15 nov 2009

Plataforma
Lingua de Liberdade
"Galego, Patrimonio da Humanidade" insta a Núñez Feijóo nun acto cívico a recuperar o consenso arredor do idioma e crear un marco estable para a súa protección
Galicia Hoxe, 15.11.2009, V. OLIVEIRA . SANTIAGO

Cun "a loita continúa" pechaba onte o sociólogo Fermín Bouza o emotivo acto cívico Lingua de liberdade que a plataforma Galego, Patrimonio da Humanidade celebrou en Compostela para "abrir á sociedade o debate sobre a lingua, demasiado circunscrito ao ámbito político", segundo remarcou un dos impulsores da plataforma, o sociolingüista Henrique Monteagudo. Un "comicio", como chanceou o presentador do acto, Cándido Pazó, no que oito persoas procedentes de diversos eidos profesionais -representantes sindicais, escritores, profesores, actores, doutores ou avogados- fixeron unha chamada ao respecto para o idioma propio de Galicia e a volta ao consenso, ante a inminente derrogación do decreto que regula o uso de galego e castelán no ensino.
Galego, Patrimonio da Humanidade -a plataforma cívica impulsada, entre outros, polo editor Manuel Bragado, o profesor Antón Baamonde ou o escritor Xabier P. Docampo- reclamou, por boca de Monteagudo, que "o PP galego volva ao consenso político e social e cree un marco estable para a protección da lingua". A plataforma tamén incidiu en que "os centros educativos que xa avanzaron na implantación do galego nas súas aulas non deben verse obrigados a recuar" se finalmente se cumpren as intencións de Núñez Feijóo de rebaixar os mínimos do galego nas aulas.
Monteagudo mostrou a preocupación polos "ataques á lingua por parte de sectores minoritarios, pero vencellados ao poder económico e mediático como o Club Financiero de Vigo" así como polo "enfoque do Goberno galego na desprotección do noso idioma e na deconstrución da convivencia social". O sociolingüista e secretario do Consello da Cultura Galega puxo de relevancia ademais a distancia entre galego e castelán para lograr "a plena igualdade efectiva e real" e a falacia dos que "asocian o galego coa imposición".
"Somos un colectivo aberto -dixo Monteagudo- e non queremos competir con outras plataformas. Traballamos nun clima de complementariedade e cun único fin: mobilizar a opinión pública en defensa do galego".
O sociólogo Fermín Bouza, catedrático de Opinión Pública da Universidade Complutense e autor do blog El voto con botas, manifestou o seu convencemento de que "Feijóo vai volver ao consenso" xa que, na súa opinión, "ten un buraco negro por ceder aos sectores máis ultras do seu partido que el nunca pensou. Se ten un dedo de fronte, vaise ter que dar de conta de que non é verdade o que pensaba, que unha maioría de castelanfalantes aborrecía ao galego". Ao seu ver, o problema creado arredor do idioma ten dúas vertentes: unha política, "na que -asegurou- vamos gañando xa que levamos a iniciativa social" e outra que chamou "técnica" na que inseriu "as dificultades de revitalizar unha lingua que foi perdendo camiño coa modernización do país".
UXT e CCOO piden a igualdade entre galego e castelán
O acto, que arrincou e rematou coa actuación de Roi Casal e a súa banda, contou tamén coas intervencións dos representantes sindicais de UXT, José Antonio Gómez e CCOO, José Manuel Sánchez Aguión. O secretario xeral de UXT considerou necesarios espazos de encontro como o de onte para conseguir un obxectivo: "convivir con dúas linguas en liberdade e sen que isto supoña un conflito social". O representante sindical pediulle a Feijó que "volva ao consenso" xa que "por un puñado de votos non se pode utilizar a lingua como un instrumento de ruptura social, cando nunca o foi, senón unha vía para o entendemento e a razón".
O secretario xeral de Comisións Obreiras rexeitou "os intentos do PP de utilizar a lingua como unha arma para conseguir os seus plans electoralistas" así como o intento do Executivo galego de "enfrontar as dúas linguas cooficiais". Ao seu ver, os idiomas "son patrimonio da cidadanía, vehículos de expresión e comunicación, dos que non se poden apropiar ninguén, nin un goberno nin unha ideoloxía".
Ao ver da ex conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, "a escola é o elemento máis poderoso para conservar a diversidade lingüística". Segundo a profesora, "cada vez que unha lingua se extingue é a humanidade a que perde" e defendeu o galego xa que "é nosa visión como pobo".
