían xa felices instalados no poder para non cambiar nada, e que o proceso de españolización avanzase como unha deriva evolutiva natural.
Eu penso que, ademáis, había que lapidalo. Xa postos.
Eu non entendo por qué pide desculpas o Quintana. Un pide desculpas cando ten "culpa". Tense "culpa" cando se fixo mal intencionadamente. Cando hao "dolo" (Non se di así, Xaime?). O que cometéu foi "erros", desde o punto de vista particular dos intereses do seu partido.Pero por qué lle ten que pedir disculpas á cidadanía en xeral?.
E os erros, tampouco son erros si non se coñece o xeito correcto de facer algo.
Si se coñece o remedio contra unha enfermedade mortal e o médico receta outro, o médico comete un "erro". Pero si non se coñece o remedio en absoluto e o médico "proba" intuitivamente algún, é realmente un "erro" si non acerta?.
O que coñeza o xeito exacto de gañar as elecciós, que tire a primeira pedra.
Eu lamento moito a demisión de Quintana e desexo que non desapareza da primeira liña da actividade política. Creo que é honesto e intelixente e moi útil para o país.
Pois eu alégrome moito que Quintana se retire a última liña política do pais, considéroo pouco intelixente e moi ambicioso, un pésimo lider bilingüista para o nacionalismo. Un parasito que se quería valer de toda a estructura do BNG, para comandala cunha camariña extraña ao nacionalismo cara unha nova forma de galeguismo-españolista.
Canta petulante ignorancia da política nacionalista demostran algúns, como a deste último anónimo descerebrado con vocación de inquisidor.
Amigo Dacova, que boa idea!: a lapidación de Quintana.
Temos que falar con Medela, que seguro que amaña un festón, rosquillas de Gondomar incluidas, ou ben no campo da feira de Allariz ou cabe o Arnoia, cun milladoiro de croios para a cerimonia. Vendendo a pedra por 1 euro e tendo en conta a cantidade de lapidadores que van saíndo a medida que avanzan os días, forrámonos. Ou polo menos para un contubernio novo ben nos dá. Ou non, Dacova?
Medela, vai pensando nos lugares por onde teñen que pasar os omnibuses.
"Canta petulante ignorancia da política nacionalista demostran algúns, como a deste último anónimo descerebrado con vocación de inquisidor."
E este anónimo que demostra, a parte de calificar, de petulante, ignorante, descerebrado e inquisidor?. Argumentos, please, ou cale para sempre.
Eso, Arume. Un que venda as pedras, e outro que venda as barbas para as mulleres, como na famosa película.
E o Medela, dando o sinal de salida, sin permitir que ninguén tire pedras antes de tocar o chifro.
O do precio da pedra, a un euro...o medio-quilo.
De granito, redondas, claro. Os seixos de cuarzo, aguzados, máis caros.
"Canta petulante ignorancia da política nacionalista demostran algúns, como a deste último anónimo descerebrado con vocación de inquisidor."
Tes razón, pero faltouche engadir o de tontolculo. Así quedaría moito mellor descrito ese individuo que, baixo varios nicks, se dedica a emporcallar este blog pensando que o seu son argumentos. Pobre necio.
Pois na verdade, os galeguistas estamos a dar un espectáculo de cº.
Non hai quince días todo eran parabéns para Quintana, palabras de ánimo, cotobeladas para se ubicar na pole position...
Agora, como pobo primitivo e sociedade desestruturada que somos, procuramos un culpable e lapidámolo, evidentemente. Talvez así nos demos libertado do complexo de culpa.
Arume, Dacova, saben Vdes. por un acaso se en Wyoming continúan a regalar lotes de terra, como facían naquel filme???
O ar galego é irrespirable...
O escrito de Anxo Quintana é marcadamente autocrítico: non hai máis que ver cantos apartados comezan por incapacidade e termos similares. A dimisión constata a admisión dun desacerto (ante todo, na valoración do contrario), que probablemente o acompaña persoalmente desde como mínimo mediados da campaña electoral.
As propostas de actuación irán sendo avaliadas co tempo, no caso de que a organización decida asumir algunha delas; xaora, non propón un BNG bilingüe, só a moita gana de que tal fose pode conducir a letra lida a tal semántica. O BNG abre hoxe unha etapa nova, o resto xa non é actualidade.
Canto ás actuacións sobre a imaxe do líder deposto: lapidación non, meus señores. A este persoal tan amigo do sangue convénlle mellor a caracterización como filloeiro. Eu sigo tendo en alta estima política a Quintana; métanme tamén no amoado.
Concordo con Vde XMG e penso que Quintana aínda pode ter futuro na estructura política do BNG.
Hai que ir abordando tamén o futuro do psoe. Co especulador Patchi Vázquez á cabeza?. Será posible?.
Como poden propor a un puro especulador "ávido cartos"?.En cantos neghocios está pringado?.
En Fama fixeron unha coreografía con bandeiras europeas. Unha delas era a galega con estrela. Non todo está perdido!!!
"Tes razón, pero faltouche engadir o de tontolculo. Así quedaría moito mellor descrito ese individuo que, baixo varios nicks, se dedica a emporcallar este blog pensando que o seu son argumentos. Pobre necio."
Con argumento tan fino e consistente só me queda porche o espello para que contemples a túa indixencia e leas o lema escrito con rotulador permanente: CHIVATO.
Facer filloas do Quintana?
Que alguén patente o nome!!!!
Vai ser o próximo "delicatessen" inventado en Allariz!!!
- Buen hombre,véndame medio Kilo de las famosas filloas de quintana, de aquí de Allariz. Y una botella de licor de orujo.
E un dulce especial que ,no canto de chamarse "brazo de cigano", chamaráse "Cabeza de Quin".
- Veño encargar unha cabeza de quin para unha festa. Con crema e sete veliñas.
E un persoaxe novo no carnaval alaricense, o "Quintana", ao que se perseguirá hasta a sua simbólica lapidación por todas as ruas da Ziralla. Seguirá celbrándose o rito cando ninguén lembre a festa do boi. Os nenos, lapidarán a un quintaniña pequeniño.
"é necesario ao mesmo tempo encauzar con cautela un novo posicionamento público do BNG ante o proxecto de normalización lingüistica sen abdicar un ápice dos nosos principios e obxectivos pero aceptando con normalidade política o feito real dunha sociedade bilingüe e dun corpo electoral tamén bilingüe".
Aceptar con normalidade unha situación política discriminativa para o galego que implique a súa,minorización e desaparición non ten nada de normalidade política para algúen que se autodenomine nacionalista ou incluso galeguista.
Pero Quintana, que pragmáticamente fica caracterizado por provocar unha sangría de votos na súa organización, entende que a clave do exito está en non plantexar conflicto e aceptar todo o que a realidade presente, e nunca en intentar cambiala.
Nestes tempos ante a crise económica, a súa aportación sería: ACEPTALA CON NORMALIDADE POLITICA.
Toda unha aportación a politicoloxía e a sociolingüistica.
Toda unha mente privilexiada que sen dúbida, como di XMG, terá ainda moito que dicir e facer na política galega e do mundo
Eu alucino con algunhas intervencións que semellan dun tarao. Oes, ti, o do dom mar 15, 12:48:00 AM, tiñas que facer que cho miraran, meu.
Aquí hai moito choromicas, espantadizo e esquisito. Opinións como esta pódense ler en Vieiros sin que ninguén se espante. É un momento de catarse e é normal que a xente diga o que pensa con mellor ou pior fortuna.
A minha experiência como militante no BNG e noutras organizações sociais levaram-me a constatar o seguinte:
- O BNG é já de facto uma AUTOCRACIA (governo duma elite sobre o povo) dirigida pela UPG. Eles, ainda sendo minoritários têm um poder de facto quase-total.
- Como autocracia, todo aquele que num determinado momento se possicionou contrário às teses “oficiais” foi apartado, desbotado e mesmo ridiculizado ou “linchado” publica e privadamente.
- Só eles (típico duma autocracia) têm a razão absoluta, pois só eles têm as ferramentas de análise adecuadas (marxismo-leninismo), sendo os demais etiquetados como reformistas, dereitistas, antipatriotas, capitalistas, “ecologistas” (sic) e muitos outros adjectivos que todos sabemos.
- Fruto do anterior traduz-se a persecução interna que se fiz durante os anos de governo a todo aquele que questionara minimamente a acção gubernamental do BNG.
- Encerram arredor de sim o modelo de bom nacionalista a seguir: na práctica individual e na práctica colectiva. Isso, claro leva a que os seus círculos de amizade se reduzirem apenas a pessoas “iguais”, deixando de lado ou mesmo criticando quem não seguir com essa forma de “socializar-se”.
- Como bons “estrategas” (Paco Rguez. dixit) prefirem mesmo que governe a direita a o fazer uma alternativa Nacional onde eles não estar ou não controlar (ex. o caso da candidatura da USC há 6 ou 7 anos boicotada pelo professorado da UPG, mesmo contando com representação muito destaque de militantes nacionalistas)
- E por dizer algo mais: eles consideram-se de seu os “Primus inter pares”. Disto traduz-se o anterior.
Concluindo,
Não é possível fazer nenhuma transformação a sério no BNG sempre que a UPG existir. Nem as suas formas, nem os seus intereses, nem as suas intenções são outras que manter-se nesta autocracia interna. Como é normal sempre há revoltas internas que, dum ou doutro jeito, são quem de acomodar ao seu poder. Ao igual que uma autocracia só remata quando essa elite é apartada, no BNG igual devera acontecer. E se isso não for possível, então seremos os outros os que deixemos a “casa comum” (sic) do nacionalismo.
Eu não culpo à upg, mas aos representantes das outras correntes que lhes fazem as beiras. Muitos militantes independentes (a alma máter do bng, mas também a nossa debilidade) deixaremos definitivamente o bng se a autocracia continuar. Muitos marcharemos a esse novo partido nacional galego (ou como for) se assim se acordar: esse partido onde todos colher, onde ninguém será o primus inter pares, onde nenhuma corrente será a que maneje os poderes, onde o poder sempre estará na militância (e mesmo nos simpatizantes, por que não)... Eu tenho esta ilussão, aguardo que não ma roubem.
Para o anónimo que alucina:
non, non son eu, agora que como vostede alucina, supoño que verá ao memo en todo anonimo ou en todo nick non habitual no blog.
