Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
17 jun 2009
A fiestra rechea Por ANXO TARRÍO VARELA (Galicia Hoxe No asunto da enquisa sobre a lingua, os incitadores xogan coa vantaxe de contar cunha enorme maioría da sociedade que, debido á súa indixencia cultural respecto de Galicia, da súa Historia e da antigüidade da súa lingua, ten un sentimento lingüístico contrario á utilización do galego como idioma de cultura, por máis que sexa o único que poden falar con coñecemento e competencia, no sentido técnico deste termo.
Claro que esa ignoracia é normal en calquera sociedade, pois ninguén imaxina un campesiño ou uns burgueses casteláns, franceses ou británicos falando as respectivas linguas porque teñen coñecementos das súas historias, das súas orixes ou das súas grandezas literarias. Non. Fálanas porque políticas axeitadas os encamiñaron a utilizar esas linguas e non outras. O inglés foi considerada lingua vulgar na Baixa Idade Media porque as clases altas falaban francés despois da conquista normanda, pero pouco e pouco o inglés foi gañando prestixio até chegar a desprazar o francés no Parlamento, máximo símbolo de soberanía. Foi esa unha cuestión política, un xesto de dignidade e un afán de se ver libres do xugo francés. Claro que foi posíbel esmagando outras linguas que se falaban nas illas británicas. Pero esa é outra historia.
Rafael Dieste perfilou moi ben algo parecido na súa obra de teatro A fiestra baldeira (1927), por máis que o rianxeiro lle dese unha solución idealista ao conflito.
Refresquemos a memoria: "don" Miguel, próspero indiano, fora nos comezos da súa vida un traballador do mar, un mariñeiro máis. Agora quere que un bo pintor lle faga un retrato, cousa que realiza Antonio con resultado satisfactorio para o interesado. Non así para as aburguesadas muller e filla, que ven unha aldraxe no feito de que, detrás da estampa do seu marido e pai, na pintura se vexa, a través dunha fiestra, un peirao mariñeiro con lanchas, aparellos, etc. Unha aldraxe, porque esa fiestra vén ser como a denuncia do pasado humilde de don Miguel, e por esas non pasan as mulleres da casa, que queren que o pintor poña alí algún motivo que reflicta a actual situación farturenta da familia: "un fondo de xardín fidalgo ou cousa de xeito semellante", algo "máis señor". Algo ao que Antonio se nega. Eis o conflito, pois don Miguel coida que está ben: o cadro lembra os moitos traballos polos que tivo que pasar para acadar a fortuna de que agora gozan na familia. Muller e filla teiman en que está mal, polo que xa sabemos. Cando os amigos do indiano, compañeiros de pobreza noutros tempos, se decatan de que don Miguel vai sucumbir aos caprichos da filla, tratan de impedir que se cambie na pintura o motivo mariñeiro, e antes de que iso ocorra prefiren recortar esa parte do lenzo cunha navalla e levalo con eles, pois considérano profundamente seu por ser símbolo da súa dignidade colectiva, da súa identidade innegociábel.
Ao final, o retallo de lenzo volve ao seu sitio, todo se arranxa e todos, incluídas as mulleres da casa, se identifican co que alí se representa. Velaí unha fermosa parábola que ben había servir para ilustrar o intento de erradicación da lingua galega no ensino que se está perpetrando nestes días.
O pesadelo. Vas ver ti Por AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN (En Galicia Hoxe "Vas ver ti e vasme dar a razón. As matemáticas, carallo, xa non valen para nada. Desde que inventaron as maquiniñas, non fai falta saber nin a táboa. Cálcaslle ao 5, logo ao por e logo ao cinco e sáenche 25! A ver. ¿Para que necesito eu a táboa? ¿Para que lles fan matar a cabeza? Mellor sería que nos preguntasen se nos parece ben que atafeguen os nosos fillos con parvadas. Que a Xunta compre calculadoras para todos e xa está. Pasa como coas ciencias. Eles ensinan a "teoría da evolución" . Que se descendemos do mono -serán eles- e outras andrómenas. Pero eu sei que hai outras teorías. Que non son ignorante eh? Sei ben iso da reprodución; que se os espermatozombis se xuntan cos ovos e saen nenos, eh? Pero hai outras teorías. Que se vimos dos marcianos, que nos fixo Deus en seis días e así saíron algúns.
