Marcos Valcárcel, cós líricos, e revolucionarios, E.R.G.A. 'S
(Un clic aquí para entrar na fotogalería do xornal "A Nosa Terra".Da homenaxe de Pen Club de Galicia a Marcos Valcárcel).
..............................................
A Nosa Terra.23.05.2009.
..............................................
Duascentas persoas asistiron na Capela do Hostal dos Reis Católicos á entrega do IV Premio Pen Clube da Liberdade a Marcos Valcárcel.
Foi un acto cheo de emocións, co salón ateigado de amigos/as de todos os sectores da cultura do país, nunha meirande parte escritores, reunidos para entregarlle ao escritor ourensán un recoñecemento adoptado por unanimidade do xurado, tal e como explicou Gonzalo Navaza, secretario do xurado. Nunha mesa presidida polo galardonado, flanqueado polo director xeral da mocidade e o voluntariado, Anxo Lourenzo, secretario de Política Lingüística, Roberto Varela, conselleiro de cultura, Luís G. Tosar, Xesús Alonso Montero e Bieito Iglesias, desenvolveuse un acto que se convertiu por parte de todos os intervinientes nunh auténtica defensa da cultura e a língua galega.
O presidente do Pen Clube de Galicia lembrou aos anrteriores galardonados, Bernardino Graña, Paco del Riego e isaac Díaz Pardo e ffaliu o galego como "peza fundamental da nosa cltura, signo de identidade que nos distingue e nos recoñece. Somos espada en defensa do galego sempre en busca dos camiños da concordia".
Bieito Iglesias e Alonso Montero foron os encargados de facer a laudatio do homenaxeado, con intervencións que estiveron cheas de lembranzas persoais no caso de Bieito Iglesias, compañeiro de instituto de Marcos, nun periodo iniciático ao que o propio Marcos Valcárcel se referiría na súa intervención.
Interveu tamén Anxo Lourenzo, que reivindicou como un referente do labor que emprende o traballo de Valcárcel e Alfonso Monxardin, "Falamos galego en aberto e positivo" e pechou as intervencións o conselleiro Roberto Varela.
No acto entregóuselle tamén ao historiador e poligrafo ourensán o título de socio do Pen Club International e un cadro agasallo de Antón Lamazares, poñendo o ramo musicai Xoán Fonseca Moretón, que tocou á gaita o "Alalá de Ourense" e a Marcha do Antigo Reino de Galicia
O presidente do Pen Clube de Galicia lembrou aos anrteriores galardonados, Bernardino Graña, Paco del Riego e isaac Díaz Pardo e ffaliu o galego como "peza fundamental da nosa cltura, signo de identidade que nos distingue e nos recoñece. Somos espada en defensa do galego sempre en busca dos camiños da concordia".
Bieito Iglesias e Alonso Montero foron os encargados de facer a laudatio do homenaxeado, con intervencións que estiveron cheas de lembranzas persoais no caso de Bieito Iglesias, compañeiro de instituto de Marcos, nun periodo iniciático ao que o propio Marcos Valcárcel se referiría na súa intervención.
Interveu tamén Anxo Lourenzo, que reivindicou como un referente do labor que emprende o traballo de Valcárcel e Alfonso Monxardin, "Falamos galego en aberto e positivo" e pechou as intervencións o conselleiro Roberto Varela.
No acto entregóuselle tamén ao historiador e poligrafo ourensán o título de socio do Pen Club International e un cadro agasallo de Antón Lamazares, poñendo o ramo musicai Xoán Fonseca Moretón, que tocou á gaita o "Alalá de Ourense" e a Marcha do Antigo Reino de Galicia
78 comentarios:
Felicitacións polo acto, estivo fenomal, extraordinario, dificil de olvidar. Luis Tosar fora do común, augúraselle un grade futuro a este poeta, dende logo que demostrou talento político, non so poético coa organización do evento. Fenomenales os vates, Alonso Montero e Bieiro Iglesias mostréndolle o seu talento e valía ao noso novo flamante Conselleiro de Cultura. Sen dúbida que van contar con eles nesta lexislatura para dinamizar a nosa cultura. E que dicir de Anxo Lorenzo, profesional onde os haxa, deitando sobre o mais florido da cultura galega seu discurso cheo de mesura e bo sentido.
O sábado foi un día cargado de futuro para a cultura galega, un futuro que pasa polo copromiso coa Galicia verdadeira e popular do noso goberno, que lonxe de crispacións e falsas acusacións demostrou o seu vencello coas xentes da cultura. Alí estaban apoiando ao homenaxeado e a aqueles que teñen as suas costas a responsabilidade de dirixir a nosa cultura.
Galicia está nas mellores mans con este goberno.Celebrámolo o sábado e celebraremolo moitos mais días.
Perdoen a errata do sábado polo Venres,pero é que o sábado pola resaca pereceume domingo.
"Luís Tosar... augúraselle un grande futuro a este poeta..." "demostrou talento político... coa organización do evento"
"flamante Conselleiro de Cultura", "compromiso coa Galicia verdadeira e popular do noso goberno", "Galicia está nas mellores mans con este goberno"...
Hein???!!!
Teño entendido que o Tosar realizou notorias advertencias dirixidas a quen quixese abandonar (ou agredir?) a lingua galega. Si, en efecto, co conselleiro diante. Corríxame quen poida se erro. E non empecemos, aproveitando ausencias, galbana ou silencio, a tentar coar mercadoría de matute mesmo na casa do artesán. Supoño que me explico.
Señor Xosé Manuel González, se fose tan amabel de explicarse mellor agradeceríallo.
The amablingua
Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.
The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.
The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua.
This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.
So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.
At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.
And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….
Pois non me parezo tan escuro: se a información que eu teño e indico é atinada, a crónica contida no primeiro comentario non o é. Non sendo que na tal mensaxe medie ironía. Que, en tal caso, non lle alcanzaría eu moi ben a intención.
Digamos, por outra banda, que laudes ao PP nesta casa quedan raros. E non falo por molestar, pero na lexislatura presente xa choveu.
É que só os nacionalistas aprecian a cultura galega, len literatura e ensasios galegos?. É a cultura galega patrimonio exclusivo dos nacionalistas?.Aos que falamos galego e non somos nacionalistas non nos imaxinan lendo en galego?. Ou lemos por ironía?.
Somos menos intelixentes?
Será por eso que gañamos as eleccións.
Señor XLB:
É vostede o XLB que estou pensando, XLBS ?
Sobre o que di XLB estou dacordo completamente, aínda que non pertenzo a eses que, segundo el, gañaron.
Claro que os nacinalistas se erixen en propietarios únicos da lingua e a cultura galega, cando o certo é que maioría deles non teñen o máis mínimo dominio da lingua e descoñecen bastante a cultura.
É un paradoxo que os que peor falan adoitan ser os máis porfiados en impoñer o galego pola forza. Refírome, por suposto, a aqueles nacionalistas que teñen cargos políticos.
Así lles foi.
As linguas son de quen as fala. Os nacionalistas non se apropian de nada, mais defenden a súa lingua xa que ninguén o fixo. A política da dereita coa lingua sempre foi de zoinamoinas, e segue a ser co goberno de DANFeijóo onde o 40% dos conselleiros son analfabetos en galego. E ese o seu amor polo galego?, están na Xunta de Galicia, ou noutra? Custáballes moito aprendelo, cando hai estudantes Erasmus que falan galego en medio ano?. Pardeus! segue a mesma Iribarne-farsa.
Nótula:Refírome ben aos que mandan, non aos electores que hainos de todo en todos os partidos.
Non me negarán que o Balonga lle deu a volta aos argumentos precedentes, e aínda máis.
Por outra banda: deixen de coller o ravo polas follas, que quen se pica proído ten. Referíame eu, en exclusiva, que segundo as noticias (directas) que eu teño, nin Luis Tosar foi compracente coa administración actual nin penso -nomeadamente- que o homenaxeado subscriba que o futuro pasa polo compromiso coa Galicia verdadeira e popular do noso goberno nin que Galicia está nas mellores mans con este goberno. Non quita que outros poidan pensalo e tamén dicilo; nin tampouco sobran as miñas puntualizacións.