Creo que deberia vostede descansar unha temporadiña.
XDC, unha vez máis se constata: vde. si que sabe.
Nestes momentos o peor que pode pasarlle a un partido relativamente pequeno coma o BNG é que esgace. De feito, os do "Movemento pola Base" anunciaron que abandonan o BNG.
Parece que houbo satisfación na reunión do Consello, polo que di hoxe un xornal:
Cito:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=80&idNoticia=406153
"Entraron en razón", di Beiras
O líder do Encontro Irmandiño e ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, subliñou a "entrada en razón" da Executiva nacionalista ó presentar a súa dimisión e destacou a "recuperación" do espírito fundacional da formación frontista de 1982. "Satisfeitos e moi contentos do que se produciu neste Consello Nacional", manifestou Beiras á saída do conclave. "Se os resultados electorais foron contra prognóstico, o que ocorreu hoxe, en gran medida, tamén", dicía, sen agochar a súa sorpresa ante o feito de que finalmente a actual directiva "non se enrochase".
Paco Rodríguez ve "fortaleza"
O secretario xeral da UPG, Francisco Rodríguez, fixo fincapé na "fortaleza" coa que saíu onte o Bloque do Consello Nacional e mostrouse "moi contento" tras disiparse o seu "medo lexítimo" a que "as cousas se tirasen pola borda". Rodríguez considerou ó rematar a reunión que "está escorrentado calquera tipo de perigos graves para a formación nacionalista". Tamén da UPG Francisco Jorquera destacou a "enormemente positiva discusión" de onte e o resultado de "cohesión".
Nogueira foi o máis crítico
Diferentes fontes consultadas insistiron onte en que o ex eurodeputado Camilo Nogueira protagonizou algunhas das intervención máis críticas onte. Non obstante, ó saír, asegurou que se ofrece para "traballar en favor da unidade" do BNG e afirmou que buscará "puntos de encontro" para trasladarlle as súas propostas á asemblea extraordinaria. Defendeu a necesidade de "reflexionar" sobre o frontismo no Bloque.
Díxoo R.Medela Scott
"Agora, como pobo primitivo e sociedade desestruturada que somos".
Levaba tempo agardando ler a alquén que botase unha ollada, coa lupa virada 180º.De abaixo a arriba. Aledeime.
Cando os novos abandonan a lingua, cando na Galiza, venden máis exemplares en castelán ca en galego dunha novela de M.Rivas, é que o noso nacionalismo é esvaido.
Cando en toda España, "el rojerio" mingua de ano en ano, cando chega Rosa Díaz que mandou en Escadi e nada resolveu en na Galiza, saca mási votos ca Esquerda Galega, é que somos de cor rosa.
Pra rematar, cando temos a sorte de revalidar ou non, cada 4 anos aos políticos, cousa que non acontece con ninguha outra profesión, e non embargante botamoslles todas as culpas, é que non viramos a lupa.
Touriño defende hoxe nunha entrevista os pactos co BNG. Con todo, creo que bota balóns fóra cando afirma o seguinte:
Entrevistador: Las relaciones del bipartito no han sido precisamente modélicas en ámbitos como el concurso eólico ...
Touriño: Es verdad, el reparto de las eólicas es una mala traducción de un Gobierno de unicidad. Los mayores utilizados clientelarmente, es verdad, y hay que acusar el golpe... El montaje de las galescolas, los niños con mandilones desde pequeños, es verdad... La imposición del gallego cueste lo que cueste y por encima de todo... Bueno, lo dije siempre, era un mal camino, en el que supo hacerse un hueco el PP, que sabía que iba a ser un rédito seguro. Galicia/Galiza, pues sí... La imagen de bicefalia en la acción de gobierno es un camino hacia el error. Son los aspectos que más han molestado a determinados sectores. Todos debemos reflexionar sobre esto, porque quien hoy tiene 127.000 votos menos y doce diputados [el BNG] tiene que pensar que el país no se construye a imagen de uno sino al revés. El nacionalismo tiene que hacer esta reflexión. Una fuerza minoritaria no puede pretender construir, hacer y diseñar el país.
Un pouquichiño de nostalixa daqueles tempos...
Unha pequena historia visual do nacionalismo
para ver de onde vimos e cara a onde imos.
Eu creo que será mellor que algúns non reflexionen moito. A autoflaxelación pública ten un límite. Por esa redención masoquista, os case catro anos de lexislatura poden resultar ao cabo unha estafa.
E tampouco é iso. Digo eu.
Estou bastante co Arume, aínda que o axuste de contas teña pouco que ver co concepto redención. O certo é que en ambas forzas do bipartito a reacción pareceu ser rápida; a definición de cadanseu camiño -para catro anos- demorará algo máis, pero os vimbios da oposición probablemente están cortados.
Sobre o que se está a dicir: si que Touriño parece resumir demasiado mal a executoria do socio. Non sei eu do selo pernicioso implícito en levar mandilón, si que lembro quen levou a 'responsabilidade' en política lingüística e de que maneira.
En materia de lingua, por certo, lembro máis vaga ca concretamente certa idea de Otero Pedrayo transmitida a un máis novo (Franco Grande?; outro da xeración?) e sobre convencemento a prol do galego: temos que ser pacientes, tolerantes e saber ben de onde vimos nós mesmos. Nunca houbo, probablemente, máis votantes do BNG pouco ou case nada galegofalantes ca no tempo do Beiras. Quizá se queiran reler as palabras de Quintana tendo en conta ambos detalles. Máis ca nada, na procura que se abre, outra eséxese, a min, xa pouco me chama.
"O BNG abre hoxe unha etapa nova, o resto xa non é actualidade." (Xosé M. González)
Arume, permíteme unha "reflexión" anecdótica e pesimista (quen sabe se destrutiva) sobre o debate xerado arredor do BNG por tal e por cual, eu que aínda non abrín a boca desde primeiros de xaneiro. Mais que nada para discrepar do señor González, que fala de "etapa nova" e que "o resto" xa non é actualidade. Que enganadiño que está o noso home de Lugo. E precisamente "o resto" o que non deixa de estar de actualidade no BNG. Eu que abandonei a UPG hai 30 anos (si, si, 30 anos, moitos anos), todo este debate sóame a túnel do tempo, a fariña moída e volta a moer. Pouco ou nada teño que engadir, pois xa levo 30 anos repetíndoo até a fartura. Dixen o de pesimista, porque non vexo que a cousa teña fácil solución, apesar de que en maio 2500 delegados se reúnan para escolleren novos dirixentes da nave "nacionalista" (vellos "restos" do naufraxio). "Reflexión" anecdótica? Pois si, porque ás veces unha anécdota vale mais que mil párrafos concienzudos do señor González. Este verao vin o Beiras paseando só, boeno, coa sua muller, por Allariz. Fin da anécdota. En tempos, chegaba en burro ou helicóptero a Allariz e recebíano como se do mesmo Mesías se tratase. Mesmo había quen o imitaba na forma de vestir. Este verao debía levar ben visíbel o anatema de apestado que os que antes o recebían con vítores e rebumbio... Mesmo houbo algún amigo íntimo que desta despotricou a pracer contra o líder doutrora. E mira que eu non son beirista. Cousas que pasan en todos os partidos, e tamén no BNG. Hai cousas que non cambian, que seguen aí, enquistadas, como se o debate non fose posíbel, ou non servise para nada. Estas anécdotas non as sabe o Medela, porque non leva 30 anos en Allariz nen 30 anos fóra da UPG. E non digo mais. Que conste, que eu nunca, pero que nunca nunca, me alegrarei do triunfo do PP (aínda me dói a perda). O que tamén me dói é que os nosos non queiran ser os nosos. Xosé Manuel, cuando queiras receber unha lección ou "reflexión" de anécdotas sobre que cousa é o BNG, xa sabes onde estou (jeje). É que te vexo un pouco desorientado. E mira que levo 30 anos fóra da UPG e fóra da nosa terra. Até dentro de dous meses, polo menos.
El alaricano impasible
15.03.2009
CARLOS LUIS RODRÍGUEZ
El Ícaro que sale del laberinto, vuela con alas prestadas, sube demasiado alto y cae cuando el sol derrite la cera que las unía. El Sísifo que arrastra el pedrusco hasta la cima y, a punto de llegar, ve como cae ladera abajo, obligándolo a empezar de nuevo. Hay varios modelos en la mitología que guardan parecido con Anxo Quintana. Lo que hizo y lo que representaba hacen del líder que ayer dijo adiós algo más que un político. Encarnaba una corriente empeñada en sacar al nacionalismo del ensimismamiento. Vio en el poder que le llegaba de rebote la gran oportunidad para que el nacionalismo pasara de ser una organización que sólo se siente cómoda en la protesta, a otra gubernamental.
¿ONG o BNG? He ahí el dilema que late desde hace muchos años en el alma nacionalista. Está presente en las quejas de muchos padres y abuelos del galleguismo, como Castelao, Risco o Pedrayo, que lamentaban tener que dejar su actividad artística o literaria para dedicarse a una política que en el fondo no les gustaba.
Una ONG no necesita bailar con mayores, tratar con magnates, resolver concursos, dictar normas polémicas, elegir el mal menor en vez de la solución óptima, mancharse las manos con la realidad. Su misión es otra. Ni mejor ni peor; distinta. Es por definición no gubernamental, lo cual supone que deja en manos de otros la resolución práctica de asuntos que ella plantea en un plano teórico o mediante la movilización social. Quintana rechaza ese modelo.
También ese otro nacionalismo de Cova Céltica compuesto por puritanos que ven en el exterior una amenaza de la que hay que protegerse. Lo dice ese documento oficial donde la inspiración de la UPG es patente en el fondo y en la forma. Denuncia una españolización galopante de la sociedad, especialmente la urbana.
Anda, ¿pero cuándo no estuvo españolizada? ¿En qué época fue el nuestro un país anti-hispano, en el que no se conjugaran sin problemas ambas identidades? ¿Y qué potente virus externo es el causante de esta contaminación que se detecta? Los preclaros analistas no pueden o no quieren llegar a la conclusión a la que un marxista como Dios manda, ajeno a los mitos alucinógenos, hubiera llegado de inmediato: Galicia es así, y así hay que tratarla.
