10 sept 2009





Virtual, meu amor. Pensar, amar e sufrir nos tempos das novas tecnoloxías

Ana Bande Bande

Quen de entre nós non querería disfrutar da vida en parella conservando todas as vantaxes que dá a vida en solitario? A web social (Facebook, MySpace, Second Life, etc.) ven ofrecernos exactamente isto. Sentírmonos próximos e —o que é máis importante— seren recoñecidos sen perder o noso sentimento de independencia. Eu podo comprometerme ou liberarme cun sinxelo clic, encontrar doadamente novos interlocutores e ata resucitar os mortos. Mália todo, as novas tecnoloxías non nos procuran acougo. Porque se por unha banda agochan as pexas da separación física, pola outra fánnos dubidar da dispoñibilidade dos nosos interlocutores. Por iso seguimos reclamando as mesmas respostas unha e outra vez: Onde estás, que fas, estás só/a? Do mesmo modo que o faciamos co teléfono. Con este tipo de observacións tan sinxelas, Serge Tisseron fai un repaso á incidencia das NTICs no xeito de nos relacionar (Virtuel, mon amour. Penser, aimer, souffrir, à la l´ère des nouvelles technologies, París, Albin Michel, 2008).

A súa lectura non achega moita novidade a quen estea afeito a un emprego crítico das redes sociais, mais trátase dunha reflexión imprescindible para comprender un cambio tan drástico na sociedade coma calquera dos que obrigaron a procurar un novo nome para designar unha etapa histórica diferente. O autor, pola súa condición de terapeuta, pode partillar unha morea de casos reais que ilustran situacións nas que, cun mínimo de humildade, podemos ollármonos a nós mesmos, ou veren representadas situacións relacionadas con esta "explosión do virtual" que se repiten ao noso redor. Non se trata dunha visión pesimista, todo o contrario, o autor defende o uso positivo dos espazos virtuais para enriquecer as nosas relacións reais.

Non podemos negar que a comunidade virtual é, para moitos, tanto ou máis importante que a familia ou os colegas de traballo ou do instituto, e algúns ata “casan virtualmente” sen necesidade de se ver nin de se tocar, pois o corpo físico deixa de ser a referencia para o reencontro. Os psicólogos atenden casos de depresión por abandonos “virtuais” e hai numerosos síntomas do perdidos que podemos sentírmonos neste contraditoria realidade virtual que nos arrastra. Lembrades aquela curiosa noticia dunha muller que pedira o divorcio ao descubrir a relación do seu home cunha guapa avatar de Second Life e que, ademais, contrarara un avogado na propia plataforma virtual?


22 comentarios:

apicultor dijo...

Sen dúbida que as redes sociais están a ter cada vez unha maior relevancia na vida de moita xente(tan só Facebook seica ten adheridas 250 millóns de persoas de todo o mundo), aínda que o uso das mesmas pode ser moi variado e con moi distintos graos de implicación emocional.

O caso de "parellas virtuais" que simplemente quedan niso (sen chegar nunca ao coñecemento directo vis-à-vis) antóllaseme un caso límite, mais é posible, pois as modalidades de "relacións" poden chegar a ser infinitas. Que haxa casos de depresión por "abandono virtual" tamén entra dentro do posible: se o malentendido e a simulación existen nas interaccións face to face, na rede virtual moito máis. Mais todo isto só acontecería naqueles que fan uso sistemático do chat de tales redes, trabando coñecemento virtual entre eles. E o chat pode usarse ou non.

Agora ben, teño a sensación que, alén de casos máis chamativos por extremos, o que máis debe predominar é unha implicación emocional de baixa intensidade, cando non de simple intrumento de autopropaganda ou de mero exhibicionismo. Non sei eu se o autor se detén tamén nestes casos menos vistosos pero que quizais son os máis correntes, penso eu.

Como non lin este libro tampouco sei se se detén e analiza unha característica central das redes sociais: a difuminación da liña divisoria público/privado. Por poñer un exemplo chamativo, de repente, fotos de tipo íntimo ou familiar (festas, vodas, bautizos e demais actos sociais, ...) aparecen á vista dos "amigos" adheridos, mesmo fotos de fillos e de menores, sen reflexionar os hipotéticos custes que pode ter tal exhibicionismo.