Que se saltamos do (auto)bombo á descualificación feita de memoria e orixinada nun proído ímonos levar moi mal. Porque non é costume na casa, se podo dicilo.
Aclaro o da ironía: pensei que o comentario inicial podía estar redactada desde esa actitude e intención. O que xa non entendo é o de ler por ironía. A priori, en tal esforzo podería ir implícita toda unha mostra de amor á retórica.
Este XLB é un crack e deixaos a todos pequenos.
Saavedra: aínda non dixemos algo sobre o tricampionato. Haberá que dicir algo. Digo eu. Ou polo menos, berralo por estas uvas.
VISCA EL BARÇA.
Non sei se entra na categoría de cultura galega o que di mister Rouco Varela (galego, segundo teño entendido, do mesmo Vilalba) sobre a banalización do sexo e a igualdade de abuso sexual (os estupros irlandeses, ubi sunt?) e aborto, pero faríamos ben en aclarar este aspecto.
E non sei se as palabras de amor, caridade e tolerancia de deáns, bispos e coengos sobre a importancia de preservar as pedras sacras das hordas copulares tamén entran nesa categoría ampla de cultura galega. Entendo que si, porque propiamente a tramoia e chiringuitada do xacobeo vén sendo competencia da consellería do ramo.
Eu non sei, pero..clic.
O de (re)mudar o logotipo xacobeo por austeridade parécese ao de arrombar ('poñer á venda', disque) un Audi adquirido e mercar un Citroën novo; ben malo debo ser eu para a economía, que non lle encontro o aforro.
Do evento quintanil aínda se ha falar un cacho. E sobre a apoteose romana, da que nin un gol puiden ver aínda (espero o youtube), s'ha demostrat que mai ningu no ens podrà torcer. Unha cousa me é rechamante: nas non poucas fotos da prensa non sae unha única bandeira; pancarta dos 'Antimadridistas' e máis nada.
Sobre sexo, tería que ler a rauca admonición. Para ver se é cultura, nomeadamente.
Señor arume, vostede que ten sona de ser un grande coñecedor da retórica, gustaríame saber se nos pode aclarar se o primeiro comentario rezuma ironía ou non, porque o Xosé Manuel González fíxose un lío e sementou máis dúbidas que outra cousa.
Ironía pode haber: rezumar non tal. Se o pretendeu, conmigo (e polo que se ve con Saavedra tamén) saiulle regular. É o que ten de grande a ironía: que precisa de dous para funcionar.
Xa o dicía Lausberg cando definiu a ironía como un estado pasaxeiro do malentendido. Pero tamén o gran Lausberg advirtía que o risco (o defecto, en termos retóricos) é o de manter ese malentendido sempre.
Xa se me lia señor Arume, o único que quero saber é se para vostede ese post pode ser dalguén do PP ou pretende ironía, nada mais. Abofé que agradezo unha opinión súa ais clara.
Para retórica, por certo, a expresión Galicia verdadeira e popular, volvendo ao exemplar texto na cabeceira do fío: 'Galicia verdadeira', forma innovadora da tradicional sinécdoque; 'verdadeira e popular', clásica hendíade.
E iso que o país (cultura galega, ¿nova sinécdoque?) seica se pretendía'patrimonio exclusivo dos nacionalistas'. Ou era interrogación retórica?
Disculpen a pésima traducción, dos seguintes apuntes:
O Eirón, o antagonista natural doutra figura característica do teatro grego, o xactancioso alazón, que tentaba de conseguir seus fins polo engano logrado pola esaxeración. O Eirón era un ser enclenque pero astuto e cheo de recursos que triunfaba sempre sobre o alazón polo seu inxenio e habilidade para separar seu saber e as súas facultades de acción.
A ironía verbal é unha forma de dicción na que as palabras intencionada ou inintencionadamente, ocultan o verdadeiro significado e producen no espectador unha sensación de incongruencia. E, as veces, esa incongruencia prodúcese nunha ou en mais persoas, implicadas na situación verbal.
Para min, claramente é do PP. Porque se empregou a ironía, eu non lla captei. E, se me pide razón máis radical, direi que se o lector (soberano examinador da ironía) non a pilla, adeus moi boas: é o risco de empregar esta táctica, que non funcione; e se non funciona non hai tal.
E como vostede, Aghradesida, parece pedirme opinión perentoria afirmo: ás 8.55 do día 29 de maio, ABM ofrece para min unha posición cercana a un siareiro do PP.
Nota: non hai que esquecer tampouco que a súa nota posterior relativiza a verosimilitude (que non o efecto da ironía) da opinión. Pero tamén pode ser inverosímil.
Para min que ABM é un militante do PP, un tipo de militante novo neste partido, que non responde as previsións das xentes nacionalistas nin de esquerdas. Un tipo arraigado no pais, intelixente,culto, discursivo que cambiará os tópicos sobre os políticos do PP no pais.
Eu non son dos que opinan que non hai vida intelectual no PP. É certo que teñen outros intereses ben distintos aos dos intelectuais nacionalistas ou de esquerdas. Ou establecen outra orde de prioridades. Porque eu creo que nisto da cultura só hai diferencias de graos. E como entran tantas cousas dentro dese concepto amplo de cultura, pois vai ser complicado establecelas.
Hai persoas do PP que aman profundamente a pintura galega. Non vou poñer nomes, pero acuden con puntual aplicación a esas constantes exposicións en todas as cidades de acuarelas con marinas (sic), paisaxes montañosos con ríos e choupeiras, retratos de nai con neno vestidos á usanza supostamente galega, apuntes ao natural de gaiteiros ou leiteiras, ou tamén pasteleiras cores en arbitraria combinación en conmemoración simbólica de mares, praias ou ribeiras. Tamén gustan dos pintores flamencos do século XIX traidos dun museu europeu que amablemente dona a Caixanova (tan elegante o local, tan limpo) os seus fondos (rexeitados para a exhibición polo curator dalí?).
Hainas tamén que acuden solícitas ás interpretacións da Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de Galicia, a xove e a de máis alá, a concursos de coros e danzas, de bandas (mesmo militares) e de majorettes. Tamén procuran entradas para ir ver a ópera a Coruña ou para non perder os abonos de calquera ciclo de música de cámara barroca. Ás veces tamén van ver a Silvio Rodríguez.
Hainas tamén que visitan museus de encaixes ou de trens antigos, casas de poet(is)as (aprezan moito os magnolios da entrada), fundacións de novelistas salerosos (a quen coñecen por algunha razón confesable en voz alta) e centros galegos de arte contemporánea (dos seus avós).
Tamén aman o teatro negro de Praga, les Luthiers e as obras de Lope do Centro Dramático Nacional. De cando en vez tamén acoden ao CDG ou semellantes porque o sobriño dunha delas traballa de meritorio.
Onde as diferencias son grandes é naqueles asuntos da cultura en que participa a lingua galega. Nestes casos, exceptuadas as manifestacións folclóricas polas que sinte unha mestura de condescendencia e íntima emoción, o intelectual do PP tende a desconfiar ou, expresado dunha maneira suave, prefire atender outros paus. Os que aguantan as súas velas.
O fresco de Arume é ben amplo, e a el eu engadiría excepcións doutro tempo (tal Filgueira Valverde ou Isidoro Millán González-Pardo) usufrutuarios e fructíferos no ámbito cultural galegófono; seguramente han ter algunha correspondencia partidaria no presente.
Canto ao asinante en siglas no que colixín posible ironía: era suposición improbable, só baseada en que a resaca aludida -sendo, no seu caso, báquica- suxerise alucinación. Sentaremos logo, se non hai desmentido, que debe ser alguén do PP, quizá novo e instruído, quizá moderno pero con resaibo clásico; que queren que lles diga, o da Galicia verdadeira e popular evoca o Alto do Faro, desculpe o patrón desta casa e outros acompañantes na xustísima homenaxe.
