3 jun 2009

Un día na vida doutro Solaneiro vs. Second Life.(II)
Elisenda Pla & Júlio Medela
...................
“Pues la verdad es que sentí curiosidad cuando vi tus fotos en el facebook. En un primer momento pensé que eras un intelectual despistado de esos. Cuando leí lo de las atracciones de feria, oscilaba entre el estupor y la risa. Pero qué imaginación tienes, tío. La verdad es que me río de la muerte contigo, Júlio, eres un crack. ¿Por qué no escribes todo esto que me cuentas? Mi marido continúa al acecho de todo cuanto hago y escribo. Dice que me va a tirar el ordenador a la basura. Un abrazo, nene.
..................
“Me ha comentado Ricky Drummond que te ha ido a visitar a Allariz. Que habeis comido juntos, con esos amigos tuyos del blog . ¡Qué envidia! Con ese pescado tan rico que hay en Galicia, y siempre lloviendo. Me comentó que os reisteis de la muerte, y que pilló tal borrachera que tuvo que dormir la siesta en tu casa. Tu mujer debe de ser una santa, jajajjjjajaj. Me hubiese gustado muchísimo comer todos juntos. Quien es el chico ese que toca la guitarra, el del sombrero? Parece un chico elegante. Y cómo te arrimabas a la camarera. Tienes un morro, niño ... Bueno, Júlio, hasta mañana, tengo que dejarte, un beso.
.......................
“Creo que Saskia se ha enfadado definitivamente conmigo. Me da igual. Empiezo a replantearme muchas cosas. Besos, feriante, jajajjjajaj. Millones de besos feisbuqueros y mega-volatineros!!! Jajajjjajajaj.
.....................
“Qué vacaciones de Semana Santa, Dios mío. Siempre lloviendo, siempre, siempre. Menos mal que en la casa de Horcajos no hay zona wifi, me evité llevar el portátil. Qué aburrimiento. Encima, aguantar al plasta de mi cuñado, su suegra, el niño hiperactivo de su primer matrimonio y las atracciones de feria que no me salen del pensamiento. Por fin en casa. Me voy a dormir, si puedo.
..................
“No doy pie con bola en el trabajo, ni en casa, ni por la calle. Saskia Ruíz de Alda ha venido a verme. Estuvimos una hora abrazándonos y besándonos, como dos colegialas tontas. Me pregunta constantemente si me pasa alguna cosa. Como comprenderás, Júlio, no es de recibo contarle a nadie que me paso el día en el face chateando con un volatinero. Van a acabar por echarme de casa, es normal. Ayer entré en el face a medianoche, tenía mono de hablar contigo. Estabas, seguramente, chateando con tus venezolanas. Tienen una pinta de provincianas que es para alucinar. Entras mañana en el face?
.................
“Y no se te ocurra pintarrajearme el muro con tus payasadas, ¿Te enteras? A ver si te piensas que soy una cualquiera, una de esas palurdas con las que estás acostumbrado a tratar. Eres un sinvergüenza integral. Si no han sabido educarte yo no tengo la culpa, ¡Niñato! Y no me amenaces con banearme, porque me da igual; a ver si te atreves, quinqui de mierda. ¡Estúpido!
..............
“Hola Júlio, buenas tardes, besos. No he pegado ojo esta noche, y… Sabía que me ibas a banear. Ni me atrevo a plantearme la perspectiva de no poder chatear contigo. Me muero. Sé que me moriría. Me propuse estar firme, serenarme; me he tenido que tomar un par de tranxilium. Llevo toda la mañana sin hacer nada a derechas. Fui a tomar café. Me olvidé de pagar. Tengo un extraño sabor metálico en la boca. Cuando vi que habías solicitado de nuevo mi amistad, casi me da un vuelco el corazón. Me confundí al tomar la autopista. Cuando me di cuenta, estaba camino de Guadalajara. Qué tontería... El portátil, siempre a mi lado… Qué martirio… Y desde que volvemos a ser amigos, no me sale la risa tonta de la boca. Me paran los de Tráfico, parece que tengo un antiniebla estropeado. Qué curioso, cuando me estaban pidiendo la documentación del coche (no encontraba el seguro), permanecí extrañamente tranquila. Tal vez ya todo me daba igual. Bueno, gracias a Dios, no ha pasado nada, creo que uno de los agentes me reconoció. Entras por la tarde en el face? Besos.