Todo teorías. Tiñan que preguntarnos cal queriamos que lle ensinasen a cada un. Que non nolos manipulen. Eu, por exemplo, non quero que lle ensinen ningunha, para que meu fillo decidise libremente. ¿E o da Física? Eu xa sei que o ángulo recto ferve aos noventa graos, pero se non o chego saber non me pasaba nada. ¿E os profesores de lingua? ¿Que me vas dicir deses pesados? Que se vaca con v, que se Barcelona con b. Que se guevo con h en vez de con gue. ¡Que máis dará! É o que di meu fillo. "Eu escribo así". A ver, ¿non se entende? Pois xa está. Ademais ¿quen decidiu que Barcelona fose con B?
¿E o latín? ¡Onde vai que morreu o último que o falaba! Só estudan parvadas. Ata os de ximnasia lles fan exames. ¿A quen carallo lle importa o que mida o campo de fútbol? O mesmo que os de historia. Que se hai dous mil anos, os Reis Católicos fixeron a Catedral de Santiago... Todo parvadas de antes. Como se fosemos volver alá.
Tíñanlles que ensinar cousas útiles. A facer cabaliños na moto que é o que lles gusta e potencia o equilibrio e a altoestima. A sacar o carné de conducir. Futboloxía, para ter tema de conversación. Seguro que moitos non saben a alineación do 12-1 de España-Malta. Eu si. E moita televisión que é o que lles dá facilidade de palabra, e non os profesores que son eles os que nolos desgracian. A ver, por que non vai escoller un profe no colexio. Que mo pregunten. Xa está ben de imposicións. Eu non quero que lle dean mulleres que se me fan uns mariquitas ¿E a carallada do de galego? Mellor sería que non lle falasemos nunca na casa aos fillos. Que non tivesen libro ningún. Que os profes tampouco lles falasen e despois así, xa lle sairía a cada un a lingua que lle saíse. Libremente. ¿É así ou non é?".
Abrín os ollos. Tiña a boca pegañenta. Logrei pensar Omeprazol. Cando saia de copas teño que tomar Omeprazol antes. Para non ter pesadelos. Agora xa só zume e ibuprofeno.
4 comentarios:
Susana Mancini
dijo...
Uaaa...tralárarararalá ¡Que modernidade! ¡Que vangarda! ¿De que me soa? De milnovecentossetentaecalquera cousa. Mon dieu.
Parabéns ao Tarrío que sabe de que fala. Aquí calquera é sabio en todo ata que chega alguén que lle dedicou tempo e reflexión a un tema e di catro verdades capaces de lles botar por terra a teoría aos "gb". Outra cousa é que o queiran entender, porque non hai peor xordo que o que non quere oír.
Ó administrador, é tan traballoso crear entradas independentes?. Non sei se son moi tiquimiliqui, ou se é moito pedir, a min resúltame traballoso seguir dous fíos xuntos na mesma entrada.
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Libros do Mes
-
*Why Nations Fail* de Daron Acemoglu [*E*]
*For All My Walking *de Taneda Santoka / Burton Watson [*E*]
*Trigonometry* de Glen van Brummelen [*E*]
**Na...
Lendo que é xerundio
-
Libros que lin ultimamente:
- Habitar as fendas: Gisele Mato
- Carta de una desconocida: Stefan Zweig
- A ira dos mansos: Manuel Esteban
- Los bueno...
FELISA FERRAZ. I FESTIVAL PIRINEO LITERARIO
-
*Felisa Ferraz: “*Mi Pirineo es belleza y compromiso”
La profesora e investigadora es la directora del Festival Pirineo Literario
que se celebrará en ...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)
-
https://www.youtube.com/watch?v=cMpxQwIHdbA
Milladoiro. Maneo da Ulla. Foliada.Jiga Pandeirada
*GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)*
Composic...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
4 comentarios:
Uaaa...tralárarararalá
¡Que modernidade!
¡Que vangarda!
¿De que me soa?
De milnovecentossetentaecalquera cousa. Mon dieu.
Parabéns ao Tarrío que sabe de que fala. Aquí calquera é sabio en todo ata que chega alguén que lle dedicou tempo e reflexión a un tema e di catro verdades capaces de lles botar por terra a teoría aos "gb". Outra cousa é que o queiran entender, porque non hai peor xordo que o que non quere oír.
Ó administrador, é tan traballoso crear entradas independentes?.
Non sei se son moi tiquimiliqui, ou se é moito pedir, a min resúltame traballoso seguir dous fíos xuntos na mesma entrada.
QUE PESADELO TAN REAL...E COMO XA DIXERON ANTES NON HAI PEOR XORDO QUE O QUE NON QUERE OIR... DESPOSTISMO ILUSTRADO, POR FAVOR¡¡¡¡¡¡¡
Publicar un comentario