En fin, o libro ten toda a pinta de ser moi interesante, e felicito a Ana Bande por telo lido e por nos agasallar aquí cun breve e gorentoso comentario sobre o mesmo.

XDC dijo...

Vaia pensando en montar un hotel especializado en encontros reáis para parexas feisbuqueras,Apicultor. Que xestione todos os aspectos do encontro, via certas claves informáticas,etc, que cree as coartadas no mundo real e o virtual para os seus clientes, etc. Entro de socio con vostede, que pode haber pasta no asunto.

Os exhibicionistas máis patéticos son eses que teiman en colgar videos nos que deixan constancia das suas limitadísimas habilidades musicáis. Dan vergoña axena...

apicultor dijo...

Home, non lle sei eu, XdC. Non dubido que aí poida, en teoría, haber un nicho de mercado. Mais sería bastante complexo xuntar no mesmo hotel ubicado nun lugar físico determinado a unha parella da que un sexa de Palma e outro de New Jersey, outra de Salvaterra e de Ferrol, ou outra de Cuspedriños d´Arriba e de Villanueva del Fresno. Complicado o vexo, francamente. De todo o modo, prometo estudar con seriedade a proposta.

O exhibicionismo, de seu, non é bo nin malo, xaora. Cada un fai da súa capa un saio. Por tanto, benvidos sexan os músicos e as súas músicas (boas, regulares ou malas) se así o queren. O que si xa me parece máis problemático é involucrar a infancia e os menores de idade nese exhibicionismo xeral.

XDC dijo...

Grazas, Apicultor por quitarme un peso de enriba có da capa e o do saio, no asunto ese...hahahaha

XDC dijo...

Por certo, precisamente porque é difícil é por o que pode ter éxito empresarial. Si o poideran facer eles solos cómodamente, ya non contratraban o servizo, hahahahah.

Chousa da Alcandra dijo...

Resulta comprensible que haxa moito quen queira estudar (e publicar) este novo xeito de relacións persoais que viñeron acompañadas das novas tecnoloxías.
Estas ferramentas, ao alance de calquera, abriron de súpeto a fiestra para que centos de milleiros de persoas poidan establecer comunicación con outras. E, por riba, coa posibilidade de manter o anonimato.
Poda que os resultados finais ainda lles quede un treito que percorrer para coñecelos en profundidade;pero non hai duda de que é unha ferramenta caralluda.
Eso si, como todo, hai que usala con xeito. Unha gadaña tamén é unha boa ferramenta; pero para cortar herba...

XDC dijo...

Decía meu avó "Eres mais torto que a gadaña"

XDC dijo...

Cando se inventaron os coches, todo dios falaba das oportunidades que se abrían ao poder moverse de un sitio a outro con libertade. Pero ningún Julio Verne prevéu os problemas de aparcamento e os tickets da ORA.

lobo neghro dijo...

Entón eras torto de pequeno?.
Eu era lobo.

Hai neghocios que son ben bunitos formulados ( virtuais, imaxinados), pero na práctica non viables.

En cuestión de aparcamento parece que pasamos meses, ou algún ano da nosa vida. Sumando todo-los minutos e medias horas de procura.

XDC dijo...

A quén lle importa que non sexan viables, Lobo?. O que importa é que queden bonitos no papel si queremos conseguir a financiación por parte de algún incauto. Nas decisiós políticas pasa o mesmo, e, aí, como os cartos nunca son deles...Estamos rodeados de "ideas de bombeiro", no plano politico, por todas partes, non sei de qué se extraña...Fíxese na cidade da cultura...
O meu avó decía eso, pero non o decía de mín, eh!
Tamén decía aquelo de "É máis malo que a carne do pescozo".

lobo trasmontao dijo...

Estou a ver cao tua intervención, dacova, que a literatura impregna todo. É magmática e líquida.
Se os políticos se deixan seducir por ideas de bombeiro é que son sensibles, como todo humano á literatura.

