10 ene 2010


Dúas alternativas para a lingua

Afonso Vázquez-Monxardín

La Región:09-01-2010

A lingua, como é o órgano co que falamos, por non ter óso que se desgaste, porque a función crea o órgano, e porque o falar non ten cancelas, pois é un tema que dá para moito. E chega a fartar, realmente. Tamén, se cadra, cumpría debater sobre as orellas. ¿Con que orellas escoitamos? ¿Limpas ou non de prexuízos? En fin, hoxe, en liberdade, quero achegarme a un tema de preferencia de linguas que non quere dicir de imprescindible escolla dicotómica, porque se cadra ao lector, igual que a quen escribe, lle gustan as dúas. Non é unha disxuntiva. Pode ser primeiro unha e despois a outra. Ou uns días unha, outros días outra. Ou depende do momento. Vexamos.
A estufada. (convir
án comigo en que a palabra galega estufar está máis próxima que a castelá ‘estofar’ á etimolóxica fonte de calor, pero sigamos). Colla un lingua de vaca de quilo e pico. Sácalle os nervios, graxas e osiños todos do final. Lávea ben en auga fría e déixea estar a remollo pola noite. Déalle un primeiro fervor de cinco minutos e tire coa auga. Logo póñaa a cocer con media pastilla de avecrem -si, son un herexe, que se lle vai facer- e unha folla de loureiro. Con pouquiña auga, que xa solta ela xugo. Que bote no lume algo menos dunha hora na ola express. Retírea e deixe que se siga facendo co calor residual. Mentres, no fogón liberado arrime unha pota baixa co testo de cristal -para ir guichando- co de sempre, ou sexa, por orde: aceite oliva virxe, tres ou catro dentes de allo, un tomate maduro sen pel e triscado; de alí a un pouco, un par de cebolas en catro cachos, un pemento roxo en tiras, media ducia de cenorias peladas e enteiras. Así que estea medio pasado todo, engádalle o xugo da cocción previa e a lingua xa cortada en talladas xenerosas. Despois, de alí a un pouco, colóquelle unhas patacas cortadas en rodas xenerosas -a xenerosidade na cociña galega é unha das claves- e pode un punto de azafrán previamente torrado sobre un cacho de papel de aluminio pousado na vitrocerámica un minuto. Probe e ‘reoriente’ se é preciso, o sal, ou espese cun chisco de pan relado. Voilá. Pan de cea para mollar no prebe e viño tinto de Monterrei, por exemplo, e xa está montada a festa.

Ou en friame (estar
án de acordo de novo comigo en que a palabra galega friame está máis próxima que a castelá ‘fiambre’ ao etimolóxico frío de onde provén). A penas se fai nas casas pois enténdese que o limpar, cocer, engadir sales conservantes, poñer no molde, etc. son traballos excesivos e non ten entre nós a tradicíón do lacón, dente ou cachucha prensada. A miña sogra faina ben rica. Asi pois, se non quere pasar o traballo, aí está o Couto ou outros lugares de delicatesen para comprala xa cortada en fino e comela de aperitivo.

¿Que hai que escoller entre unha e outra? ¿E logo por que? Sempre lembrarei a cea que organiz
áramos desde a Mesa de Normalización Lingüística no San Miguel cando estabamos nela -¡que tempos!- o Marcos Valcárcel, a Maruxa Guitián, o Dacunha, o Bieito Losada, non sei quen máis e eu mesmo, na que cearamos, claro, lingua galega. De vaca e estufada. Nosa a fartar.

44 comentarios:

Trebi dijo...

Vostede non e un herexe....,e un Larpeiro que quere poñerse a manducar o mais axiña!

SurOeste dijo...

Que maneira de esbardallar e tamén de frivolizar!

Anónima dijo...

Vaia descubrimento, Monxardín. Claro que esas palabras galegas están máis perto do seu étimo que as castelás, como a maioría. Imaxino que llo terás explicado moitas veces ao teu alumnado.
Moi boas e apetecibles esas dúas recetas. A min encántanme as dúas linguas:estufada e en friame. O importante é saber preparalas axeitadamente para que os demáis as podan saborear a pracer.

Anónimo dijo...

Outra variante de como botar balóns fóra.

Anónimo dijo...

En fin: a outros páganlles por escribiren das nécoras que paparon no Carretas e mesmo hainos que din que como en Galicia non se come en ningures.

Anónimo dijo...

Non o dí pero a Monxardín a que lle vai é a lingua de Rajoy.

