18 ene 2010

A RAG ve "inaceptable" e "inconsistente" o borrador do novo decreto
Xornal.com, 18/01/2010

A Real Academia Galega pide á Xunta que "rectifique" a súa postura xa que o texto "non se sustenta legal non pedagóxicamente"
A Real Academia Galega (RAG) cualificou hoxe de "inaceptable" e de "inconsistente legalmente" o borrador do decreto do galego no ensino non universitario, ademais de reclamar á Xunta que "rectifique" a súa postura e aposte polo "consenso" e un acordo social "integrador" para a aprobación dun texto destas características. O secretario e presidente en funcións da institución académica, Manuel González, destacou que o informe sobre o borrador presentado polo Executivo galego "expresa sentir da totalidade da Academia", xa que foi aprobado por "unanimidade" no plenario que esta institución celebrou o pasado sábado. Así mesmo, indicou que se trata dun "documento razoado e fundamentado" e remarcou que, entre outras cuestións, rexeita a posibilidade dunha consulta vinculante entre os pais sobre o uso do galego "que non se sustenta legal nin pedagoxicamente", apuntou. Tamén reclamou unha "discriminación positiva" no ámbito educativo para este idioma e criticou que as bases da Xunta "zumegan pouco afecto pola lingua galega".
TEXTO COMPLETO DA ANÁLISE DA RAG: http://www.anosaterra.org/media/media0000020309.pdf

43 comentarios:

apicultor dijo...

Moi completo, sistemático e contundente (tamén algo farragoso na redacción). Parabéns á RAG. Deu a talla, como non podía ser doutro modo.

arume dos piñeiros dijo...

Coincido co do paréntese. Menos mal: pensei que era eu só o que vía así.

Xosé M. González dijo...

Algunhas pasaxes singulares:

As políticas lingüísticas, non só escolares, son un xénero das políticas da promoción da igualdade efectiva. Buscan que a diferenza deixe de ser unha realidade anormal, buscan facer normal a diferenza e por iso o Tribunal Constitucional fala, con rigor, de normalización. (4.1. Páxina 2).

A inmersión é un método didáctico simple, eficaz e avalado polo Consello de Europa; pero é un simple método de aprendizaxe, non é un proceso de limpeza étnica. (4.2. Páxina 3).

La misma sentencia 337/1994, junto a la 137/1986, avala que la lengua gallega pueda servir de vehículo de comunicación con carácter general en la enseñanza y centro de gravedad del modelo de bilingüismo, al exigirse en los estudios básicos no sólo su aprendizaje como materia curricular sino su empleo como lengua docente, estando habilitados, pues, los poderes públicos educativos para organizar la enseñanza de dicha lengua cooficial estableciendo su uso en atención a los objetivos de normalización lingüística, por lo que resulta constitucionalmente legítima la exigencia de utilización con carácter general, y sin exclusivismos, asimismo por parte del alumnado, desde la única perspectiva de los derechos fundamentales que se dicen vulnerados, que es la que aquí nos corresponde examinar, pues aquel carácter general permite la modulación en casos concretos. En este punto conviene destacar la relación de sujeción especial con la que están vinculados los alumnos, tal como destacó la sentencia del Tribunal Supremo de 17 de abril de 1996 (TSXG, Sentenza 1084/2007). (Cita en 4.2. Páxina 4. A marca en negra é miña).

A Constitución Española non só non lles recoñece aos pais o dereito a elixiren a lingua do ensino senón que, pola contra, como se viu no punto 3., admite, coa mesma condición, que o centro de gravidade do ensino estea na lingua cooficial local para corrixir desequilibrios históricos. (6.1. Páxina 5).

É ben sabido que, aínda que a lexislación preceptúa niveis de galeguización do ensino, en moitos Centros non se acadaron os mínimos. Os sucesivos Gobernos galegos non acadarían os resultados que lles marca a lexislación, de non existir nos claustros un voluntariado que leva anos formándose en pedagoxía, renovando os seus métodos, buscando descubrir dende a realidade galega do alumno a realidade do mundo enteiro e creando materiais didácticos novos. Unha parte importante destes artífices da renovación didáctica de Galicia ensina en galego. E son eles os que, case sempre, equilibran as baixas porcentaxes de presenza do galego no ensino, esas estatísticas que o Estado Español debe presentar ao exame do Consello de Europa que cada tres anos controla o cumprimento da Carta Europea das Linguas. Ben, pois a intervención vinculante dos pais podería resultar desalentadora para este voluntariado e faría moito máis tensa a vida dos Centros. (6.3.2. Páxina 6).

