19 sept 2009

Todos queren ser Stieg Larsson
J. MIGUEL GIRÁLDEZ
Galicia Hoxe, 19.09.2009

No metro, no autobús, nos avións, a xente leva un libro de Stieg Larsson. Non o leva por levar, senón para ler. Os libros de Stieg Larsson son gordísimos, teñen moito volume, co que xustifican o seu nome. E, con todo, o tamaño (que seguramente importa) non impediu o seu éxito. Hoxe fanse novelas longas e microrrelatos. Tamén se fan novelas medias, pero menos. Está de moda o grande ou o pequeno, non o mediano. Talvez cremos que o mediano é mediocre (ou medio ocre). Os microrrelatos non se poden ler no metro, porque se acaban axiña. Dúranche o que vai de Gran Vía a Tribunal. E iso con sorte. Pero Stieg Larsson dá varias voltas ao metro de Madrid, e ao de Londres, que ten moito mérito.
Agora que se inventaron uns dispositivos para ler, iso que chaman o libro electrónico, resulta que descubrimos que á xente non lle importa levar un libro gordísimo nas mans. Iso só pode facerse porque che gusta, non por aparentar. O persoal non levaría na man A raíña do palacio das correntes de aire para ir á moda, como se pode levar a roupa de marca. Bo, á mellor si. Se cadra tamén hai libros que marcan estilo na rúa. Iso pasou en tempos, con O vixía no centeo, por exemplo. Pero hoxe en día sorprenderíame que a xente comprase un Larsson, non sei, como se compra un Armani, ou un Vuitton. Para estar moderniño. Ademais, levar un libro como simple pose, ademais de que neste caso sería incómodo polo tamaño, ten os seus perigos. É máis perigoso levar un libro ca un bolso. Porque o bolso non ten capítulos, nin personaxes. Nin trama (normalmente). Pero se levas A moza que soñaba cun misto e un bidón de gasolina alguén no autobús, no tren, no avión, no súper, na propia rúa, pódeche preguntar polos personaxes, por aquela maldita escena, e así. Así que convén non levar un libro como complemento, non sei, como levar unha gravata. Unha gravata non ten capítulos, aínda que ten nó. Iso si. O que non sei é se ten desenlace.
No entanto, o éxito de Larsson parece real. A xente le o libro de verdade, a triloxía enteira, e dunha sentada (salvo os que o len de pé, pola rúa, algo que en España se estila menos). Hai toda unha revolución ao redor deste asunto. Este verán había motísimo Larsson na praia. Tamén estaba o Marca, é certo, e outros xornais, pero despois estaba Larsson. O parasol, a toalla e Larsson. Levar un libro tan groso á praia tamén é raro, pero nada, o persoal non se rende. Talvez a culpa é outra vez da moda, e a xente leva un libro de Larsson á praia como pode levar un pareo. A xente non se deixa ver cun Cervantes, cun Shakespeare, pero si cun Larsson. Pode que haxa lectores que se deixen levar pola moda, de feito, pola moda literaria, que seguramente existe, pero algúns aman a Larsson de verdade, e iso consólame moito.
Eu, en cambio, son un dos poucos seres humanos que non leu nin unha liña de Stieg Larsson. E síntome raro. Sinto coma un extraterrestre. Como se levase roupa pasada de moda. Coma se levara posto un Shakespeare. Que o fago ás veces. Un Hamlet é como un abrigo de visón. Pezas clásicas, pero nada que ver co negro cru que propón Larsson para a temporada. Talvez Larsson sexa para a literatura o que Zara para a moda: algo que pon todo o mundo.
Iso si: Stieg Larsson xoga con vantaxe. Está morto. Din que os mortos se mitifican mellor. Escribiu as tres novelas compulsivamente, pola noite, entre tabaco e café, coma un clásico do xénero. Un día, o 9 de novembro de 2004, o ascensor da revista Expo, na que traballaba, estaba avariado, e decidiu subir os sete pisos polas escaleiras e, ó chegar arriba, morreu dun infarto. Xa ven: toda unha trama negra en apenas unhas liñas. A vida ás veces elixe o microrrelato. E a morte.

35 comentarios:

Im-Pulso dijo...

Noraboa polo artigo, din o que xa non fai falla dicir de xeito explícito.

Anónimo dijo...

