Mostrando entradas con la etiqueta NENOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NENOS. Mostrar todas las entradas

10 may 2008


‘Canle segredo’
Andoliña 9 maio

Poeta de múltiples rexistros
e de voces ben plurais, Xosé María Álvarez Blázquez ten en Canle segredo unha das súas obras de maior calidade e pulsión poética. O volume gañou un premio do Centro Galego de Buenos Aires en 1954, pero non viu forma de libro ata 1976: a súa posible pegada en autores dos 50 e 60 quedou así diluída e adiada.O amor é un dos centros da poesía de XMAB, o recollemento interior, o intimismo e o ton confesional. Pero tamén é certo que hai en Canle segredo versos máis obxectivos ou de denuncia social. Son versos que dialogan cos acenos líricos do Celso Emilio de O soño sulagado e Longa noite de pedra, como sostén Darío Xohán Cabana.
Ise neno da rúa’ volve ó mundo dos nenos e á denuncia das inxustizas dun mundo indiferente coa pobreza: podería ser o mesmo neno que trema de fame e frío no pórtico húmido dunha igrexa en versos inmortais de Rosalía. Elexía a unha muller do campo semella unha anticipación do verso épico da Seraogna de Pexegueiro. Os importantes comparte con Celso Emilio o alento de sátira contra os poderosos. E Soedá sorprende como poema escrito nos anos 50: de certo, retrata con detalle o abandono do mundo rural do noso presente.

31 dic 2007










Unha fascinante historia das nenas, por Apicultor

Un dos xéneros ensaísticos máis en voga nos últimos anos son os libros nos que se explica aspectos do pasado e do presente, das ciencias e da cultura, a nenos e nenas cunha linguaxe clara e sinxela. Son dúcias de libros os que posúen esta condición. Hainos mellores e peores, dependendo da capacidade narrativa e expositiva do autor. Hainos, tamén, extraordinarios.

Hoxe quero recomendárlles un excelente libro deste xénero. Agasallouno hai poucos días a historiadora (alemana de berce e galega de adopción) Henrike Fesefeldt a miña filla pequena, que o está devorando sen pausa. Henrike, toda amabilidade e simpatía, é a muller do historiador, e catedrático da universidade compostelá, Xosé Manuel Núñez Seixas, e, sobre todo, nai de dúas preciosas nenas. E fíxolle este regalo porque a autora do libro é a súa tía Wiebke von Thadden.

Nacida en 1931 en Tubingia, Wiebke von Thadden traballa como escritora free-lance e estudou historia e filoloxía latina en Göttingen. É tamén autora de varias novelas históricas. A obra en cuestión titúlase Una hija no es un hijo. La historia de las niñas desde la Antigüedad hasta nuestros días (Barcelona, Muchnick editores, 2001). En pouco máis de douscentas páxinas, a escritora establece un fluído diálogo coa súa neta Rebeca, no que lle vai relatando a condición da infancia ao longo da historia, e dentro dela o papel das nenas e das adolescentes nas distintas sociedades.

Un libro cheo de sensibilidade feminista (e feminina) e de coñecementos exactos, instrutivo e ameno, humanista e universal. Se teñen unha rapaza de máis de once ou doce anos a quen llo agasallar, sería unha boa idea. De paso, tamén o poden ler todos vostedes con total proveito e aprendendo moitas cousas, como vou facendo eu cando o libro queda libre.

16 nov 2007


O ‘oficio’ dos nenos dos cemiterios
Andoliña venres 16 novembro
(E graciñas a Débora, dende Buenos Aires: ela xa sabe por qué).

Escoito a noticia na radio, nunha reportaxe sobre os nenos en América do Sur. Falan dos nenos que traballan nos cemiterios en Caracas, en Colombia, no Salvador e noutras cidades do continente. Cativos de seis a catorce anos que aprenden o oficio dos seus pais: limpar con coidado as tumbas, axudar a colocar as flores, lavar os autos dos familiares, etc. Crin entender que lles chaman os sube flores porque andan cunhas escadas pequeniñas dun lugar para outro e a xente chámaos: neno, ven acó, sube esas flores ata ese nicho.
Mala cousa se non hai xente paseando entre os mármores porque ese día pasan fame. Ningún deles ten medo a traballar alí: hai vidas moito peores, tamén para nenos de moitos outros lugares, nenos escravos, nenos soldados, nenos condenados á prostitución infantil.
Abriron esta nova coa fermosa música do Guantanamera, cos Versos Sencillos de José Martí : "Mi verso es de un verde claro/ y de un carmín encendido: / mi verso es un ciervo herido/ que busca en el monte amparo". Entre eses versos, estes que quizais veñan agora a conto: "Yo sé que al necio se entierra/ con gran lujo y con gran llanto/ y que no hay fruta en la Tierra/ como la del camposanto".