Quintana dio pasos para alcanzar esa Galicia que se resiste desde hace mucho tiempo al mensaje nacionalista. Vistos desde una posición digamos gentil, son escasos y titubeantes. Contemplados con los criterios dominantes en amplios sectores del BNG, hacen de don Anxo una especie de Lutero. Fue más allá de lo que el Bloque clásico podía digerir, y se quedó corto para acceder a ese país que aún no ha entrado en la ideología oficial nacionalista.
Cae el pedrusco de Sísifo. No es la primera vez que le sucede al nacionalismo. La reacción clásica suele ser el retorno al mito y un veredicto que nos culpa por no ser como deberíamos ser. Sería una pena que el error se repitiera porque incluso los malos resultados indican que existe un hueco para el BNG en la sociedad gallega.
De él depende que el hueco no sea nicho. El alaricano impasible lo intentó; se esforzó por modernizar un movimiento que aún no tiene claro si le gusta más ser no gubernamental, como las Irmandades da Fala o Greenpeace. Seguro que nada haría más felices a sus adversarios.
CLRODRIGUEZ@ELCORREOGALLEGO.ES
Ben me gustaba saber que cousa é a identidade española. Máis ca nada, por botar conta de se poderá ser compatible coa galega.
O anterior é bastante retórico. Pero a pregunta queda.
Ben me gustaba saber que cousa é a identidade galega. Máis ca nada, por botar conta de se poderá ser compatible coa española.
Chámanlle "identidade" a calquer alplicación I de un conxunto E en sí mesmo I:ExE-----E tal que I(x)=x para todo elemento x de E.
A función identidade é elemento neutro,pola dereita e pola esquerda, da composición de funcións. Estó é, calquera outra aplicación "g" cumple g((I))(x)=g(x) e I(g(x))=g(x). É necesario especificar "pola dereita e pola esquerda", porque a composición de funciós non adoita a ser conmutativa.
A identidade galega é a función identidade aplicada ao conxunto dos galegos. Como non é un conxunto ben definido, esto é, non é un verdadeiro conxunto matemático, o dominio da función identidade é un subconxunto estricto do conxunto dos galegos, e...
Ejem.
Desculpen. Déume demasiado o sol de Auria...
Poñanse a traballar e deixense de tanto latricar.
Galiza precisa mulleres e homes xenerosos e xustos, sobranlle trepas, oportunistas e ociosos.
Os militantes do MpB abandonamos o BNG
bng Somos quen somos, militantes de base do BNG desde fai décadas, activistas que defendimos o proxecto nacionalista nas ruas, no rural, nas aulas, nos centros de traballo e nos movementos sociais. Hai entre nós sindicalistas da CIG, traballador@s, precari@s, autónom@s, galegos que até onte eramos base social bloqueira e que, modestamente, contribuimos para facer do BNG unha forza de goberno: pegando cartaces, falando cos viciños, militando xunto con outros compañeir@s nas asembleas, activando o corpo social mais rebelde.
Chegamos aos organismos de dirección nacionais do bloque no momento en que este chegaba ao poder, porque nos decidimos a apresentar unha alternativa na ultima Asemblea Nacional ordinaria porque non gostábamos de como se estaban a facer as cousas desde a dirección da Frente. E unha vez ali descubrimos que o estilo dos dirixentes era semellante ao de outros políticos que antes combatíramos: autista ante os sectores sociais máis dinámicos, antidemocrático na vida interna, "politiqueiro" e ambicioso nos conflitos polo control do poder interno. Vimos que querían un Bloque de persoas obedientes non un Bloque de militantes.
Nestes anos goberno bipartito as nosas opinións, ao igual que as de outr@s compañeir@s e de xentes que eran a base social do nacionalismo, non foron tidas en conta. A dirección hexemónica do BNG foi prepotente cos movementos sociais, quíxose homologar ao resto de forzas politicas do sistema e fracasou este 1 de Marzo. Cremos que a base social máis dinámica e participativa foi a que castigou a xestión de goberno, e que para recuperar a ilusión fan falta algo mais que retoques estéticos e lavados de cara. Para nós non ten sentido continuar na viraxe cara o centro político porque somos de esquerdas. Para nós non fai sentido seguir xestionando o existente porque somos anticapitalistas e porque queremos construir resistencias ao actual sistema. Para nós non ten sentido favorecer unha clase empresarial autóctona que continúe a expoliar os nosos recursos porque defendemos a Terra. O Proxecto Común do Bloque xa non nos inclúe porque non nos sentimos representados nel, porque as nosas demandas como traballador@s, precari@s, pequen@s autónom@s, mulleres, veciñ@s... non foron incluídas nen escoitadas. Por iso marchamos do BNG. Non somos políticos profisionais, non queremos colaborar nunha batalla interna que debilite ainda máis o ánimo dos militantes honestos que ten o nacionalismo.
Os políticos sensatos acúsannos de infantis, radicais e de vivir afastados da realidade, porén, cantos asalariados hai en Galiza? E cantos deputados? Ou é que a realidade se ve mellor desde dentro dun coche oficial?
Queremos colaborar na construción dun novo espazo social nacionalista que poña o acento no cotiá, nas loitas concretas, nos concellos onde vivimos e que se esqueza de grandilocuentes palabras, de representacións autoproclamadas e de vangardismos infantis. Cremos no asemblearismo, na horizontalidade democrática e no movemento social e abandonamos o bloque porque cremos que seguir militando nel supón unha contradición con iso. É a nosa opinión. Sabemos que hai militantes honestos do Bloque que teñen outra, respetámola, só faltaría. Nós non convertimos a discrepancia en disidencia. Verémonos na loita, no día a día, defendendo aquelo que como galeg@s orgullos@s sempre defendimos.
Compostela, 14 de Marzo de 2008. Movemento Pola Base.
Volver arriba
Estou ben seguro de que o Carlos Luis leu Para comprendermos Galicia e atendeu particularmente ás páxinas 13-26. Probablemente tamén gozou da Galicia borrosa e pasaxes como, vg., o establecido entre as pp. 53 e 54. Non entendo, logo, a que vén a renitencia de agora.
Parece solerte de máis. Nin que fose galego.
Carlos Lois pensa que, sen ter a man tales libros, tales autores non presentan explicitamente a identidade galega como incompatible coa indentidade española. Que haxa trazos singulares non implica necesariamente nada no plano político. Ou si?
Carlos Luis seguramente ten a man tales libros. Carlos Luis non aparenta que bote contas de memoria. Carlos Luis probablemente non subsume identidade en política.
En suma: se cadra, o asinante Carlos Lois debía precisar os seus propios conceptos en vez de xogar á contra.
"Eu tamén son Anxo Quintana".
Mira que comparar ó Quin co Ícaro e con Sísifo. Pois non, el e moitos máis fomos ESPARTACO.
Estaba cantado na história.
Venceron os romanos e crucificaron a todos os que pillaron na vía APia.
Sigo insistindo, e do Psoe non fala ninguén?.
Hoxe un funcionario de concello (ourense), contoume que os funcionarios vendidos, ou metidos pola porta de atrás por "os outros" están a facelo ingobernable. Escondendo expedientes, boicoteando... resulta que fai falta "manu-militari". Ghobernar é un exercício duro, pragmático de asumir riscos e de afouteza.
A nave zozobra. As termitas mínana. Non hai zz?. Paff!
A día de hoxe o concello de ourense dase por perdido. Como estades en Vigho?.
Non caben medias tintas, e trabucarse sempre nos trabucaremos.
Gostaría de coñecer máis cousas miudas dos sabotaxes quintacolumnistas.Algo oín da telegaitas.Claro que non o é todo, pero axuda.Non lembrades como botaron ó noso Manolo Outeiriño, e algún máis (Salvador), a outros que non coñezo, pagando fortes sumas de indemnización cando gañou Manolo por primeira vez?.
Como íamos gañar a guerra civil pelexando sempre entre nós, e minados por o enemigo?.
Sí, sí, tamén hai que repasar Monthy piton, "A vida de Brian".
Carlos Lois recoñece: ten eses libros a man, pero non os encontra. Carlos Lois pregunta: se non subsumimos identidade en política, onde está entón o problema?
Non entendo a Carlos Lois. Ademais, resúltame fatigoso o seu catenaccio. Eu, así, non xogo.
Lobo: algo semellante ao que di vde. sobre funcionarios en Ourense escoitara unha miña coñecida no 2005. Funcionarios de Medio Rural a falaren de que ao novo goberno tiñan que afundilo desde dentro; non escoitou que dixesen, escoitounos ela falar.
Púxose en coñecemento de quen correspondía e non consta que se fixese moito. Apliquen agora cirurxía o antes posible, se hai sentido.
A filla dun ex alcalde de Xinzo, enchufada no concello na área de urbanismo, ademáis de ter pasado por un organismo de turismo de non sei que...ante unha miña preghunta no senso de se a miña arquitecta se podía personar para consultar o expediente da obra veciña que me estaba a amolar contesta categórica: "NON".
Outra técnica que estaba por alí, esta sí técnica, púxomo encima da mesa e indicoume que podía vir tanto o abogado como a arquitecta como quen quixer ou quen eu delegar.
A do "Non", meteuna don José Luís para non facer nada e tamén en compensación por non volver a presentarse o seu pai, deixándolle a vía "expedita" ó Hamster , Isaac. O de sempre. Do neghocio e empresa do Sí-Sí emperatriz. O pai da susodicha é das dereitas de sempre, de toda a vida. E a súa filla é unha burrísima metida ehí a non facer nada, a estorbar, a pensar mal, e a zancadillear.
Decateime que era unha besta peligrosa cando perderon a alcaldía e a encontrei, por acaso, esa noite na rúa perto da sede do pp. Púxenme a consolala e ponse a berrar, "cala que tí estás bastante metido cos socialistas".
Algunha xente está empeñada en que non nos rehabilitemos. Necesitan esta caste de leprosos que somos nós. Precisan da nosa ladaíña.Do noso estigma. A veces penso que ser socialista é peor que ser tuberculoso-contaxioso.
Puta que os paríu.
As administracións están inzados de eles.Como caracha chuchonas e parásitas.
Por eso a mín me la suda, e díxeno neste blog, que meteran xente contrária a eito. Que meteran dos nosos, sexa dos "leprosos" a centos , moreas, preñar o sistema de roxos. Vendo a esta caterva de malvados, burros, malintencionados, por que carallo vos rasgastes as vestiduras cando se convocan opos con urxencia?.