23 comentarios:

besbe dijo...

:D estou namorada de Medela, realmente o que busca unha muller nun home é que a faga rir, bicos Julito XDDD

Anónimo dijo...

Como se botan de menos os artigos de Marcos!

Criselda dijo...

Estou dacordo con anónimo. Hai que volverlle dar seriedade a un blogue que naceu serio.

lobo neghro dijo...

Marcos xa era serio de pequeno. Naceu serio. Como o vello profesor o era.

XDC dijo...

Cando me falan de seriedade boto a man á carteira.

xdc dijo...

Máis ou menos como cando alguén me fala solemnemente da honradez.

AVOA dijo...

Estou por asegurarlles, vaque son unha das lectoras de máis ancianidade
deste blog. Setenta longos abriles.
Dende que o monitor do noso curso de iniciación á informática na Aula de Caixa Galicia, me descubriu este blog,
e o de María Amelia (nese xa nada), aquí ando tódalas tardes, para ver o que nos sirven.
Fun lendo a Solaina, dende o primeiro día que naceu, pouco a pouco.Certas cousas das que falan aquí fánseme grandes, entendan que
eu de escola pouco.
Non teño o gusto de coñecer ó anfitrión do blog nin a ninguén dos que falan aquí, iso sí, todos me son familiares.
Aproveito para darllela noraboa a todos.
Atrévome a escribir por primeira vez. Con seriedade, este tipo de escritos desenfrenados, sonme tan necesarios coma o meu Sintrón de cada día.
Se non sabemos rírmonos de nós mesmos, mal imos, se todo vai ser siso, e razoamentos políticos e literarios
na vida, imos aviados...
Perdón polo meu galego, (axudoume o meu neto) e pola miña intromisión nas súas conversas.
En confianza, bicos grandísimos.

Iacobus Von der Stein dijo...

Miña querida Avoa: Vostede como siga a ler este blog deixara o sintrón pero escomenzará a ir o psiquiatra. Deixeo fágame caso.

Anónimo dijo...

Yes, I like avoa.

Ana Bande dijo...

Bueeeeeeeno...como pasaxeira nese fermoso tren creo que teño por fin que mercar o billete...

Ben, aí van as miñas reflexións....

Logo de darlle un par de voltas a estes postmodernismos medelianos teño que dicirvos que me parecen moi valiosas estas intervencións aquí. Por moitísimas razóns, entre outras a liberdade de cadaquén de falar do que lle pete e como queira. Por outra banda, esta fermosísima solaina é unha ágora colectiva que si medrou foi pola participación e adicación diaria dos medelas, dacovas, apicultores, arumes, e outros tantos. Todo o que eles teñan que dicir paréceme, de entrada ben interesante.
Se Medela emigrou a outros foros e está tendo experiencias tan...apaixoantes como a historia de ElisendaPla...está ben que o conte. ¿ou deixa Medela de ser serio por non disimular a súa adición a este fantástico novo foro de seducción que é o feis? por outra banda, alí estamos todos, exhibíndonos moito máis que aquí, xogando co noso novo xoguete, inventando novas identidades, liberando paixóns e enfrontándonos a un novo reto, a un novo xeito de comunicación que, ou moito cambia a cousa ou é o que virá. O feisbú ten ese atractivo, é o reino da apariencia, onde podemos crearnos e recrearnos, onde por fin podemos obter esas satisfacións que tan cruelmente ás veces nos nega o analóxico. Na rede social por excelencia, resulta demasiado tentador non sucumbir a ese proceso de desidentificación e como amosa o post medeliano, estamos nos inicios, estamos probando as nosas capacidades. Medela, por exemplo, obtén unha grande satisfación cando comproba o grao de implicación desas suas lectoras (o feminino non é casual) nas súas historias. Son momentos de titubeos, non que non están claras as reglas do xogo e onde se confunden absolutamente tódolos compoñentes da comunicación. Reafírmanse e esváense estereotipos segundo a segundo e podemos reafirmármonos nas nosas anquilosadas crenzas ou mollarnos nas turbulentas augas do virtual, do que sen dúbina non sairemos indenmes. Agardo pois novas entregas de Medela porque aínda teño un par de contas que arranxar con el.