Quedo estupefacto!. Visito dende hai dous anos este blog, e non son o único do PP que o fai, temos comentado, calificado e encomiado a Marcos Valcarcel entre nos. Participamos de moitas das opinións que por aquí teñen saido, e doutras non por suposto. Interveño no blog, nun momento que me pareceu adecuado, porque paréceme que adquirira certa confianza, e momento da homenaxe resultou para min entrañabel e encontrome cun rexeitamento, para min incomprensibel. Parece mentira que o perxuizo mine tanto as mentes dunhas persoas tan intelixentes noutros ámbitos?. Dubidase de que o meu comentario fose sincero????, que foi unha obra dalguén cunha intención irónica. A pouco neganme a existencia, é dicir, dicen que eu non podo existir, porque todas as xentes do PP deben ser analfabetos en cultura galega, por lei supoño!.
É vergoñento o que di o señor Arume dos Piñeiros. Así que entón eu, non me puiden ler A Esmorga, e muito menos apreciar, nin colaborar en divulguala:"naqueles asuntos da cultura en que participa a lingua galega. Nestes casos, exceptuadas as manifestacións folclóricas polas que sinte unha mestura de condescendencia e íntima emoción, o intelectual do PP tende a desconfiar ou, expresado dunha maneira suave, prefire atender outros paus. Os que aguantan as súas velas."
Para os militantes do Pp, queda entón vedada a cultura lingüistica galega, prohibaselle logo ler a literatura galega, e por suposto, disfrutar con ela.
E cales serán os paos que aguantan as nosas velas para o señor Arume dos Piñeiros: o refraneiro mais reaccionario e retranqueiro? Este señor condeanos ao analfabetismo cultural, querenos ver como brutos e folkróricos, lonxe da grande cultura dos chicos proges como el.
Ten vostede razón: puiden expresarme mal. Síntoo e admita as miñas desculpas. Se vostede entra aquí a miudo poderá constatar que eu non acostumo a molestar a ninguén. Tentarei explicarme mellor.
No preámbulo da miña intervención, deixei claro que é unha cuestión de prioridades. De preferencias. De gustos, se quere. Eu emprequei verbos como "tender a" e "preferir", que son extremadamente cautelosos. Non estou a negar de ningún modo (faltaría máis!: e se segue as miñas intervencións neste blog ha mudar a súa opinión) que non haxa (porque os hai e me constan) votantes e intelectuais do PP que prefiran ler libros de literatura galega.
Sobre os meus gustos e a miña concepción da cultura, volvo pedirlle que revise as miñas intervencións neste blog. Non sei se proxecta sobre min algún prexuízo que achaca aos outros: o calificativo "progre" que me dedica ao final o delata.
Entendo, pois, que vostede é ABM.
Alégrame saber que non errei no meu xuízo: non hai ironía no seu post, tal e como eu sostiña.
E alégrame saber que non estou entre os que vostede pensou que non aceptariamos unha opinión semellante. Xa ve que eu si.
Nesta casa, o debate cultural, ideolóxico e político é práctica acendrada e, permítaseme dicilo, con certo recoñecemento externo. Non somos ovellas e case todos levamos cometido algún exceso, pero déixeseme tamén dicir que o intercambio razoable e bastante tolerante podería considerarse norma, se for procedente determinar algunha. Hai un abano ideolóxico de notable amplitude, pero (segundo o amo da casa algunha vez manifestou e eu tamén sosteño) puido verse ampliado e enriquecido coa incorporación dalgún contertulio habitual, digamos, liña PP.
Tal cousa non aconteceu durante estes anos. Pola razón que fose, sobre a que me librarei de facer hipótese. Ora ben, sobre a novidade si que direi algo: comparecer xustamente agora -mudadas relevantes tornas políticas no país e persoais no blog- mediante discurso de partido en rexistro extremadamente turiferario que nin eu (coñecido e impenitente bloqueiro non afiliado) ousei nunca construír... resulta, imos dicir, un tanto chocante.
Pode ser, iso si, un comezo malo. Pero teña pelella máis dura, señor anónimo das siglas, que moitísimo peores as din os da súa parte e non me faga pronunciar apelidos que igual hai roupa tendida. E, se que quere, volva con menos incenso e máis argumento. Digo eu excedendo o meu papel, que aquí non son máis ca un satisfeito convidado.
Non sei a que se debe que non saíse as miñas iniciais no post anterior.
Señor Arume dos Piñeiros, acepto as súas disculpas, e sei da súa traxectoria neste blog, por iso precisamente me chocaron tanto esas súas palabras.
Señor Xosé Manuel González, confésolle que lelo a vostede resultame un raro execicio de decodificació, as veces, pode que non o entenda, pero conte coa miña intención dende xa de argumentar as miñas opinións.
Este Arume está que se sale, escribindo. Será a primavera?.
Do Saavedra, xa é vello, claro.
Eu non quero meterme en conversa tan amábel e tan ben entrampada discursivamente, pero a min que non me digan: Ser do PP e persoa culta e intelectual a un tempo, non pode ser, son termos contraditorios, antagónicos, excluíntes. Así que non veña o señor A.B.M. con contos irónicos, porque eu, que tamén veño polo blog de lector ávido por ver de aprender e intelectualizarme un pouco, non mos creo de ningunha das maneiras. Nada, case dous anos vindo por aquí e non hai maneira de aprender e culturizarme, e non pola bonhomía e a cualidade intelectual dos contertulios, que ninguén discute, senón polos meus baixos instintos ideolóxicos, que non mo permiten. Como vou aprender e culturizarme e converterme nunha persoa aceptablemente culta e razoábel se estou nas antípodas ideolóxicas de A.B.M. e igual que el sinto dentro de min a besta repugnante que me domina e non me deixa acougar e axeitarme ás circunstancias de progreso e convivencia que tanto desexan o común dos mortais. Como non vou saber eu dos sentires, pensamentos e capacidade intelectual de A.B.M. se ideolóxicamente estou defronte del e noto que entre incultos e fanáticos anda o xogo de contrarios. Como non vou entender eu as pulsións indecentes de Aznar, Rouco, Federico e Oreja, se me sinto a outra cara da moeda, por non dicir a mesma cara pero doutro signo. A Esmorga e tantas outras manifestacións da cultura non deixan de ser unha escusa. Non vexades ironía onde non a hai.
Onte asistín a un pequeno concerto didáctico dunha das varias bandas que ten a Escola Municipal de VIgo no auditorio do Centro Cultural de Bembrive, un local moi ben axeitado. O Director presentou o acto cunha sobriedade e unha posta escea tan humilde como admirable. Os membros da Escola, de distintas idades, interpretaron algunhas pezas en forma de potpourri mentres unha rapaza lía unha versión do conto A Banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso. Mentres tocaban diante dun público numeroso e atento, pensei no tempo que dedican todos eles a exercitarense e conxuntarense e pensei nas miles de persoas noutros lugares de Galicia que nese momento estaban facendo un concertiño coma este. E pensei no que custa isto. E pensei no que custan tantas outras cousas que chamamos cultura. E pensei no que pensaría un conselleiro de cultura nestes casos.
Pois a mín gustaríame que me explicara o "Antípodas" a suposta "contradictio in terminis" entre ser do PP e ser "culto" ou "intelectual". Porque, a non ser que se manexen para todos esos termos definiciós diferentes ás que da o diccionario, no o entendo.
Fai anos, o Aranguren fora máis lonxe, decindo que era imposible ser intelixente e de dereitas. Eso é obvio para os que definen o termo "intelixente" de xeito que sexa sinónimo de "de esquerdas". Os que traballan, ou con contradicciós ou tautoloxías, ou sexa os que non din nada. Pero si me dan libertade a mín de redefinir o senso das palabras, podio rematar por ser máis imaxinativo.
Outra cousa é que haya xente á que lle foda que outra xente sexa de dereitas e culto ou intelixente. O Lobo Neghro pode lembrarnos qué palabra usan os psicólogos para calificar aos que negan a realidade do que non lles gusta.
Hai que botarlle güevos, decir que alguén non pode ser culto por ser do PP, e quedarse tan ancho, tan pagado de si mesmo. De qué vas, neniño, de qué vas...
