Son as mulleres máis libres? "Non grazas ao novo ecoloxismo"
Unha recoñecida feminista francesa asegura que décadas de melloras en igualdade estanse a ver ameazadas pola "volta á natureza".
Vieiros, 12/02/2010
Cueiros reutilizábeis
Élisabeth Badinter ten novo libro: Conflit, la Femme et la Mere ("Conflito, a Muller e a Nai"). A filósofa francesa, recoñecida figura do movemento feminista no país galo, sae nesta ocasión en defensa das mulleres que deciden traballar fóra da casa e non ter fillos, informan os medios locais. Arremete contra a moda do discurso "naturalista" que relega a muller ao seu papel de nai. "Hai unha alianza do ecoloxismo, de La Leche League (fundada en 1956 nos EUA, estendida por todo o mundo e que promove o aleitamento materno), do feminismo naturalista e dos especialistas en comportamento humano, apoiándose uns nos outros" para xustificar o reparto desigual na parella. Badinter, de 65 anos e con tres fillos, cre que este "regreso á natureza" está a ameazar décadas de melloras en igualdade, forzando as mulleres a deixaren os seus traballos e a se converteren en nais da súa casa, escravas de 'modas verdes' como os cueiros reutilizábeis e a comida orgánica. Obrigáselles -afirma- a se sentiren culpábeis por non ficaren na casa e lles daren de mamar os fillos canto máis tempo, mellor. Mesmo durante a época de embarazo, fáiselles pensar que as epidurais son algo malo, asegura Badinter. "É como se fósemos femias de chimpancés", di.
Unha recoñecida feminista francesa asegura que décadas de melloras en igualdade estanse a ver ameazadas pola "volta á natureza".
Vieiros, 12/02/2010
Cueiros reutilizábeis
Élisabeth Badinter ten novo libro: Conflit, la Femme et la Mere ("Conflito, a Muller e a Nai"). A filósofa francesa, recoñecida figura do movemento feminista no país galo, sae nesta ocasión en defensa das mulleres que deciden traballar fóra da casa e non ter fillos, informan os medios locais. Arremete contra a moda do discurso "naturalista" que relega a muller ao seu papel de nai. "Hai unha alianza do ecoloxismo, de La Leche League (fundada en 1956 nos EUA, estendida por todo o mundo e que promove o aleitamento materno), do feminismo naturalista e dos especialistas en comportamento humano, apoiándose uns nos outros" para xustificar o reparto desigual na parella. Badinter, de 65 anos e con tres fillos, cre que este "regreso á natureza" está a ameazar décadas de melloras en igualdade, forzando as mulleres a deixaren os seus traballos e a se converteren en nais da súa casa, escravas de 'modas verdes' como os cueiros reutilizábeis e a comida orgánica. Obrigáselles -afirma- a se sentiren culpábeis por non ficaren na casa e lles daren de mamar os fillos canto máis tempo, mellor. Mesmo durante a época de embarazo, fáiselles pensar que as epidurais son algo malo, asegura Badinter. "É como se fósemos femias de chimpancés", di.
34 comentarios:
Hai moita fiminista disparatada, como a que iso escribe, e a propia Judith Butler. A natureza existe, e, de vez en cando, avísanos.
Imos desaparecer como cultura.
Porque non éramos adaptativos.
Alén diso somos depredadores de máis.
Refírome á cultura occidental, quen pare esas lindezas. Afortunadamente non se imporán maioritariamente.
Dame que é unha estratexia para polemizar e vender.
Estou de acordo coa escritora, punto por punto. A natura somos nós.
Que a natureza está hoxe máis que nunca no mapa do humanizable, é un feito; que non hai un designio que nos condee a a sermos xenericamente home ou muller, tamén o é. Pero afirmar que "a natureza somos nós" é, simplemente, un mandamento da vulgata progre de principios de milenio. A advertencia de que o home ten unha concreta finitude non debe tomarse como unha invitación tácita a que a muller volva ao fogar. Cousa distinta é que, da mesma maneira que non se entende o fiminismo contemporáneo sen a economía de guerra dos 40, que deixou Europa e EEUU sen forza de traballo masculina, e sen o ciclo alcista dos 60, que demandaba un aumento na tasa de traballladores activos, é posible que agora, en tempos de crise, asistamos a discursos reaccionarios sobre a muller e o fogar. Pero negar a natureza é un unha superficial esaxeración retóricado do political correctness, un artigo de fe do catecismo progre, a vanal expresión dunha moda que terminará por pasar de moda.
A Natureza é a Natureza. Todo o demáis é unha coña pasaxeira.
Ante tamañas argumentacións, eu fago mutis polo foro.
Como vai sendo habitual nestes pagos.
Que discuta Rita.
Polo menos hai cousas que son para reflexionar. Cito exemplos que todos coñecemos:
Moitas mulleres, con cargos de responsabilidade na política, sen fillos.
Poboacións moi avellentadas con pirámides de idade invertidas.