fogo fatuo dijo...

Anabande, non te esforces por quentarnos os cascos falándonos de paraisos inexistentes: pura banalidade comunicativa, infantilismo de salón recreativo.

Ana Bande dijo...

si, claro...por iso estades todos alí case as 24 horas/día....vaia comentario o seu, se é que non sei porque veño por aquí...a verdade, para dúas voces femininas que tendes e ala, a bloquear o discurso!

Anónimo dijo...

E volta co que estamos todos !

Están os que están, mais, a deus grazas, non están todos.

fogo fatuo dijo...

Anabande, ten vostede pouco aguante, enfádase por nada, quéntase por calquer comentario, ve fantasmas onde só hai inocentes, miudiños e cemitéricos/cemistéricos fogos fatuos. Que si andades todos case as 24 horas do día e que se para duas voces femininas... Asegúrolle que eu non son un membro dese "todos" ao que vostede se refere e que o feisbú nen cheiralo. Eu son un pobre e desamparado troll que anda esmolando afecto e compañía pola rede adiante e hoxe tocoulle á solaina e a vostede sofrer a miña mendicidade impertinente. Na rede haille de todo, dona Ana, e non todo van ser agarimos feisbons e dozuras comunicativas. E os trolls que non achamos agarimo en nengures, que? Que é o que temos que facer? Que nos aguantye outro? Que nos esgace unha fera? Que nos parta un raio? Onde está esa solidariedade da que tanto se fala e tan pouco se pratica? Voume desenganado da solaina e de dona Ana, a ver se dou cun agarimo de verdade. Está visto que non se pode ir de troll nen pola vida virtual. E todo despois das magníficas reflexións que viña de facer vostede sobre o feisbú, que a min non me chama e polo visto ao Medela "chíflalle". Tranquila, dona Ana, que non volverá saber nunca mais de min. No cemiterio estase mellor.

XDC dijo...

Eu non me meto no feisbú nin tolo

XDC dijo...

Fágalle algo de caso a esa alma en pena que anda arrastrando cadeas polos blogs, Madame Ana Bande. Ten que ser un alma feminina,pura,sensible, europea,a que redima á pantasma. Non lembra Canteville?. Aiquí sonlle comas os americanos, insensibles ás historias de trolls.

Anónimo dijo...

A min non me justa isto de Elisenda Pla & Júlio Medela porque é o mesmo que fixeron da vez anterior. Tiñan que ser máis criativos e non caer no cómodo. Se queren falar do facebook ou de calquera outra cousa teñen que esforzar máis as meninxes. O mesmo repetido non ten gracia.

estaquilla dijo...

Pareceme a min que pola rede amén de trolls hai moita pose reposada con refugallos de paternalismo mal entendido. Non vexo que ninguén pretendera facer unha extensa invitación e proclama dun proceso iniciático feisbuquiano. Verdaderamente sería fatuo aquel que eludira cheirar o máis alá. Estou de acordo con Ana Bande no rezume a prepotencia machista de moitos comentarios, sustanciais e insustanciais, nos que caen todos os que caen, aínda que non todos os que son. De reencarnarse logo de chegar a San Andrés de Teixido algún ben pode ter a sorte ou a desgracia de facelo nun aspero bibalvo-longueirón biperino e con as de morcego. Que tempos aqueles no que entrar nos salóns recreativos era un paraiso. Coñecen vostedes a moitas rapazas que disfrutaran daqueles paraísos? As veces a inocencia transmuta en indiferencia ou falsedade cínica. E o que ten este trebello que cada "quen" non ten porque ser sempre o mesmo "quen" e o que xura non probar o doce ven de rematala tarta e sigue chupeteando os dedos.
Eu quedome ca reflexión da ABOA:"Se non sabemos rírmonos de nós mesmos, mal imos, se todo vai ser siso, e razoamentos políticos e literariosna vida, imos aviados..." e ca declaración siceira de amor feita por besbe.

detector de falsas aparencias dijo...