EXERCICIO PARA O FIN DE SEMANA:
Hoxe poñen/dan na tele tres películas (filmes para os estudiosos da materia):
1. Tasio
2. Misterioso asesinato en Manhattan
3. Cantando bajo la lluvia
Qué película preferiría un intelectual do PSOE, do PP ou do BNG?
[Proxecto: enquisa para a elección de futuros vogais de comisións para repartir o orzamento de cultura en creación fílmica]
Lástima, Don Arume, que deixase pasar o Festival de Cans para tan noble proposta...
Por fixar as querencias, inclínome por o Woody Allen dos 90, aínda que segundo a súa enquisa tería que ver Tasio. Gene Kelly quedoume moi visto na infancia nas múltiples "Sesións de tarde" dos sábados; aínda non morrera ese que tanto bota de menos Maior Orella.
Señor XDC, permítome responder á pregunta que lle fai ao Lobo: relixiosos, místicos, optimistas parvos (a non confundir cos optimistas listos), adeptos da New Age, cursillistas de gurús de fin de semana... Imbéciles, en definitiva.
Estame a preocupar o asunto do exame de galego para ocupar un posto na administración. Porque me dá a impresión de que esta batalla está moi mal planteada e que dá pe a unha nova derrota dos defensores do galego.
Non quixera que se me interpretase mal. Pero poñer un exame para ocupar un posto na administración a persoas menores de 40 anos (poñamos por caso: para maiores, pode ter sentido, sen dúbida), escolarizadas en galego e polo tanto co nivel do título acadado no ensino secundario non deixa de ser redundante. Eu creo que sería positiva idea a de plantear a supresión do exame en función da universalización do coñecemento do idioma: en castelán non se pide, como moi ben lembra o presidente da Mesa. A dose de autoestima que pode supoñer aceptar que todo o mundo, educado en Galicia nos últimos trinta anos, coñece plenamente o galego non é despreciable.
Temos que dar por suposto que a meirande parte da xente ten coñecementos dabondo do idioma para ocupar ese posto. De feito, eu non coñezo no ámbito que máis próximo teño, o da educación, a ninguén que suspendera a oposición polo exame de galego. Logo, ou non serve de filtro (e polo tanto resulta ao cabo impertinente) ou se serve, debería ter un maior carácter decisivo. Dame a impresión de que esto último non é o caso.
Para aqueles que non teñan unha certificación de coñecemento do galego por non seren formados nas escolas e institutos galegos, eu pediríalles de xeito obrigatorio que fosen a cursos de formación de galego (con exames finais e ata o nivel de perfeccionamento) para que poidan atender con total naturalidade aos administrados en galego.
Creo que a mera idea do exame de entrada (que, polo que sei eu, non determina nada, ao cabo, o que resulta ademáis paradóxico) perxudica o necesario convite a tomar o idioma galego como algo non negativo.
Creo eu (e admito a miña ignorancia sobre a eficacia da medida). En realidade, non só a admito senón que someto esta inquedanza (como tantas outras) derivadas do feito incontestable de que as medidas adoptadas ata o de agora non deron os resultados pretendidos.
Outro día será cuestión de avaliar que se fai desde as áreas de normalización lingüística para a promoción do galego, alén de campañas publicitarias.
NOTA
Por certo: as declaracións de Aymerich non poden ser certas. Alguén mas pode confirmar?
Carlos Aymerich, do BNG, pola súa banda, considera que a medida non agocha só o "prexuízo" de Feijóo "contra o idioma" senón que tamén "abre as portas de par a par a opositores procedentes doutras comunidades autónomas".
Certamente XDC, a cultura é patrimonio das persoas non de colectividades políticas. Mellor dito a cultura é de quen a exercita.Pero vostede sabe, Sr.Da Cova, que, nos corenta e tantos anos se silencio cultural que aquí se viviron, ou malviviron, foi a esquerda, unhas veces na clandestinidade e outras co inxenio, a que fixo máis por ela, mentres a dereita non deu moitas mostras de sentirse incómoda con aquela pobreza e miseria cultural. Non se estrane,pois, de que cultura e esquerda vaian da man. Acougue un chisco e deixe pasar o tempo, dentro doutros corenta anos esta entelequia dereita esquerda só intereresará a uns cantos,nos entre eles, claro.
Certo, Perla. Pero pouco ten que ver a esquerda da "longa noite de pedra" coa esquerda posfranquista, polo menos no que a asuntos de cultura se refire.
Faga o favor de explicarmo que non percibo a diferenza.
Agora teño que sair pero á volta encantaríame atopar a súa resposta. Grazas
Hermetismo, cinema, cultura-adscrición... Imposible hoxe atender a todo. Daquela, algún detalle sobre galego e oposicións.
Na época pre-bipartito (por non chamarlle fraguista), sentaba norma un despropósito monumental: os cursos de iniciación e perfeccionamento valían un potosí en puntos, e a quen realizara estudos de galego no BUP (Lingua en 1º e e 2º, literatura en 3º; as horas daqueles cursos multiplicadas por tres, ou así) nin lle daban nin validaban nada. Canto ás probas escritas, ningún galego obrigatorio, probiña tipo test sobre léxico un tanto inverosímil e, de suspender, realización dun cursiño daquela maneira; en virtude doutras experiencias, infiro que posiblemente puro trámite onde a aprendizaxe podía ser puramente potestativa, ou recorrente trámite. Que non era inciherente se, ao final, cando o funcionario na súa vida laboral non quería usar galego nunca, non usaba, punto e a seguir.
O bipartito instaurou a necesidade de realizar cando menos unha proba en galego. Tratábase de demostrar non que se estudara un certo número de palabras máis ou menos peculiares para aprobar un exame non eliminatorio, senón que había capacidade para usar o galego; a min non me parecía nin me parece moi acaída (sempre penso que, para tal tesitura, tiña que haber un exame oral), pero o requisito levaba o obxectivo -ou iso quixen eu entender- de que os opositores de orixe non galega, non escolarizados aquí, demostrasen cando menos unha certa competencia no idioma do país.
Eu considero que tal premisa resulta irrenunciable; non é que un exame escrito e puntual sexa proba fidedigna, pero desde logo resulta máis seria e consistente cá broma ou escarnio anterior. Obviamente, os non galegos queixábanse, ou máis ben nutrían coas súas iras o capital político das correntes supremacistas tipo upeidé ou sectores ben relevantes dos dous partidos españois maioritarios; de aí aquela declaración de Feijoo (que tan ben lle quedara), "no haremos que el gallego sea un obstáculo para venir a trabajar".
A loita por manter unha proba en galego, supoño, buscará manter constatación de que temos un idioma e quen pretenda ser funcionario aquí ten que coñecelo. Obriga que, en principio, nin lle pasa pola cabeza á maioría dos foráneos que ven en Galicia unha bolsa de traballo.
Supoño que Aymerich -eu non lin nada- aludiría ou querería aludir a iso, sen desbotar que houbese torpeza verbal, limitada ou 'deficiente' reprodución mediática das súas palabras. Porque, desde logo, a práctica histórica do nacionalismo galego vai por aí, aínda que torpes ou aproveitados pretendan facer ver o contrario. Dúas mostras, unha do pasado e outra do presente: Berta González Caballero, burgalesa que hai moitos anos voltou seica para Burgos, non só militou comigo, tivo cargo na UPG de Lugo a fins dos anos setenta; Xoán Xosé Molina Sánchez ('Juanjo'), madrileño, ben madrileño e un cacho de pan, é militante do BNG e foi nos últimos anos Delegado da Consellaría de Cultura e Deporte para a provincia de Lugo. Que máis queren que lles diga.
si vis pacem dijo...
"Señor XDC, permítome responder á pregunta que lle fai ao Lobo: relixiosos, místicos, optimistas parvos (a non confundir cos optimistas listos), adeptos da New Age, cursillistas de gurús de fin de semana... Imbéciles, en definitiva."
vie may 29, 06:38:00 PM
Quedácheste corto. E XDC tamén. Ese iluminado de "antípodas" merecía un escarmento aínda mais grande. Haiche cada un...