Non hai marxe de maniobra.
E foi a estratéxia do psoe para facer fronte ó aparato franquista.
Se non houbo depuración que che queda?.
E non esquenzades, nobles funcionarios a grandísima miseria que se nos achegha. Se non sabedes permanecer no sitio, as xeneracións futuras han de cobrárnolo.
Un inefable resistente do vrau 89 en Allariz referíase ó alcalde de xinzo: "é un hamster, é un hamster..." obviamente referíase a "la cosa nostra", pero trabucaba a fonética.
O hamster sigue operativo.
Despois de grandes desfeitas, desaparición de cartos, desertización do medio sigue no mando, esto évos unha enfermidade.
O tumor está estendido a moitos órganos, e estirpalo supón a morte.
A rexeneración non é posible, só deixar avanzar o tumor ata a destrucción final.
Lao Tseu dixo que a millor maneira de facer fronte a tirania dun goberno era de non facer absolutamente nada.
A mín dame que nesta tesitura é absolutamente estratéxico non facer nada. Incluso que o psoe e o bloque non se presentaran as próximas eleccións. Dedicámonos a descansar, falar, mellorar a saúde e deixámolles todo ó pp, como quen non quere a cousa. SEría de tal calibre o poder e omnipotencia que ían acadar que acabarían por autofagocitarse.
Imaxinade, de entre o pp ía xurdir un sector sensible, un sector comprometido coa língua, é impepinable, ocuparía un nicho ecolóxico e esgazaríanse entre sí.
Nós a descansar. Nin congresos nin hostias. Medrar e enriquecernos espiritualmente.
Lobo Neghro ando barallando a posibilidade de nomealo delegado de algunha cousa en Ourense. Pero ténseme que afiliar ao PP. Qué me dí?
Creo que a cousa ten que ser así:
Primeiro que se vaia o MpBase do BNG.
Despois que a UPG reflexione e decida deixar o BNG e presentarse ela soa ás eleccións para calibrar diante da xente o seu peso.
O Encontro Irmandiño, con Beiras á cabeza, debería abandonar o bloque e facer un grupo populo-beirista.
O grupo dos "non adscritos", debería marchar tamén porque forman xa unha corrente que teoricamente se define por non ser corrente. Curioso. Deberían montar un partido.
Inzar reinventaría MCG e marcharía do BNG.
O PNG, confluiría con Terra Galega, para facer o centro galego moderado, fóra claro do BNG.
Camilo, se cadra, xubilarse.
E o resto do BNG podería facer unha asemblea libre e decidir o que quixese...
Se cadra son moi radical.
Mire señor Feijoo9 o meu principal quebradeiro de cabeza élle como meterlle o dente ó Psoe, sabe?.
Están vostedes todos a falar do bloque e o psoe vive do conto pero fáltalle democracia e traballo cara a sociedade.
Estou a pensar seriamente como me reafilio ó psoe, para votar contra Patchi, e por suposto contra todos os trapalleiros ós que lle debemos a transición.Gonzalito Lagunero, maestruchos de m. EStán acabados!.Acepteno ou non o acepten. Non se adecuan ó que nos vai caer. Son sectários, ríxidos, herméticos, prepotentes, de pouca formación, funcionarios, acomplexados,...Xa cumpliron. "Gracias por lo servicios prestados", "queda usted despedido" Hugo Chávez, na televisión lendo os nomes dos dirixentes das petroleras.
A súa suxerencia supoño que é de risa, señor. Eu xa lle sobrei de dúas administracións, ou se quere de tres, porque estando a traballar nun concello do pp, hai anos, un director xeral de bng -línea marxista-leninista ofreceume traballo eterno a cambio de entrar no bng. E non entrei e fodéuseme o choio.
Tamén lle sobrei dunha administración do psoe en ourense.Sobrar quere decir que estiven dentro e me botaron.
E non me rindo.
Anque non descarte aplicar a máxima de Lao-Tseu.Estes chineses son o futuro da humanidade.
E aghora venme vostede coa carallada dunha delegación cando pensaba vostede eliminalas todas.
Non será vostede José Manuel Baltar revestido de Feijoo?.
Creo que xa sufrín abondo probas de fogo, supoño que está vostede a brincar e se vostede non é J.M.Baltar é vostede un amigo pouco ocurrente. Que carafio terán que ver as miñas intervencións co seu innoble ofrecemento?, de dereitas tiña vostede que ser para sentirse ofendido!.
Afiliarme ó pp?. Mire, sonlle probe de espíritu e nunca lle catei "unha" de dereitas, a estas alturas da vida danme morbo, ó mellor por ehí...por ehí....quen sabe.
Boeno, xa o teño medio "traballado".
Hai tamén un postiño para o Apicultor, para Arume dos Piñeiros e para Xosé Manuel González. Todos eles xente moi ordenadiña, para que apliquen seu talento de sesudos asesores.
Ordia...
Haberá que ir xa ao Ritz a que nos fagan os traxes? Podemos pedir modelo de Audi?
Don Xosé Manuel, Don Arume, póden mandarme un traxe que lles quede ben e eu xa me encargo de todo.
Por favor, indíquenme tamén para que lado cargan.
De audi nada, citroen C2, e van que chutan e conducirán vostedes, estamos es crise, e hai que gañar as próximas eleccións, non o esquezan. Xosé Manuel ocupararase de todo o que teña que ver coa criptografía, descifrar as oscuras intencións da oposición, estaría adscrito a vicepresidencia. O Apicultor encadraríase na conselleria de Interior e Arume na de Ben Estar. Hai serios rumores de que Da COva iría para Investigación e ciencia e Medela para a de Cultura. A Marcos querenno asesorando sobre patrimonio e a un tal Iacobus para a troula do xacobeo.
Con tal nómina de asesores o BNG vaino pasar moi mal, porque o PP irá templando maravilosamente gaitas e apenas se notará o cambio e de notase sería para mellor.
Nunxa se sabe por onde vai soplar o espírito da terra.
De audi nada, citroen C2, e van que chutan e conducirán vostedes, estamos es crise, e hai que gañar as próximas eleccións, non o esquezan. Xosé Manuel ocupararase de todo o que teña que ver coa criptografía, descifrar as oscuras intencións da oposición, estaría adscrito a vicepresidencia. O Apicultor encadraríase na conselleria de Interior e Arume na de Ben Estar. Hai serios rumores de que Da COva iría para Investigación e ciencia e Medela para a de Cultura. A Marcos querenno asesorando sobre patrimonio e a un tal Iacobus para a troula do xacobeo.
Con tal nómina de asesores o BNG vaino pasar moi mal, porque o PP irá templando maravilosamente gaitas e apenas se notará o cambio e de notase sería para mellor.
Nunxa se sabe por onde vai soplar o espírito da terra.
Eu pídome ser o encargado de facer as fotocopias. É a miña ilusión, e a vostede tanto lle ten.
Cargar cargar o que se di cargar, pola esquerda, pero se hai que cargar pola dereita cárgase.
Pero teño entendido que os traxes de Milano levan un repositorio aleatorio, que permite flexibilidade máxima, mesmo en caso de temperaturas elevadas tipo comisión de eólicos, emisión de fondos reptilianos ou menu degustación chez Marcelo no Pombal.
Eu renuncio a selo Delegado do Xacobeo, que é demasiado curro.
Súmome a petición do Apicultor. Eu quero o postiño de axudante do responsabel de facer fotocopias. Digo eu, que tampouco é moito pedir.
Unha suxerencia, non lle dean o de Cultura o Médela que é capaz de acabar con ela.
Eu penso que a corrupción debería estar concentrada nunha consellería especializada, "Consellería de Corrupción". Nada de competencias esparexidas.
Qué podería valer para o pertinente posto de conselleiro?.
Eu son malísimo descifrando. Ou sexa, que acepto.
Eu pido ser bedel de calisquera consellería na que usté me queira recomendar.
Primeiro, danche un guardapolvos e eso é sempre moi bo para non gastar a roupa. Ademais, o bedelato é un oficio ilustrado e sempre tes tempo pra todo (cafeses, pitillos, pinchos de omeleta estatal..., a parva das 12, facer a compra...). Podes ler ao teu ritmo o A Couce da Inxustiza, o Chorreo Gaélico, o Fornicia Hoxe, La Religión de Orense, o Ancho-Ornal, o último DOGA...
Que alguén che vén pedir que lles abras unha porta? Encólleste de ombreiros e daslle un plano do edificio cun mangado de chaves: "Alá, vaite espabilando, e xa mas devolverás, lampantín".
Ademáis, no escalafón xunteiro o bedel está por riba do pringaillo ou machaca que fai as fotocopias, e xa me gustaría a min facerlles morder o po da resmilla ao socialdemócrata do Apicultor e ao democratacristián do Vom Stein.
O XDC por impertinente quedará fora, e aos outros como non valen para outra cousa poremos ao Xosé Manuel a descifrar o manual da fotocopiadora, ao Iacobus a buscar as relacións entre o manual e os botóns da fotocopiadora e ao Apicultor a darlle lustre con escupe ao cristal da fotocopiadora.
Ao Arume como vale para algo mais, fará de manequín paseando por San Caetano os traxes para que elixan os conselleiros e os directores xerais.
Medela é o único que merece un posto de responsabilidade. Será o encargado de relacións da Xunta co Mar de Aral, e xefe técnico da comisión encargada de reciclar a chatarra cultural.
Sr. Anónimo: con tanta saña acabo de recoñecelo como o autor de "El Lazarillo".
Sen dúbida reserva para vostede a Consellería de Laicismo Educativo, Deus mediante.
Aquí é onde vos quero ver eu, xogadores de liceo, respondendo a mensaxes como esta, escollida ao azar nun dos moitos foros da rede.
Temos que resgatar, si, aos noviños esos que pensan que a experiencia do pasado é negativa. Lembrolles que a dirccin actual do BNG, fora da UPG (ainda que alguns deles non tiñan nacido na transicion), é maioritariamente posterior as loitas contra ditadura, e que os Aymerich educaronse na politica na queda do Muro de Berlin e posteriores; é dicer, a postmodernidade e o neoliberalismo.
É de perogrullo que unha forza politica -frente, partido, bloque ou o que sexa- fala de politica, nonsi?.