Bueno, hai moitas ideas do que é literatura. Neste caso é literatura conto. Viven do conto, dos contos que lles meten, dos contos que inventan. Contan contos...ideas de bombeiro..por todos partes. NOn vai ser todo cuadriculado e exacto.

Viva o patinaxe mental!.

Ana Bande dijo...

Retomo as reflexións de apicultor logo de rir un pouco coa sempre deliciosas ocorrencias do XDC.
O caso das "parellas virtuais" é moi significativo para entender as consecuencias que pode ter esta "explosión do virtual". Pero se cadra a parella que mete máis respeto é a que formamos co noso ordenador, esa dependencia que vai ser cada vez máis difícil de romper porque a tecnoloxía non vai nunca deixar de procurarnos máis placer. De feito, e enlazando coa túa preocupación pola confusión do público e do privado, o autor sinala as ameazas que efectivamente comportta esa perda de vista cara a "sociedade de vixianza" que se instala. Esquecer
s tan rápida e doadamente os riscos que a informática representa para as nosas liberdades déixanos a disposición de corporacións privadas, gobernos e todo tipo de estructuras de poder moito máis simples que as temidas dictaduras que ata hai ben pouco nos asoballaron. Xa digo, o libro non di nada que non saibamos, pero deterse a reflexionar sobre o impacto das novas tecnoloxías sobre as nosas vidas é imprescindible para que o medio non se convirta nun fin cun simple clic.

Demetrio dijo...

Se non di nada que non saibamos non paga a pena lelo. A cuestión é o tipo de pracer que percura a tecnoloxía, a desviación sincrética e excesivamente mediada da realidade que percura a virtualidade tecnolóxica. Hai tras deste tema velados asuntos de importancia radical para todos. O problema das outras mentes, a linguaxe privada, o argumento do soño, a caixa china, os qualia, os problemas derivados da sautración do eu...
Nesta clave de relación coa tecnoloxía reencontranse actualizados os dilemas, as encrucilladas e a desorientación nun mundo cada vez mais complexo a medida que se tenta reducir a súa complexidade con mais e mais sistemas que se subdividen como o universo.

Demetrio dijo...

como o universo no multiverso.

Jim Morrison dijo...

Unha caixa china é algo sexual...creo..

arume dos piñeiros dijo...

Home, Morrison, (por certo, benvido), sexual sexual o que se di sexual unha caixa china... Pois a según e a depende.
O que si é sexual é as bolas chinas, aínda que non sempre. Pode ser unha matraca (nos dous sentidos da palabra), sobre todo se o fío rompe e quedan dentro, sobre todo tamén se estás no Eroski mercando, eu que sei, garbanzos da Bañeza ou Anís el Mono.
Entón de sexual non ten moito. Ou si, vaia vostede a saber.

Anónimo dijo...

Fala por experiencia propia?

XDC dijo...

Eu que pensaba que o meu coas caixas chinesas era algo orixinal, e xa vexo que non...
Qué película era aquela, creo que do Hitchkoook, na que un chino bailaba cunhas castañolas, ou algo así, diante da prostituta, para excitarse?

lobo neghro dijo...

Pensoche que a película é de Buñuel, "belle de jour". Pode.

E eran unhes axouxeres.

Pero pode que sexan películas diferentes.

A vida supera a ficción.

Jim Morrison dijo...

Moito se aprende neste foro...Moitas gracias, Arume, e disculpe pola matraca.

Jim Morrison dijo...

E que non se rompa o fío.

Demetrio, o escultor. dijo...

Unha caixa china na filosofía da mente ten que ver coa tese da indeterminación semántica de Quine, retomada excelentemente por Saul kripke. Mais pode que nesa indeterminación o efluvio hormonal teña moito que ver coa agudeza da mente-cerebro-sexo e con outra das teorías favoritas no ambiente, a do fantasma na máquina ou a do teatro de Descartes. Que dúbida hai de que o roce mente-cerebro concentra altas doses de erotismo e de cerimonia porno-erótica.