Eu estou lendo a segunda parte da novela e a verdade é que engancha. Pero eu teño un problema lendo libros, e é que comezo e leo 10 á vez. Así que aínda que me gusta moito a novela, sempre a deixo un rato para ler outro libro. E así podo tirarme meses.
Eu sempre fun dos que levan un libro a todas partes, á praia, á cafetaría, no coche, no tren, e agradezo que haxa tanta xente lendo (aínda que sexan tan só best-sellers) porque fan que non me sinta o becho estraño que era antes.
Un saúdo!

Anónimo dijo...

Eu tampouco lin nin unha soa liña do Larsson. Xa somos 2!!

Lula Fortune dijo...

Por qué tanta resistencia ao Larsson? Vanvos dar un premio ou algo? Non todo van ser Armanis aos que ninguén le.
Un saudo.

apicultor dijo...

Pois eu tampouco lin a Larsson, e non por ningún prexuízo, senón porque non me ten cadrado. Sexa como for, xa somos tres os que non o limos.

Mascumías dijo...

Catro, eu pro nugallán.

arume dos piñeiros dijo...

Parece que ao articulista non lle gusta que a xente lea a Larsson. Non o di claramente, que para eso está a ironía. Sospeito no seu comentario un pequeno aire de haut culture, condescendente cos masivos gustos da plebe.

arume dos piñeiros dijo...

Haute culture, pardon.

Demetrio de Alexandría dijo...

Teño lido libros de baixa cultura que me deixaron unha viva experiencia. Teño lido libros de haute culture dos que non me acordo. Agora ben. cando coincide a viva experiencia e alta cultura acontece unha epifanía e a literatura volve a ser unha suprema expresión da esxperiencia de de ser no mundo e todo se se fai acto para que chegue de "novo" o ser a habitarnos.

Demetrio de Alexandría dijo...

Teño lido libros de baixa cultura que me deixaron unha viva experiencia. Teño lido libros de haute culture dos que non me acordo. Agora ben. cando coincide a viva experiencia e alta cultura acontece unha epifanía e a literatura volve a ser unha suprema expresión da esxperiencia de de ser no mundo e todo se se fai acto para que chegue de "novo" o ser a habitarnos.

Anónimo dijo...

Cinco

Anónimo dijo...

Antes se leía mucho al prolífico Marcial Lafuente Estefanía (Editorial Cíes)........

detective crepuscular dijo...

