A Santa Enquisación
Conste, para empezar, que me parece lexítimo que o Goberno consulte calquera cousa que queira aos pais sobre os seus fillos. Só faltaría. É máis, creo que debemos deixar de darlle voltas ao tema -non é decisión nosa realizar a consulta ou non, independentemente da valoración que fagamos- e debemos centrarnos en facer o que estea da nosa man para resolvela positivamente. Ou sexa explicarlles aos pais que non hai ningunha circunstancia estraña nos centros de ensino e que é sumamente razoable e positivo que os seus fillos, todos xuntos, sen separación de linguas, teñan a metade, máis ou menos, das materias en cada unha das oficiais para que adquiran, como están facendo sen problema, habilidades en ambas. E cando se poida ir introducindo inglés noutras -a medida que o profesorado se prepare- pois que sexa bilingüe con calquera das dúas linguas oficiais. E insistirlles que moitos dos nosos fillos xa non teñen aldeas familiares de fin de semana nas que escoitar a lingua de Rosalía, pero teñen agora a sorte de ter unha escola que axude a aprender o que nós aprendemos por inercia e incluso algo da súa literatura. E todo o demais é bla bla bla.
Pero permítanme e perdoen, señores, botar unhas risas cunha pequena fábula de terror amable, pois non debemos tomar nada tan en serio que non poidamos rir nesta perra vida. Velaí a vai: Chegan os pais e nais ao IES. Tal o día da Santa Enquisación. Sepáranos por sexos. As nais, cun sorriso malicioso do Enquisador Maior, son conducidas fóra do salón de actos e enviadas para casa. Os pais, un pouco asustados, son sentados a distancia suficiente para que non copien uns doutros. E o Enquisador pasa a explicarse: ‘Meus queridos señores, para garantir que vostedes son conscientes e competentes na cuestión que se lles vai plantear, ou sexa sobre as linguas e a escola, ímoslle facer unhas preguntas previas. E dado que é algo orientativo para o Alto Lexislador, non é preciso que computemos todas, senón que só o imos facer con cen de cada centro, de entre os que superen as preguntas previas de información. ¿Comprendido? Pois imos alá. Primeira pregunta: Nome do fillo ou filla’. Os pais todos sorrín e escriben debruzándose sobre o pupitre e sacando a punta da lingua de lado, como cando eran pequenos. ‘Que fácil’, pensan. ‘Segunda pregunta, ¿en que curso estuda o seu fillo ou filla?’. O dezaoito por cento dos pais rañan a cabeza indecisos. Tres son reprendidos por preguntarlle ao do lado polos cursos nos que van as súas fillas, pois saben que son amigas e deben estudar xuntas. Terceira pregunta. ‘Cite por orde, nunha columna vertical, o nome de todas as materias que ten o seu fillo ou filla’. A maioría poñen cara de susto. Algúns teñen a boca entreaberta e empezan a contar polos dedos. Os menos, voluntariosos, empezan a escribir: matemáticas, lingua española, galego, ximnasia e... e... e.... por aí empezan a engarrar case todos. A uns pais saenlle seis. A outros doce. A un trece. Súan xa pensando no ridículo do suspenso. O Enquisador Maior dispara a última munición: ‘Póñan ao lado do nome de cada materia, a lingua na que hoxe están recibindo esas clases, G para galego e C para castelán. E cando rematen, por último, fagan un comentario razoado dos motivos polos que queren continuar ou cambiar en cada unha das materias a lingua na que hoxe se imparte. En fin, se alguén opina que as cousas van indo razoablemente ben como están e non quere que lle corrixamos a proba, pode romper o papel e marchar’.
O Enquisador Maior aínda sorría cando o último pai escapaba, ás présas, do salón de actos. Outro centro máis no que os pais confiaban no sentido común.
E agora, fóra bromas, cando lles pregunten, contesten con xeito. Graciñas.
Afonso Vázquez-Monxardín (
Rouco va a votar mañana. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?