Pois eu non teño nada claro que é o que quixo dicir exactamente o "antípodas" co seu comentario. Nen tan sequer teño claro se se trata ou non se trata dunha ironía rebuscada que o que pretendía era provocar a resposta simplista de XDC e de "si vis pacem" (pacer pace calquera e botar a lingua a pacer non che digo nada, eu mesmo, o "antípodas", e o mais pintado). De certo, o "antípodas" asume a sua propia incultura e fala (desde o extremismo doutro signo oposto ao do PP?) da imposibilidade de culturizarse por culpa dos seus "baixos instintos ideolóxicos, que non mo permiten" e da "besta repugnante que me domina", etc. Lendo isto non vexo eu claro o sentido último do seu comentario. Iso si, non me quedaría na resposta superflua de XDC nen na abrasiva de "si vis pacem". Porque digo eu: Qué é ser culto? É Aznar unha persoa culta? É culta unha persoa que de día ten os gostos musicais, pictóricos, literarios, gastronómicos... mais refinados do mundo e de noite soña con bombardear aos infieis e con campos de concentración e exterminio para os bárbaros? Polo menos o "antípodas" declárase inculto e chámase "besta repugnante" a si mesmo. Ademais das que lle chama "si vis pacem", tan culto el. E quen sabe se do PP.
Señor/ra Antipodas, que podo dicirlle se vostede se confesa tan visceral e dogmático, que viaxe, que amplie o seu círculo de amizades, que dialógue, que lea autores opostos a súa forma de pensar...
As veces síntese un incomprendido. Por ser de dereitas teño que ter unha psicoloxía particular?, é que hai unha antropoloxía da persoa de dereitas?. Ser de dereitas é unha opción política, exclusivamente política, non o esquezan, tan política como as súa de ser de esquerdas.
O importante dun político non é que sexa culto, senón que participe de valores éticos e que sexa capaz de trasladalos a actividade política para ordear a vida en común.
E non creo, que por definirse de esquerdas, se participe dun "a priorí ético" instalado xenéticamente nas cabezas dos seus militantes.
Non creo que amen vostedes mais a liberdade nin a xustiza nin a Galicia, que eu, simplesmente por definirse de esquerdas.
Eu creo, amigo ABM, que debería non empregar o vostedes con tanta xeneralidade. Aquí hai de todo. Coma naquelas partidas de fútbol de rapaces: cada un para si e a gol, porteiro.
O PP nas súas mudables fasquías, coma se non tivera memoria, preséntase agora faixoleiro de defender o galego e Galicia. Fíxoo tamén nas europeas do 2004, cando xerou reclamacións en Andalucía e Castela onde o BNG non tiña interventores nas mesas, até conseguir 78 votos pra quitarlle o escano a Camilo Nogueira, e darllo a Esther Herranz, unha rapaza da Rioxa, que quizabes lera Sempre no Noroeste, e iso facultábaa pra defender con facundia Galicia, mellor ca Camilo.
Agora Jaime Mayor Oreja, que sendo candidato a lehendakari no 2001, no municipio da súa familia Oreja (hoxe Orexa), non tivo ningún voto (que tranquilidade lle da, a certeza certa de camiñar pola rúa, e saber que este que pasa, tampouco o votou), preséntase baixo o lema de “Agora soluciones”, o mesmo que ocupa o número UN coma diputado máis nugallán da Unión Europea.
Este é un (+1) dos moitos milagres que Santiago Appostol fai.
Certo, amigo Arume dos Piñeiros, ese vostedes ía referido exclusivamente a aqueles que lle negan atributos humanos a dereita, cando sen ir mais lonxe compartimos moi posibelmente a mesma bibliografía. Sei que por esta casa hai persoas moi xuizosas, por esto me atrevín a entrar.
Para mín, que unha persoa sexa culta ou non o sexa, é , en principio una cuestión tan persoal coma que sexa homosexual ou non. Si é culto, mellor para él. Si non o é, tamén é cousa sua. Será porque non lle interesa o tema. O que, por outra parte, tampouco é obligatorio.
Do feito de que unha persoa sexa "culta" ou non ,interésome sólo no caso de que esa "cultura" particular se transfira de algún xeito a un beneficio xeral á sociedade. Cando a sua "cultura" redunda na cultura dos demáis. Pode ser mesmo unha obriga para eles, coma no caso de profesores que ensinan ou de políticos ou responsables sociáis aos que hai que exisirlle "cultura" para desenrolar o seu traballo.
A "cultura" dos que meramente a consumen, non me interesa. Tampouco a dos que adoptan actitudes paternalistas á hora de pretender difundila. Abondan exemplos de estes dous perfiles.
É moi fácil ser "promover a cultura" ou a "intelectualidade" en épocas nas que eres o "neno mimado" do sistema, tales coma a actual. Outra cousa é manteñer esas actitudes cando pintan bastos. Como pasóu na longa noite de pedra.Outro tanto pasa con ser de esquerdas,por certo.
Manda carallo a que me estou perdendo. Onde íamos?
XDC, moito ruido e poucas noces.
E xa que estamos en materia, que lles parece a afirmación de Feijoo de desviar (creo que é a palabra axeitada) os cartos da Cidade da Cultura (un exemplo clarísimo do que nunca se debe facer e se está a facer) para o xacobeo 2010 coa misión, entre outras, de "Recuperación da Espiritualidade"?
Primeiro: como sabe que se perdeu? Ten enquisas? Hai estudos sobre a perda? Ou foi un roubo? Ou foi un pequeno furto? A partir de canto se pode dicir que a espiritualidade se perde? U-lo espiritómetro?
Segundo: se non se recupera esa espiritualidade, quer dicir que o goberno xunteiro do PPdG fracasou? Debe demitir o presidente por non acadar os resultados previstos?
Terceiro: que dirán os congos e as congas de Santiago?
Creo que para recuperar algo desa espiritualidade voume xa agora para Barra.
A.B.M. dijo...
"Señor/ra Antipodas, que podo dicirlle se vostede se confesa tan visceral e dogmático, que viaxe, que amplie o seu círculo de amizades, que dialógue, que lea autores opostos a súa forma de pensar..."
Comprendo a Arume cando di: "Eu creo, amigo ABM, que debería non empregar o vostedes con tanta xeneralidade. Aquí hai de todo." Claro que hai de todo, como na viña do PP; bueno, na viña do PP hai pouco diferente do Todo, ese polbo xigante que estende, aznáridamente, obispalmente, os seus tentáculos de ferro sobre os cerebros dos seus incondicionais. É normal que Arume non queira verse incluido nese "vostedes", porque é unha persoa culta, civilizada, respetuosa, atenta, sensíbel ás razóns dos outros, de esquerda moderada (ou iso me parece a min), que nada ten a ver comigo, por exemplo, obrigado como estou a non ser un contertulio habitual do blog e a manter unha certa clandestinidade por culpa das miñas ideas de extrema esquerda e da miña "incultura" e "malas maneiras" declaradamente manifestas. Por non falar de Saavedra e os demais tertulianos, xente biodiversa e acostumada a razoar sen berrar e a rebater con argumentos. O que non me pida, amigo A.B.M., e que "lea autores opostos á miña forma de pensar". Até aí podíamos chegar. Eu quero persistir na miña incultura dogmática de esquerdas, como os do PP persisten na sua de extrema direita, e non permito que na miña casa nen na miña cabeza entren outros libros que os de Galeano, Saramago e algún mais. E logo que quere, que me culturice e amoleza deixando entrar calquer chafallada libresca nos meus miolos? Eu como Berlusconi (que debe ser do PP), pero de esquerdas, que xa ve o que publica hoxe o diario: "SARAMAGO SE TOPA CON BERLUSCONI. EINAUDI, EDITORIAL DEL PRIMER MINISTRO, RECHAZA PUBLICAR <<...>>. IL CAVALIERE ES CAPAZ DE TODO, PROMOVER SOBORNOS Y COMPRAR VOLUNTADES." Se Berlusconi non deixa entrar nas suas propiedades a Saramago, eu tampouco deixo entrar a Berlusconi nas miñas (apenas un piso a medio pagar e a cachola dogmática que me fundamenta). Home non. Por non falar desa foto onde se ve a Rajoy cos imputados Camps e Fabra, outros Cavalieiris de categoría. Hai algún do PP que non sexa Cavaliere? Será vostede o único, señor A.B.M., porque outro é difícil de atopar. E hoxe, para que vexa que son un home de boa vontade, en honor a Arume (que é a quen lle escoitei nomear tal cousa) e a vostede mesmo e a todos os contertulios e persoas de paz e ben, vou intentar ler o Babelia, a ver se me culturizo un pouco e saio desta empanada cretina e dogmática na que estou ancorado (como os do PP).