A.V.Monxardín F. dijo...

O imbécil que se arrisca de inquisidor que escribe o último anónimo, como ben se ve, non ten tanta preocupación da lingua como doutros temas externos. Por suposto, pódelle gustar ou non o que escribe o Sr. Monxardín, que, dito sexa de paso, son eu. Pero o que non pode negar é que escribe en galego na prensa desde hai anos ¿Ou pódeme facer lista de artigos en castelán? Cousa, por outra parte, lexítima de seu. De aí, o que se deduce non é o interese do anónimo pola lingua, -non hai tantos colaboradores que “metan galego” nos xornais en castelán- senón que vostede quere dirixir incluso opinións desde o escuro tobo do anonimato. Se o Sr. Monxardín quixese escribir en castelán, xa o faría. Pero mire que cousas, prefire escribir nos xornais en galego. Fundamentalmente por dúas razóns: Primeira, porque lle peta, e segunda porque lle sae do carallo, con perdón da súa cara. E taxencialmente, para tratar de superar a identificación galego-repugnante que vostede representa. Un saúdo. Corto.
PD/ Por certo, en Galicia cómese como en ningures.

Atemperado dijo...

Despois de ler, Sr Monxa, o seu último comentario recordei unha frase que moito repetía de cativo "O que se pica allos mastica".
Non se alporice deste modo nen perda as formas que a cousa non lle é para tanto. Claro , a todos nos asiste o dereito de escoller a lingua na que nos expresamos e celebro que sexa , o galego , a súa , pero o que os anónimos lle recriminan ( por certo eu son o primeiro) e a súa falta de compromiso na trapallada esa do decreto do galego no ensino. Non ten porque facelo, e menos neste foro, pero gustaríanos que, en tema tan serio e sendo profesor que escribe en galego, se deixase de cachondeos e se mollara. Amén.

o mesmo, pero disimulando dijo...

Sempre fala un coxo á porta dun lisiado, dicía o sabio don Pobo.

Que iradamente se chame imbécil a que discrepa dunha perfecta imbecilidade, non deixa de ter o seu aquel.

Xa sei, xa sei, non fai falta que mo diga, que existe a ironía, señor Monxardín, pero, en fin...

Anónimo dijo...

Algúns, canto máis presumen de demócratas, tolerantes e liberais, máis lles sae a vea estalinista da que disque abominan.

O virachaquetismo seica prendeu nalgúns "intelectuais" que din ir "por libre". Como o ínclito Anxo Lorenzo, que defendeu en 2008 modelo lingüístico-educativo do bipartito, con estas palabras:

Cal sería a política priorizable na recuperación do galego? “Creo que no ensino. Temos un decreto do 50% (das materias) como mínimo e creo que esa debía ser unha proridade; que se aplique, porque de feito xa está aprobado, polo que non habería que crear unha nova norma, só aplicalo, que se aplique con rigor e seriedade, simplemente iso”.

Estes son os mintireiros e adaptáveis chaqueteiros que teremos que aturar co PP.

Un coñecido dijo...

Logo de ler o seu artigo e como resposta aos comentarios, Coido señor Monxardín que debería deixarse destas cousas de polémicas e artigos e retirarse a privacidade ou adicarse a outras cousas que si fagan ben, dígollo en serio.

Anónimo dijo...

Para A V-M:
É o malo de ter sentido común coma a tés ti. Tranquilo. Pero que saibas que, de estar noutros paises seguramente admirados polos que te critican, ou non estabas en liberdade ou non estabas. Por desgracia, as cousas sonche asi. E burros, pois mira, en castelán, en galego e mais en albano-kosovar. Entrar en liortas con eses imbéciles fai subir as transaminasas máis que catro vasos de viño; así que, amigo meu, vai beber o viño e deixa que rebuznen. Se rebuznan, modificando o texto orixinal, é que cabalgas. Unha aperta, amigo.

Un coñecido dijo...

Home está moi ben apoiar aos amigos, pero non se hai que cegar. O artigo é evidentemente malo e as respostas desasfortunadas. Negalo e afirmar o contratio é cair na enaxenación. Consérvese o sentido común, que non é para tanto.

AVMF dijo...

Vou tomar un viño. Prometo non volver responder, etc.
Luís, ponme un Ribera de Duero. (Uy, perdón, que me miran: Un mencía da Ribeira Sacra, dixen.

Xosé M. González dijo...