¿Cal é a lingua materna, cando os pais sempre falan galego pero os fillos falan castelán, por botaren horas ante un televisor en castelán mentres os pais están no traballo? ¿Vale como lingua materna aquela que os pais realmente falan ou vale aquela que se vexan forzados a considerar máis importante para o seu fillo? ¿Como se desambigua isto? (7.4. Páxina 8).


Un texto coma este precisa ser denso; logo, compliado para uso xeral. Con todo, sería bo puntualizar pasaxes obxectables ou argumentacións non diáfanas.

Anónimo dijo...

Ese "como non podía ser menos", escrito por APICULTOR, non sei a que ven. A non se que pense que a RAG posúe o don da infalibilidade. Pero, que se saiba, a Academia no é a Igrexa dos galeguistas, non si?

apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
apicultor dijo...

Ese "non podía ser menos" vén a conto de que moitos -seguramente tamén vostede- afirmaron de que a RAG non se ía posicionar dun xeito tan claro e rotundo, e que só o ía facer dun modo morno e condescendente co poder.

Ben estaría que recoñecesen que só se baseaban en infundados prexuízos e que, en consecuencia, non escatimen agora os xustos eloxios, como está a facer vostede nun alarde de cicatería.

Etxe dijo...

Creo, despois deste pronunciamento, que debe ser a RAG peza clave na recuperación dese consenso e pulo normalizador. Seria desexable que a Secretaría Xeral de Política Lingüística fose consensuada entre amplas maiorías parlamentarias, a ser posible unanimidades, para que non rexurdise o probelma cada elección.
Academia, Graciñas e chapeau.

DO CASTELO dijo...

É em defesa da cultura que convido todos os interessados a participarem nos VIII Jogos Florais de Avis, uma iniciativa dos Amigos do Concelho de Aviz – Associação Cultural e cujo regulamento pode ser consultado em: www.aca.com.sapo.pt
Fernando Máximo

Anónimo dijo...

Ai! Apicultor, válgame el sielo con ese "dequeismo"!!! ("afirmaron de que a RAG...")

Anónimo dijo...

Pero, claro, caro Apicultor tamén no escrito da RAG hai xa no primeiro parágrafo unha falta grave de puntuación: a coma despois de "lingua galega" está de máis, pois o antecedente do relativo "que" supoño que será "retroceso", e na redacción enguedéllase todo: quen "infrinxe"?, a lingua galega?, o proceso de normalización??? Ai, ai, ai!!!

1. As Bases que se analizan poderían producir un retroceso no proceso de normalización da lingua galega, que infrinxe a lexislación vixente e maila xurisprudencia...

apicultor dijo...

Xa me decatara, anónimo. Pero foi a causa de corrixir unha primeira redacción polo quedou ese "de que" sen modificar. Non adoito caer neses erros (noutros si, non son infalible). E respecto do texto da RAG, asegúrolle que eu non tiven que ver nada na súa redacción, así que a min non me diga nada.

Boa noite.

Xosé M. González dijo...

Que conste que a mencionada coma no texto da Academia, sen ser normativa nin necesaria, pode estar usada con intención enfática e para mellor vertebrar un texto particularmente denso.

En diferente orde de cousas: subscribo no esencial as propostas de Etxe, se ben non creo que a parte máis anti normalizadora vaia acepta a Academia -despois disto- como factor ou fulcro de consenso.

Por outra banda, seguramente deberiamos ir recoñecendo ou entoando algún mea culpa con respecto ao pasado. Así, non nos ocupamos dabondo en facer diáfano o sentido pedagóxico, instrumental e afectivo dun ensino con altas porcentaxes de galego; probablemente abusamos do fágase dimanante do lexislado cando procedía desenvolver e explicar comos e porqués.

Non sei se o texto académico debía puntualizar isto. Sei que aínda pode facerse.

Un coñecido dijo...