Antonio Rico, La Trinchera Digital, 06/06/2009
Rouco no es el único que va a votar mañana. También se pasará por las urnas José María Aznar. Y Jaime Mayor Oreja. Y Manuel Fraga. Y…
La certeza de que la derecha extrema acudirá en tropel a las urnas puede generar desazón, pero también puede ser un estímulo para movilizarse. Porque la grandeza de la democracia está precisamente ahí: por mucho poder que tengan los Roucos, los Aznares y los Orejas, su voto puede ser compensado por el sufragio del más humilde de los ciudadanos.
El amigo que me sugirió esta columna, Miguel Ángel, acude alegre a las urnas pensando que su voto “anula” la papeleta del cardenal. Pero cada lector puede buscar a su demonio particular porque la lista de nominados es, sin duda, amplísima.
Así que, si en tus planes no figura ir al colegio electoral, piensa que Rouco votará para imponerte la Europa que no quieres. ¿Te vas a quedar con los brazos cruzados?
35 comentarios:
¿Á parte do ¡que medo que vén a dereita! hai algunha idea aí?
Debiamos falar de Europa.¿Fusionamos os exercitos? ¿Fusionamos as embaixadas no exterior? ¿Como transformamos un acordo entre estados como é a UE nun novo estado democrático de base? ¿Saberemos exercer a solidariedade cos novos países do leste e deixar de chorar e dirixirlle a eles os fondos estruturais de compensación? ¿Á vista dos resultados holandeses, á oposición á xestión desta Europa -outra non hai- non é cousa só da extrema dereita pacata e medrana?. Por suposto cando falamos de extrema dereita non falamos do PP, senón dos partidos xenófobos europeos que aquí, de momento, son residuais. ¿O público está a favor do estado de benestar occidental democrático, solidario e de boa convivencia no que vivimos ou sitúase en posicións antisistema? Non señor, vostede debe votar porque estea convencido de que ten que apoiar unha opción porque ten mellor programa para Europa e non porque un cregazo dixera unha estupidez monumental. Tampouco me entra polo ollo que unha nena de dezaseis anos poida abortar sen sequera que o saiban os pais. Fagamos, se queren, reflexión sobre europa e non caiamos en simplificacións reducionistas, e ocas.
É de ver que pasou a romaría con pouca Europa e sen reflexión.
Evidentemente Monxardín é da dereita.
Parabéns.
Vanlle dar o Premio Nobel por o seu comentario, Anónimo anterior.
Estupendo, Etxe.
Xúrolle Sr. Anónimo que suspendín a primeira vez o carné de conducir porque o Buján me dixo, "Torza á dereita" e eu pregunteille "Para cal? Para alí, -e sinalei a parte do condutor- ou para alá -e sinalei a do copiloto, e que todo depende de se un vai ou vén.
Non me aceptou a argumentación e impasible dixo "Pare. Suspenso. Ante de nada debe aprender onde está a dereita e onde está a esquerda".
Sigo buscando. Pero sen velo claro.
Etxe vive nos mundos de Yupi.
O da nena de 16 anos non ten nada que ver co voto de hoxe, pero xa que saiu o tema... Eu teño unha filla e penso que, se tivese ese problema, mo ía contar non por lei, senón porque a familia normal -xa non digo a católicoapostolicorromana- crea confianza entre os pais e os fillos. ¡Que pouca fe teñen no gran amor paternomaternofilial no que nadan esas familias!
De todos os xeitos, as razóns que dá o articulista animan a ir votar.
Eso de que non ten nada que ver, díceo vostede, e queda dito, claro.
Por outra parte, os plantexamentos da sua vida persoal non teñen porque interesarnos, como tampoco nos interesan os dos que din "mi niña no entienda las matemáticas en gallego".
Díse que a sucesión de números naturáis An ten por límite L si, e sólo si, pra todo épsilon maior que cero existe un n1 , natural, tal que a diferenza An-L, tomada en valor abosoluto, é menor que épsilon pra todos os números n maiores ou iguáis que n1.
Non me fodan. A verdade é que en galego non se entende un carallo...