Non me parece que o artigo sexa malo, nin moito menos evidentemente; o oficio estilístico do autor, que non lembro encontrar desmentido en ningunha entrega lida, converte en moi inadecuado o adxectivo descualificatorio. Outra cousa é a discrepancia ou insatisfacción coa semántica; e aí podemos falar.

Eu, por exemplo, alén da literalidade gastronómica, dinlle un par de voltas á moi probable intención alegórica. E á marxe do inconveniente que resulta renunciar a unha de dúas linguas efectivamente posuídas, na tesitura que corre escápanme claves posibles de alusión á actualidade: ao proxecto de decreto, polo tanto. Tendo en conta que,virtualidade eliminatoria unha lingua na educación infantil, descoñecendo se o articulista ten aínda algún fillo tan noviño... ¿a que se pode estar referindo, se a algo, en relación co produto da casa Feijoo (non sei se exactamente confeccionado polo chef Lorenzo)?

Ignoro, xa que logo, por que Monxardín escribiu este artigo, se hai máis intención cá de unha vez máis facer patente o valor e conveniencia dilingual. Pola contra, dúas cousas penso saber e daquela manteño: primeiro, na materia e problema nos que andamos, Monxardín é un amigo; segundo, resulta sincrónica e diacronicamente obvio que non privilexia a lingua castelá, non sei se a de Cervantes. Que igual don Miguel tivo o galego como lingua propia. Se o anónimo, máis ca sutilmente, quixo dicir iso, parabéns pola sutileza e retranca que nos confundiu.

Se non, prégolle reparar na probable estupidez proferida, mesmo como hipérbole. A non ser que nin haxa esaxeración nin simpleza, e o carácter e intención de quen escribiu tal cousa (ben saben que a pantalla terma de todo, con impunidade mesmo perfecta) sexan ben distintos do que don Afonso e outros máis colixiron. Hai diversas formas de enredar, algunhas arredadas do xogo inocente.

Xosé M. González dijo...

Non me parece que o artigo sexa malo, nin moito menos evidentemente; o oficio estilístico do autor, que non lembro encontrar desmentido en ningunha entrega lida, converte en moi inadecuado o adxectivo descualificatorio. Outra cousa é a discrepancia ou insatisfacción coa semántica; e aí podemos falar.

Eu, por exemplo, alén da literalidade gastronómica dinlle un par de voltas á moi probable intención alegórica. E á marxe do inconveniente que resulta renunciar a unha de dúas linguas efectivamente posuídas, na tesitura que corre escápanme claves posibles de alusión á actualidade: ao proxecto de decreto, polo tanto. Tendo en conta que, escoller, só se escolle con virtualidade eliminatoria unha única lingua na educación infantil, descoñecendo se o articulista ten aínda algún fillo tan noviño... ¿a que se pode estar referindo, se a algo, en relación co produto da casa Feijoo (non sei se exactamente confeccionado polo chef Lorenzo)?

Ignoro, xa que logo, por que Monxardín escribiu este artigo, se hai máis intención cá de volver facer patente o valor e conveniencia dilingual. Pola contra, dúas cousas penso saber e daquela manteño: primeiro, na materia e problema nos que andamos, Monxardín é un amigo; segundo, resulta sincrónica e diacronicamente obvio que non privilexia a lingua castelá, non sei se a de Cervantes. Que igual don Miguel tivo o galego como lingua propia. Quixera o anónimo, máis ca sutilmente, dicir iso, e recibiría o meu parabén pola sutileza e retranca que nos confundiu.

Se non, prégolle reparar na probable estupidez proferida, mesmo no caso de hipérbole. A non ser que nin haxa esaxeración nin simpleza, e o carácter e intención de quen escribiu aquilo (ben saben que a pantalla terma de todo, con impunidade mesmo perfecta) sexan ben distintos do que don Afonso e outros máis colixiron. Hai diversas formas de enredar, algunhas ben diversas do xogo inocente.

Un coñecido dijo...

Quen o mira Monxardín?. Os ultranacionalistas?. Témome que eses nacionalistas só existen na súa imaxinación e úsaos vostede non como personaxes senón coma títeres. Un prexuizo construido a conciencia que lle permite descalificar con indolencia. Outra cousa é a realidade.

Impelido pola valoración de Xosé Manuel González, relerei o artigo.

Un coñecido dijo...