Eu só lin a primeira parte e non vou vir aquí a darmas de entendido e a facerme o interersante dicendo que si alta cultura ou baixa cultura. Como produto intelixentemente traballado, primorosamente empaquetado e farturentamente promocionado, calquer pode sucumbir aos seus encantos e devoralo dunha sentada; se dispón de tempo, claro está. Onte, en Babelia, Rodríguez Rivero abundaba no asunto e dicía: "NO, TANTA GENTE no puede estar equivocada. Ahora que el maestro ha concedido su entusiasta nihil obstat a la tilogía MILLENNIUM deben acabar de una vez las reticencias elitistas." Carallo para o Rivero: LAS RETICENCIAS ELITISTAS. Eu, a partir de agora, cuando vexa a alguén pola rua ou no metro cun dos volumes da triloxía, e vexo unha chea todos os días, pensarei para min: Aí vai ese ou esa co tocho antielitista do Larsson. E aínda dicía mais o amigo Rivero: "Lo que ocurre es que el maestro no tiene quien le chiste, ni siquiera cuando se decide a publicar un artículo deliberadamente provocativo." O maestro é Mario Vargas Llosa e publicou hai duas semanas en El País o artigo de opinión, LISBETH SALANDER DEBE VIVIR, onde puña de maravilla a tal triloxía. Hai que recordarlle ao amigo Rivero que o maestro, ademais de a Flaubert e a Víctor Hugo e a tantos outros, tamén subiu aos altares da gran literatura a Corín Tellado, empregando argumentos non tan distantes dos que empregou para beatificar MILLENNIUM e cualificala de FANTÁSTICA. Hai outras opinións tan respeitábeis como a do maestro. Sen ir mais lonxe, a da escritora Marta Sanz, que se enclaustrou durante tres días para chimpala dun tirón. Reférese ao FEMINISMO do Tomo 3 e di o seguinte: "En esta entrega se usa la metáfora de la amazona: las mujeres aparecen físicamente virilizadas (Monica). Pero sin dejar de ser sexys. Usan la violencia. Salander es Pippi Calzaslargas, pero también Harry el sucio: cuenta con un código moral que se reduce a dos frases. Las mujeres no aplican nuevos valores para combatir comportamientos machistas, sino que se apropian de los mismos métodos cavernarios. La incorrección política de Salander (Me importan una mierda las ballenas) y su acracia se anulan: la muchacha tatuada se integra convirtiéndose en el alma de un imperio empresarial. El éxito femenino consiste en llegar a ser patrona. Dominatriz entre dos tipos de hombres: los que creen que las mujeres son putas o los que se dejan llevar a la cama sin rechistar." Eu non teño aquí o primeiro volume, que é o que lin, e aínda que o tivera tampouco me axudaría gran cousa porque non subliñei nada (non é un libro para subliñar nada), pero tamén vin na hacker (ou como se escreba) Salander o tratamento de Autómata Xélida e Vingadora. Hai mais, moito mais. Eu o primeiro que pensei despois de ler o primeiro volume (o segundo e o terceiro non me corren presa) foi isto: Que ben lle veu a Suecia e a outras sociedades do benestar que un tal Larsson "individualizara" a podremia derivada do poder (nazis, maltrato, sexo...) e non fixera unha crítica mais selvaxe aos estamentos xeradores da corrupción e da infamia que nos atenazan. Unha novela que pretende limpar a má conciencia da socialdemocracia. E non digo con isto que non mereza ser lida (até onde eu a lin). Home, sóbranlle páxinas, é un pouco reiterativa, os trucos narrativos saltan á vista, pero engancha, claro que engancha. Terá que pasar a proba do tempo e a ver se chega a viver, como quere o maestro, tantos anos, poñamos por caso, como OS MISERÁBEIS, que eu tamén a lembro en tres volumes. Escrebía onte tamén en Babelia Juan Goytisolo estas palabras: "... en un momento en el que la literatura descaece de nuevo, víctima ahora del comercialismo más basto creado por la conjunción mortífera del bajón imparable de las humanidades en nuestras aulas y de la sustitución de los criterios basados en la calidad de las obras por el de su visibilidad mediática en esa obtusa sociedad del espectáculo que de forma tan lúcida anticipó Guy Debord." Pois iso. Quen le hoxe a Guy Debord? Nen tanto "elitismo" nen tanto apocalipse. A ler, que son dous días. Ou tres libros.

XDC dijo...

Buf, as de Estefanía eran un cognazo. Demasiada "corda", e , ao final, o "artista" sempre era un federal camuflado.

Anónimo dijo...

Algo terá..., a onde vas Vicente..., logo aplícallese algo de semiótica para facelo intelectualmente interesante, agora ben hai algo que seguro que ten: lexibilidade, o cal é u merito hoxe, ainda que non sexa suficiente. Non lin nada de Larson, non o penso ler e non teño a sensación de que me quede algo pendente. A moda, mellor do revés, para entendela mellor, porque se vas na corrente eres como Vicente. Vicentes. Magoa que chegue tanta tonteria pseudoliteraria a este blog, que semellaba distinto.

Anónimo dijo...

Non haberá autores mais interesantes e suxerentes, se lles parece mañá colguen un comentario sobre o Real Madrid e outro sobre Belén Esteban, seguro que aumentarán o lectorado. Falen do que todo o mundo fala, lean o que todo o mundo le.

Anónimo dijo...

"Ser diferente e ser existente".
Que rápido esquecen aos pais fundadores. Por este camiño o blog remata en uvas de centro comercial, brillantes, grandes e todas sabendo igual.As unvas da solaina, non do Carrefour, please, quen levará o blog?

Xosé M. González dijo...

De Stieg Larsson, ata o de agora, só sabía que estaba de moda e que ten un libro gordísimo. Agora sei que está morto. Este verán lembreime del varias veces no tempo que me levou acabar A praia dos afogados, de Domingo Villar. Algún outro lector quere compartir algún comentario?

amigos de Marcos dijo...

Amigo anónimo das 07:23:00 PM e dos tres post seguintes:

A prentensión de colar este artigo era provocar debate, non promocionar ningún tipo de literatura. E, a teor da súa vitriólica intervención, abofé que se conseguiu.

Aproveitamos a ocasión para felicitar a todos os participantes e, se nolo permiten, en especial a Detective Crepuscular, sempre tan agudo e incisivo, sempre tan lido e ben lido.

