25 jun 2009

Folía
Bieito Iglesias
El Correo Gallego, 25.05.2009


O Volter.Do Blog de Ana Bande.

As aflitivas noticias recibidas un día si e outro tamén sobre o trato dispensado á cultura galega desde que Feixóo se subiu á caixa da fruta (supresión dun programa de radio dedicado á música propia conducido por Xurxo Souto e morte morrida do espazo literario "Libro aberto" nas pantallas da televisión autonómica) compénsase co florecer de eventos underground como o heavy metal vigués ou a poesía neovirxilianista dos tractores a trepar as rúas citadinas.
Percibo incluso un revival de manifestacións artísticas populistas esquecidas nos últimos anos, tales como o cántico tabernario. A semana pasada coincidín cuns amgios canoros nun local ourensán do Eironciño dos Cabaleiros e alí entoamos un repertorio internacional: desde a Rianxeira a Guantanamera, pasando por "Se te casas en Ourense, pide a proba primeiro da cacheiriña do porco e o bo viño do Ribeiro".
Tense a impresión de que se esgaza o corpo político galaico en dúas comunidades irreconciliables. Pode ser, pero eu vivín unha experiencia distinta aí atrás, nunha casa mariñeira das Rías. O anfitrión foi en tempos simpatizante do Bloque e agora milita no PP. Despois de mougar un opíparo xantar, celebrouse unha sesión de canto con interpretación de temas antigos e modernos (os éxitos de Nino Bravo saíron mallados). Nunha desas, o mariñeiro que me convidara destapouse con versións de Fuxan os Ventos e Suso Vaamonde. Admiroume oír que se pode votar ao PP e cantar aquilo de "Cando me falan de España, sempre teño unha disputa, que se España é miña nai eu son un fillo dos puntos suspensivos".
Teño para min que os problemas do país non se han gobernar no parlamento senón nos mostradores dos bares e nos karaokes. Máis que votar, cómpre andar de foliada.

13 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Totalmente de acordo. Pídelle a proba primeiro.

XDC dijo...

O que non lle perdoo ao Bieito Iglesias é que non fixera referencia á insuperable versión de "Malagueña Salerosa" do Xosé Manuel González.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non estaba nese momento. Chegou máis tarde: isa interpretación sentida (non sei, non sei) do Saavedra foi para quentar motores.

XDC dijo...

Non volvera ao "Queixo" do Eirociño dos Cabaleiros hasta hoxe, e por eso non me enterara de cómo rematóu o conto o outro día que estuvemos nós...
Resulta que despóis de marchar nós, os tunos quedaron ceando unhas ostras e bebendo viño a esgalla. Un de eles perdéuse.Buscárono nos servizos. Buscárono por os bares próximos, e non o atoparon. Os compañeiros marcharon. Os donos pecharon o mesón,chegada a hora, sin darse conta de que o tuno desaparecido quedaba "durmindo a mona" no servizo das féminas.
Ás cinco da mañá soa a alarma do negocio.O tuno espertara, e andaba deambulando por o local a escuras. Chega a policia, localizan ao dono, que dorme plácidamente tras un día de duro traballo...é doado imaxinar o resto, incluida a "comidilla" dos veciños...
Se o chega a saber o Bieito, engádeo no artigo...

Xosé M. González dijo...

Da Cova: iso inventouno vde.; va que si?

XDC dijo...

Xosé Manuel: É totalmente verídico. Eu fun o primeiro en "flipar" cando mo contóu o dono, hoxe. Xa lle dixen: "Cando llo conte aos outros, non o van crer" . É serio, oh.

XDC dijo...

Fíxese cómo a levaba eu, tamén, hoxe, que cando o dono me dixo que quedara un "tuno" pechado,eu entendínlle que quedara un "turno" pechado. HAHHAHAH.
Vólvolle repetir, foi verdade. Ao parecer os policias "alucinaron" cando, seguramente coa man na pistola pensando que era un perigoso "quinqui", viron sair a un fulano adormilado vestido de tuno...hahhahaa

Xosé M. González dijo...

Madia leva, madia leva. Só nos falta saber se era o grande, o mozo ou o de Ponteareas. Volverei mañá por aquí para ver se hai novas: haxa boa noite.

XDC dijo...

Coa risa que me deu, esquecín preguntarlle cal de eles era,xa me decatéi do fallo cando o estaba relatando, pero mañá pregúntollo sin falta...

XDC dijo...

O tuno que quedóu pechado era o de barbas (algún tiña barbas!!??), ao parecer de nome Baldemiro (existe ese nome !!??).

Iacobus Von der Stein dijo...

O de barbas era o máis alto e con unha pinta moi parecida ao Zapata. Quedouse pechando o coro e xa cando estabamos nós xa tiña unha boa castaña.
VIVA ANTEQUERA !

Xosé M. González dijo...

O das barbas, paréceme, era o máis novo, que apareceu punteando 'Aprendimos a quererte' nun timple canario (ou era outro instrumento parecido?), e en efecto aparentaba ser naquela altura o máis prexudicado. De feito, ningún dos tres amosaba traza maior de etilidade; pero o grande a mailo de Ponteareas, menos.

Baldemiro? Nunca tal oíra, pero vexo que sae no Google. Xermánico é; terá que ver con Baldomero?

Iacobus Von der Stein dijo...

Carallo Saavedra, como controlas.
Na cámara do Monxardín ten que haber fotos instantáneas dos tunos, por que as fixen eu.