Nun momento en que moitas persoas sinten un dos seus sinais de identidade ameazado, o artigo de Monxardín non sei se consciente ou inconscientmente eleva o grao de tensión cun chocarreiro cinismo.
Primeiro fai unha afirmación falsa, a de que a función crea o órgano, fronte a teoría evolutiva xeral, científicamente aceptada, Monxardín permanece no Lamackismo. Nunca a función crea o organo. De seguido o autor suxire a evitabillidade dunha elección de idioma. Mais non é cuestión de gustos senón de lingua propia e ameazada e lingüa allea que é unha obriga coñecer. E por suposto que hai que escoller, porque non se poden falar as dúas linguas ao mesmo tempo, e os espacios de uso teñen un valor simbólico. Monxardín tenta a banalización do conflicto cun paralelismo entre a lingua como organo e a lingua como idioma, pero non hai vasos semánticos comunicantes entre as dúas, e a ambiciosa figura literaria queda frustrada. Por unha banda os pratos culinarios e por outra o idioma. A desesperada apelación final aos amigos da (M)mesa entendese como unha chamada a amizade para sair do apuro.
Teño lido artigos mellores, moito mellores de Monxardín pero este Xosé Manuel coido que quedaría mellor na gaveta.

XDC dijo...

"A función crea ao órgano", non é lamarckismo, é darwinismo. Non se refire á función no individuo, senón na especie.

Anónimo dijo...

Viñeta do Carrabouxo sobre o cacitato hereditario ourensán censurada na "Región": aquí

Anónimo dijo...

Señor XDC, non sabe vostede o que di, recomendolle que se informe, mire por exemplo a ultima entrega de Castrodeza. A ignoracia é moi atrevida.

Anónimo dijo...

Moi agudo o Carrabouxo, lembro aquel que dicía que Rajoy tiña un bistec na boca. Sen dúbida poderiase preparar con ela un magnifico prato.Abundante azafrán no centro e moito pementón nos extremos.

Anónimo dijo...

Coa censura expresan a súa impotencia os inimigos da liberdade, por moi sensatos que pretendan aparecer e por moito sentidiño que pretendan ter. Os censuradores son uns miserabeis cunha ansia desmedida, todo baixo deles, e ao que sobresalga devecen por cortarlle a cabeza. Queren un mundo axustado a súa corta medida,un mundo infeliz.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónima dijo...

Se lles houberas dado de lado, Monxardín,aos comentarios tan simplistas e faltos de intelixencia, houberas quedado moito mellor que coa túa resposta tan inelegante e impropia dun profesor que debe ser paradigma de bo falar cando o fai na súa clase ou en público (o blog é visitado por quen queira achegarse a él).
Cando fago esta consideración, penso nun principio pedagóxico: sexa cal for o idioma, cómpre falar ben, entendendo por tal facelo con propiedade, corrección e decoro (oral ou escrito)debidos.
En calquera lingua, Monxardín, aínda que incomode moito a identificación con Rajoy.

AC dijo...

Supoño que como galegofalante confeso, Monxardín irá a fola do 21, para que o galego non vaia a menos. Que menos, non!

detective crepuscular dijo...

Leo: "La relatividad general de Einstein es, en términos técnicos, perturbativamente no renormalizable, lo que quiere decir que las fuertes no linealidades de la relatividad general son intrínsecas a la teoría, y cualquier planteamiento que pretenda considerarlas débiles es, simplemente, autocontradictorio." Que que significa isto? Nada, que vai significar. Unha coña coa que o "físico reconvertido ao posmodernismo" Alan Sokal ridiculizara a Derrida, Lacan, etc., alá polos anos 90. Logo daquilo viñera o libro IMPOSTURAS INTELECTUAIS. Nada, que a frase do Sokal non significa nada, que non ten nen pés nen cabeza, que non hai por onde collela, que se trata dunha farsa. A non ser, claro está, que Xosé M. González lle dea duas voltas por aquilo de buscarlle "intencións alegóricas". Pois co artigo do Monxardín pasa outro tanto. Quen mellor o viu foi quen abriu fogo: "Vostede é un Larpeiro que quere poñerse a manducar o mais axiña!" (Trebi). Manducar e libar, diría eu. E Monxardín tamén: "Vou tomar un viño. Prometo non volver responder, etc." Pois iso, amigos e amigas, papar é tomar un viño. Parecedes Derrida, Lacan, Deleuze, Baudrillard, Kristeva. Guindádesvos como lobos ás "intencións alegóricas" do artigo e o Monxardín o único que procuraba era un pouco de manduca e líquido elemento. AC, claro que irá á folga do 21, non teñas dúvida. Xa me encarregarei eu de acompañalo con uns bons Ribera de Duero. Xa verás se vai ou non vai.