Que siga a polémica. Boa noite a todos e todas.

Anónimo dijo...

Pois xa ven que non colou. E por certo que entidade é isa de "amigos de Marcos"?, que reparte premios e felicitacións aos mais aplicados, non se dan conta de que directa ou inferencialmente resultan antipáticos?, menos tontería, engreimento, e mais materia gris!

Ferdinand Von Galitzien dijo...

O verdadeiramente importante pra éste Herr Graf é o feito de que a xente, mesmo a ordinaria, léa nestes tempos atribulados e superficiais, ainda que sexan esas publicitadas obras de dubidosa calidade e de grande suceso en vendas ... co tempo, who knows... eses melenudos, gorentos de literatura en todo o seu esplendor, ainda que non sexa éste xermánico, gosten e se fagan siareiros das novidades excelsas e maravillosas das edicións, por exemplo, de "Rinoceronte".

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Roque Soto dijo...

As veces os éxitos só serven para que un pase de ler determinados libros, ver algunhas películas e non escoitar músicas recomendadas.
Non podo dicir deste auga non beberei, pero non teño y creo que vaia a ler a triloxía dese escritor sueco morto prematuramente, como fixen con otros libros. Iso non quere dicir que non lle reconozca o traballo que fixo Larsson, como nos seus días fixeron, outros que non lín, Joyce no Ulyses; Proust, En busca do tempo...; Torrrente, Los gozos y las sombras.
Como día a cantiga do Young: Time Comes Away. E non da tempo a ler tanto libro.

Unha aperta

Unknown dijo...

Eu comparo o éxito de Largson co éxito de IKEA. Os que máis e os que menos caemos na súa lexibilidade e na súa funcionalidade, respectivamente. Nin Largson é Kafka, nin os deseños de IKEA son da Bauhaus precisamente. Eu valoro neles que me fixeran coller un martelo na man e facer algo con elas. Como valoro en
Largson que fixera coller nas mans un libro a moita xente que nunca levou un libro á praia.
Con todo, e para ler como sinónimo de pasar o tempo, sen obxectivo hermenéutico ningún, Largson vale, como vale Henning Mankell.
Eu lino facendo "tumbing" nun sofá de IKEA.
M.

Anónimo dijo...

cinco

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sobre este mesmo asunto da cultura de masas este pequeno comentario de Vicente Molina Foix pode dar que falar: VMFoix

Demetrio de Alexandría dijo...

Hai que distinguir por unha parte a arte de masas como conformadora do imaxinario das persoas e por outra a súa apreciación, que ten que ver coa fixación dos valores e das experiencias nun periodo historico que se caracteriza por un prominente relativismo que chega a banalizar o exercicio intelectual e nega a transhistoricidade dos valores éticos. Afirmar a posibilide dunha apreciación estética razonalbel e a transhistoricidade dos valores éticos supón hoxe fluir a contracorrente dando lugar aos mais graves malentendidos e a recibir as mais incautas acusacions.

Anónimo dijo...

Dear Demetrio:
Too deep, even for me.
Hypatia de Alejandría

Anónimo dijo...

Tranquila, Hypatia, que non che entende o inglés.

Demeter dijo...

Estimada Hypatia, de profundo nada, un pouco comprimido e nada mais. A tua formación cun mínimo de esforzo facilitarate ver o que quizais xa no teu tempo en outra escala acotecía.

lourixe dijo...

Como Apicultor non lin a Larsson porque non me cadrou. Pode que nalgún círculo me pase como cando decidín non ver "Gran Hermano" e ficaba fóra do 80% das conversas (e van pola 11ª edición e segue a haber audiencia!). Por certo que na temática dos realities impactoume este verán a lectura de "Acide sulphurique", de Amélie Nothomb.

lourixe dijo...

... E respecto ao artigo do que Arume cola o link, mesmo na B>D hai clases, porque non me vai comparar a calidade de deseño de Quino coa de Giraud/Moebius, por poñer un exemplo. Ou?

Xosé M. González dijo...

Dez. Se non entrou antes aquí como anónimo.

Anónimo dijo...

Quino e Moebius son xéneros diferentes Lourige.

Don José Luís Baltar dijo...

Onze.

Criselda dijo...

Chego un pouco tarde, pero tamén quero expresar que non lin a Larsson. Como non adoito a concordar con moita xente e a el o le tanta xente, teño unha razón de peso para buscar outras lecturas.