Ben. Hai duas maneiras de falar de politica, unha como falan os nosos postmodernos, "non soubemos vender os nosos logros", "os votos do PP expresan as mudanzas na Galiza" (mudanzas que alguns pensamos que si se deron hai xa tempo, que a Galiza rural é un entelequia so na cabeza dos libertadore nacionais da UPG e demáis teoricos do "atraso" galego), etc.
Centran toda a súa palabreria politica nun resultado dunhas eleccions mais falsas cun duro de catro pesetas: a lei d'hont, o 5% de limitacion e o feito de que os votos de Coruña e Pontevedra teñan menos valor que os de Lugo e Ourense. É os analise non os fan sobre a base da estructura da sociedade, para coñecer quen lles vota e quen non, seno sobre unhas porcentaxes froito dunha lei antidemocratica.
Claro, desta volta, a´súa conclusion só pode ser unha: abrirse a sociedade, abandoar as veleidades esquerdistas ´... Porque o obxectivo é, como sexa, voltar o goberno.
En todas as intervencios de Quintana e demáis ainda non se escoitou a direccion do BNG falar do central na politica, qué proxecto de sociedade teñen para Galiza.
Recuperan a loita polo dereito a autodeterminacion?, Loitaran contra os EREs e os despedimentos?, estaran contra a lei privatizadora do aborto promovida polo PSOE?, estaran contra a lei de partidos e a ilegalizacion da esquerda abertzle?, estaran contra o capitalismo como causante da crise?....
Estas son as preguntas ás que teñen que respostar. Definir cal é o seu proxecto. Porque a indefinicion é o que levou a crise atual, a perda da Xunta.
Foi a substitucion da Politica pola xestion a que levou o desastre.
E é a xeracion da pos ditadura a que fala de Xestion e nunca de Politica, por iso, se eles son os que van coller o timon, é a cronica dun desastre anunciado.
Pero, imos ver, non eran Vds a nova xeración Nós? Máis altura de miras , señores!
Marcel, sinttoo, pero só lle podo ofrecer un posto na fotocopiadora, pero terá que porse de acordo para compartilo co Apicultor.
Somos a xeración das Uvas.
Somos Nós
e algún inadaptado.
Agora falando en serio, eu quero ir traballar pra Feijoo con estes amiguitos:
Viva la libertá ah ah ah ah con Feijó oh oh oh oh
Pois sí que me gusta esa consellería, si: "Consellería da Impertinencia".
E despois falan de renovación? Os mesmos pallasos de fai 30 anos!
queda algún posto na fotocopiadora?
Mais lle vai a gustar Da Cova cando se entere de que alí só se fai penitencia.
Na copiadora queda un posto, si, o de chica/o da tinta, ou chupatintas.
Pallaso é unha vocación dignísima hoxe, dignísima e solicitadísima, un ben escaso entre tanta falta de riso e humor.
Vou quedar de profesor.
Sr. Swan, co caro que me costou que os meus vástagos ollarán de cando en vez "As Uvas", e agora vai vostede e chámame democratacristián. Remata de foderme o choio: pasaba por selo progre na casa.
Ponga un progre en su vida!
Qué bó slogan para algo. Non sei para qué, pero para algo.
Tamén pode valer: "Apadrina un bloqueiro".
EIEIEIEIEI
Non se me enfaden.
Conselleria de Penitencia!!!
Non me extrañaría que a puxese, vindo de onde se dí que ven.
Cambiamos unha secta por outra.
O Arume é o manneenquem-pis, que carga para lado esquerdo.
Bebe o seu fluido unha gárgola de San Caetano.
JAJAJ
QUé boa portada para "Los pilares de la Tierra"!!. Se a chega a saber o follé ese...
Agora que di vostede o das gárgolas, iso me parecían eses da televisión que puxo MS. Tamén facían bo capitel con furado escuro na rúa do Vilar para escarnio da estudantina.
Velaí.
Doutor Arume: Non lle é por nada, mais sei por fontes ben informadas que o seu nome anda nas quinielas.
E Vde. xoga ao disimulo...
Medela, como Conselleiro in pectore et in bandulle, está a preparar a magna entronización de Feijoo IX. Que lles conte o que teñen preparado. Cóntelles o da ghimkana de audis polo Pedroso.
A todos vostedes que non teñen xa nada que dicir e andan a darlle ao tarabelo nun delirio regresivo de colexiais, vounos mandar a unha cámara sado-maso, co mais granado do PP. A -50º.
Ufffffffffffff
Bweno, ahí vai.
Actúa Shakira, na esplanada do Obradoiro, na entronización de Feijóo.
Artista convidado: Torrebruno.-
Na Quintana vai haber unha boa posta de carneiro ao espeto...e de gratís!!
Beria, encargado de manter en frío os gin tonics e os scotchs on the rocks no Pazo de Raxoi tras o Te Deum na Catedral.
Creo que están negociando a posta en escea da reconciliación definitiva de Miguel Cancio e Vizcaíno Casas
Boas,
Xa levo bastante tempo visitando este blog e os dos outros contertulios, ainda que nunca me decidin a saudalos ata hoxe.
Pareceme un blog, bastante interesante e moi entretido, sobre todo a deriva que tomou a conversa en canto saiu o tema de atopar un posto na administracion nos comentarios. A retranca e unha arma moi boa.
A explicacion sobre identidade de XDC fixome lembrar a un profesor de matematicas da Facultade de Economia, un bo profesor chamado Xose Luis Quinoa Lopez. Noraboa XDC fixome rir, por algunha razon que non podo explicar imaxineino nun episodio de "Family Guy" explicandolle a Stewie(C.R.) que e identidade.
Pois iso, un saudo a todos/as, seguirei pasando para ver do que falan co seu permiso.
boas noites.
Inmenso placer para mín que alguén me compare con un gran matemático. Pero inda máis placer o telo feito rir, amigo Xesús. Éncheme de orgulo. Penso: " O meu paso por este mundo xa non é vano. En algún momento fixen rir a alguén". Ósperas. Qué ben e saéu. Xuro que non a copiéi.
Verbo do que di un dos participantes neste foro, aclarar sen máis que non é correcto o dato de que, en Galicia, se editen máis exemplares de novelas de M. Rivas en castelán que en galego. Pola contra, é moitisma a diferenza a favor das edicións en galego.
Disculpen o inserto, a pataca minuta, neste interesante leria. Mais cómpre, en todo, manter o principio de realidade.
O'Autor
O comentarista dixo que se vendían máis non que se editaran. Sería posible aclarar isto tamén?
E se é o mesmo Rivas quen visita, vaia o meu saúdo. E se non, tamén.
Xa pode resultar un tanto inverosímil que algunha xente escolla, podendo, tradución en vez de orixinal. Con todo, e aceptando que tamén tal ilóxica se dá no país, moito me estraña que se vendan / lean máis exemplares da versión ca do modelo xenuíno Rivas. Que reciba tamén saúdo e recoñecemento pola puntualización.
A min non me parece tan verosímil nin tan estraño. Non creo que cheguen a ser máis, pero a cantidade de libros vendidos en español chégalle.
Que alguén poña eses datos.
Xa era hora, Xesús, que chegaras: Yo no soy digno de que entres en mi casa, pero una palabra tuya bastará para sanarme.
Ou seña que amigo XDC, vaite retirando que iste home queda ben con todos. É a de Dios.
Sen dúbida, tal número debe ser alto: a presenza das traducións españolas en lugar relevante ben á vista nas librarías testemuña iso.
Pregúntome eu, primeiro: saberá todo lector de Rivas que tal libro que compra foi traducido desde o galego? Se tal, sigo considerando triste paradoxo que se prefira a versión ao orixinal. E se a cousa adquire alto volume, case inverosímil; o case radica na non moi boa actitude en relación coa lingua galega. Sei que debería precisar o sentido actual de boa; calquera día, con menos que facer, igual nos poñemos.
Pido perdón ante este tribunal popular, por ser militante do BNG, organización na que entrei da man do PNG-PG, fóra do horrible crime que cometín na xuventude (votar por CG) e o peor de todo, ser 'flecha', e 'arquero' na OJE.
E declárome culpable, sabendo certamente que contra este crime non hai perdón, de non ter votado nunca PP nin PSOE. A miña maldade chegou a extremos tales que votei NON á OTAN, co único e perverso propósito de manifestar a miña discordancia co goberno PSOE.
E a miña confusión mental levoume ao convencemente de que os galegos podían chegar algún día a tratar por tú ao resto dos habitantes do planeta Terra.
Non espero clemencia deste digno tribunal. Ben certo é que non a merezo.
"Ainda hoxe non se decataron porque chegaron a Xunta, como van saber porque os botaron? O día que resolvan a primeira cuestión coñecerán tamén a resposta da segunda."
Non basta, Medela, coa dôr dos pecados, nin con decirnolos a nós, os confesores. Fai falla o "propósito de la enmienda" e cumplir a penitencia que che poña...o Iacobus vo der Stein, aka Delapierre, que para eso sacóu boa nota en Penal.
Eu tamén me sinto estigamatizado por ser socialista, noble Medela.
Un amigho meu, e seu, caro Medela, síntese estigmatizado por ser poeta e non ser maricón.
O problema está en nós, amigho Medela, e na nosa percepción peculiar da realidade.
En realidade os problemas non existen. Creámolos nós para entreternos.
A última frase leéuna nun libro de Desmond Morris, amigho Lobo. A mín non ma da con queixo.
Chegaron á Xunta sin que os votaran para eso. Botáronos da Xunta porque votaron para eso.
Digo eu.
Pois non, saíume así.
Non lembro telo lido.
Pode ser que o tivera no subconsciente dunha lectura temperá, e agromara aghora, ou pode ser que se nos ocurran as mesmas cousas a moitos.
Pero eu sonlle dos que opinan que nada é orixinal, e as ideas nacen en varios focos á vez para irradiar despois.
Teño que repasar a antropoloxía. Había dúas teses enfrontadas sen solución aparente.
Si non lembro mal "El zoo humano", Lobo.
De esos libros hai 31 anos, dacova, e por un deles descubrín quen eras.
Alédame saber Sr. XDC que o meu comentario serviu para que se decatase
de que o seu paso por este mundo non foi en vano. Seguramente xa o sabía de tódolos xeitos.