Señor Antipodas, vostede ao definirse non só de esquerdas, senón de extrema esquerda,participa dunha idea utópica, mediante a que separa en categorias radicais o aceptabel do rexeitabel, fai unha afirmacón semellante a de Platón cando afirmaba saber que o reino da xustiza non viría ata que os reis non se convertiran en filósofos, ou os filósofos en reis. Afirmaba coñecer isto en virtude dunha profunda investigación sobre a alma humana. Marx pretendía saber que a xustiza non reinaría ata que o capitalismo non fose abolido e a cultura descomercializada. Afirmaba sabelo en virtude dun profundo coñecimento do movemento da historia. Eu agardo que nos tempos que hoxe corremos poidamos finalmente desembarazarnos da conviccon, común a Platón e Marx, de que para encontrar cómo remtatar coa inxustiza existen anchos camiños teóricos, opostos aos pequenos camiños experimentais. Agardo que sexamos capaces de aprender a sair adiante sen a convicción de que existe unha realidade profunda, por exemplo, a alma humana, ou o curso da historia, que ofrece o punto de partida para unha teoría omnicomprensiva e políticamente autoritaria.
E é que, amigo Antipodas, a vocacioón utópica é un elemento esencial da esquerda, pero como se reconcilia esta vocación coa necesidade que todo movemento político ten nun determinado momento da súa historia de exercer o poder?
O certo é que nas nosas sociedades democráticas os partidos de esquerda cando chegan ao poder, de feito, comportanse como partidos de centro.
Amigo Anti, mantendo inalterabel a súa vocación utópica, a esquerda autodestrúese no momento mesmo en que tenta autorealizarse. A meta é demasiado elevada para poder acadala cos medios da política, que son a forza e o consenso. Se se usa a forza destrues a liberdade, que é o fin mesmo da grande utopía, e se queres apoiarte no consenso veste obrigado a atenuar e dulcificar as túas propostas de transformación radical da sociedade ata facelas irrecoñecibeis.
Señor A., encontroo moi limitado nas súas lecturas, eu mesmo mançexome no seu ámbito un pouco mais actualizado, leo a , G. Arrighi, J Petras, T.K.Hopkins ou o mesmo I. Wallerstein.
E recoméndolle que prescinda dese folletín babélico que descendeu radicalmente a súa calidade e consulte o sumplenteo cultural ABCD, do diario ABC.
Señor Arume dos Piñeiros, deixolle este artigo de hoxe sobre a Cidade da Cultura aparecido na "Voz de Galicia"
Respecto a espiritualidade, este é hoxe un termo cunha campo semántico tan amplo, que só se me ocorre opoñelo ao materialismo como proceso de cousificación da vida e do mesmo home que domina hoxe o mundo contemporaneo, polo cal creo que é unha orientación positiva e apuntar a el, propio dun político reformista.
Para la Xunta, ir terminando las obras y abrir "progresivamente" los edificios de la Cidade da Cultura es prioritario. Así lo aseguró ayer el presidente, Alberto Núñez Feijóo, tras la reunión que mantuvo con el alcalde compostelano, Xosé Sánchez Bugallo. Feijóo remarcó que en este momento de "extraordinaria dificultad económica, no pueden plantearse cosas irrealizables", pero matizó que "urge ir acabando las obras que están a punto de finalizar y priorizar las urbanizaciones necesarias". Bugallo mostró su conformidad con que se permita el acceso a las zonas que se vayan construyendo, aunque pidió a la Xunta "plazos razonables y realistas" para la apertura del complejo. Feijóo no supo dar ninguna fecha para la primera de las aperturas.
Para Bugallo no es "aceptable" que la Cidade da Cultura abra en 2021
Tampoco el conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, había adelantado fecha alguna para la finalización de las obras, aunque sí advirtió -en declaraciones hechas el pasado día 18- de que si no hubiese presupuesto, éstas podrían pararse. "No puedo decir cuándo se va a acabar, ojalá que antes de 2021", dijo Varela. El alcalde de Santiago le replicó ayer. Bugallo admite que la Cidade no esté lista para 2012, pero considera que la fecha de 2021 "tampoco es aceptable".
El titular de Cultura, en las mismas declaraciones, había marcado una semana de plazo para unir las fundaciones que gestionan del proyecto. Se trataba de fusionar el 49% de capital de la Xunta y el 51% de capital privado que tiene la Fundación Gaiás con la Fundación Cidade da Cultura, sostenida íntegramente por los presupuestos autonómicos. El plazo ya se ha cumplido, y la consellería reconoció ayer que es su objetivo principal, pero que "a pesar de que está en proceso no hay aún nada en papel".
El Xacobeo 2010 será clave para Galicia y Santiago porque, en palabras de Feijóo: "Llama a la puerta, está ahí y hay que abrirle". El presidente aclaró que se dará a conocer el programa el próximo octubre y que le hubiera gustado llegar al Gobierno y encontrarse el proyecto más avanzado. La austeridad impuesta por la crisis también le ha pasado factura a la Expo 2010 de Shanghai a la que Santiago tenía pensado acudir. "La ciudad no tiene posibilidad de estar", sentenció Feijóo, "hay que ser responsables con que cada euro que se gaste, se gaste para la sociedad".
Feijóo reconoció orgulloso que Galicia y Santiago tienen una agenda común para el Xacobeo 2010 y para la Cidade da Cultura. "Hace tiempo que aprendí que es más importante una ciudad que unas siglas", afirmó Bugallo, quien admitió que la crisis es un obstáculo para llevar adelante estas iniciativas. El presidente de la Xunta recalcó que en una época de "extraordinaria dificultad económica" no pueden plantearse "cosas irrealizables" sino "un proyecto racional".
É moi boa a estratexia argumentativa: o defecto é que se nota moito. Pura escolástica.
A é moi amplo; B, que é (segundo a miña idea, sen demostrar, ao xeito de auctoritas imbatible) o contrario, é malísimo. Ergo, A é acolloante.
Unha argumentación prototípica do ensino nos tempos en que veu o corpo do apóstol en barca de pedra (sen afundir: niso debe consistir a espiritualidade: que as ghamelas pétreas non afundan).
Eso si: é o mesmo método de argumentación que seguen a empregar nos seminarios e nos colexios de formación de xesuitas (tampouco están a salvo outros lugares onde irradia esa maneira de episteme).
Non en vano, as rationes studiorum aínda funcionan como máquinas de fabricar espiritualidade da nada dialéctica.
O que me agunia é que aínda non vimos por estes lares a ilustración. Por non falarmos da revolución francesa.
Sorprendente a súa capacidade hermenéutica señor Arume, mais vaiamos a pragmática, non me negará vostede que o PP mostra mais decisión que o BNG respecto ao marcroproxecto cultural. A que veu todo aquel baile de notabeis artistiñas opinando sobre o futuro da Cidade?. A indecisión levounos a frustrar unha verdadeira política cultural. O PP subroga o proxecto da cidade da cultura, os seus ritmos, a unha determinada política, en cambio o BNG hipotecou unha política cultural ambiciosa, como era de esperar dos nacionalistas, a un proxecto que os excedeu e ante o que se sentiron impotentes.
A Cidade da Cultura volve a coller forma e ritmo,ainda que lento, co goberno do PP.
A espiritualidade do camiño non entra en contradicción coa ilustración. As interpretacións dun cristianismo secularizado coa ilustración, conta con escelentes interpretacións teolóxicas.