Para o ex deputado do BNG, Pablo González Mariñas, "a lingua non é patrimonio de ninguén". "Queren dividirnos e disolvernos na lingua de Castela, porque saben que cando se destrúe a lingua dun pobo, é moito o camiño avanzado na destrución dese pobo". "Nin mil, nin dez mil; primavera eterna para a nosa lingua!".
Asistiron ao acto varios representantes das filas socialistas como os deputados Francisco Cerviño, Xaquín Fernández Leiceaga e Ismael Rego, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo ou o presidente da Fegamp, Carlos Fernández; mentres que do BNG acudiron a deputada Carme Adán e a ex concelleira Encarna Otero. Tamén estaban presentes o reitor da USC, Senén Barro, o teólogo Andrés Torres Queiruga, os profesores Xosé Luís Barreiro Rivas e Luís Álvarez Pousa ou o escritor, guionista e cineasta Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Portas: "A maioría social ten que espertar"
O acto tamén contou cunha ampla representación social de distintos ámbitos profesionais como a avogada Mariluz Canal; a decana da Facultade de Matemáticas, María Victoria Otero; o profesor do Instituto Xelmírez I, Manuel Portas; a neuróloga Marisol López Facal, ou mesmo o estudante indio de doutoramento, Anik Nandi.
En opinión do profesor Manuel Portas, "é triste e patético que este sexa o único goberno do mundo que atenta contra o sinal de identidade que nos representa". O profesor lamentou que esta actitude "estea creando tensións que non existían na sociedade e nos centros educativos". Por iso considera que este tipo de actos poden facer "espertar á maioría social" e "recapacitar a Feijóo para que volva ao consenso".
A avogada Mariluz Canal considerou "unha mágoa que dende este colectivo non se defenda a lingua". Por iso reclamou "as ferramentas necesarias para que os profesionais da Xustiza poidan utilizar o idioma propio e para que o cidadán non deixe de falar en galego cando está diante dun maxistrado".
López Facal, doutora nun hospital da Coruña, laiouse de que, nun país no que "predominan as denominacións de orixe, queren que esquezamos a marca que máis nos identifica como pobo, a lingua".
Pola súa parte, a decana da Facultade de Matemáticas salientou que este centro se comprometeu co ensino en galego dende hai anos porque, dixo, "a lingua é o noso mellor aliado". María Victoria Otero manifestou que ten dous fillos que estudan en centros públicos e que non entenden o conflito creado arredor do galego. "Sumar sempre sae a conta en cuestión de linguas", apuntou.
Finalmente, interveu o estudante indio de doutoramento Anik Nandi, falante de seis idiomas -entre os que se inclúe o galego- que demostrou que "coñecer unha comunidade sen aprender a súa lingua é como coñecelo sen corazón".
Reixa: "A nosa ameaza é a intolerancia"
En representación do mundo literario e artístico, tomaron a palabra a actriz Tamara Canosa, o escritor e cineasta Antón Reixa e a profesora e autora Marilar Aleixandre.
Esta última fixo a alocución máis literaria pero non por iso exenta de reivindicación. "Unha meiga cortoulle a lingua a unha serea e deulle en troques dúas pernas. Os prebostes actuais quérennos cortar a lingua e nin sequera nos dan pernas. Non as queremos. Eliximos a nosa lingua de peixes e convoco a luras e polbos a espallala polos océanos", asegurou Aleixandre.
Pola súa parte, Reixa fixo referencia á conservación secular do noso idioma, que sobreviviu como herdanza oral en mans das clases máis populares. "Os nosos devanceiros conseguiron que a nosa lingua chegara útil e viva aos nosos días. Unha lingua civil e cordial de traballadores e poetas.", salientou. "O galego serve para o agro e para a tecnoloxía, para a regueifa e para o rap", engadiu.
O escritor e cineasta cifrou os ataques ao idioma nos seguintes termos metafóricos: "A nosa ecoloxía vital está ameazada polo cambio climático da intolerancia". Malia todo, convocou a seguir loitando co berro: "Viva Babel! Máis Galiza e máis galego!". Rematou as intervencións a actriz galega Tamara Canosa que falou de como influíu na súa infancia a lingua de aprendizaxe.
"Cando eu estudaba nas escola tiñamos tres materias en galego. Moitos compañeiros meus non son quen de se expresaren en galego, non por unha cuestión de prexuízos, senón porque todos os elementos socializadores están en castelán", explicou. "Na escola ensináronnos o concepto de xustiza: darlle a cada un o seu. As aulas é o lugar de compensar o desequilibrio entre linguas", dixo e chamou a recuperar "a xeración Pokemon".