UC dijo...

Coido señor detectivesco que o texto de Monxardín non é unha impostura intelectual, as súas deficiencias están a vista e non enganou a ningúen. Sokal, si, e de feito o artigo foi reseñado como meritorio e referenciado en outras revistas. A impostura intelectual quizais lle corresponda mais a Xosé Manuel González que pretendeu que apreciaramos o que a todas luces é depreciabel, e que por tanto el tampouco puido apreciar.

Xosé M. González dijo...

A min escápame, coñecido (meu?), en que apuro pode ou puido andar metido o Monxardín neste caso. Eu quería dicir, basicamente, que el escribe ben e que eu alcanzaba mal o sentido ou intención da entrega que comentamos; que o autor saberá por que a escribiu e eu non me vexo quen de cuestionarllo. Noutra orde de cousas, maniféstolle a vde. coincidencia con parte non menor da súa perspectiva; pero tamén que estamos a defender un cincuenta por cen. Ben me entenderá, e tamén o feito de que eu procure comprensión e conciliacións varias na medida do conveniente e posible.

Algo, isto último, que moito xogo lle adoita dar ao Detective do Serán. Pensándoo máis dunha vez, non deixará de producir satisfacción volverse fonte lúdica ou inspiratoria, así, sen mancarse. Nin moita acritude, e iso que aínda non ceei. Vamos a iso.

Anónimo dijo...

Señor Xosé M. Gonzáles: se suprimira vosted a metade de sustantivos (nominalizacións) que emprega e os subtituíse por verbos cun suxeito e un predicado, moitos daríamos entendido o que nos quere transmitir. É unha crítica que seguro vai saber encaixar.

O sr Monxardín non irá á folga. Non cre nela e, ademáis, descontan pasta da nómina que recibe sen falta cada mes.

Baltar fillo sairá elixido por obra y gracia do Pai. Finalmente, o decreto do galego sairá para adiante e axudará co tempo a diminuír o número de rapaces que lle dan as costas ó galego.

Anónimo dijo...

AVM non beberá un Ribera del Duero. Ata aí poderíamos chegar. Para non eanfadar a algúns terá que beber un Ribeira Douro. Puntualicemos.

XDC dijo...

Xa sei que "a función crea o órgano" é un "resume" das tesis de Lamarck. Aplicábao a individuos. Pero admite re-interpretación en termos darwinianos se falamos de especies. Lóxicamente, a palabra "creación" non ten o mesmo senso nos dous contextos. Nun de eles é un senso "teleolóxico",e no outro "teleonómico".

XDC dijo...

O senso sería :a necesidade da función "crea" (teleonómicamente) o órgano.
("Necesidade", no senso habitual da palabra, e non no do filosófico, oposto a "continxencia").

XDC dijo...

Resumindo: As escobas "fainas" o fabricante de escobas . Pero "creounas" a necesidade de ter a casa limpa.

Anónimo dijo...

Só faltaba que Monxardín non fose a folga, entón si que vai quedar marcado por muito que fale galego.

Anónimo dijo...

Ese día As uvas deberían porse tamén en folga. Que menos!

arume dos piñeiros dijo...

Aquí temos unha variedade oposta á máxima da polémica: aquí creamos o órgao e despois mirámoslle ou buscámoslle a función. Aínda hai algúns que están nesa fase de búsqueda.
E non falo (do verbo falar), obviamente, das deputacións.

d. c. dijo...

Don Arumes, desta espero que coincida comigo: ao orgao, mais que a función, o que hai é que buscarlle a fricción.

arume dos piñeiros dijo...

No caso de Darwin, ciencia fricción.

Xosé M. González dijo...

Íalle falar algo ao anónimo cuarto pola cola, pero é moito máis interesante a deriva organicista. Quítome, con Monxardín, do centro continxente.

Anónimo dijo...

Fricción sen función, e unha total perversión.

Anónimo dijo...

"Quítome, con Monxardín, do centro continxente."

Unha frase para a historia.
E todo un descubrimento, o de que a continxencia ten centro e periferia, supoño que regulado pola maior menor ou nula necesidade, vamos, que XMG arranca con Monxardín cara o azar.

Anónima dijo...

Canto pedante, canto machito e canto descerebrado! Non é difícil adiviñar que teñen no canto do cerebro. Que nivel!

MUNILLA dijo...

Pedantes machitos descerebrados, escuchad la voz del espíritu santo que viene a salvaros de vuestro atroz materialismo, causa de todos los males de este mundo.