Adiamento da idade de ter fillos.
Parellas de inmigrantes xoves que compensan as baixas taxas de natalidade.
Mulleres sen fillos que optan pola adopción.
Indicios de enfermidades infantís moi frecuentes (alerxias, etc) con orixe posible na alimentación e a contaminación.
Sr Anónimo das 2:23, as miñas reflexións pouco lle concordan coas súas.
- Por que ser "unha boa nai" ten que entrar en contradición con outas necesidades, persoais ou profesionais?
- Por que son moitas as mulleres, estupendas profesionais, que en vez de disfrutar de algo tan maravilloso como é a maternidade síntense atrapadas nela ?
- Por que as oportunidades laborais que lle permiten, a muller, independencia económica ou simplemente satisfación persoal, tantas veces levan aparellado o "San Benito " de abandono dos fillos "?
- Por que moitas mulleres que adicaron grandes esforzos buscando outros obxectivos diferentes dos maternais ou domésticos non foron quen de conseguilo?
Lena Holstein no seu poema "No te destruyas" que ben o expón.
Era una buena madre,
una esposa comprensiva
y al mismo tiempo
una amante fantástica y ardiente,
e incluso para el gimnasio
tenía tiempo.
Las ventanas estaban recién lavadas,
lo mismo las alfombras y manteles,
el aroma agradable del pan
recién hecho en casa y la mermelada.
Llenaba todos los ambientes
cuando la ambulancia llegó a buscarla.
O sr Arume todo o que ten que dicir é "Estou de acordo coa escritora, punto por punto. A natura somos nós." Pero quéixase do escaseza de argumentacións dos demais e agrega: "eu fago mutis polo foro."
A Natureza é a Natureza, e nós somos Natureza. Hai avogadas e pintoras, debe haber obreiras da construción e mulleres piloto (non está no programa que eu vaia dicir pilota como tampouco membra); non hai fillo sen nai. Hai quen non quere ter fillos e é cousa delas (aínda que a min a sociedade non me compensa en absoluto ter tres e garantir cotizacións futuras para a pensión daqueloutras); non coñezo ecoloxismo que 'relegue' ou xustifique repartos desiguais canto ao xénero, simplemente no coñezo: iso si, se o artigo de Vieiros contén resumo cabal e completo, o argumento resúltame parcial de máis.
Son da idea de que cultura non vén sendo o mesmo ca natureza, e que esta impón algunhas leis desde logo esquivables, pero non sen consecuencia. Os meus tres fillos foron aleitados a peito varios meses, con perfecta anuencia de seu pai e mais súa nai enfermeira por motivo de boa e saudable crianza; cando a segunda, unha nai coincidente na Residencia deu biberón desde o empezo, que seica a lactancia era moi sacrificada e non deixaba saír a ningún lado. Os filósofos e filósofas que fan a súa parte no útil e necesario debate dicindo aquilo de aló, non sei o que opinan sobre isto de aquí. E que cousa poderán ter contra a reutilización de cueiros e a comida acabada de cociñar? Igual había que pensar se nos gustaría para nós unha dieta de potitos.
De todos modos, recoñezo que non sei a que lle poden chamar 'comida orgánica'. Se entendín mal, retiro a atribución pero manteño o do potito.
Non somos natureza, en profundidade somos necesariamente cultureza,
"Nature" versus "nurture"...en La Tabula Rasa de Steve Pinker, (Paidos). Quen teña interese por estes asuntos, ten aí as bases e os datos do debate
Non somos cultura, en profundidade somos necesariamente nurtura.
Somos cultura, entendida como a capacidade de corrixir a natureza e poñela á nosa disposición, para obrigala a que o seu comportamento se poña ao servizo do EU ou do NÓS, comezando polo noso propio cerebro, que, en principio, é unha máquina orgánica como a de calquera animal. Só exercitándoo para que produza signos e símbolos empeza a ser humano, a facernos algo máis que natureza. Ben, digo isto en domingo e, como se dixeramos, aínda en pixama, prenda que me resulta antipática, por iso non a utilizo, malia a natureza tenrísima da miña nai seguir insistindo en que a poña.
Por exemplo, nas súas declaración, o Guillerme sempre parece que está aínda en pixama e así lle vai ao Bloque. Ten cultura de pixama, ten pixameza, que, de todos os xeitos, hai que recoñecer que é unha unha variante perguiceira da cultureza.
Están a traballar nunha dose de hormonas que reduzan as relgas a unha por ano. Moitas mulleres están encantadas, dinme que as reglas non sirven para nada e dan a lata.
A mín paréceme aberrante, pero pode haber outras opinións.
Un dos argumentos é que as nosas avoas tiveron a cuarta parte das reglas que teñen as mulleres de hoxe por temas de alimentación, madurez, exceso de traballo etc..
Eu prefiro ver o mundo desde a miña óptica de lobo. Hoxe baixamos da serra a troulear por as aldeas e confundímonos coa humanidade.
