31 jul 2009

Moitos parabéns!!!

O escritor Manuel Rivas entra na Real Academia Galega

O autor d'Os libros arden mal substitúe a Camilo Gonsar na institución


Xornal.com, 31/07/2009

O escritor Manuel Rivas foi nomeado hoxe membro electo da Real Academia Galega, e ocupará a vacante producida polo falecemento en novembro de 2008 do académico numerario Camilo González Suárez-Chairos, máis coñecido como Camilo Gonsar, segundo informou esta institución nun comunicado.

Rivas, nacido na Coruña en 1957, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como colaborador para diferentes medios.

A súa faceta de escritor foi galardoada cos premios Torrente Ballester de Narrativa en 1995, o Premio Nacional de Narrativa en 1996 ou o Premio da Crítica Española en 1998.

11 comentarios:

apicultor dijo...

Parabéns pola elección.

Balonga dijo...

Hai vida máis aló de DANFeijóo. Albízaras!

Pintaxilgo dijo...

O dia da grande "cociñada" da suprema enquisa, a espléndida noticia de Manuel O´Rivas como academico da Galega.Os que odian a lingua nai (así se lle chamaba), por una banda, e o grande Rivas, coa sua lingua de volvoretas, que, simplesmente, a ama.

Criselda dijo...

É unha boa nova para el e para a lingua. A RAG segue aí e boa falta fará que haxa institucións que defendan o idioma propio de Galicia. O desmantelamento, xa que logo, aínda non é total.

Roseira dijo...

Rivas é dos de resistir, non dos entreguistas.Demostrouno, e caro lhe saíu, a cando o do Prestige.
De acordo señor Balonga: hai vida para alén de Frejolito

Xosé Manuel Carreira dijo...

Penso que xa era hora pois moitas barrigas agradecidas con menos mérito están na RAG. Rivas é unha voz suave nas formas con discurso firme no fondo e seguramente terá propostas interesantes.

reis dijo...

há unha Real Academia da lingua?
ohhh! então como nom estava o Rivas

Ana Bande dijo...

Parabéns a todos pola elección, sen dúbida ten que ser unha honra ocupar o sitio de Camilo Gonsar.

Anónimo dijo...

Merecido reconocimiento a un gran escritor. Ha criticado, con acertado tino, al siempre desconcertante y contradictorio Manuel Fraga Iribarne.

Anónimo dijo...

subsituíndo a gonzález-chairos?

xdc dijo...

O cargo é vitalicio?
Ou hhai que seguir demostrando a valía pata permanecer nel?
Pregunto, que non sei eu moito de instituciós...