"A clave do teatro é a palabra, o demais é competir co cine".
...Teño un carácter tendente á soidade. Pero a poesía dáme tanto traballo que non me queda tempo para as relacións sociais. Teño os meus amigos e a miña vida privada, e comunícome coa miña obra. O que ten que facer o autor é escribir igual que o ferreiro fai utensilios de ferro. A relación con outros ferreiros é accidental...
Entrevista completa a Millán Picouto. El País.Luces 13.11.2009.
12 comentarios:
Un censurador del blog a suprimido esta entrada.
Un censurador del blog a suprimido esta entrada.
Paga a pena ler a entrevista, pero, sobre todo, paga a pena ler a obra de Millán Picouto, escritor que, nestes tempos tan menesterosos, mántense alleo aos cenáculos literarios, culturais e políticos, onde se cociñan os éxitos doutros.
Agardo con interese a traducción ao castelán,desexando acade nesta lingua, que tamén é marabillosa, a grandeza e a fermosura que conseguiu en galego.
A literatura e como esa estatua de Castelao que invita a traballar a todos nela. Benvidos os variados rexistros que se producen nela.
Unha fonda aperta a Millán, un lúcido poeta.
Rógase encarecidamente que, quen sexa, deixe de facer comentarios lixo como os dous primeiros que aquí aparecen. Non só non achegan nada, senón que supoñen unha falta de respecto intolerábel (para o entrevistado neste caso). De persistir en tal actitude verémonos na obriga de bloquear a súa IP, impedindo que volva a participar neste blog. Así que, por favor, un pouco de cordura.
Un censurador del blog a suprimido esta entrada
Xa nin escreber saben os trasgos de agora. Polo demais don't feed the troll. Os trolls ou trasgos son coma as moscas arredor das bostas, son un mal necesario da natureza mas é mellor non facerlles moito caso.
Completamente dacordo señor Carrera, pero de paso corrixa, na normativa oficial dise " escribir" e non "escreber". Efectivamente, eses que vostede chama Trolls xiran arredor da bosta-merda, que quen virá sendo?
Concordo con Carrera. Estes trolls que veñen por aquí teñen outros foros máis adecuados para eles. Libertad Digital, por exemplo. Alí sentiríanse moitos máis cómodos. Non lles deamos de comer.
Eu lín con moito interés a entrevista a Millán e resultoume unha bocanada de aire fresco.
Ante o consumismo esaxerado de todo tipo de artigos, opinións, obras, a achega e proposta de Millán son unha auténtica doa de outo valor.
Publicar un comentario