Afortunadamente a RAG transmutou dende os desgraciados discursos de Láncara. Manolo González móstrase brillante na súa presidencia en funcións e inaugura un tempo de maior compromiso da institución coa lingua. Mais non vai ser o punto fulcral de ningún consenso arredor do borrador do decreto. O decreto vai sair sancionado como lei pero tremendamente deslexitimizado, unha lei inxusta ante a que cabe democráticamente a resistencia e a desobediencia. O importante agora é que os defensores do idioma, gañamos esta partida, pero hai que prepararse para a próxima que vai comezar axiña:

" la cúpula popular decidió ayer activar una campaña para hacer pedagogía en las calles del país sobre los objetivos del embrión del decreto" (La Voz de la Galicia)

O embrión do decreto é o "ovo da serpe", ameazanco no tempo como na pelicula de Bergman.

Etxe dijo...

Sería fundamental, claro, que a mani do xoves estivese protagonizada por xente con esas bandeiras bracas e azuis que a todos deben unir.
Se o que vemos é un mar de bandeiras estreladas, e pancartas de partidos e sindicatos,dáse a entender que é máis importante "capitalizar" que potenciar unidades.

Un coñecido dijo...

Etxe, mostrase vostede pouco democrático, deixe que cada quen concurra cos símbolos de defensa do galego que considere axeitados. Non entendo esa presión para que se sacrifique a liberdade de expresión co obxectivo de manter a marxe da política a un hipotético cidadán galeguista virxinal. Esa fantasmogoría resultou xa sobradamente desmovilizadora. Os tempos cambian.

Anónimo dijo...

Acaso non é un grande xesto autoritario e manlipulador ocultar ou suprimir a pluralidade?

UC dijo...

As unidades daranse pola iniciativa autodeterminada das diferentes identidades, non porque alguén porte unhas esencias que lle permitan sinalar o que é "fundamental".

Anónimo dijo...

Mais democracia,é o que compre señor etxe.

Etxe dijo...

Poden vostedes alcumarme de 1) Pouco democrático, 2) Galeguista virxinal 3) emisor de grandes xestos autoritarios, 4) Manipulador 5) O que vostedes gusten, pero creo que era mellor levar os símbolos que unen. E de paso facer reflexión á parte de se a viga no ollo alleo non habera algo de palla no propio. Que se cadra dá ara facer unha meda.

Xosé M. González dijo...

Nun centro que coñezo ben, hoxe ás dúas, apuntaranse na folla da folga dezaoito profesores: máis dun corenta por cen, e mañá igual hai máis. Non teño memoria cabal da participación no paro longo de cando era Maravall ministro de Educación; fóra diso, nunca outra é recordada coma esta, cando menos desde o 1985.

Dos folguistas anunciados, só unha parte se identifica ou ve como parcialmente propias a bandeira estrelada e mailas pancartas partidistas. Eu quero que estas estean presentes e ben visibles na manifestación; ora ben, se a súa abundancia chega ao extremo de aparentemente conferir carácter, córrese o perigo de que a maioría social se identifique menos. Se esta, esta, , esta, outras e, principalmente, esta debían ser referencia moi principal.

Anónimo dijo...

[As unidades daranse pola iniciativa autodeterminada das diferentes identidades, non porque alguén porte unhas esencias que lle permitan sinalar o que é "fundamental".].
Joder, ¿y alguien escribe eso y puede seguir viviendo sin suicidarse de inmediato? "Unidades", "iniciativa autodeterminada", "diferentes identidades", "esencias" y "fundamental". Un discurso que podrían firmar Franco o Fidel Castro o Rouco Varela o Gonzalo Fernández de la Mora: en una frase de tres líneas, media docena de estereotipos. La puta... Lo que es la ficción estará en horas bajas pero el vacío del discurso se mantiene.
Fdo.: La pertinaz sequía.

Anónimo dijo...

ANPE tamén apoia a folga de mañá. Será todo un éxito da cordura e do bo sentido.

UC dijo...

Etxe, non o alcumo, tento interpretar o que di, nada mais. A súa posición é unha mais, e que imos ter que acreditar na súa para poder reunirnos, e que se vai como vostede di ou non se vai?. Propón vostede unha forma secularizada de dogma.
E se me ve algunha palla no ollo que eu non advirta, sináleme, quedaríalle agradecido.

Señor Anónimo españolista, para rebater, por favor, mellores argumentos que os que se tentan rebater...o demais sobra.

UC dijo...

Etxe, non o alcumo, tento interpretar o que di, nada mais. A súa posición é unha mais, e que imos ter que acreditar na súa para poder reunirnos, e que se vai como vostede di ou non se vai?. Propón vostede unha forma secularizada de dogma.
E se me ve algunha palla no ollo que eu non advirta, sináleme, quedaríalle agradecido.

