.jpg)
O legado de Alberti
PAN POR PAN xoves 23 outubro
Contaba onte EL PAÍS que hai moitas queixas sobre o estado do “legado de Alberti”. Protestan os editores, os expertos e familiares como a súa filla Aitana, que cando nena fotografara o noso Eduardo. Seica existe unha sociedade mercantil, controlada pola súa viúva, que está a poñer moitos problemas para autorizar reedicións do poeta gaditano. E que impide, con esaxeradas pretensións económicas e outros medios, que se fagan películas sobre el ou mesmo un Festival musical que andaba a organizar Kiko Veneno. Aínda máis, hai uns anos no Liceo comentábanos Benjamín Prado, amigo do poeta, que as edicións das súas memorias, trala súa morte, estaban a ser editadas con censuras e cambios sorprendentes. Quizais a súa viúva teña todos os dereitos ben asegurados, pero Alberti é de todos os seus lectores. Era xeneroso, di a súa filla Aitana, e están a traizoar o seu espírito.