Como case sempre ten razón XDC. Certo que as matemáticas en galego non se entenden ben. Para mostra o que el pon no post de máis arriba. En cambio en castelán, mire que fácil son: "Tres por cuatro, doce". Con estes exemplos, creo que está clara a superioridade no mundo da matemática -igual ca xeografía ou física, o singular chégalle- da lingua castelá sobre a galega. ¿Ou pasóuseme algo?
A enquisa ten un único obxectivo, desprotexer legalmente ó galego e Monxardín é un colaborador a soldo-premio da política do PP.Dixit.
Aparte da monomanía ad hominem, ¿podería o uno, trino ou diverso anónimo indicarnos o que toca facer no da enquisa? Con vistas a, un, quedar convenientemente aleccionado; ou, dous, botar as propias contas referente a soldos, primas e horas extra. Xa que anonimato e avatares imposibilitan saber se os ordenadores os carga o patanexo ou desde que casa, nogocio, centro social ou casa-cuartel se nos envían tan formularias mensaxes.
Ou sexa, anónimos todos: votamos ou non votamos? Evítense novas fórmulas.
Sería terrible que unha rapaza de 16 anos tivese que convivir toda a vida cun fillo non desexado porque a moral e a "patria Potestad" dos seus pais non lle permitise practicar un aborto
Desgraciadamente, Sr. XDC a min o seu rolo tampouco me interesa. Ir votar si, porque creo que a idea de Europa non merece a porcallada de campaña que tivo. E intento separar as cousas unhas das outras: O voto a Europa, o aborto, e o galego coas enquisas. Non pense que todos temos un pensamento universal tan ben organizado coma Vde.
Vostede i eu, Criselda, podemos ter as cousas tan separadas e tan discriminadas na nosa cabeza como queiramos. Pero á hora de votar, o que nos poñen diante sonlle unha poucas papeletiñas. Na sua cabeza pode ter tantos millós de "pixeles" coma queira, pero a furna sólo ten a resolución de tres ou catro.
Sí, X.L. E tamén é terrible que eu teña que soportar toda a vida a gaita galega do meu veciño, sólo porque unha ley absurda me impide ir meterlla por o cú que é o que merece.
Sr. Anónimo. ¿Fíxenlle eu tanto mal ou é vostede así, rariño de nacemento? Se lle dei algún golpe co coche sen querer ou lle puxen algunha nota inxusta, perdóeme. Ora ben, se vostede é así, pouca cousa de cabeciña de nación, non llo podo tomar a mal, élle unha enfermedá como outra calquera. Mirese no espello, aguante a risa e clasifíquese. Un saúdo,
Eu inda non fun votar. Cando acabe esta cervexa, vou.
Virgencita, ilumíname en esta hora de aflicción.
Señor XDC, aí lle vai a muiñeira de Chantada, ben repinicada e con todos os adornos que se me vaian ocorrendo.
Advírtolle que para esta ocasión escollín a gaita grileira.
EI CARBALLEIRA!
A de Chantada, inda a soporto. Polo menos,modula menor-maior da estrofa ao estribillo.
Xa fun votar. Como inda non pecharon os colexios, non debo decir o que votéi, sería contra-publicidade para ese partido. Pero...podería decir a quen NON votei?
Estaba o Outeiriño, pringando todo o día, na miña mesa, jajaja.
A min non me fai mal ningún, o mal faillo a língua coa súa miserabel colaboracion de bombeiro do PP. Mirese primeiro vostede ao espello, se é capaz!
Definitivamente debe ser cousa de nacemento o seu.
O de bombeiro non me vai demasiado ben, élle moito risco para eu desexalo. Menos grima me dá mirarme ao espello. Vexo un tipo gordecho, con barba... e pouco máis. Que farto da vida a cara de can trata de facer o que pode sempre e se é posible cun sorriso. Sen especial afán de transcendencia.
Oe, por certo, hai que ser covarde de carallo para andar nestas insultadeiras "anonimamente". Voulle levantar a saia mirarlle a IP...