Mágoa que o post de Ana Bande das 02:02:00 PM estrague e deixe en entredito a brillantez do das 12:12:00 PM. Certamente brillante, moi ben escrito, supoño que certeiro nas suas apreciacións sobre o "novo xeito de comunicación" que representa o feisbú. Pero que quen acaba de proclamar brillantísimamente (repito) que o feisbú "é o reino da aparencia, onde podemos crearnos e recrearnos" se deixe impresionar por un post fatuo dunha só liña que fala de banalidade e infantilismo, deixa moito que desexar. Que foi do "reino da aparencia"? Que Estaquilla, nun post tamén moi brillante, trate de meterlle a estaca ou o estoque a quen polo visto desprezou o discurso de Ana Bande concordando con ela "no rezume a prepotencia machista de moitos comentarios" demostra que o de "rírmonos de nós mesmos" é aínda unha asignatura pendente por estes lares virtuais. Onde esa "prepotencia machista"? Onde a comprensión do "reino da aparencia"? Infantilismo, fraxilidade, discursos vacíos. Aparentemente.

Ana Bande dijo...

Que tento quentarlle os cascos, que teño pouco aguante, que me enfado por nada, que me quento por calquera comentario, que vexo fantasmas onde só hai inocentes...un completo perfil psicolóxico da miña personalidade é sen ser sometida a ningún test de diagnóstico, sen dúbida aforrei unha consulta ao psicólogo. Ahhhh meu troll, todo iso llo acepto pero que non me conceda o dereito a enfadarme e na contra vostede me guinde aos leóns e me condene a perder definitivamente a súa amistade, eso si que non o vexo proporcional de ningún xeito, veña ohhhh...acougue e déixese querer, sempre podemos chegar a unha entente cordiale!

Anónimo dijo...

parabéns, parabéns, parabéns.

Unknown dijo...

apoio a ana bande. hai moita misoxinia no mundo e a opinión das mulleres é sempre menos valorada. se o que escribiu ana bande
fora escrito polo ourensán, e responsábel deste blog, sr. valcárcel, quen diría o que algúns dixeron de ana?

por outra banda, júlio é amigo. amigo virtual mais amigo. e dos bos, e dende aquí digo:

ánimo júlio, precisamos da túa fascinación por facebook.

e o que sempre digo: quen non está en facebook non existe. e agora despezádeme, que son muller e é doado.

máis homes como júlio, fiel á súa muller chus, debería haber.

e asino por se hai dúbidas de quen son. nunca vou de "anónimo" nin adoito poñer nicks que agochan o que son, nin oculto os meus non galegos apelidos, nin a miña identidade.

Asdo: susana de la gala, galega no exilio e beneguista sen condicións ademais de doutora en filosofía, especialidade en antropoloxía social e cultural, despois de ser etnógrafa por dez anos, experta en medio rural galego e estudos de xénero, incorrupta rebelde con causa, con moitas causas, e...

e aquí benvidas sexan as críticas, que me importa ren, ou sexa nada, filla de emigrantes andaluces en galiza. teño máis valor que moitos e moitas de vós, que querendo ou sen querer sodes galeg@s porque o eran @s vos@s avós/avoas. eu tiven que loitar para ser galega. loitáchedes vós? moi doado criticar. pois dádelle ás teclas e xa verei se respondo ou non.

vivan os júlio medela da vida. non hai universidade tan rica como a da vida, e niso júlio é experto.

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.