21 dic 2009



Política, que non partidismo
Anxo Quintana chama a rematar coas "mensaxes apocalípticas" arredor do idioma
O presidente do Igea propón adoptar unha estratexia de “sedución e información”

Galicia Hoxe, 21.12.2009
Pintura.Xavier Galiza.
"Claro que hai que facer política da lingua, o que se ten que evitar é facer da lingua partidismo electoral, e menos utilizándoa con miras curtas que rematan irremediablemente en fracaso". O presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), Anxo Quintana, expresou reflexións coma esta na intervención de clausura do Simposio Internacional Ecolingua, que acaba de rematar en Vigo.
O ex vicepresidente da Xunta chamou a rematar coas "mensaxes apocalípticas" en torno ao idioma, para "gañar a batalla co convencemento de que a nosa lingua é un elemento de cohesión, unha lingua querida mesmo polos que non a falan". Sinalou como reto lograr "que a sociedade galega interiorice con normalidade que non somos o único país con linguas en contacto, senón que esta é unha realidade común en moitos países abordada con múltiples fórmulas e solucións con venturosos resultados".
Quintana fixo unha valoración positiva do resultado deste I Simposium Internacional Ecolingua 2009, e salientou unha "diferenciación importante" que se fixo nas xornadas entre "política e partidismo" arredor da lingua.
Apostou pola estratexia "da sedución e a información" dirixida en especial ao continxente de persoas que non teñen nada contra o galego e non o falan todos os días, pero que queren que a nosa lingua acometa o proceso de normalización que ten por diante.
Margarita Ledo, membro da Xunta Directiva do Igea resumiu as conclusións do Simposio. Salientou coma nexo común en todas as intervencións o feito de que "o galego é a nosa lingua propia e nos representa como suxeito colectivo". Neste eido, colocou o Ecolingua coma un "axente vixilante dos estados xerais da lingua, dos avances e das novidades rexistradas".
Na última xornada de Ecolingua, o sábado, participou, en representación do grupo contrario á normalización do galego Galicia Bilingüe, José Luis Mato, que asegurou que "estamos a favor dun estudo de ambas linguas por igual", contradicindo así o discurso "oficial" desta organización. "Simplemente son un simpatizante que hai dous días chamaron para vir aquí", aclarou.
O catedrático de Filoloxía Galega Henrique Costas replicoulle que "non sodes cribles porque estades mentindo, aínda que ti sexas o rostro amable de Galicia Bilingüe" e argumentou: "Eu non teño elección en Vigo para vivir en galego, ti si". Xabier Docampo, de Prolingua, afirmou que o obxectivo de Galicia Bilingue é "desmantelar as fibras dos avances do galego".
No simposio tamén se analizou a proxección internacional do galego. O vicerreitor da Universidade de Vigo Iván Area, citou o Plan de plurilingüismo na docencia, enfocado ao perfeccionamento das dúas linguas oficiais nas súas vertentes técnico-científicas e, asemade, á adquisición dun dominio técnico-científico tamén en inglés.
"Con esta formación en tres linguas, consolidando a propia, practicando a estatal e perfeccionando a internacional, conseguiremos que os nosos egresados se poidan relacionar con comodidade cunha comunidade internacional de 1.300 millóns de persoas (250 millóns falantes de galego-portugués, 400 millóns falantes de español e 650 millóns de falantes de inglés", comentou.

8 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Podería saberse o título da ilustración?

Anónimo dijo...

A páxina web do autor (de onde saiu):

http://www.xaviergaliza.com/secciones/galeria.php

Anónima dijo...

Meu Anxo, quen te viu e quen te ve?
Ben é certo que ti ben sabes que é o fracaso, porque polas túas falcatruadas, imposicións e por querer "chegar e encher" así che foi a ti, ao teu partido e ao PSdeG, a uns por facelas, a aos outros por deixalas facer (de todas maneiras quedasche ben empregado: os politicos endexamais van ao paro).
¡Tarde piaches coisto da sedución, meu Anxo!

Shanon dijo...

Independentemente de todo, Anxo, agora, ten razón.
Como a tiña no escrito aquel desaparecido, que redactou ao puoco de pasar a mellor vida.
E falo en serio o de mellor vida. Que andar todo o día poñendo o careto desgasta. Agora vese máis relaxado, etc.
Ao BNG non é que lle sobrase, en realidade faltoulle máis Anxo. Digo isto con temor a equivocarme.Loxicamente.

Xosé M. González dijo...

Nunca llo recoñecerán, Shanon, ou aceptarán que lles quite o Anxo expiatorio. E chama tan pouco poñerse a analizar débitos, con medo a equivocarse, ante os que xa saben todo...

Shanon dijo...

Élle así, don Xosé

Anónimo dijo...

sabias palabras caros
não-anonimos.

Anónimo dijo...

sou eu anónimo