21 feb 2010

Premios AELG 2010
Finalistas:

Blog Literario
A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org/), de Francisco Castro
As uvas na solaina (http://asuvasnasolaina.blogspot.com/), de Marcos Valcárcel
Axenda Cultural da AELG (http://axendaaelg.blogaliza.org/), de Algueirada (Acción cultural na rede)
Brétemas (http://bretemas.blogaliza.org/), de Manuel Bragado
Cabaret Voltaire (http://cabaretvoltaire.canalblog.com/), de Santiago Jaureguízar
O levantador de minas (http://olevantadordeminas.blogaliza.org/), de Alfredo Ferreiro

Ensaio
A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, de Manuel Forcadela
As razóns do galego. Apelo á cidadanía, de Henrique Monteagudo
Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero
Soñadores e Familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, de María Xesús Nogueira Pereira

Literatura Infanto-xuvenil (AELG-Gálix)
Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros
Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz
O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade, de Xesús Manuel Marcos
Valados, de Agustín Fernández Paz

Mellor traxectoria xornalística (AELG-Colexio de Xornalistas)
Belén Regueira
Ana Romaní
Xosé Manuel Pereiro
Bieito Iglesias
Manuel Rivas
Fran P. Lorenzo
Lino Braxe
Anxo Tarrío

Narrativa
Monte Louro, de Luís Rei Núñez
O cabo do mundo,de Xabier Quiroga
Unha historia que non vou contar,de Cid Cabido

Poesía
Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza
O pouso do fume, de Dores Tembrás

Teatro
Delimvois, de Rubén Ruibal
Medea dos fuxidos e outras pezas, de Manuel Lourenzo
Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa

Tradución
Flanagan. Flash-Back, de Jaume Ribera e Andreu Martín, en tradución de Isabel Soto
O museo da inocencia, de Orhan Pamuk , en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos
Obra dramática completa, de Sarah Kane, en tradución de Manuel F. Vieites
Residente privilexiada, de María Casares, en tradución de Ana Belén Martínez Delgado

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabéns, parabéns, parabéns

Pablo do Paso dijo...

Sen ánimo de criticar, moitos premios me parecen... deixaron algo para o ano vindeiro? Ou estes premios xa son per saecula?

anxo dijo...

Marcos e vós ben o merecedes. SAúdos a todos.

apicultor dijo...

Parabéns pola nominación.

Steiner en Xerais dijo...

O carácter ensimismado, autoalimenticio e de bombo mutuo da cultura galega é un feito. Se reparamos nos catro "ensaios" (en realidade, varios deles non son ensaios senón obras de investigación académica) seleccionados para os premios da AELG, todos son para libros que teñen como obxecto algo relacionado con Galicia. Entre os seleccionados non figura, por exemplo, Ao final do infinito, de Basilio Lourenco, dos poucos ensaios do 2010 que podía romper co devandito "ensimismamento". Tal vez porque fala do mundo e o seu autor non frecuenta os cenáculos onde se corta o bacallao.

antoniomoteroc@gmail.com dijo...

O meu sentido pésame a familia por o pasamento eo sufrimento durantes estos meses.
Antonio Montero
Fundación Wenceslao Fernández Flórez