A verdade é que o profesor Quinhoa foi unha mestre moi entranhable - suponho que seguirá sendo. Sempre dicía que para comer ben hai
que ir a Lugo e contábanos anécdotas sobre os nosos paisanos. Por exemplo: dicía que a hora de comparar dos terreos un paisano sabía antes que nós - os estudantes, con todos os nosos conhecementos- cal dos dous era mais grande. Cousas da experiencia e de romper moito a cachola.
Iacobus gracias pola benvida. Se vostede vinhese uns 20 anos antes seguramente o
podería ter "sanado", pero desgraciadamente despois de pasar 8 anos cos Padres Somascos na minha vila natal xa non me quedan moita manha para sanar a xente. Xa se sabe, cando un se decata que entre o dito e o feito hai un treito so final remata sendo un herexe ou un dianho. Xa o citaba outro profesor da USC, un tal M.C. que agora transformouse en trobador "de la libertad sin imposiciones", que había unha diferencia entre "la voluntad real y la voluntad declarada". E os PP. Samascos non son menos. Unha desghracia toda ou unha bendición, dependendo por onde se mire.
Por certo, tenho unha pequena pregunta indiscreta. Imaxinemos que o BNG e o PSG renóvanse e conseguen voltar a formar goberno. Destoutra volta fano mellor que na anterior e fan de Galiza unha Suiza, incluindo o sistema de transporte. De tal xeito que tod@s forasteir@s cando chegan a Galiza din, "manda truco con estes galegos, mira que ben se coidan e que país máis lindinho que tenhen". Como podemos desfacernos dos "Economic Hitmen" para que isto ocurra? Poderian BNG e PSG chegar ao goberno incluso con eses actores?
Boeno, ata outra.
Oiu Xesús, e no ceo non teñen eñes?. Avíse, non vaia selo diaño.
Estou preparando o plego de cargos contra do Medela, de momento os máis graves son "Asociación ilícita" "Delitos contra do patrimonio", "Tráfego de Influencias" "Pertenencia a barra armada" "Maquinacións para alterar o prezo das cousas" "Falso testemuño" e os máis grave " Desexa-la muller do máis próximo".
Non hai de momento nin agravantes nin atenuantes a valorar, pero cónstame que existen movementos para a aplicación da eximente "Obediencia Devina".
Polos membros do Kuomintang pódense facer achegas públicas de acusación neste medio.
Unha asociación pode ser ilícita e os seus membros ser uns santiños. No caso da do Medela, os asociados son uns elementos de carallo. A cousa debe ser tomada como agravante, digo eu.
Os delitos contra o Patrimonio, tuveron o efecto de que a sociedade galega volvera os ollos cara ese valor. Foron delitos "con resultado de" algo bó para o pais. Atenuante.
O "tráfego de influencias" non foi feito "de mala fe". Non imaxinaba que Xoan da Cova tuvera tal relevancia cando o invitóu a unhas cervexas na sua casa. Atenuante. Pero, como era xa de noite, agravante de nocturnidad. A cousa queda "a pré".
A "Pertenza a barra armada" foi con premeditación. Agravante. Pero esa "meditación " foi feita en estado de certa embraguez. Volvemos quedar a pré.
Ten todo o perdón por desexar a muller do máis próximo , porque a tal afectada esta de moi, pero que de moi bó ver. Non tería perdón de Deus que lle fora indiferente.
Soamente unha aclaración. Non ando cos datos exactos no peto, pero créanme: a diferenza de exemplares vendidos en Galicia, e a favor da versión orixinal galega, é moi grande, por non dicir abismal na maioría dos títulos, e sobre todo nos que acadaron máis atención: Un millon de vacas, Que me queres, amor? e O lapis do carpinteiro. Hai xente, si, que os le en castelán, mais teño claro que non é por rexeitamento do galego. Situémonos no país real: hai moita, moita xente que non está afeita a ler en galego, mesmo moitos dos que adoitan falalo. E tamén hai moita, podo dar fe, que despois de ler o libro en castelán dá o paso de ir á procura do orixinal galego.
Agradecido pola atención. Saúde e Terra. E viva o portafolios de Walter Benjamin!
O'rivas.
Saúde. E se non hai terra tampouco pasa nada. O importante é non mancarse.
O'Arume
Carta abierta del que se hacía llamar Marcel Swann al excelentísimo sr. Alberto Núñez Feijóo, presidente in péctore de la Junta de Galicia:
Querido Alberto,
Perdona que te tutee. Aunque no nos conocemos personalmente (ni siquiera del Feisbú; sí, ya sé que el Arume de los Pinos es amiguito tuyo), quería comentarte que aquí tienes en este servidor un amigo fiel y verdadero, de los que ya pocos quedan, para lo que necesites. Date por enterado que, a partir de este momento, quedo enteramente a tu disposición y finco la cerviz y las rodillas, de hinojos si falta hiciere, a los pies de su señora (cuando ésta lo sea).
Con esta carta quiero también manifestar públicamente que ab-rejuro de todas las ideas equivocadas que, lamentablemente, he venido vertiendo en este foro galleguista y socialdemócrata durante los últimos tres años. Quede claro y desde ya que mi asociación con los gafapastosos, modernillos y culturetas que aquí intervienen fue circunstancial. Sólo una prolongada ausencia de mi patria, que es y ha sido siempre España, me hizo perder la senda que un día iluminara mi Camino, que es y ha sido siempre el tuyo.
Por todas las razones expuestas, este humilde y desde ya fiel servidor tuyo te solicita tengas la venia de concederle un puesto de bedel en cualesquiera guardería, escuela nacional, ies o centro de salud de la comunidad gallega.
Gracias y que Dios guarde muchos años a su excelencia, columna fortíssima del nuevo gobierno gallego.
La Coruña, 18 de marzo de 2009
A única terra que lle interesa a Arume é a que "toman" os avións nas súas fantásticas viaxes por aquí é por aló como home comopolita que é.
MS. Engádalle o de "Dios guarde a Vd. muchos años", antes de enviala, sinon é coma ter unha tía en Granada, que é coma non ter nada.
Gracinhas, XdC, pero aínda así non creo que vaia ter "suceso".
Miren que noticia acabo de ler. Está referida aos anos 2000-2008:
La tercera emigración se lleva a 500.000 trabajadores gallegos
Los datos de movilidad de contratación del INEM son contundentes. Desde el año 2000 se acentúa un proceso que se había iniciado en los 90: casi 515.000 gallegos han sido contratados fuera de Galicia.
http://www.xornal.com/artigo/2009/03/18/galicia/tercera-emigracion-lleva-trabajadores-gallegos/2009031801133127080.html#COpina
E eso que non contan os funcionarios galegos que traballan fóra de Galicia.
Son datos pre e post-bipartito.
Falou alguén deste tema durante a campaña electoral?
Envellecemento da poboación + constante "fluxo migratorio interior" (emigración) = a Galicia do futuro.
Se cadra teñen razón os de Galicia Bilingüe: o mellor que poden facer agora mesmo os cativos é é nacer co castellano ben aprendido para saber que falar cando teñan que liscar para fóra.
O amigo Marcos en dúas categorías para os premios AELG: Noraboísima
hahahahahahahahahahahahahahahaha
Espaldríllome coa risa
hahahahahahahaha pola carta do señor MS ao presidente...
hahahahaha
obrigado, MS
Amigo MS: a cifra resulta da suma dos contratos asinados ano a ano. Non sei se é a mellor forma de averiguar o dato da xente que está fóra. Eu creo que non.
Repare nestes datos:
1.200.000 persoas en idade activa en Galicia en 2007.
865.000 contratos rexistrados no ano 2007.
1.000.000 en alta laboral en 2007.
Outro datos sobre migracións interiores:
50000 son as persoas que desde o Noroeste (Galicia, Asturias, Cantabria) van a outra zona de España. Destes, 34000 quedan nesa zona e o resto marcha.
A min non me saen as contas.
Outra cousa é que exista emigración e que haxa moita xente que se vai (mesmo do interior de Galicia cara a franxa atlántica). Pero eses datos non son os mellores.
Creo.
Agradécense as aclaracóns, Arume.
Sr Iacobus ten que disculpar, pero aqui no ceo non lle temos desas cousas nin tampouco acentos. Elle un rompedeiro de cachola ter que escribir con "HTML entities", por iso non lle acentuo normalmente - asi tamen menos faltas de ortografia :) -. Ten que disculpar pola estetica visual e espero que non lle causase moita molestia.
Un saudo.
O que sucede é que o editorial e mailo comentario do director do Xornal de Galicia están baseados neses datos.
En fin.
Situación paradoxal para o PP:
As grandes multinacionais eólicas presionan aos dirixentes do PP madrileño para que revise en Galicia as concesións. Ao mesmo tempo, o Banco Gallego mailas caixas advirten que o proceso non se póde parar.
E, il que pasará?
Castelao criticóu o ensino en castelán nas aldeas da época, argumentando que era unha lingua estrana para os rapaces,non era a lingua que lle falaban os pais na casa.
Vale ese argumento para os rapaces que teñen que aprender en galego, cando na sua casa lle falan castelán, ou ó razonamento é outro?.
Pregunto. Que lle estou dando voltas por un asunto.
Evidentemente, non vale. Os rapaces aos que se refería Castelao non coñecían nin tiñan aceso ao castelán. O seu universo era exclusivamente galego. A imposición do outro idioma debíase a un problema de diglosia e pretendía a sustitución e, a ser posible, a desaparición do galego)
Porén, hoxe en Galicia, o galego non é alleo a ninguén. A súa presencia, en certos ámbitos, será menor pero non é inexistente.
Tampouco se pretende a sustitución senon a competencia plena nos dous idiomas.
Evidentemente, non vale. Os rapaces aos que se refería Castelao non coñecían nin tiñan aceso ao castelán. O seu universo era exclusivamente galego. A imposición do outro idioma debíase a un problema de diglosia e pretendía a sustitución e, a ser posible, a desaparición do galego)
Porén, hoxe en Galicia, o galego non é alleo a ninguén. A súa presencia, en certos ámbitos, será menor pero non é inexistente.
Tampouco se pretende a sustitución senon a competencia plena nos dous idiomas.