9 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

É unha mágoa que a estas alturas da Autonomía aínda teñamos que reivindicar obviedades como o dereito a asinar contrato de traballo en galego, o dereito de recibir multas de tráfico, facturas de electricidade e cartas do banco en galego, o ensino obrigatorio en galego en castelán ao fifty-fifty ou o dereito de expresarnos perante calquera Administración en galego. País, país.

Anónimo dijo...

Pareceríame perfecto este manifesto si houbera un poco máis de obxectividade nas declaracións de certas persoas. Poño por caso:1)"A lingua como instrumento político" sempre foi utilizada polo nacionalismo e, no tempo do bipartito, de maneira escandalosa polo BNG. 2)"Da ruptura social" é tan responsable o BNG como o PP (ao cabo, a mesma cousa é...).3)"Os idiomas son patrimonio da cidadanía, do que non se pode apropiar ninguén", velaí unha verdade coma unha catedral; téñana en conta nacionalistas daquí, dalá e dacolá.
Por último,dicir que non están tan lonxe os tempos en que Glez. Mariñas (cando era de Centro)falaba nesa lingua na que di que nos queren disolver. Hai que velo para crelo.
Tamén lle diría a Marilar Aleixandre que corrixa os erros lingüísticos dalgunha das súas obras, por ex. "A cabeza de Medusa".

Evidencia dijo...

"Sen o BNG, quen enarboraría a bandeira da defensa da lingua?" (Guillerme Vázquez).

Pois moita máis xente, don Guillermo, moita máis xente. Moita máis xente de sensibilidade galeguista, moita máis xente que non é do BNG.
Se só fose o BNG o único que defendese a lingua, quedábanlle dous días. Pero somos mais, moitos máis, e non só do BNG. Xa vai sendo hora de que se decate. Onde ten as antenas?

Anónimo dijo...

Semella que os bilingüístas de verdade (non os de GB) quitaron por fin a carauta, desta volta do ganchete de tres ou catro nacionalistas (?) despistados empregados para encher ocos.

Supoño que os socialistas galegos, todos eles, apoiarán as conclusións desta plataforma, incluídos elementos coma o agora alcade da Coruña, a señora Mar Barcón e o sr Méndez Romeu. Ou non?

Anónimo dijo...

Ben vidos sexan

Anónimo dijo...