Agora si, a nada dialéctica, categoricamente e dende a lóxica formal, non é dialéctica.
Ser relixioso non implica estar incapacitado para a lóxica, nin o pensamento rigoroso. Ser relixioso, señor Arume, non implica crer en contos nos que unha persoa, cos pes na terra non acreditaría.
Con este sistema de interpelación única un non sabe se meter vaza ou mirar e dar tabaco. Volverei mirar nun mañá avanzado, cando remate os exames.
Señor Xosé Manuel, considerese interpelado, faltaría mais!
Señor A.B.M., vostede recoméndame que prescinda "dese folletín babélico que descendeu radicalmente a sua calidade e consulte o suplemento cultural ABCD, do diario ABC." Para unha vez que decido botarlle unha ollada a Babelia, vai vostede e chímpame acima un xerro de auga fría, xelada, glacial, e proponme nen nais nen menos que o ABC. Eu, como nunca lin o tal "folletín", non teño perspectiva histórica para saber se baixou de peso intelectual ou mantén o nivel de esixencia doutrora. Así e todo, pódolle asegurar que non quedei insatisfeito de todo despois da leitura ao que o submetín o sabado, por primeira vez na miña vida. A experiencia pagou a pena, aínda que só fora polo artigo de Antonio Muñoz Molina (espero que os puristas da letra impresa non me acantacen por tal cousa), do que lle selecciono dous momentos que deixan ben as claras que a Direita, o Diñeiro, os Poderes Fácticos ou Facciosos; en definitiva, a Confabulación de todos os Poderes que concorren no que se entende por Direita, son responsábeis da "ruina" que ameaza o mundo. E con iso non quero dicer que a Esquerda non teña cometido os seus erros e que non sexa culpábel de moitos horrores. Así que se non lle parece mal, vou incorporar á miña biblioteca a este tal Muñoz Molina, conformando así un triplete (palabra posta de moda polos culés) de autores de cabeceira: Galeano, Saramago e Muñoz Molina. Non está mal para comezar. Xa ve vostede, grazas ao suplemento suxerido polo Piñeiros, aínda vou chegar a adquirir unha culturiña, tan necesaria para participar humildemente nestas contendas blogueiras e para que non me expulsen "insofato". O que non me vexo é en disposición de mollar o intelecto (case poño a palleta) nas suas leituras: Arrighi, Petras... Primeiro déixeme babelizar ou verbalizar Babelia un pouco e logo xa falaremos. Eu, de momento, e como di o Molina nas liñas finais do seu artigo: sentido común e poesía. E esquerda radical e dogmática. Para non ser menos que o PP.
Cuento de la deuda y la hormiga
ANTONIO MUÑOZ MOLINA 30/05/2009
"Ahora esta mujer menuda e intrépida, que pasó la primera infancia en los bosques boreales de Canadá, ha escrito un tratado breve sobre las deudas, los préstamos, las hipotecas, los plazos que se cumplen, los intereses que se acumulan y no pueden pagarse, y nada menos que un crítico del Financial Times asegura que es una explicación clara y precisa de la catástrofe económica en la que nos encontramos. Banqueros experimentados, premios Nobel de Economía, doctores de Harvard, líderes mundiales, genios de la creación de modelos matemáticos computerizados, han llevado al mundo a una ruina cuya escala todavía no conocemos. Está bien pues que una escritora armada sólo de curiosidad y talento nos recuerde en menos de doscientas páginas una sabiduría que es tan antigua, tan universal, tan enraizada en la mente humana que ni siquiera le pertenece en exclusiva a ella."
"Con su cara de curiosidad atónita Margaret Atwood mira el presente y ve un mundo en el que de pronto la noción misma de la deuda parecía que se hubiera extinguido: se firman hipotecas cuya devolución es imposible, con plazos más largos que la vida; se envenena el aire y se esquilman la tierra y el mar como si no fuera a llegar nunca la hora sombría de las consecuencias; se educa en la exigencia irritada y no en la gratitud; una parte ínfima de los seres humanos arrambla para su despilfarro y su capricho con los recursos limitados que pertenecen a todos y nadie piensa que esa deuda, como todas las deudas, habrá de tener su vencimiento. Durante mucho tiempo ha estado de moda despreciar la literatura, las humanidades, en nombre de los saberes indiscutibles de los grandes expertos, los especialistas que tenían los pies en la tierra. Ahora que, gracias a todos ellos, "el dinero sencillamente se desvanece como el espejismo que siempre ha sido", según dice Margaret Atwood, quizás habrá que buscar la cordura en el sentido común y en la poesía. Si la veo otra vez le contaré el cuento del caballero y la hormiga."
Señor A.B.M., vostede recoméndame que prescinda "dese folletín babélico que descendeu radicalmente a sua calidade e consulte o suplemento cultural ABCD, do diario ABC." Para unha vez que decido botarlle unha ollada a Babelia, vai vostede e chímpame acima un xerro de auga fría, xelada, glacial, e proponme nen nais nen menos que o ABC. Eu, como nunca lin o tal "folletín", non teño perspectiva histórica para saber se baixou de peso intelectual ou mantén o nivel de esixencia doutrora. Así e todo, pódolle asegurar que non quedei insatisfeito de todo despois da leitura ao que o submetín o sabado, por primeira vez na miña vida. A experiencia pagou a pena, aínda que só fora polo artigo de Antonio Muñoz Molina (espero que os puristas da letra impresa non me acantacen por tal cousa), do que lle selecciono dous momentos que deixan ben as claras que a Direita, o Diñeiro, os Poderes Fácticos ou Facciosos; en definitiva, a Confabulación de todos os Poderes que concorren no que se entende por Direita, son responsábeis da "ruina" que ameaza o mundo. E con iso non quero dicer que a Esquerda non teña cometido os seus erros e que non sexa culpábel de moitos horrores. Así que se non lle parece mal, vou incorporar á miña biblioteca a este tal Muñoz Molina, conformando así un triplete (palabra posta de moda polos culés) de autores de cabeceira: Galeano, Saramago e Muñoz Molina. Non está mal para comezar. Xa ve vostede, grazas ao suplemento suxerido polo Piñeiros, aínda vou chegar a adquirir unha culturiña, tan necesaria para participar humildemente nestas contendas blogueiras e para que non me expulsen "insofato". O que non me vexo é en disposición de mollar o intelecto (case poño a palleta) nas suas leituras: Arrighi, Petras... Primeiro déixeme babelizar ou verbalizar Babelia un pouco e logo xa falaremos. Eu, de momento, e como di o Molina nas liñas finais do seu artigo: sentido común e poesía. E esquerda radical e dogmática. Para non ser menos que o PP.
Cuento de la deuda y la hormiga
ANTONIO MUÑOZ MOLINA 30/05/2009
"Ahora esta mujer menuda e intrépida, que pasó la primera infancia en los bosques boreales de Canadá, ha escrito un tratado breve sobre las deudas, los préstamos, las hipotecas, los plazos que se cumplen, los intereses que se acumulan y no pueden pagarse, y nada menos que un crítico del Financial Times asegura que es una explicación clara y precisa de la catástrofe económica en la que nos encontramos. Banqueros experimentados, premios Nobel de Economía, doctores de Harvard, líderes mundiales, genios de la creación de modelos matemáticos computerizados, han llevado al mundo a una ruina cuya escala todavía no conocemos. Está bien pues que una escritora armada sólo de curiosidad y talento nos recuerde en menos de doscientas páginas una sabiduría que es tan antigua, tan universal, tan enraizada en la mente humana que ni siquiera le pertenece en exclusiva a ella."