Evidentemente, non vale. Os rapaces aos que se refería Castelao non coñecían nin tiñan aceso ao castelán. O seu universo era exclusivamente galego. A imposición do outro idioma debíase a un problema de diglosia e pretendía a sustitución e, a ser posible, a desaparición do galego)
Porén, hoxe en Galicia, o galego non é alleo a ninguén. A súa presencia, en certos ámbitos, será menor pero non é inexistente.
Tampouco se pretende a sustitución senon a competencia plena nos dous idiomas.
Patrimonio lingüístico
por Yolanda Castaño - 12/03/2009
Y.C.
Nos últimos tempos levo asistindo a un triste e crecente fenómeno a respecto do noso idioma. É unha especie de sensación –experimentada por unha errada parte da poboación- de apropiación do idioma por parte dunha forza política. Interprétase coma se a lingua fose patrimonio do nacionalismo, o que a acaba por converter en moeda política de cambio. Mediatízase, connótase e en definitiva politízase nunha dinámica que non acabará por facer perder máis que ao propio idioma, rebaixando dunha maneira ou doutra o seu calado.
Porque non debemos esquecer nin deixar que nos fagan esquecer que a nosa lingua é a de todos os galegos e galegas. É un patrimonio incalculable e que pertence a todos/as, que debería unirnos máis que separarnos e que debemos defender por enriba das consignas. É coma se, polo feito de que unhas siglas tivesen atendido máis á conservación do noso románico, este pasase a asociarse con esa facción política.
Sei de quen toda a vida falou galego con naturalidade e por vontade propia e que agora ve un xesto político en facelo, acabando por decidir falalo menos ou non falalo como medida e posicionamento. Aí perdemos todos, pero sobre todo perde a nosa cultura, unha riqueza centenaria que deberiamos estar orgullosos e felices de coidar e conservar. Sen nos sentir á defensiva dunha manipulación. Xa se están politizando demasiado as cousas, e quen máis e quen menos trata de apuntarse a conquista que pode; pero que non nos quiten iso. A nosa fala non.
Verbo do que di M.Rivas, eu aínda diría máis, necesitamos crelo. E parabenizalo pola defensa que sempre fixo da lingua.
Boandanza
Iolanda pon o dedo na cuestión fundamental:
"Sei de quen toda a vida falou galego con naturalidade e por vontade propia e que agora ve un xesto político en facelo"
Até de agora parte importante dos falantes do galego correspondíanse con esta naturalidade, falabano porque non sabian outra cousa, ou porque nunca sentiron necesidade de falar outro idioma, e o seu dominio do castelán era deficiente.
Pero as ideas politicas maduran, a sociedade cambia e as personas van póndose por diferentes medios en contacto cos imaxinarios que conforman as ideas do que foi é e debe ser a vida en común.
O galego non vai ser usado mais con esa naturalidade cando desaparezan as últimos falantes inxeles, ven por desaparición física, ven porque se lles corre o veo da inocencia e toman contacto coas ideoloxías.
O uso simbolíco do galego, o seu uso consciente das connotacións que lle van parellas, non é xa eludibel pola grande maioría dos seus falantes, ben porque contribuiu a esto o nacionalismo, ou españolismo con organizacións como Galicia Bilingüe. O conflicto é perceptibel xa por toda a sociedade e non só polos cidadáns mais politizados.
Se o seguinte, o fixera o PP, estaríamos falando de caciquismo, se o fai o BNG, de que falamos, de neocaciquismo, de despiste, de erro, de mal plantexamento da comunicación do traballo realizado, de non ter acertado a comunicar o entusiasmo, ou o interpretamos como campaña agresiva de La Voz de Galicia, que se inventa a noticia, e que non hai tales sospeitosos feitos?
La Voz de Galicia
La Vicepresidencia de Igualdade e Benestar acaba de adjudicar en funciones sendos contratos para la organización de bailes de personas mayores en la provincia de Pontevedra. Las dos adjudicaciones, con fecha de 16 de marzo y correspondientes a procedimientos negociados sin publicidad, suman un importe de 132.000 euros.
Según los datos que figuran en la web en la que la Xunta informa de la contratación administrativa, el contrato relativo a la «organización de bailes para os nosos maiores na zona norte de Pontevedra» tiene como adjudicataria provisional a la empresa Emevent, Servicios Publicitarios, S.?L. En ese caso, el importe asciende a 67.280 euros, IVA incluido. En el otro contrato, de «organización de bailes para os nosos maiores na zona sur de Pontevedra», figura
como adjudicataria la empresa Salsalau, S.?L. El importe de esta segunda contratación es de 64.960 euros, IVA incluido.
De acuerdo con la fecha de publicación en la plataforma de contratación, estas adjudicaciones han tenido lugar el 16 de marzo, es decir, cuando el Gobierno de la Xunta
ÚLTIMAS NOVAS!
Os membros do Kuomintag en bloque deciden ingresar no Bloque.
Vése que ao xulgar ao Medela & Transformados, este dslizoulles que a musa Liz Hurley estaba disposta a ir con el a cadea. Bloqueados ante tal desliz, viron claro que a luz de Liz, ilumináballes o camiño a seguir.
Nin Xosé Lois Barreiro Rivas co seu olfacto, nin sequera Paloma Gómez Borrero coa súa información privilexiada, sabían nada. Aínda diría máis, nin sequera o sospeitaban. Quizabes nin o saben agora.
Na cidade de Ourense, nas vilas, nas polavilas, nas aldeas e nos lugares, non se fala doutra cousa. E mesmo o Sr. Obispo consulta nas Alturas, adiantar a Semana Santa co bo fin de interiorizar o acontecemento.
Medela: foi vostede declarado culpábel de confundir e corromper os
mozos. Decreto, pois, que sexa vostede pendurado dos seus testículos subdesenrolados até que morra. Asdo. EL ZORRO PEPERO.»
Parece que ao ácio non o alimenta xa a saiba, o blog séca. Longa vida as "Uvas". Foi o que foi, estabeleceu unha nova función, e cumpriuna.
Sobre emigración e Xornal.
No número de onte, mércores 18, hai tres pezas dedicadas ao tema: o informe dun economista; un editorial; a Carta do Director do día. Vai o asunto na portada, con titular a toda plana que, en efecto, resulta equívoco: "Medio millón de gallegos reiven el drama emigrante".
Nos artigos de interior, porén, fálase en todos momento de "galegos contratados" e non de "galegos trasladados". A nova emigración, coma a nova relación laboral, pode ser fenómeno transitorio e seguramente o é: resulta obvio que non abandonou o país unha cuarta parte dos seus habitantes en dez anos.
Resulta tamén obvio (principalmente para quen os coñeza) que estes emigrados non retornan, en boa porcentaxe, máis ca entre contrato e contrato; como tamén a ponte aérea Costa da Morte-Illas Canarias. Temos en efecto unha terceira vaga, que non sei se formará diáspora pero leva para lonxe a preparación e competencia que o país sufragou.
Hai quen opina que marchar de Coristanco para Barcelona é "mobilidade interna"; eu chámolle emigración. Rara vez é materia informativa diaria. Xornal levouno a titular e eu considéroo xornalisticamente imprescindible; aínda que o teor daquel poida ser máis apropiado.
No Xornal de hoxe volve haber dobre páxina sobre emigración presente. Con dous titulares: un, do medio: "El 42% de los licenciados no consigue un empleo vinculado a su carrera en Galicia"; outro, sintetiza declaracións de protagonistas: "Marcharse es fácil, lo complicado es regresar". Liña de análise: no país, administración e funcionariado mantén porcentaxe desproporcionadamente alta na oferta de emprego.
Imprescindible informe.
Confiemos agora em que a UPG e o quintanismo permitam umha refundaçom do BNG como tem solicitado o Beiras.
NÓS SÓS!
As súas maxestades UPG e Quintana, permitirán?
Vas aviado rapaz, espabila!
Todo o meu desprezo para o comentario de acio amargado do sacerdote-bota-responsos do Anónimo de "jue mar 19, 01:59:00 PM".
Outra vaca no millo: xulguen vostedes a primeira frase de Reixa.
Máis de 500.000 galegos foron contratados noutros lugares do reino de España nos últimos 8 anos. Iso chámase emigración. Poñamonos como nos poñamos na emigración sempre hai unha perda para Galicia e unha avantaxe para o territorio receptor. Escribo hoxe tamén desde Bahía (Brasil) e aquí hai un nutrido grupo de emigrantes galegos. Moitos deles son empresarios triunfadores pero aínda así detecto ese elemento de perda nacional. Unha cadena de alimentación propiedade dun galego tivo que poñerse un nome de resoancias italianas (aquí Italia é unha referencia de prestixio) para penetrar con éxito no mercado local. Ese talento empresarial que mesmo tivo esa habilidade de marketing camuflado non puido desnvolverse en Galicia.
O peor deste novo andacio de neoemigración é que obedece a carencias da economía produtiva galega para absorber man de obra e que, nunha parte menor pero non menos grave, constitúe unha auténtica fuga de cerebros.
Menos voto emigrante e máis retorno dos emigrantes. Por certo, estes neoemigrantes non teñen dereito a voto.
O impresionante é que ninguén reparou en se esa cifra era verdade ou froito dun cálculo trabucado. A xente dá por suposto que nos últimos dez anos, 500000 galegos foron contratados para traballar en España (e máis fóra, cantos?). E xa está: que máis dá? Se non é vero, é ben trovato. A máxima do xornalismo moderno.
Tamén hai xente de Coristanco vivindo en Vigo: é emigración ou mobilidade interna (migración é a palabra, por certo, que emprega o INE)? E de As Pontes vivindo en Ferrol: tamén o é?
Recomendo a visita á páxina do INE: alí poden atopar datos máis acaídos que os amosados polo Xornal.
Nota: La Voz de Galicia fixo varias reportaxes longuísimas sobre galegos no mundo. Non hai moito. Xa sei que mentar a Voz é jodido, pero en fin.
O problema de que os licenciados non atopen traballo na Galiza non debe de estar no país sinon na universidade e no seu isolamento da "realidade". Póñoa en minúsculas, que para mín xa fai tempo que non é "Universitas" nin exerce ningún tipo de "autoridade" intelectual.
Si non fora por as bibliotecas onde os estudantes estudan de xeito autodidacta, e das academias privadas onde lles explican "realmente" o que debían aprender na universidade...ibamos de cú.
A universidade vai anos que é un "cáncer", pero vive das rentas da sua mitificación.