A maioría social? Quen determina quen é a maioría social? Quen é a maioría social que fala galego? Outra cousa é: son precisas leis que manteñan, defendan e sosteñan o uso do galego. Pero, dita sexa, a maioría social non o emprega habitualmente. E contra iso, non existe lei posible que opoñer. Que morra lentamente e sen dor. Mañá hai pasar o mesmo co castelán. Quizais con inglés máis tarde. (O francés e mais o italiano xa morreron). Sobrevivirán o chinés, non sei se o inglés, o xaponés e algunhas cousas inéditas que anden por internet. Poucos máis. Asdo: Harold Bloom. Que lle den poolo cú as línguas. Abonda co silencio. Xa está todo escrito. Sen ter en conta a Ferrín, quen escribiu nada novo ou interesante, de verdadde interesante, en Galicia, dendo os anos sesenta? Nin dios. (Ollo: en poesía creo mque si: non poño nomes para non fastidiar ós amigos que poida esquecer). Ben, vale: unha, dúas obras. Eso non xustifica os gastos de ter que mantela. Sempre viviu de puta madre lonxe de academias, circulos políticos e bandiras partidistas. Agora deixemola morrer en paz. Non se amputa nada. Adoro os veloiros. Licore cafe, viño tosdtado, bica, pasteis, chourizos, xamón, pan centeo.

Marina Mayoral, patrimonio da humanidade dijo...

Sen comentarios...

O galego é de todos (La Voz)

Poucos artigos meus foron tan lidos -e votados- en La Voz de Galicia dixital como o titulado Falemos galego . Os votos positivos fanme pensar que a maioría está de acordo co que eu dicía, pero quero reproducir dous comentarios que me chegaron por correo electrónico e que me parecen preocupantes.

Un é dunha madrileña que durante moitos anos pasou o verán en Miño mantendo unha relación estreita con xente da vila. Cóntame que a súa impresión era que todo o mundo falaba galego. Polo contrario, agora foi pasar uns días en Vigo e Nigrán por asuntos profesionais e atopouse coa sorpresa de que ningún dos colegas alí residentes falaba galego cos seus compañeiros de traballo, mesmo aqueles que lle confesaron que na intimidade si o falaban. Pregúntame se depende das zonas ou se a lingua está en desuso.

O segundo testemuño é dunha amiga residente en Galicia. Dime que ese retroceso que eu observei na fala é culpa do BNG, que quixo impoñer o galego obrigatoriamente e provocou unha reacción en contra.

É certo que as imposicións acostuman provocar efectos contrarios aos desexados, pero o esperable neste caso sería que a xente tomase represalia contra o partido co que está en desacordo, e non contra unha lingua que ten cultivo literario dende o século XIII e na que Afonso X o Sabio, rei de Castela, escribía as súas Cantigas de Santa María: unha lingua que é patrimonio de todos os galegos, sexa cal sexa a súa ideoloxía política; unha lingua que todos debemos coidar como un tesouro. Aos que non lles guste o BNG, que non o voten, pero que falen galego, ¡contra!

o mesmo, pero disimulando dijo...

Hai xa moitos anos, pode que máis de trinta, acompañei un home á consulta dun médico. Tratábase dun médico xeralista. Como é habitual nestes casos, o home fixo o relato dos seus males. Non vou dicir que me deixase abraiado, pero si que me sorprendeu a maneira na que o fixo. Metódica e meticulosamente, foi enumerando órgano a órgano, centímetro a centímetro do seu corpo interior e exterior, palmo a palmo. Foi unha exposición exhaustiva de canto pasaba en todas as funcións e órganos da súa persoa. Recordo, entre outras cousas que dixo: ás veces, ó mexar, é como se o fixese por dous canos. Eu vinme a min mesmo mexando e a cantidade de veces nas que me acontecía iso mesmo. Calquera segregación que pega os labios da uretra pode causar iso. Non abraiei, xa digo, e a sorpresa durou pouco. Eu coñecía ben ese home. Para a súa desgraza viña padecendo unha depresión severa -un psiquiatra cualificouna de endóxena- dende había moitos anos, tantos ou máis dos que hai que eu o acompañei a aquel médico. Eu non o son, médico, quero dicir, pero agora sei que un dos moitos males que pode provocar unha depresión é precisamente ese: o ensimesmamento, a obsesiva autoobservación ou autoanálise perante os males que a terrible enfermidade orixina. Aquel home era case unha illa, obsesionado teimudamente consigo mesmo, prisioneiro de si. Convivín con el moitos anos. Había que facer verdadeiros esforzos por aturalo e por aturar moitos dos seus comportamentos. Era un home bo, sen dúbida, bo e xeneroso, xa que logo, pero as súas teimas e os seus medos e os seus comportamentos levaban a pensar que non se trataba máis que dun egoísta, un maniático egoísta insoportable. Ensimesmado, enviso, prisioneiro de si por mor da súa terrible enfermidade. Non saía de si, non se abría ós problemas dos demais, fosen quen fosen os demais. Basicamente por medo. Poñíalle medo que os problemas dos demais lle fixesen mal.