"Con su cara de curiosidad atónita Margaret Atwood mira el presente y ve un mundo en el que de pronto la noción misma de la deuda parecía que se hubiera extinguido: se firman hipotecas cuya devolución es imposible, con plazos más largos que la vida; se envenena el aire y se esquilman la tierra y el mar como si no fuera a llegar nunca la hora sombría de las consecuencias; se educa en la exigencia irritada y no en la gratitud; una parte ínfima de los seres humanos arrambla para su despilfarro y su capricho con los recursos limitados que pertenecen a todos y nadie piensa que esa deuda, como todas las deudas, habrá de tener su vencimiento. Durante mucho tiempo ha estado de moda despreciar la literatura, las humanidades, en nombre de los saberes indiscutibles de los grandes expertos, los especialistas que tenían los pies en la tierra. Ahora que, gracias a todos ellos, "el dinero sencillamente se desvanece como el espejismo que siempre ha sido", según dice Margaret Atwood, quizás habrá que buscar la cordura en el sentido común y en la poesía. Si la veo otra vez le contaré el cuento del caballero y la hormiga."
Eu estaba na foto da xeneración erga, entre o Guede-Oliva e o Monxardín. Como duvidaba se era un erga ou non, salín. Despois fun buscar o presunto carné, e atopei algo parecido que falaba do I congreso de Erga co número 956. Foi ese da facultade de económicas ó que acudín con Carlés, ano 78 ou 79?.Tamén viña o Grilo da UPG.
Débolle algo ou non lle debo a erga?.
Penso que sí.
Anque son máis novo e non me considero militante. Estou en débeda con erga.
No fondo, non tan fondo, son da família.
Estará contento, amigo ABM: agora ben, ten que recoñecer que o de paquetizar (sen desprezar o da maxia e do misterio) supera calquera expectativa.
LVG, hoxe.
Los valores que la Xunta identifica como más relevantes entre quienes escogen Galicia como destino turístico encajan directamente con la experiencia jacobea: «Maxia, misterio, calma, emocións, sendo que o perfil do novo turista é exactamente o do que busca experiencias e vivencias. Temos que paquetizar o produto concreto para converter esas expectativas en produto turístico», apunta la responsable autonómica de Turismo, Carmen Pardo.
No planeta financieiro non hai tempo nin lugar para os valores, señor Herodes. Eles lavanse as mans, a relación coa dereita non é ideoloxica, senón práctica, polo poder. Que me dice, desas inxentes masas de capital que chegaron dos paises do este, dirixidos por ex-comunistas, a quentar o planeta das finanzas?. A actividade financieira e o comportamento de moitos empresarios implicados na desglocación, alimentaron lentamente esta crise. Hai unanimidade en todas analises políticas (atrás quedaron os valentes libertaristas, e necons) sobre a neceside de normas, regulación e valores para a actividade económico-financieiro-empresarial. Ao final o mercado precisa un cosmos, porque é incapaz de sobrevivir no kaos creado pola man invisibel.
E na búsqueda destes valores non está implicada monopolísticamente a esquerda, tamén hai preocupación e aportacións dende a dereita.
Señor Arume, son unha persoa sobre todo adicada a miña profesión, non son parlamentario, polo que non me sinto obrigado a defender o meu partido en todalas interpelacións que se lle fagan. Hai aspectos e comportamentos do meu partido que critico privada e publicamente, outras veces non teño problema en lucir un mesurado escepticismo.
Permítame pois un sorriso respecto a esa empaquetación. As veces o excesivo celo técnico e profesional dos nosos políticos obserquiannos con algunha pasaxe de humor.
Eso de que es da familia, nada de nada, ti lobo non es un auténtico ERGA. Auténtico é o Apicultor, X.M.G. Marcos...
Vale, non son da família, quédate con ela. Pero algo lle debemos a erga. No meu caso pouco. Tí, anónimo cachondo ou sectário, sen dúvida amigo, nada. Se os ergas son como tí, que lles den. Así lles foi. Trinta anos de travesía do deserto e tres e medio de pisar moqueta. Trinta anos de travesía do deserto...e misa.
Non llo tome en serio Lobo Negrho, se ese Guede Oliva foi de Erga, puido o ser até o mesmísimo Golum, do Señor dos Aneis.
A fin de curso e outras eventualidades menos calculables botáronme fóra da tertulia por uns días; o tema xa baixara moito, xunto coa discusión. Antes de a páxina decaer, un comentario apurado aínda que só sexa: o PP non subroga proxecto e ritmo da obra no Gaiás a proxecto cultural ningún; simplemente, anuncia algo de parada por culpa da crise financeira. De aducir interpretación baseada en proxecto novo, sería procedente comezar na puntualización do seguinte: primeiro, o actual presidente era vicepresidente cando o Gaiás era iniscutiblemente prioritario; segundo, a oposición do cuadrienio precedente non levou moi a ben as paralizacións realizadas, que algunha houbo.
Está ben o dos artistiñas, que a zuna é a zuna. Pero o BNG, que ao mellor non fixo ben en deixar todo parado (habería que oír que dicía o PP, pero esa é outra hisroria), si que puxo algunha base para política cultural nova, con importante proxección exterior. Non tiña, xaora, por que gustarlle ao PP; pero seguramente procedería facer presente que viñamos de Pérez Varela: outra puntualización obviada.
Redución de axudas ao libro galego. Artistiñas e novo proxecto cultural. Cultura de Galicia, mellor ca galega.
Que se proxecta? Podemos ilo sabendo?
Pero xa pasóu outro curso??
Xa volve estar o XM González correxindo exámenes fináis????
Tempus fugit
Utinam verba non volent, da Cova. Oxalá.
Non lle son finais aínda: eses, na semana que vén. Pero o curso, si, case vai na veiga.
Quizá mellor Utinam non volent verba.
A fin de curso transtorna. E a miña mensaxe de máis arriba aparece un tanto transtornada. Apego e corrixo:
A fin de curso e outras eventualidades menos calculables botáronme fóra da tertulia por uns días; e o tema xa baixara moito, xunto coa discusión. Antes de a páxina decaer, un comentario apurado aínda que só sexa: o PP non subroga proxecto e ritmo da obra no Gaiás a estratexia cultural ningunha; simplemente, anuncia algo de parada por culpa da crise financeira. De querermos aducir que o punto de vista actual obedece a un cuestionamento da Cidade da Cultura en si -ou da súa prioridade estratéxica-, procedería como inicio admitir o seguinte: primeiro, o actual presidente era vicepresidente cando o Gaiás era indiscutiblemente prioritario; segundo, quen foi oposición no cuadrienio precedente non levou moi a ben as paralizacións decididas e realizadas polo goberno, que algunha houbo; terceiro, cando se emenda unha plana gobernativa, é boa e conveniente a previa autocrítica.
Por outra banda: está ben o dos artistiñas, que a zuna é a zuna. Pero o BNG, que igual no seu día faría mellor -pero quen fora profeta!- deixando parados os esqueletes do Gaiás (habería que oír que dicía o PP, pero esa é outra historia), si que puxo algunha base para política cultural nova, con importante proxección exterior. Esta maneira e proxecto non tiña, xaora, por que gustarlle ao PP; pero seguramente procedería facer presente que viñamos de Pérez Varela: outra miudeza omitida, non sei se pudorosamente.
Anónimo de e.r.ga, se vostede comproba a foto están nela no estremo esquerdo (si, estremo esquerdo da foto seghún a súa mau) o Monxardín, seghuido dun oco, e despois o Guede Oliva. Xúrolle que eu estiven no medio dos dous, nise oco, e sacáronnos algunha foto que non se publicou, pero existe.
Eu duvidaba, se fora eu un erga ou non, xúrolle que vin o Monxardín duvidar tamén. Despois da miña dúvida, sobre todo ó mirar para a edade dos alí presentes considerei que debía retirarme.Todos os alí presentes pasan de 50 anos, eu e o Monxergas non. Monxardín considerou que debia seghuir. E a Ghuede Oliva non lle tremeu o pulso para nada.
Cecais sexa cuestión de amor as fotografías, esa arte.
Como eu lle veño a ser creinte, penso que na outra vida todo se hà de recompor, cada quen con xusticia no seu lughare; eiquí cada quen coa súa conciencia.
O meu carné do 1º congreso de erga é o 926, e non o que tiña dito antes por erro. ATesouroo e penso facerlle un cadriño.
Algo lle debo a erga.
De todos xeitos, tanto ten, eu pásollo ben, ghústame a ghabilla. Xa ben mo decían de pequeno.
Publicar un comentario