Señor Anónimo españolista, para rebater, por favor, mellores argumentos que os que se tentan rebater...o demais sobra.

Anónimo dijo...

UC: Non, españolista non. Poliglota. Como Cunqueiro, por certo. Ou Dieste. Ou Blanco Amor. Ou Otero. ¿Sigo, mangallón? E, por certo, non sei que teño que argumentar se vostede non foi quen oporse ao que eu escribín. E se non hai argumentos (eu argumentei as miñas opinións, mellor o peor; vostede non) que rebatir, un fai o que fai vostede: outra vez o baleiro das verbas. Seguro que lle saen algúns esloganes na manifestación. Creo que hai ún moi orixinal e bonito, así tipo Luar, que din algo coma "ó pobo unido/lle gosta ser fodido". Máis ou menos. Para rematar: Feijoo vai encabezar a mani.

UC dijo...

Políglota e españolista que unha cousa non quita a outra.

Un argumento: "As unidades daranse pola iniciativa autodeterminada das diferentes identidades, non porque alguén porte unhas esencias que lle permitan sinalar o que é "fundamental".

O contra-"argumento" do españolista:
"Joder, ¿y alguien escribe eso y puede seguir viviendo sin suicidarse de inmediato? "Unidades", "iniciativa autodeterminada", "diferentes identidades", "esencias" y "fundamental". Un discurso que podrían firmar Franco o Fidel Castro o Rouco Varela o Gonzalo Fernández de la Mora."

A evidencia sinala a capacidade intelectual, xuzguen vostedes mesmos!

Etxe, estiven na manifestación en Compostela, había moitísimas bandeiras, pero non vin ningunha sen estrela bermella. Supoño que se fose vostede levaría unha para expresar simbolicamente como, ao seu ver, debe defenderse a lingua propia de Galiza. A pluralidade hai que defendela.
O que vin foron moitas e fermosas camelias simbolizando a lingua renacida da Galiza.

Un saúdo a todos neste grande dia no que quedou claro e manifesto que a defensa da lingua galega é xa cuestión de masas e que o tempo dos pesimistas comenenciudos e entreguistas xa pasou.

Etxe dijo...

Non sei quen é vostede sr. UC para ver as posibles pallas que teña nos ollos. Serguro que algunha terá, pois todos temos.
Non fun á mani, non por alerxia textil, senón por razóns laborais. Pero xa me vai a descendencia. Das pallas que temos -ou fixemos- nós, ou sexa os galegoescribentes e galegopromocionantes, xa lle contarei noutra ocasión que o dentista agarda. Que medo.

Etxe dijo...

Por certo, sr. UC, non lle está ben acabar a súa intervención con ese "o tempo dos pesimistas comenenciudos e entreguistas xa pasou", porque hai que acabar sempre en positivo os discursos. Tratar de ligar e non de alcumar, que a cousa non lle está mellor ca hai corenta e oito horas.
E temos que ligar ás maiorías sociais, non só ás maiorias manifestantes. Voume, que non me paran de chamar.

UC dijo...

Agardo que a súa función co dentista fose do mais rutinaria e non teña a estas horas ningunha molestia señor Etxe.

Que o tempo dos pesimistas comenenciudos e entreguistas pasara, coido que algo moi positivo e que abre un novo tempo
moi positivo para Galiza.

Se a cousa esta mellor ou peor que hai corenta horas, habería que preguntarllo a Feijoo, a Anxo Lorenzo e ao flamante Conselleiro de Educación.

Cando alguén ten que defenderse como Feijoo dicindo que " respecta a manifestación masiva e silenciosa que os galegos realizaron nas urnas o pasado 1 de marzo, que o situou á fronte da Xunta.", reflexa a súa inseguridade e serio temor ante uns acontecementos que van moito máis aló dunha patexada nacionalista ao uso nos tempos de Fraga.

As razóns laborais supoño que serían os servizos mínimos, mais como bó cidadán galego comprometido coa lingua agardo que se apuntase igual na lista dos folguistas e da descendencia non se fie, fan, como debe ser o que acordan consiguo no seu libre albedrío, e de representar, a verdade bastante teñen con representarse a si mesmas/os.

Por último, a deslexitimación do decreto acadou seu cenit. Con sorte o PP seguirase equivocando.

Etxe dijo...

Sigo notando que acaba mal as entradas, Sr. UC. ¿Como que "con sorte o PP seguirá equivocándose"?