Ben, pois iso. Hai moito mundo máis alá de calquera cousa, máis alá de todo. Sempre. Moito mundo.

Aínda hoxe lembro ó representante do Partido Carlista de Galicia berrando desde a tribuna de invitados nun congreso de Esquerda Galega celebrado en Vigo xa non sei en que ano: ¡Viva Galicia ceibe e socialista! Víctor F. Freixanes sentaba ó meu lado.

Moito mundo.

Paco Vázquez,Patrimonio da Humanidade dijo...

Francisco Vázques, Patrimonio da Humanidade.

César Antonio Molina (LVG)

Francisco Vázquez: un ejemplo y un faro

Siento mucho no poder asistir hoy a la entrega del Premio Fernández Latorre a Francisco Vázquez, un gran amigo y una persona ejemplar a la que yo siempre he tenido como guía. Gracias a su inmensa labor, los coruñeses volvimos a estar en el mapa del mundo con una ciudad que recuperó su belleza, su historia centenaria y su orgullo. Los coruñeses, como los amalfitanos, podemos repetir aquellos versos que escribió Renato Fucini: «El día del juicio, cuando lleguemos al paraíso, será un día más como tantos otros». Y eso se lo debemos a nuestro mejor alcalde. Él nos devolvió el mar, nuestro gran patrimonio.

El alcalde Vázquez llenó nuestra querida urbe de infraestructuras y de dotaciones culturales envidiables. El Museo de la Ciencia o que la torre de Hércules sea hoy patrimonio de la humanidad también se debe a sus preocupaciones.

Como embajador en Roma cerca de la Santa Sede está demostrando una capacidad diplomática extraordinaria. Yo mismo pude comprobar el aprecio y la admiración que las más altas autoridades italianas y vaticanas le tienen. En fin, todo lo que toca lo transforma en un bien para el engrandecimiento de sus conciudadanos coruñeses, gallegos y españoles. Nuestro país necesitaría más políticos como él: preparados, competentes, trabajadores, sensatos y siempre fieles a sus ideas.

En Nápoles, en la centenaria iglesia de San Lorenzo Maggiore, en la actual Sala Sixto V, donde desde antiguo se reunía el Parlamento de la ciudad, en los techos hay unos maravillosos frescos que ilustran las virtudes que un buen político debía tener: perseverancia, madurez, constancia, firmeza, gravedad, agradecimiento, cortesía, gracia, benignidad, afabilidad, mansedumbre, paz, misericordia, caridad, clemencia, honor, gloria, felicidad, liberalidad, magnificencia, nobleza, victoria, valor, orden, magnanimidad, buena fortuna, consejo, vigilancia, sabiduría, providencia, templanza, justicia, fortaleza, prudencia y autoridad. De todas ellas dispone nuestro homenajeado en abundancia. Tanta que podría repartir entre otros políticos menesterosos.

Francisco Vázquez ha seguido fielmente la estirpe intelectual y política de los Salvador de Madariaga o Santiago Casares Quiroga: progresistas, europeístas, compitiendo en el mundo sin complejos. Durante los años en los que me he dedicado al servicio público siempre lo tuve como un ejemplo y un faro. Por eso hoy quiero compartir con vosotros esta inmensa alegría.

Se premia a un gran humanista del que todos nos sentimos deudores y agradecidos. Y el honor que se le hace también engrandece a quienes se lo otorgan.

Felicitémonos por haber compartido nuestras vidas con personas como Francisco Vázquez, ya en la historia de nuestra ciudad, ya en la historia de nuestro país.