Mentras non nos vacinen e nos faghan comer comida de deseño, todo ben.Coitados de vós.
Os partidarios da natureza sempre poden comer carne en cru e voltar á época da friaxe. Eu mestres, fico coa comodidade da nosa cultureza, cos seus erros e acertos.
Moito me gusta o rosbif. Canto ao frío, o certo é que espile cando non mata.
Eu son un lugués rudimentario.
Arumes, hombre de dios, non fagas mutis polo forro, que se che descose a chaqueta. Volve e argumenta, demostra o que vales.
Arumes, non nos deixes orfos da túa capacidade argomentativa e fálanos da curtureza. Pídocho por Santa Rita,
Algunhas nos negamos a renuciar aos vínculos que nos ligan aos ciclos naturais. Será porque somos cíclicas? como a vida e a morte, como as estacións do ano, como a lúa como... Será porque consideramos ao noso corpo sagrado e non obxecto medicalizado e mercería? Será porque queremos criar con apegos e dar o leite dos nosos peitos para que os fillos sexan mellores persoas, máis desapegadas e emocionalmente estables? Si, moitas mulleres somos conscientes da importancia de ser nais e dificilmente podemos selo. Igualdade, sí. Pero na diferencia e no respecto institucional a esa diferencia.
Algunhas, señores, tentamos de recuperar a nosa feminidade maltaratada que é un poder que nos corresponde por ley (natural).
Non por lei natural, querida, senón por decisión cultural e polo teson que poñamos en reclamala. É dicir: como seres culturais que somos, queremos outra cultura da feminidade, diante da cal a natureza é "indiferente", ou aínda, postos a ceder algo, "parcial" a prol da forza bruta e primitiva do home, principalmente, mais tamén de moitas mulleres.
Está claro que de escoller parella eu pediríallo a "Teta asustada", e a anónima última asustaríame. Probabelmente esta última será a última pola da árbore cultural e Teta asustada unha espléndida flor que dará froito e fará que a árbore continúe co ciclo vital.
Ambas son necesarias. Pero algunhas gallas irán ó lume, e a ningunha cultura se lle ocorre queimar flores ou froitos.
Eu tamén voto por Teta Asustada.
Sí hai culturas que queima froitos.
A galega dáselle estos días por botar fariña en troques de cinsa.
Coa fariña sempre se fixo pan.
Mostra da soberbia e da enfermidade desta cultura, alén de queimar montes, ciscar o precursor do pan.Tamén inventaron o escachar ovos nos coches.
Os tempos son chegados....de cambiar moitas cousas, respetar a vida como se decía no meu pueblo, poupar, e darlle valor ó traballo.
Feministo coido que é máis ben mullereiro e quere teta asegurada.
E donnacona cuarto y mitad do mesmo, pois segue a comparar á muller cunha vizosa flor, retórica machista contrastada por séculos de tradición discursiva de represión da muller. El Ángel del hogar, etc.
Encántanme as mulleres, é verdade; se son guapas, mellor. Son feministo da diferencia, na liña do fiminismo "integral" de Susan Pinker (non confundir con Susana Estrada). Gústanme as fiministas que defenden o corpo, o sexo, a natureza da vagina dentata do fiminismo da igualdade. Estou con Teta Asustada. E con Donnacona, anque ten un naturalismo un pouco como de locus amoenus.
Anónimo da 1:09, non comparo o xénero muller con unha flor, non señor, comparo "Teta asustada" coa función dunha flor, e a anónima que lle sigue, feminista, con unha ponla destinada a fenecer. Son casos individuais, representativos de moitas outras persoas. Ambas cumplen función.
Máis nada.
O que constitui "problema" é haver, nas discussoes em causa, uma recorrencia tendenciosa em associar as mulheres com a concepçao da natureza, e os homens com a da cultura.
Non é o meu caso, antropóloga. Nin creo que exista unha natureza pura nin que as mulleres a representen ou custodien custodien mellor que o home. Pero non estou disposto/a (é que a arroba paréceme, non sei, nihilista ou algo así) a aceptar que o único que nos queda de natureza é o noso can. O culturalismo leva directamente á enxeñería social.
Experimente, senhor feministo, experimente. Ponha a arroba en troques do o/a.
Non sabe vostede que o 3% da humanidade é asexual. Queren organizarse e ter a súa cota de poder. Empezan por ehí, e depois queren acabar con todolod xéneros e convertir á humanidade en elemento neutro.
Ou elemento simétrico?.
Non, non sei...
Sólo sei que me parece unha teima tan aberrante como calquer outra.
É o principio da fin da humanidade tal como a coñecemos.Virá outra cousa que me "fai medo", como dicía unha emighrada na fraça da miña aldea.
Que o disfruten e se lles serve para aclarar un pouco as cousas, mellor.
Rosa Zaragoza é unha cantante sefardí que recén publicou un disco con cancións moi especiais: Nacer Renacer
http://www.youtube.com/watch?v=am8xR1riPyY&feature=player_embedded
Publicar un comentario