¿E logo vostede non quere que a cousa se arranxe? ¿Non sería mellor que o PP acertase e se aviñese a unha solución do problema? ¿Sería tamén unha sorte que se equivocase co da fusión das Caixas?


Eu, Sr. UC, quero que acerten os que estean no poder para mellor gobernación da xente. E aínda así,asegúrollo, habiamos cambiar de cando en vez.
Que goberne o problema da lingua, que anime á xente, que estableza avances, que logre consensos, que dite normas, etc. gustaríame que o fixesen todos. Especialmente o que ten a tixola polo rabo ou o boi polos cornos.
PD/ Non me gustou a pancarta en portugués, como non me gustaría alí unha que reivindicase o castelán. Esa é unha das pallas.

apicultor dijo...

Que pesadez a xente que se dedica a expedir certificados e a escrutar "tibiezas" nos demais desde unha suposta pureza que nunca é tal. Neste caso, o señor UC, ou sexa, o mesmo de sempre. A falta de ter algo que dicir cun mínimo de interese, sempre se recorre ao cansino formato ad hominem. O de sempre.

UC dijo...

-Ainda así, dime, quen es.
-Unha parte daquela forza que sempre quere o mal e que sempre practica o ben.
Goethe, Fausto.


Do PP sabemos as intencións co idioma, outra cousa vai ser o resultado eu confio a astucia da razón hegeliana se active neste caso.
Por outra parte, de ad hominem nada, dende a diferencia, simpatía e cordialildade e respetos como אנוסים.

Apicultor no se cele, xa lle adicarei algo de tempo (se quere)

apicultor dijo...

Non, non, por favor, déixeme estar así, señor UC, non me dedique tempo ningún. Moi agradecido, sempre seu.

Anónimo dijo...

Xavier Queipo, escritor:

No libro("Felices e diferentes", Laiovento) é moi crítico cos que vostede denomina “escritores orgánicos”.

Si, con aqueles que goberne quen goberne sempre están a carón do poder. Son os que escriben discursos presidenciais e tanto viaxaron con Manuel Fraga a Copacabana coma a La Habana con Ánxela Bugallo. A estratexia para non baixar da peaña é gardar silencio cando dicir o que se pensa incomoda. Pero que conste que entendo que o modelo de transición política tras o franquismo obrigue a que determinados intelectuais teñan esta actitude por pura supervivencia. Eu escollín outro camiño. Defínome coma inorgánico e iso supón nunca baixar a garda diante do poder. Un librepensador sabe que non pode contentar a todo o mundo e debe sinalar aquilo que está mal. En Felices e diferentes critiquei parte da xestión cultural do bipartito. Na presentación do libro, Xosé Manuel Beiras dixo que aquelas palabras foran un aviso de navegantes para o que despois pasou.

UC dijo...

Pois non sabe o que me libera o seu desexo Apicultor, xa non me sinto responsábel e se así non se perturba o seu espirito, moito mellor.

Moi ben por Xabier Queipo, os tempos están cambiando.

Comentábasase o día en que se presentou o borrador do decreto, mentres unha multitude manifestante marchabamos dende o Obradoiro a San Caetano que Feijoo mirando tras uns visillos dende a xanela do seu despacho, lle preguntou a Puy que estaba ao seu carón se iso era o comezo dunha revolta, e Puy contestoulle,
-Non Presidente, isto é unha transformacion política que non ten marcha atrás e que vai a desaloxar definitivamente a dereita españolista e os galeguistas oportunistas do poder en Galicia.

Anónimo dijo...

Carallo. Un vidente.

Anónimo dijo...

Lendo a UC ún se pregunta se as siglas non se referirán a U(lo) C(erebro)?

Anónimo dijo...

UC non ten idea de nada, non se entera, só di tonterías, mellor que non apareza mais por este blog. Un completo analfabeto, un creido que como non ten argumentos ataca a xente.
Que diferencia respecto do Apicultor e os demais que participan cos seus sabios comentarios. Que se faga xustiza e se lle vete a entrada polo ben do blog.

apicultor dijo...

Ei, a min non me metan nas súas liortas, se fan o favor. Grazas.

Anónimo dijo...

O Apicultor ten toda a razón.

apicultor dijo...

Pois nesta ocasión si que a teño. Noutras, non lle sei.

Club de Fans do Apicultor dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

he!, he!, he!...