(Ha, ha, ha. Enganeime ao pulsar e saiume anónimo. Corrixo e repito)
Definitivamente debe ser cousa de nacemento o seu.
O de bombeiro non me vai demasiado ben, élle moito risco para eu desexalo. Menos grima me dá mirarme ao espello. Vexo un tipo gordecho, con barba... e pouco máis. Que farto da vida a cara de can trata de facer o que pode sempre e se é posible cun sorriso. Sen especial afán de transcendencia.
Oe, por certo, hai que ser covarde de carallo para andar nestas insultadeiras "anonimamente". Voulle levantar a saia mirarlle a IP...
Polo menos haberá un voto para Ferrín nalgunha mesa.
De nacemento é o seu, que non se entera, dende cando é un insulto dicirlle a alguén que é de dereitas ou que fai de bombeiro das dereitas?. As súas opinión deben de estar fora do alcance da crítica?, ou non son opinións é trátase mais ben de verdades porque o dí vostede?.
O seu proceder é de colaborador do PP que tenta quitarlle leña para que non arda ao que están a facer co idioma. Que quere Monxardín, que se prohiba esta interpretación da súa conducta política?
Pretende levalo ao terreo persoal, cando desto no ten nada:"Sr. Anónimo. ¿Fíxenlle eu tanto mal ou é vostede...". Non pode asumir as consecuencias do seu posicionamento político, ou é que o seu non é político?. Vamos Monxardín, que xa anda un pouco medradiño, non faga o parvo, non nos faga parvos e axústese no espello.
¿Pensa vostede que furricho o suficiente para facer de bombeiro de ninguén? É un grande honor que vostede me fai pero que non podo aceptar, pois considero que é
inexacto. Non lle sei ben que hai neste artigo ou nos outros que levo escrito ultimamente que podan facer pensar que son "bombeiro do PP", pero en fin, é a súa opinión. Non é respectable a teima -cisma, máis ben, é o uso de "miserable".
Coa parvada de enquisa que van facer, creo que hai que contestar. Desde logo non quero que nada que teña que ver co idioma "arda". E se é posible desactivar minas, desactivémolas. E gañemos a enquisa -risible no método e inconcreta nas preguntas- que van facer. A maioría social non quere fel, senón mel para a lingua.
Os meus artigos están cheos de "creo eu", e cousas semellantes. Non me lle recoñezo nesa imaxe dogmática que me di. Desde logo non creo que ser de dereitas -non me lle encadro nelas- sexa un insulto. E tampouco bombeiro. Pero na súa intención, abofé que estaba.
E desculpeme, pero teño máis que facer. Retírome da charla que teño cousas máis interesantes que entretelo a vostede e supoño que outro tanto lle ha pasar a vostede. Un saúdo.
Disculpe a insistencia pero son da opinión de que non é sincero cando di:
"Non lle sei ben que hai neste artigo ou nos outros que levo escrito ultimamente que podan facer pensar que son "bombeiro do PP"
Boa tarde.
Así que Etxe e o Monxa son a mesma persoa ?
Teño que vir máis por acó que non dei collido os intríngulis.
Pois se non das collido os intríngulis, non che quero dicir os cunilíngulis.
Declaro as exequias ao Sr. Etxe.
Voulles facer como os partidos e "refundar" un nome. Teño que pensalo.
Declaro as exequias ao Sr. Etxe.
Voulles facer como os partidos e "refundar" un nome. Teño que pensalo.
Métanos os dedos nos ollos, non é Etxe, o seu único nick.
Eu sempre veño a confundir Etxe o que hai con Ben Cho Sei.
Meu querido Etxe: Da mesma maneira que a min me impuxeron un nick para andar polas uvas, nin se che ocurra poñerte un.
Promovo unha enquisa para darche un supernome, En breve pasarei o cuestionario, no que, xaora, teñen tamén que intervir as donas/os, as criados/as, subalternos e queridos/as. E se é gay, que facemos?.
Publicar un comentario