Que non se den por aludidos a nivel persoal os seus profesores, eh!!!!!
A verdade é que os que merecen o máximo respeto e admiración son os mestres dos nenos pequenos.Ensinar a leer e a escribir (escusas outra cousa, "todo está nos libros"), e os algoritmos das "catro regras" a uns mocosos que sólo pensan en xogar ou en pelexar é digno de admiración.
De cando lía La Voz de Galicia sei que publicou cousas sobre galegos no mundo; igual as publica tamén hoxe e seguramente as seguirá a publicar. É un periódico de instalación antiga e práctica profesional consolidada, por moi incualificable que resulte a digamos ética nos últimos tempos; aínda que ao mellor é fodido tamén observar isto último. Permítome -non vaia ser- extractar comentario propio: Hai quen opina que marchar de Coristanco para Barcelona é "mobilidade interna"; eu chámolle emigración. Rara vez é materia informativa diaria; o fenómeno da terceira vaga migratoria masiva, quería dicir e pensabe que obviamente: non lembro a última vez que tal fenómeno como tal forneceu groso titular nin portada en periódico diario. Supoño que probablemente ningunha ata o de agora.
Non hai tanto tempo, negábase desde instancia política española (creo lembrar, corríxanme se erro, tanto PP coma PSOE) que marcharen galegos traballar fóra do país e dentro do Estado se puidese denominar emigración: entendo que se usaba a expresión mobilidade interna ou cousa parecida. Supoño que de aí vén a lóxica de negarlles voto nas eleccións galegas (aínda que manteñan aquí intereses e veñan a miúdo) ao tempo que se lles dá a netos de emigrantes (eses seica indiscutibles) que marcharon para América hai cincuenta anos.
Non entrarei na discusión de se o traslado de Bergantiños ao Val do Fragoso é susceptible de ser denominado emigración: faríao se, igual ca por exemplo en Madrid, se fundase un Centro Galego na Avenida das Camelias. Si que sería de agradecer mellorar o manexo dos números; o afán de impacto, combinado con certos hábitos deficientes (tal, por exemplo, o de aludir a número de exemplares periodísticos vendidos, ou número de radioíntes, sen aclarar secuencia temporal) sen dúbida non o xustifica. Pero ando ben lonxe de considerar negativa a aparición dun medio que realice certos enfoques estruturais que non abundaban demasiado.
Por exemplo: que os titulados universitarios marchan pola escaseza de oferta no ámbito privado e a estendida consideración de que para entrar como funcionario é moi relevante contar con padriños. Se cadra, da Cova, gustaríalle ler ese traballo de Xornal, do día de onte.
Os males da universidade galega son:
- A existencia de tres universidades (duplicación de carreiras, gastos en funcionariado, etc). Gustaríame saber canto inviste a Xunta por alumno en Galicia, en comparación con outras universidades.
- Hiperinflación de carreiras con poucas saídas profesionais e cuxos clientes son, na súa meirande parte, os alumnos que levan as notas máis baixas do Selectivo.
- Escasa relación entre o tecido produtivo galego e a universidade.
- Escasa inversión en I+D.
- Non se incentiva aos estudantes para que cren pequenas empresas unha vez acaban a carreira. Ou ben os estudantes non se incentivan a si mesmos.
Hai moitos malos profesores e apenas algún bó.
O "ámbito privado" esto é, o verdadeiro motor da economía, non absorve aos licendiados por diferentes causas.
O "desfase" entre a formación ofertada por a universidade e a que necesita o tecido empresarial existente.Existe na universidade a idea romántica de que debe formar investigadores no canto de "traballadores reáis" ou empresarios.
- Non se fomenta unha verdadeira "cultura de emprendedor", que anime ós universitarios á creación de empresas para suministrar productos ou servicios relacionados cós seus coñecementos (salvo nos casos das chamadas "profesiós liberáis). No imaxinario da universidade, o emprendedor debe ser un "cateto", case analfabeto, coa obriga de contratar por moi bós salarios aos licenciados universitarios. Un universitario deber ter "espíritu elevado" e non pode "mancillar" o seu saber creando empresas, que son egoistas,explotadoras, insensibles aos valores do "espíritu", rexidas sólo por o tintineo do "vil metal" na caixa rexistradora. Esas viles empresas que inxectan cartos dos seus beneficios nas arcas da universidade que as desprecia, en forma de impostos. Os estudos concretos de "Empresas" céntranse case exclusivamente nos seus aspectos administrativos (contabilidade,fiscalidad,dereito leboral, etc.) e non en promover verdadeiros valores de empresa. Por eso o destió habitual de un licenciado en empresas é nontar unha asesoría nestas materias ás "empresas de verdade", dirixidas por o mesmo cateto ignorante de antes.
Quédanlle duas salidas ao universitario. Facerse funcionario do Estado,o que lle permite seguir vivindo nun "mundo imaxinario" alonxado da "dura realidade", ou "caer da burra", pasados xa os trinta, e buscar traballo do que poida. Como moito non haberá, por o que decíamos antes (sin empresa non, hai traballo), emigrará a lugares onde as cousas sexan de unha maneira totalmente diferente, que os hai.
Cando acendo o meu teclado KORG, creado por unha empresa privada, con unha chea de funciós que presupoñen profundos coñecementos interdisciplinarios, teoría músical, electrónica, informática, culturas musicáis do mundo,penso que o "saber" xa non está na universidade. Tal e como a coñecemos aiquí, polo menos. Por poñer un exemplo.
Esquecín decir:
Máis ou menos, con outras palabras, o que dixo un dos Anónimos anteriores.
Bueno sr. González quero ler ese artigo de antonte onde di que para entrar de funcionario fan falta padriños. Hai que precisar en que administracións. Porque eu pasei por varias e as podridas son as dos concellos e deputacións. Non coñezo a xunta.
Se alguén nos ilustra sobre a xunta é de agradecer, pero supomos que haberá un pouco de todo e temos que deixar espazo para o beneficio da dúbida.
A miña muller aprobou dúas oposicións do ghoberno central e non lle debe nada a ninguén. Eu aprobei unha de medias e foi a pelo,eu era axeno ó sistema e tiña 40 anos, non lle debo nada a ninguén.
Outra cousa parece que é a universidade. Xaula de feras.
Nun dos concellos entrei porque me reclamaron ó inem, quérese decir que lle señalaron o tipiño creando un "perfil" cuspidiño o do fulanito que querían meter. A veces nesto dos "perfiles" danse anécdotas surrealistas. Durei pouco, seis meses, sonlle moi díscolo. Algho parecido ó Xossé de moendo ó revés, precisamente sempre ó revés, e a día de hoxe non lle descartaría que fose un síndrome.
Imaxínese vostede que describamos un novo síndrome para os anales da psiquiatría. Estar en permanente desacordo. "Os profetas do non". Hai moito sindrómico no bloque. Pero pronto se van decantar.Perdan coidado.
Noutro concello durei tres anos, "depuráronme". Por certo un alcalde hidrocefálico do pp ó que lle ghusta a velocidade e meteu a unha filla dun capitán da garda cerril para ter alguén que lle valera nas multas. Disque en chamando a non sei quen antes de que entren en non sei que ordenador, pois, que se poden borrar.
E vai e pulen ó subdelegado de Lugho cando esto se ven facendo en Galicia-Caníbal desde hai moitos anos.
Ben, véñolle a decir que hai espazos de liberdade. Non todo está tocado, senon este que eiquí vos fala faríase terrorista.
Confeso que sufrín fortes tentacións, e coma min moitos. Tiñades que ver as ignobles, miserentas, e violentas psicolóxicamente, medidas de presión que se exercen nos partidos contra a xentiña cuxo posto pende dos políticos de turno. Eso eu vinno no psoe, finais dos oitenta, principios dos noventa.
Alén de dar traballo precario obrígase a ir as asembleas. A votar, claro, por o líder do pipí. Non queda nin un (líderes). E dos que están, nin dous telediarios.
Tamén fun tentado por a emigración pero como xa son un retornado pois apostei moito e deixei a pel por quedar eiquí. Deixei a pel por ficar eiquí, pero non deixei a dignidade.
"Les traversées du déssert, j'en connais plus que tu n'en crois" F.Breut.
Por certo na administración do hidrocefálico unha que se abríu de pernas, ( perdón dí o vulgo, eu non sei), para entrar, vai e un día espétame: "coméntase que che deron o examen para entrar eiquí". Ocurríuse rebatila tatexando. Sonlle lento de entendedeiras, sabe?. Só unhas horas despois me decatei que lle pudera ter contestado: "e logho a tí tamén cho deron?". Decateime, tarde, de que era o único xeito de que ela se atrevera a falar así. Ningunha outra filtración era posible.Debe ser práctica moi común.
Porque digo esto?. Porque se alguén se atreve a xeneralizar todo, eu salio a matar a rúa. Estou hasta os collós. Recoñezo as podreas onde as hai. Pero tamén recoñezo que moita xentiña ganhou o seu postiño honestamente.
Nun pais desenvolvido como Canadá que coñezo e visitarei outra vez,d.m. este vrau, non estaríamos a falar destas cousas. A un funcionario non se lle presta atención. As ofertas laborais son inxentes, dinámicas e flexibles. Pero estamos no cú da miseria. Cando os políticos teñen que meter ós seus fillos estamos a falar de pobreza, terceir mundo, atraso...
Cando estamos a botarlle en cara ós funcionarios a súa estabilidade estamos a rebaixarnos a envexar ós "parias". E non será por escasez de recursos?.
Esto parécese ó reparto do pan entre os Hutus e os Tutsis. Ou entre os refuxiados dun país arrasado por anos de ghuerra.
Eu recoñezo ter nacido no terceiro mundo, sen auga, con luz escasa, cociñando na lareira, ó lado do cortello dos porcos...e moito me temo que seguimos dalgún xeito no terceiro mundo, cheos de aparatiños e "gadgets" pelexándonos por o reparto da "miseria". Ser funcinario é unha miseria, cobizada entre os parias.
Un amigho meu galaico-canadiano decía, non sei de onde o sacou: "moita mitoloxía ó redor dun cachiño de pan".
Se alguén coñece ó autor que o digha.
Allez hop, une feinte.
Tírome sin paraquedas porque quero escribire outras cousiñas.
Publicar un comentario